summary
stringlengths
22
2.41k
text
stringlengths
7.3k
88.1k
O artigo toma como obxecto de reflexión as prácticas ciberliterarias de sete escritores arxentinos blogueiros. Indágase especialmente no espazo do blog como lugar virtual que reflicte a complexa transición e reacomodación de prácticas culturais que, tradicionalmente arraigadas en formatos convencionais, van desprazándose nestas últimas décadas cara a novos soportes dixitais, desafiando así as maneiras institucionalizadas de concibir a experiencia literaria. Este momento marca unha convivencia tensa entre as novas prácticas literarias e aquelas de raizame modernista que sobreviven con forza e lexitimidade. Abordaremos este espazo de transicións dende o horizonte crítico de Benjamin, o cal nos permite pensar de que forma os cambios nos dispositivos tecnolóxicos de produción cultural inciden tamén nunha transformación do propio obxecto estético, do seu público receptor e do sistema de valores no que se integra.
BOLETÍN GALEGO DE LITERATURA, nº 46 / 2º SEMESTRE (2011): pp. 265279 / ISSN 02149117 Novas prácticas literarias no ciberespazo: tensión, impugnación e distanciamento das formas tradicionais [Recibido, xullo 2011; aceptado, outubro 2011] No puedo escribir de la misma manera que Ciro Alegría escribe El mundo es ancho y ajeno ; no puedo escribir de la misma manera que García Márquez escribió El otoño del patriarca, ni que Vargas Llosa escribe La fiesta del chivo (…) No es la pretensión de cortar con los : blogs, nova experiencia literaria, novos soportes dixitais, tensión. abstract The article takes as an object of reflection the cyberliterary practices of seven Argentine bloggers. It explores, in particular, the blog space as a virtual place that shows the complex transition and rearrangement of cultural practices that, traditionally rooted antepasados como programa de vanguardia sino que me parece que muchos de mis colegas narradores latinoamericanos hemos crecido en parte en el mundo audiovisual y en el digital (…) Toda nuestra generación está impactada por esa presencia, o esa omnipresencia, de los medios audiovisuales, y de una narración que es planocontraplano, con cierta vertiginosidad, con cierta síntesis que ya de por sí es grotesca (…) De la conjunción de lo intrínsecamente literario y de la digestión de esa omnipresencia de lo audiovisual y lo informático provendría buena parte de esta nueva narrativa Achegarnos á literatura das últimas décadas é tamén adentrarnos nun escenario de profundas transformacións onde o impacto dos novos medios audiovisuais e comunicativos, das novas tecnoloxías integradas ás formas de produción artística, instalaron unha zona de profunda desestabilización dos códigos tradicionais que sustentaron a experiencia estética e literaria durante boa parte do século XX. Como expresan as palabras do escritor uruguaio Rafael Courtoisie que encabezan este traballo, reina unha percepción de que certa forma de escribir, pero tamén de ler, xa non pode sosterse neste novo escenario, unha sensación de que algo cambiou radicalmente e que non sería imaxinábel unha volta a aquilo que comeza a configurarse xa como un pasado distante. Estamos fronte a un proceso en pleno desenvolvemento cara a cada vez unha maior intensificación, onde a conxunción do estético/literario coas posibilidades que brinda o novo ciberespazo manipularon dende o propio acto de escribir literatura até os circuítos de distribución e as formas de consumila; non podemos deixar de dar conta da emerxencia de blogs de escritores, de blogs de traducións literarias e tamén de comunidades de lectores que comparten as súas lecturas no ciberespazo, até a aparición de libros dixitalizados e novas formas de producir arquivo e almacenamento de cultura, a aparición de produtos culturais construídos integramente a partir dun ordenador (epoetry, blognovela, etc.), a aparición de novas formas de circulación da literatura a través de portais e revistas literarias na web e unha cada vez maior mestura entre palabra e imaxe ou outros materiais audiovisuais e un longo etcétera que nos fala dunha enorme cantidade de novas prácticas e posibilidades de relación coa arte e a literatura que emerxen enlazadas coa novas tecnoloxías, especialmente internet e os soportes de ordenador. O que se transformou é a propia experiencia do suxeito coa literatura, unha experiencia que comeza a estar mediada por novas formas de virtualidade e representación que rapidamente desarman os vínculos tradicionais sobre os que se sustentaba a institución literaria de filiación modernista: as novas tecnoloxías furan as formas de autoridade e autoría, piares da literatura moderna, reavivan –dende outra mirada– os vellos cuestionamentos arredor do estatuto do literario e o lugar da arte na sociedade, desarman as coordenadas de tempo e espazo en relación á produción e experimentación artística volvéndoas maleábeis, institúen un sistema de valores á marxe das institucións académicas e críticas que até o momento dominaban a hexemonía do dicíbel dentro do discurso cultural. Neste sentido, interésanos reflexionar sobre os cambios que vive a literatura desta fin de século, a partir do impacto das novas tecnoloxías, poñendo en evidencia os puntos de tensión que están dando conta tanto dun desprazamento como dunha coexistencia conflitiva das antigas formas de experiencia literaria e das emerxentes. Para isto focalizaremos a análise en sete blogs de escritores arxentinos, tanto escritores consolidados dentro do campo literario coma escritores novos, pertencentes ao que se denominou La Joven Guardia ou cuxa literatura se produce dende unha aposta estética ao rexionalismo intimista e formas de escrita distanciadas das matrices escriturais canónicas na Arxentina. Estes blogs son: borderlinecarlito (Carlos Busqued), ponteunaoveja (de Diego Vigna), viviendoenacapulco (de Luciano Lamberti), elcuranderodelamor (de Washington Cucurto), elcocinerosalvaje3 (de Juan Terranova), linkillo (de Daniel Link) e lavidadeunavaca (de Juan Pablo Meneses). A hipótese de lectura que nos orienta na aproximación ao corpus estimúlanos a ler estes blogs como un espazo no que se poñen en tensión as formas e códigos do quefacer literario tradicional, que toma lugar fóra do ciberespazo, en relación a prácticas emerxentes ligadas ás novas tecnoloxías. Esta tensión falaríanos dun proceso de reinstalación que busca suturar a inadecuación, segundo Benjamin, entre a nova experiencia estética e os antigos e caducos medios de produción artística que xa non lograrían transmitir nin esgotar os sentidos culturais emanados dende un estadio máis complexo do social (cfr. Benjamin, 1973). Así, situaríamonos ante un proceso complexo no que as antigas formas de experiencia se van desprazando cara aos novos territorios virtuais sen abandonar completamente os circuítos estabelecidos polas institucións e redes de produción tradicionais. Deste xeito, atopamos unha coexistencia conflitiva entre as prácticas que responden a estes novos dispositivos tecnolóxicos e prácticas que, por outra banda, continúan reforzando os códigos dunha experiencia literaria de raíz modernista. Pero atopamos así mesmo escritores que, ao tempo que escriben para o blog, publican libros, redactan crítica doutros autores, gañan premios e son estudados dende a academia, isto é, están inmersos nese circuíto literario e nese sistema de valores que eles desacreditan dende o espazo virtual. Estamos a nos referir a esa experiencia que Jameson denominaba “esquizofrénica”; ese soster e deslexitimar, asemade, un determinado status do literario, que ten que ver cun habitar dos espazos en mutua tensión. Algunas reflexións previas A partir do suxerido, interésanos enriquecer a reflexión, posicionándonos na ollada de Benjamin, para vincular o cambio tecnolóxico coa idea dunha transformación na experiencia que o suxeito ten do literario nun momento dado. As teorizacións de Walter Benjamin bríndannos un marco amplo dende o cal volver mirar esta fin de século dende o proceso crucial do desenvolvemento tecnolóxico que cambiou radicalmente o horizonte do vivíbel, o pensábel e experimentábel e que instaurou o espazo da virtualidade como novo lugar de produción de sentidos socialmente codificábeis. Benjamin observa que o elemento tecnolóxico chega mesmo a modificar o corpo do suxeito, e xa que logo, a relación deste co mundo. Poderiamos poñer o exemplo de como o cinema construíu imaxes que nunca antes os nosos ollos puideran ver: unha pinga de auga caendo a cámara lenta ou unha filmación en reverse, fenómenos que non posuían existencia real e que pasan agora a ser parte do horizonte do “real” no sentido de cotián e naturalizado. A sensibilidade ante o mundo cambia de vez porque a nosa capacidade sensorial se vai acomodando historicamente co desenvolvemento tecnolóxico e cos medios de produción. Do mesmo xeito, tanto no cinema como na fotografía, Benjamin detecta outro cambio no corpo en relación á produción estética e a como a cámara despraza a produción da arte dende a man cara ao ollo fetichizando a imaxe. Desta maneira, o que nos interesa tomar das reflexións de Benjamin é esa posibilidade que nos dá de vincular o tecnolóxico, o cal moitas veces quedou fóra das reflexións estéticas por se considerar elemento esóxeno ao fenómeno, coas transformacións nos modos subxectivos e sociais de experiencia que comezan a formar parte tanto do corporal como do que se percibe como real. Saímos así do modelo marxista de Arnold Hauser, o cal, constituíu durante moito tempo o modelo hexemónico da análise literaria sociolóxica, a partir da cal os cambios na arte son explicados como reflexos dos conflitos estruturais. Fronte a eles entón, a arte viría cargada dun mandato de resolución a nivel supraestrutural. Pola contra, Benjamin permítenos achegarnos a ese momento de tensión e desprazamento no cal as novas modalidades tecnolóxicas comezan a impoñer unha experiencia nova do obxecto artístico nun estado da cultura no que aínda persisten as formas tradicionais, xerando unha inadecuación entre ambos que se vive como malestar ou incerteza. Este malestar no que conviven formas, espazos e prácticas novas que propugnan lexitimarse, canda códigos que comezan a se percibir caducos pero que aínda funcionan xerando valores e impoñendo un sentido, podemos recollelo na experiencia dislocada e fragmentada destes autores que conforman o noso corpus. Ante a persistente pregunta que atravesa decontino estas novas formas do literario no ciberespazo, son ou non son literatura estas producións?, Benjamin parece advertirnos do sen sentido da cuestión: non ten importancia preguntarnos se unha blognovela ou unha epoetry son literatura, preguntémonos mellor en que medida o ordenador e a blogosfera cambiaron o propio concepto, condición e forma do literario. A nova experiencia literaria no ciberespazo: lugar de tensións Como sinalamos xa, este corpus de blogs que seleccionamos pertence a escritores arxentinos da década dos noventa, cuxa obra logrou obter recoñecemento principalmente durante a década do 2000. Trátase de autores que se atopan ou nunha posición central no campo literario, como Daniel Link, ou emerxente; autores novos, entre vinte e cinco e trinta e cinco anos, cuxa proposta estética tenta romper coa omnipresenza da figura de Borges e a literatura conceptual, buscando unha escrita sen grandes pretensións de ruptura ou experimentación, máis ben intimista e rexionalista. O que nos chama a atención nestes blogs é que, dentro do cuantioso arquivo virtual que ostentan –na medida que son blogs que estiveron activos dende o ano 2006 e mesmo algúns dende 2004– atopemos unha serie de elementos que aparecen moi notoriamente reiterados na maioría deles; elementos que teñen que ver co humor, o afouto e os medios de comunicación de masas que abren un espazo de pastiche onde é posíbel a conxunción de produtos culturais diversos, incluso daqueles catalogados como kitsch, “ reciclados e incorporados como códigos del discurso artístico” (Montoya, 2007: 887). Nestes blogs a apelación insistente a un rexistro de afouteza ten unha estreita vinculación cun constante uso da parodia que lexitima o afastamento de certa visión disfórica do mundo social da fin de século, unha sociedade que é vista como conservadora, decadente e hipócrita. Nesta medida, os blogs tamén se orientan a unha desacreditación e caricatura da literatura concibida como produto excelso desa sociedade, é dicir, desarmando a idea dunha literatura como expresión de alta cultura. Hai así unha busca de impugnación do universo da alta cultura que se leva a cabo dende o ciberespazo. O humor constante, a linguaxe vulgar e basta, a incorporación da linguaxe marxinal da rúa, de formas lingüísticas adolescentes ou representativas de certa capa social marxinada nunha persistente tarefa de mestura coas formas máis elaboradas da ficción literaria, perseguen unha procura de impugnación daqueles códigos tradicionais que ligan a tarefa creativa literaria cunha idea da sublimación, da calidade e do bo gusto. Nos blogs de Luciano Lamberti, Diego Vigna e Carlos Busqued atopamos unha incorporación tenaz do mundo dos medios audiovisuais, nomeadamente a televisión, ao horizonte do ficcional. Porén, non se toma calquera elemento da televisión; claramente, a selección de material posteado polos escritores oriéntase plenamente a unha televisión lixo, grotesca, cara ao mundo da sordidez dos telexornais e a ridiculización das persoas. “Niño chileno con cabeza de pan dulce”, “Murió el cachorro fumador”, “Sigue grave el joven al que unos amigos le introdujeron aire a presión por el ano”, “Encuentran un teléfono móvil en el recto de una mujer”, “Murieron electrocutados seis elefantes ebrios”, entre moitos outros títulos e entradas, son algúns elementos/noticias posteados por estes escritores, acompañados dunha filmación de mala calidade, dunha fotografía, materiais extraídos de youtube, “rarezas” que circulan pola rede e que abren lugar para os comentarios de dobre sentido e para chistes. Deste xeito, o espazo do blog parece mergullarse de cheo na area do carnavalesco onde a risa non agocha o grotesco senón que o acrecenta. As fotografías que se incorporan ao blog ou as notas que se van subindo ao arquivo reforzan esta mesma percepción dun mundo carnavalesco ou circense, chegando a se asemellar a unha feira de curiosidades. Nesta mesma liña estética que traballan os blogs, Busqued explora amplamente a metáfora do mutante. O seu propio pseudónimo é “Fofolfi, el niño abominable” e reitérase o sema na apelación aos materiais relacionados con malformacións do corpo, o under, os casos estraños que xeran un relouco sen disimulos. O espazo virtual preséntasenos como espazo que desborda a experiencia “puramente literaria” tal como viña sendo concibida polos circuítos máis conservadores da cultura, integrando como parte desa experiencia unha diversidade de materiais e formatos non pensada anteriormente, feito que, por outra parte, ten que ver coa posibilidade dunha maior laxitude de fronteiras e liberdade de xogo que outorga o ciberespazo, mesmo pola súa propia (pseudo)autonomía das institucións de “control”, xa sexa a crítica, a pedagoxía, a academia. O literario é arrincado das bibliotecas e embarrado con eses materiais que parecen emerxer dun “baixo mundo” latente. A sensación de decadentismo imprégnao todo, invertindo incluso as dicotomías de ficción e realidade. Neste ciberespazo “o real”, extremadamente enrarecido a través da mediación virtual, preséntasenos máis ficcional que as propias obras. Así, esta estética parece querer dicirnos que sería imposíbel disociar iso real que nos chega dende os medios masivos, que aparece desorbitado e atrofiado, do “puramente literario”. Atopamos desta maneira, un continuum no que o escritor nos leva dende os seus poemas máis líricos cara á sordidez dun mundo enrarecido, sen reparo ningún. E só a través deste dispositivo tecnolóxico, no que imaxe, son, movemento e palabra invaden o espazo de lectura, sería posíbel esta experiencia. A literatura xa non é a Literatura, non é esa Literatura na que, segundo as palabras de Courtoisie que encabezan este traballo, escribían e vivían Vargas Llosa, García Márquez ou Ciro Alegría. Sería máis ben unha nova práctica, tan difícil de definir para Courtoisie, tan incerta aínda, ancorada entre a “conjunción de lo intrínsecamente literario” e “la digestión de esa omnipresencia de lo audiovisual y lo informático” (2007). Estes blogs non só se nos ofrecen como espazo dende o cal resignificar o estatuto do literario disociándoo das formas dunha pretendida “alta cultura”. A figura do propio escritor, o seu lugar como intelectual e a relación coa súa obra son desarticulados dende o risíbel e a parodia. Washington Cucurto distánciase no seu blog desa aura de “escritor ben” asumindo unha pose de sorpresa ante as boas críticas que recibe de figuras tan respectábeis no campo da crítica latinoamericana como Beatriz Sarlo: “Según Beatriz, soy el narrador sumergido. Y Jaime Bayly me invitó a su programa el jueves. ¿Hasta cuándo durará esta estafa?”, se pregunta. E despois: Pero lo mejor que me pasó ayer fue que un amigo me mostró unos largos párrafos donde la señora Beatriz Sarlo hablaba de mí en su revista Punto de Vista. Realmente no entendí nada de lo que dice sobre mis libros, pero nunca imaginé que se iban a ocupar en serio de mis cuentitos. Ahora sí que voy a empezar a escribir cualquier cosa, ya van a ver. Cucurto búrlase da crítica literaria de raizame máis académica, afastándose da idea de escritor dotado de proxecto literario “serio” e asumindo un lugar de ignorancia, de “estar á marxe”. Por outro lado, Luciano Lamberti, ridiculizando tamén o seu propio lugar de escritor, publica unha microficción no seu blog, acompañándoo dunha fotografía de si mesmo cunha bolsa na cabeza: Pola súa banda, no blog de Juan Terranova, o lugar do escritor/intelectual parece ser invadido por un zoolóxico de animais estraños, coellos, burros, pero especialmente pola figura do rinoceronte, animal do que parecen emanar todas as palabras que lle dan forma ao blog, restándolle auctoritas á figura do propio escritor. Da mesma maneira, as figuras representativas dun sentido do literario en clave solemne ou tradicional, nomes centrais no canon literario arxentino, son moitas veces motivo de burla e chiste nos blogs. En Cucurto podemos ver a seguinte imaxe: Onde o dobre sentido sexual, as alusións ao mundo das bailantas, á temática dos “negros”, tan propia da súa escrita, desarma a solemnidade dun Borges que parece descolocado en relación ao exuberante peito da muller que o sostén e que parece ter que decidir qué tradición literaria prefire. Claro que aquí tamén a elección entre Borges, o canónico, e Cucurto, o emerxente, xa non segue os parámetros estritamente literarios, senón que ten que ver cun “pracer” suxestivo mesmo da orde do sexual. Pola súa parte, Carlos Busqued reacciona ante unha crítica que Fogwill lle fixo á súa novela acabada de publicar pola editorial Anagrama, Bajo este sol tremendo, en termos marcadamente iconoclastas: epa. vaya desde aquí mi total agradecimiento al señor fogwill por mencionar la novela e incluso, mejorarle el título. Si llego a cobrar un mango más de ahí (ya me hice recargar lo que buenamente me pagaron), los tragos y las putas corren a mi cargo. Notemos a falta de distancia con este escritor central no canon literario arxentino, a desautorización da súa crítica, até incluso o pequeno detalle de escribir o seu apelido en minúsculas. Pero tamén o lugar do lector se ve desdebuxado nos blogs, máis próximo ao dunha amizade de facebook que cos seus comentarios lles dá colorido aos temas e elementos posteados, que ao lector “in fabula”, lector distante, idealizado, descoñecido que vive da man do libro impreso. No blog de Cucurto podemos atopar comentarios dos lectores que se inscriben por completo na vulgaridade, na extrema confianza: Anónimo dijo... Cucu sos lo mas, me lei parte de tu libro de paradita en yenny y me re inspiraste la etica sincera de la trampa asi que a la nochesita cuando terminé de lavar los platos pire un ratito dizque a devolver unos dvs y a comprar helado pero aproveche para irme a la plaza para matarme a los besos con el negro de mi vida que le da sentido a latir de mi corazón!!! “ y ” Juana Puana dijo... Sos un chongo divino Cucu. ¡Te queremos! ¡Enjuaganos el duodeno a todas 1 ! Así, estes autores distáncianse do lugar letrado da cultura, renegan de calquera filiación posíbel con ese “misticismo” ou esa gravidade que lle dá hálito a gran parte da práctica literaria fóra do mundo virtual, derrubando os cimentos do “intrínsecamente literario” (Courtoisie, 2007): literatura, ficción, realidade, escritor e lector na súa conceptualización tradicional son categorías postas en constante tensión. Porén, seguindo a nosa hipótese de lectura, observamos unha tensa coexistencia nestas novas formas da experiencia estética, as cales por un lado abren un novo espazo de práctica literaria dende o cal se desarman constantemente os códigos tradicionais historicamente dominantes da teoría literaria, pero, por outro, tamén constitúen instancias de reafirmación destes mesmos elementos, dando lugar así a unha forma esquizofrénica de habitar o tránsito de determinadas formas tecnolóxicas que comezan a sentirse desbordadas, limitadas o inadecuadas (o libro impreso) cara a outras. Así, nestes blogs tamén atopamos a reutilización do espazo virtual para a dixitalización da obra impresa en formato papel, a cal se “exhibe” ante o lector como unha folla de vida que pon en escena a autoridade do escritor. Así, tanto o blog de Daniel Link como o de Juan Pablo Meneses se transformaron en espazos virtuais maioritariamente dedicados a esta función que poderiamos denominar performativa, na medida en que o escritor teatraliza unha autoridade da que simula prescindir, a partir tanto da posta en xogo da súa produción ficcional e ensaística “seria”, publicada nos circuítos máis tradicionais, como tamén e moi importante, posteando artigos críticos dedicados á súa obra que aparecesen en distintos medios. Os blogs posúen unha cantidade extraordinaria de enlaces deste tipo ofrecidos ao lector. Así, non é o escritor o que debe investir a súa enerxía en convencer o seu lector nin da calidade das súas obras, nin da súa posición no campo, nin dar coñecemento dos seus premios, senón que se lles deixa esa tarefa aos enlaces, ás voces pertencentes á faceta institucionalizada da literatura, incorporándoas ao blog, mentres que o escritor pode seguir sostendo un lugar de xogo, humor e distancia desa solemnidade requirida en toda autoxestión dun lugar dentro do campo. Nun mesmo blog encontramos estes dous espazos completamente diferentes, respondendo a sistemas de valores tamén distintos: por un lado, segundo Daniel Link, o lugar do “axitador” porque, “en todo caso, la ventaja de un blog respecto a otros medios […] es que uno puede agitarse como loco sin tener que responder a compromisos ajenos (espurios)” (Link, 2010: 24), e, por outro, o lugar da escrita no seu sentido máis tradicional de alta cultura. Observamos tamén o emprego doutras formas escriturais e performativas que tenden a alimentar a centralidade da figura de escritor: a incorporación do xénero do diario íntimo e a grande importancia que adquire a exposición da “súa biblioteca”, é dicir, a oferta de enlaces cara a outros blogs de escritores que podería remitirnos a un sentido de comunidade ou de xeración. Así, o blog é unha posta en discurso do desdobramento experiencial do escritor paseante de dous mundos: nel hai unha construción ou representación da identidade dese eu que escribe ás veces dende fóra da República das letras, ás veces dende dentro. Por un lado, retomando as palabras de Link, o escritor represéntase como axitador, entregado a unha sordidez na cal reina o descrimento no carácter sublime e sublimatorio da literatura, un axitador desbordado e atravesado pola omnipresenza da imaxe sen filtrar que ameaza con engulilo todo ao seu redor, un habitante habitado polo mundo decadente que proxecta a imaxe. Pero, por outra parte, o escritor represéntase a si mesmo como autor, resgardando o seu paraíso de autoridade fronte ao lector, practicando a literatura dende un lugar enunciativo que se coaliga co canon, coa crítica e coa comunidade doutros escritores. Un autor que, no propio acto de conservar a súa obra dixitalizándoa, se asegura que o paso dun dispositivo tecnolóxico a outro non derivará nunha perda, cargándoa de enlaces, mergullándoa nunha rede de crítica que funciona dentro do blog como aquel “lector lexítimo” da obra e nos evidencia unha vontade de salvagardar a tradicional transcendencia á que aspira o literario en sentido máis tradicional. Emerxe así un espazo entre varios espazos no que a experiencia literaria se constrúe dende o xogo sen regras claras, onde a escritura literaria se mestura con formas de kitsch, dende o refugallo, o descrimento, o desencanto e o inconformismo, pero tamén dende o sostemento dun lugar social específico para a ficción, a obra e do escritor. Unha obra paradigmática desta tensa experiencia do lugar de tránsito da literatura de principios do noso século é El libro flotante de Caytran Dölphin do escritor ecuatoriano Leonardo Valencia. Unha obra que foi publicada no formato tradicional de libro no ano 2006 na editorial Funambulista, pero que continuou con vida propia no ciberespazo. Alí, a novela é permanentemente reescrita polos lectores virtuais que a amplían, completan e “distorsionan” coas súas achegas fragmentarias. Os lectores fortuítos poden deformar deliberadamente o acontecer ficcional, xa que esta é unha das opcións que ofrece a blognovela, canda a posibilidade de realizar comentarios e continuar a historia. Desta forma, a “obra” orixinal se ve expandida decontino nunha cantidade insospeitada de posibilidades. Volvamos entón, para finalizar, á pregunta aínda en suspenso que presentabamos ao comezo: en que medida esta transformación dos dispositivos tecnolóxicos na produción literaria está cambiando o concepto, a condición e a forma de experimentar o literario. En que medida ese cambio é tamén un malestar e unha desorientación produtiva... Bibliografía Carlos Busqued: <http://borderlinecarlito.blogspot.com/2009_08_01_archive. html> Daniel Link: <http://linkillo.blogspot.com/2005/01/porqu-empezastellevarun-blog.html> Diego Vigna: <http://ponteunaoveja.blogspot.com/2010_09_01_archive.html> Luciano Lamberti: <http://viviendoenacapulco.blogspot.com/> Washington Cucurto: <http://www.elcuranderodelamor.blogspot.com/> Juan Pablo Meneses: <http://lavidadeunavaca.blogspot.com/> Juan Terranova: <http://elcocinerosalvaje3.blogspot.com/2006_11_01_archive. html> Blognovela de Eduardo Valencia: <http://www.libroflotante.net/>
Neste artigo preséntase un procedemento sinxelo para obter proxeccións demográficas para áreas xeográficas pequenas. O método aquí presentado baséase en asumir que as tendencias das zonas que se van proxectar serán similares ás observadas en períodos anteriores, e en tomar as proxeccións para áreas xeográficas máis extensas como punto de referencia. En termos matemáticos, esta técnica pasa por un problema de minimización restrinxida das diverxencias cuadráticas entre as proxeccións obtidas e as observadas en períodos pasados, onde as proxeccións demográficas agregadas se toman como restrición. Esta proposta encaixa adecuadamente co escenario presente no caso das proxeccións demográficas que o Instituto Nacional de Estatística (INE) elabora para España, onde as previsións se presentan a escala provincial pero non con máis nivel de detalle. Aínda que estas proxeccións provinciais son útiles de cara á planificación de políticas e de cara á dotación de determinados servizos por parte do sector público, sería desexable dispor delas a unha escala xeográfica inferior ao do ámbito provincial. O procedemento presentado neste traballo ilústrase co caso de cinco provincias de España, correspondentes ás comunidades autónomas de Asturias e Galicia, nas que as predicións de poboación correspondentes para o ano 2033 son desagregadas a unha escala xeográfica de parroquia.
2020, 29 (2), 7121 ISSNe 22555951 http://dx.doi.org/10.15304/rge.29.2.7121 ARTIGO Proxeccións de poboación para áreas pequenas: estimacións no ámbito da parroquia en cinco provincias do noroeste de España Proxeccións demográficas / Información desagregada / Parroquias de Asturias e Galicia. Population forecast for small areas: estimates for the parishes of five northwestern Spanish provinces * Correspondencia autor: [email protected] 1. Introdución Estamos a asistir a un proceso de concentración da poboación global sen precedentes na historia da humanidade. Na actualidade, máis do 55% da poboación mundial vive en cidades, e segundo as estimacións de Nacións Unidas (ONU, 2019), para o ano 2050 a porcentaxe excederá o 65%. En palabras de Glaeser, Kourtit e Nijkamp (2020), o século XXI será o século dos “imperios urbanos: unha nova orde económica mundial dominada polas cidades, onde a poboación se concentrou radicalmente”. Esta dinámica global de concentración poboacional reprodúcese a escala nacional, rexional e mesmo intrarrexional. Segundo Nacións Unidas (ONU, 2019), o 73% da poboación europea vive en áreas urbanas, e esta porcentaxe elévase ao 79% no caso de España, onde observamos como se produce simultaneamente un imparable crecemento das principais cidades do país, e as súas contornas, xunto cun acelerado despoboamento de amplas áreas. A investigación sobre a evolución da distribución espacial da poboación centrou a súa atención, preferentemente, na comprensión dos patróns globais que están detrás destes procesos de concentración extrema da poboación. Buscouse identificar os factores que impulsan o crecemento acelerado das áreas urbanas, ou a xeración de procesos centro/periferia, prestándolles, pola contra, moi pouca atención ás dinámicas poboacionais intrarrexionais ou locais. Con todo, como sinalan Glaeser, Ponzetto e Tobio (2014), a verdadeira comprensión dos procesos espaciais de localización da poboación e a articulación de políticas verdadeiramente efectivas requiren entender os comportamentos intrarrexionais onde se esconden marcadas heteroxeneidades. En moitas ocasións, a ausencia destes estudos rexionais/locais está motivada pola falta dunha adecuada información ou ben pola ausencia de proxeccións fiables de poboación a escala local. No caso de España, o INE elabora proxeccións de poboación que desagrega espacialmente por provincias. Non se pode dispor, xa que logo, de proxeccións demográficas por baixo do nivel provincial, co que non se pode analizar a tendencia das cidades medianas ou pequenas, ou anticipar a dinámica previsible das zonas rurais. O obxectivo deste traballo é ofrecer un procedemento que nos permita dispor de proxeccións desagregadas no ámbito local que sexan coherentes coas que realiza o INE a escala provincial. Esta información posibilitaría entender e anticipar os cambios no modelo de asentamento da poboación en España, podendo comparar a previsible evolución das grandes cidades coas medianas ou pequenas, ou podendo comprender as dinámicas das zonas rurais dependendo da súa localización no mapa nacional. A modo de ilustración da capacidade deste procedemento, aplicouse para desagregar as proxeccións de poboación do INE nos casos de Asturias e Galicia, dúas rexións do noroeste peninsular especialmente afectadas polo declive demográfico e que parecen estar a experimentar cambios no seu modelo de distribución territorial da poboación. A aplicación realizouse empregando un amplo nivel de desagregación espacial, o ámbito da parroquia, o que nos proporciona unha perspectiva moi detallada e espacialmente precisa do comportamento previsible da poboación nos vindeiros anos. O traballo estrutúrase como segue. No apartado seguinte resúmese o procedemento de elaboración de proxeccións do INE, mostrando os seus resultados para as provincias nas que aplicaremos a nosa análise. No apartado terceiro preséntase a proposta metodolóxica deste traballo. No apartado cuarto resúmense as variables que se usaron para aplicarlle esta proposta ao caso de Galicia e Asturias. Os resultados, cun breve comentario, móstranse no apartado quinto. Complétase o traballo cun apartado final de conclusións. 2. Proxeccións demográficas no ámbito provincial: metodoloxía oficial aplicada polo INE e cifras para as provincias analizadas Coa información demográfica máis actualizada dispoñible, analízase retrospectivamente cada un dos compoñentes demográficos básicos e establécense hipóteses sobre a súa incidencia futura en cada nivel territorial considerado para cada ano do período que se vaia proxectar. Concretamente, establécense hipóteses sobre as taxas específicas de fecundidade por xeración, sobre as de mortalidade por sexo e xeración, sobre as de por sexo e xeración de emigración exterior e de migración interior interprovincial, así como en fluxos de inmigración exterior para cada sexo e xeración. As proxeccións de poboación residente en España a 1 de xaneiro de cada ano do período proxectado para cada unha das provincias obtéñense de acordo cun modelo de proxección multirrexional. Así, proporciónanse datos sobre poboación en cada un dos niveis territoriais considerados, e tamén as cifras proxectadas de nacementos, defuncións e movementos migratorios que terán lugar en cada un dos anos do período considerado. Todas as estimacións gardan a necesaria coherencia entre fluxos e stocks demográficos, e mais a debida consistencia interterritorial. Partindo da poboación residente en cada nivel territorial considerado de sexo s e idade x a data 1 de xaneiro do ano (𝑃 𝑠, 𝑥𝑡), obtense a proxección de poboación residente de idade x + 1 e sexo 𝑠 na devandita área xeográfica a 1 de xaneiro do ano t + 1 (𝑃 𝑠, 𝑥+1𝑡+1), a partir da seguinte fórmula: (1) onde 𝑚 𝑠, 𝑥 𝑡 é a taxa de mortalidade no ano t da xeración de individuos residentes en España de sexo s e idade x a 1 de xaneiro do ano t ; 𝑒 𝑠, 𝑥𝑡 é a taxa de emigración exterior no ano t da xeración de individuos residentes en España de sexo s e idade x a 1 de xaneiro do ano t ; 𝐼𝑀 𝑠, 𝑥𝑡 é o fluxo de inmigración procedente do estranxeiro no ano t de individuos de sexo s e idade x a 1 de xaneiro do ano t. Para implementar este modelo de predición multirrexional, resólvese un sistema de 52 ecuacións, unha por provincia, no que se incorporan os datos de movementos migratorios intrarrexionais e cara ao/desde o estranxeiro. Un aspecto que incrementa a precisión e sofisticación das predicións é a modelización da evolución da fecundidade tendo en conta o comportamento marcadamente diferenciado entre as mulleres españolas, así como a cifra de mulleres en idade fecunda ao longo do tempo. Para incorporar estas consideracións, en primeiro lugar modelízase a serie retrospectiva de taxas específicas de fecundidade por idade e nacionalidade, asumindo unha evolución logarítmica lineal no tempo que diferencia mulleres españolas e estranxeiras. Esta relación estímase mediante mínimos cadrados ordinarios (MCO), e as estimacións obtidas aplícanse por provincias a partir dunha simulación do comportamento diferencial da fecundidade en cada provincia respecto do total nacional, así como a evolución da idade mediana de maternidade e do rango intercuartílico das taxas de fecundidade de cada unha delas. A partir dos devanditos parámetros, derívanse unhas novas proxeccións de taxas de fecundidade provincial seguindo un modelo BrassGompertz relacional, que é un modelo estándar na literatura especializada. Cinguíndonos ás provincias nas que se centrará este traballo, as proxeccións do INE móstranse na Táboa 1, na que, ademais de mostrar a variación proxectada polo INE para as provincias de Asturias e Galicia no período 20192033, tamén se efectúa unha comparativa co período 20052019. Estas cifras de poboación, xunto coas proxeccións obtidas para o ano 2033, permiten calcular den3. Metodoloxía para a realización de desagregacións espaciais das proxeccións demográficas A máxima desagregación espacial na que se presentan as proxeccións demográficas do INE é no nivel provincial. Isto limita seriamente o seu posible uso en decisións ou deseño de políticas de ámbito territorial máis detallado (áreas intraprovinciais ou contornas urbanas locais). O noso obxectivo é dispor de proxeccións cun maior detalle de desagregación espacial. Non buscamos realizar novas proxeccións, senón desenvolver un método de desagregación das existentes. Isto simplifica a aproximación metodolóxica, dado que non necesariamente precisamos estimar proxeccións con base na información desagregada dispoñible. Podemos confiar na calidade das proxeccións agregadas e sobre elas aplicar un procedemento de desagregación. Existen múltiples metodoloxías con este enfoque 2. A nosa proposta neste traballo baséase no uso de técnicas shiftshare (Dunn, 1960), especificamente no método descrito en Alonso, Fernández Vázquez e Rubiera (2015). Este enfoque destaca pola súa simplicidade, e xa foi empregado con fins preditivos de series de emprego 3. Polo modo no que se constrúe o procedemento, permite dispor de desagregacións locais consistentes coa información agregada, o que resulta especialmente interesante, no noso caso, para que as proxeccións locais sexan coherentes coa información oficial a escalas superiores. Así, propomos aplicar este procedemento ás proxeccións do INE a escala provincial para desagregalas no ámbito parroquial. A aplicación baséase en dous supostos fundamentais: i. As variacións de poboación estimadas a escala de cada parroquia i entre os anos 2019 e 2033 (𝑔̃ 𝑖) espérase que sexan similares ás rexistradas a esa mesma escala no período 20052019 (𝑔 𝑖). ii. As proxeccións provinciais para o ano 2033 (𝑝̃) tómanse como certas. Así, a técnica de estimación formúlase como un proceso de optimización restrinxida, onde (i) permite definir a función obxectivo mentres que (ii) fixa as restricións que se deben cumprir polas solucións obtidas en cada provincia. En concreto, exponse un problema de optimización restrinxida como: suxeito a: A ecuación (2) establece o criterio de distancia en termos cuadráticos entre as diferenciais previstas e as observadas, ponderadas polo tamaño da poboación na parroquia considerada no período inicial 2019 (𝑝 𝑖0). Esta expresión minimízase suxeita á restrición presente na ecuación (3), que garante que as taxas proxectadas no ámbito da parroquia son consistentes coas previstas polo INE para o total da provincia (𝑝̃). Unha vez resolto este problema de optimización, obtéñense as taxas de variación de poboación 𝑔̃ 𝑖 para cada parroquia i, considerando como horizonte de predición o ano 2033. 4. Aplicación ás variacións de poboación entre 2019 e 2033 das parroquias en Asturias e Galicia A modo de ilustración, propomos aplicar a metodoloxía proposta ás parroquias que o nomenclátor de Asturias e Galicia permite identificar. A parroquia é unha entidade de ámbito territorial inferior ao municipio. Algunhas comunidades, entre as que se atopan Asturias e Galicia, outorgáronlles carácter administrativo co fin de coordinar e organizar a actividade comunitaria na devandita contorna. O nomenclátor de Asturias distingue un total de 856 parroquias, mentres que no caso de Galicia podemos identificar 3.787. Asturias ten 78 municipios e Galicia 313. Estamos a traballar, por tanto, cun nivel de desagregación máis de dez veces superior ao municipal, o que nos permitirá dispor dunha proxección extraordinariamente precisa desde a perspectiva espacial. Sobre estas unidades espaciais aplicouse o problema de estimación recollido nas ecuacións (2) e (3) e resolveuse para cada unha das cinco provincias estudadas neste traballo. As táboas e figuras presentadas nesta sección e mais nos Apéndices 1 e 2 resumen os resultados obtidos. A modo de resumo xeral, a Táboa 3 establece unha comparación da variación da poboación entre os anos 2005 e 2019 coa do período estimado 20192033. Para sintetizar, móstranse só os valores máximo e mínimo por provincia de entre as parroquias de mais de 2.000 habitantes no ano 2019. A través destes valores máximos e mínimos pódese constatar a grande heteroxeneidade existente no ámbito espacial estudado. Hai parroquias que experimentan crecementos superiores ao 100%, mentres que outras decrecen a ritmos superiores ao -20%. Figura 1. Densidades de poboación en Asturias e Galicia, comparativa entre 2019 e 2033. Fonte: elaboración propia. Na Figura 2 relaciónase a taxa de crecemento das parroquias no período estimado (eixe de ordenadas) e a densidade de poboación no ano 2019 (eixe de abscisas). A nube de puntos que se obtén mostra a heteroxeneidade existente á que antes faciamos referencia. Hai parroquias que, partindo de densidades baixas, experimentan un gran crecemento, xunto con outras que teñen un comportamento totalmente oposto. Esta Figura 2 pódese interpretar como unha análise de converxencia: se a recta de estimación da nube de puntos fose negativa e significativa, indicaría unha tendencia a converxer en densidades de poboación; pola contra, unha nube de puntos positiva e significativa estaría a indicar unha tendencia á diverxencia. O que observamos é que a nube de puntos ten tendencia positiva, do que se deduce que as desigualdades en densidade tenderán a incrementarse no período proxectado. Para chegar a unha análise máis detallada que permita aproveitar a información xerada coa proxección desagregada realizada, necesítase observar o comportamento territorial da densidade de poboación de modo más preciso. Isto é o que se realiza nos mapas seguintes, onde se presenta primeiro a densidade de poboación estimada por parroquias para Asturias (Figura 3) e para Galicia (Figura 4), e despois a variación porcentual estimada de poboación por parroquias en Asturias (Figura 6) e en Galicia (Figura 7). Para o caso de Galicia inclúense no Apéndice 1 os mesmos mapas por provincias. Adicionalmente, no Apéndice 2 preséntanse dous mapas en que se recollen tanto para Asturias como para Galicia as variacións porcentuais de poboación no período 20052019 con fins puramente comparativos. Todos estes mapas ilustran con maior claridade o que se apuntaba a partir das Figuras 1 e 2. As desigualdades espaciais na distribución da poboación agravaranse significativamente nos próximos anos. No caso de Asturias pode verse como hai unha clara concentración ao redor das parroquias máis dinámicas da área central e dalgunhas parroquias da costa, especialmente a oriental. Case todas as parroquias rurais perden poboación, coa excepción dalgúns dos principais núcleos de poboación da contorna rural. O comportamento de Galicia é moi similar, aínda que con algúns matices. Igual que en Asturias, as parroquias máis dinámicas das áreas urbanas da Coruña, Santiago, Vigo, Pontevedra e Lugo son as máis capaces para incrementar a súa densidade de poboación. Cando nos afastamos destes núcleos urbanos, a tónica xeral é experimentar variacións negativas de densidade de poboación. O efecto da costa non é tan marcado como en Asturias: só na costa atlánticasur, na contorna de Vigo, e na costa cantábricanorte, ao redor da Coruña, se proxectan crecementos de densidade significativos. No interior, a perda de poboación é xeral, coa excepción, igual que ocorría en Asturias, dalgunhas cabeceiras rurais. Os patróns proxectados son similares cos que se mostran noutros traballos previos, como Rubiera, Fernández, Gutiérrez e Viñuela (2014), e coherentes con modelos de localización poboacional como o desenvolvido por Gutiérrez, Rubiera e Viñuela (2017), que mostran a existencia dun cambio de modelo de asentamento poboacional no noroeste peninsular. Fronte ao modelo de ocupación xeral do territorio que dominou o século XX, onde a densidade de poboación descendía lentamente segundo nos afastabamos das principais contornas urbanas, no século XXI avanzamos rapidamente cara a un modelo de forte concentración da poboación tanto a escala provincial, ao redor das principais cidades, como a escala local, ao redor das vilas ou núcleos rurais máis poboados. A densidade de poboación, agora, cae drasticamente en canto nos distanciamos destes núcleos principais, cunha tendencia a deixar despoboado a maior parte do territorio. A poboación tende a concentrarse en focos moi concretos, e tende a desaparecer a aldea tradicional, entendida como núcleos de moi pouca poboación pero dispersos ao longo do territorio. Por iso, obsérvase unha recuperación e unha aproximación ás cidades das especies animais autóctonas, que están a ocupar o espazo que deixou o home nas zonas rurais. 5. Conclusións Asistimos a unha era de forte concentración da poboación ao redor das grandes cidades que está deixando despoboadas as zonas rurais. Existe unha ampla literatura que explora, desde distintas perspectivas, as causas destes procesos de concentración. Con todo, fronte a iso, os estudos do que ocorre en áreas que tenden a perder poboación, zonas rurais e pequenos núcleos urbanos, son más limitados debido, en moitas ocasións, á ausencia de información con suficiente nivel de desagregación espacial. Por exemplo, no caso de España, o Instituto Nacional de Estadística ofrece proxeccións de poboación por provincias, sen ser posible anticipar as dinámicas intraprovinciais. Non dispomos, xa que logo, de proxeccións de poboación, envellecemento, taxa de natalidade ou densidade de poboación para as contornas rurais e zonas periféricas protagonistas habituais do declive demográfico. Neste traballo propuxemos un sinxelo procedemento para desagregar as proxeccións do Instituto Nacional de Estadística a unha escala moito máis detallada que a provincia, o que nos permite ter información das tendencias previsibles en zonas rurais ou en pequenos núcleos poboacionais totalmente consistentes coas proxeccións oficiais a escala provincial. Grazas a isto, pode converterse nunha ferramenta moi valiosa para axudar á toma de decisións e ao deseño de axendas demográficas que teñan en conta a heteroxeneidade de comportamentos intrarrexionais que se observan na realidade. Os nosos resultados contradín a crenza de que no contexto da sociedade da información e da comunicación asistiremos a un proceso de migración desde os principais núcleos urbanos ás contornas rurais e, xa que logo, á reconquista do “campo”. Polo menos ata a data, e nas proxeccións feitas ata o ano 2033, non se aprecia que ese comportamento se produza de modo relevante. O que observamos, pola contra, é unha tendencia á concentración preto das cidades ou das áreas máis poboadas. As políticas de ordenación do territorio e conservación ambiental deberían ter en conta esta tendencia, planificando a reforestación de montes e a creación de espazos naturais máis amplos ante un modelo de asentamento da poboación que tende a ser moito máis concentrado. Apéndice 1. Mapas das provincias galegas de variacións porcentuais estimadas, 20192033 Como xa sinalamos con anterioridade, nas Figuras 7 a 10 presentamos a variación porcentual estimada da poboación das parroquias das provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra no período 20192033. Apéndice 2. Variación porcentual da poboación parroquias asturianas e galegas, 20052019 Por último e tamén como xa sinalamos con anterioridade, nas Figuras 11 e 12 recollemos a variación porcentual estimada da poboación das parroquias asturianas e galegas no intervalo 20052019. Fernández, E., e Rubiera, F.
Este estudo pretende contribuír a visibilizar unha historia, a das mulleres, que permaneceu oculta durante séculos e que en parte foi e segue a ser descoñecida. A través do relato construído en base a conversas con traballadoras do mar podemos coñecer como foron cambiando os oficios desde a súa infancia até hoxe en día; en que circunstancias e en que contexto tiveron que pelexar para defender o seu posto de traballo; como se foi regularizando a súa situación e que implicacións tiveron para elas. A atención céntrase sobre algúns dos oficios máis coñecidos: mariscadoras a pé, mariscadoras a bote, redeiras, traballadoras da conserva e vendedoras de peixe. Coñecer a súa historia, a historia contada por elas mesmas, é o obxectivo último destas páxinas.
Oficios de salitre. As mulleres e os traballos do mar Xiana Iglesias Villaverde María Abelleira Fontán [Recibido, 31 xaneiro 2017; aceptado, 27 marzo 2017] http://dx.doi.org/10.15304/bgl.50.3900 : mar, oficios, traballos, muller, Pontevedra. abstract This study wants to contribute to the visibilization of women’s history, which remained hidden for centuries and still remains partly unknown. Through the account built on the basis of conversations with women with jobs related to the sea, we can get to know how their professions changed from childhood to nowadays; how circumstances and context affected them and how they had to fight to defend their jobs; how their situation was regularized and what this implied. The focus is on some of the bestknown professions: shellfish catchers (with or without boat), net menders, canning workers and fish sellers. Get to know their history, the story told by themselves, is the ultimate goal of these pages. Introdución. Mulleres do mar A relación das mulleres co mar, tanto no plano laboral como persoal, é unha relación intensa, de grandes esforzos e sacrificios e, sobre todo, marcada por un elevado coñecemento do medio que habitan e traballan. Durante séculos, as mulleres do mar ocupáronse da xestión dun recurso que, a pesar de ser público e non propio, traballaron como se delas fose. A lista de labores realizados é ampla e variada e, por desgraza, pouco coñecida e valorada. Delimitado no tempo e no espazo, este texto abrangue a historia das mulleres traballadoras do mar desde aproximadamente a segunda metade do século XX até a actualidade, na área do concello de Pontevedra. Como marco contextual de referencia habería que indicar que nos inicios do século XX no sector do mar se produciron unha serie de transformacións no modelo produtivo que repercutiron na súa modernización. No entanto, esta incipiente modernización estancouse e viuse paralizada co comezo do alzamento militar no ano 1936 e até o ano 1950 aproximadamente. Após este período escuro, non será até a década dos anos 60 que o sector comeza a dar síntomas de recuperación. Estes cambios afectaron, dunha forma ou doutra, ao traballo e aos labores que as mulleres viñan realizando no mar. Até non hai moito, a presenza de mulleres identificábase con traballos moi concretos: mariscadoras, redeiras, vendedoras de peixe, estibadoras ou conserveiras. Moitos destes oficios foron desenvolvidos sen teren a categoría de profesionais, sen seren recoñecidos legalmente. Este foi o caso, por exemplo, das mariscadoras a pé, cuxo esforzo permitiu o acceso a unhas condicións de traballo mellores, cunha lexislación específica e máis acorde coas súas necesidades e demandas. Co tempo, acadan a categoría de profesionais, avaladas por unha extensa experiencia, polo dominio das técnicas de extracción e pola capacidade de xestión dos recursos, o que se constata na súa gradual incorporación a postos de relevancia dentro das confrarías galegas. Non sen dificultades, as mulleres foron gañando terreo e incorporándose a traballos nos que a priori a súa presenza era escasa: mariscadoras a bote ou representantes nas confrarías son algúns dos oficios menos coñecidos. Factores como o asociacionismo, a loita en defensa duns intereses comúns, foron claves para facer oír as súas reivindicacións e permiten avanzar en cuestións que a priori son ignoradas pola lexislación. Con todo, é preciso incidir en que a situación está moi lonxe de ser equilibrada. Oficios Mariscadoras, cultivadoras da ribeira; redeiras, atadeiras e chaboleiras, artistas dedicadas ao mantemento dos aparellos; nas confrarías, dirixentes responsables; na industria conserveira, gardando o sabor do mar; nas bateas, mulleres bravas levantando a pulso as cordas dos moluscos; estibadoras, na carga e descarga dos barcos; e moitas outras, como armadoras, salgadoras, descargadoras de sal, encascadoras, sargaceiras e un longo etcétera forman parte dos moitos traballos realizados polas mulleres do mar. Ao mesmo tempo, moitas delas, debido a condicionamentos persoais como a ausencia dos homes con estadías longas en alta mar, ocupábanse doutros labores ocultos e non recoñecidos como a xestión do diñeiro familiar, a manutención dos familiares, os labores das casa e arredores, a crianza dos fillos e das fillas... Mariscadoras a pé O oficio da mariscadora, aínda sendo unha actividade que se vén realizando desde hai moitos anos e que moitas lembran como herdanza dun coñecemento que se transmite entre familiares e veciñas, non estivo recoñecido como profesión até hai relativamente pouco tempo. A súa regularización non estivo exenta de polémicas pero tamén contribuíu a regular unha situación definida pola súa precariedade. A comezos do século XX, a mariscar dedicábase quen o precisaba e destacaba o feito de ser unha actividade libre, non sometida a regulación, polo que calquera persoa que o precisar podía acceder a este recurso. Non era preciso ter permiso, o marisqueo era indiferente en canto ao lugar pois as zonas non estaban delimitadas e non existían limitacións en cantidade e tamaño. As praias eran traballadas por mulleres, homes e crianzas. “Eu aos 7 anos xa fun á ribeira, a mariscar, e ás veces teño acompañado á difunta de miña nai a vendere a Pontevedra, coa cestiña na cabeza, co peixe, coas ameixas que colliamos” [R.; Pontevedra]. Equipadas coa roupa de diario (carecían de traxes específicos e adecuados para a auga), cun caldeiro e con algún utensilio que lles permitise escavar na area (mesmo cos dedos), desprovistas dos avances técnicos actuais, moitas mulleres e homes conseguían no marisqueo os ingresos necesarios para afrontar as súas necesidades básicas. Sen dereitos nin cobertura legal traballaban en todo o que podían. “Miña irmán (foi mariscadora) aprendeu a nadar por cruzar de aquí a Santa Cristina. E despois a pé descalzas polo monte con todos aqueles toxos” [C.; Pontevedra]. Co tempo, especialmente a partir dos anos 50 e 60 do século XX, a situación comezou a mudar e, con ela, as condicións laborais destas profesionais. Estes cambios viñeron motivados, en parte, pola crise do sector conserveiro derivada da escaseza de sardiña e que obrigou estas fábricas a buscar novos produtos que admitisen o tratamento da conserva. O marisqueo deixou de ser a partir deste momento unha actividade complementaria nas economías familiares e no ano 1963 créase un carné que regula o acceso á actividade. Sobre a implantación deste carné é pertinente destacar que, no momento en que se tramitou, foi recollido no regulamento como “carné de mariscador” (Chapela 2010), mostra da escasa conciencia de xénero con que se realizou este regulamento. Todas estas mudanzas inciden enormemente na economía do marisco, que sobe o seu prezo por causa do aumento da demanda e da introdución en novos mercados anteriormente non explotados. Por consecuencia, as mulleres que se dedicaban a traballar na ribeira ven como o seu volume de ingresos aumenta considerablemente, o que lles outorga un elevado grao de independencia: “ganaba máis co meu home ao mar no Gran Sol” [L.; Pontevedra]. Os avances a nivel lexislativo foron gradualmente incorporando novas conquistas das mulleres do mar, e neste contexto son significativos os anos 90 do século XX. Todas estas normativas, para alén dos evidentes cambios positivos en canto a dereitos laborais, contribuíron tamén a crear unha conciencia de grupo como colectivo e favoreceron que as mulleres tivesen a oportunidade de entrar nun mundo que tradicionalmente se consideraba propio de homes (cando menos no que se refire á toma de decisións e a ocupar cargos directivos nas diferentes entidades). Así, co seu traballo, estas mulleres convértense en especialistas tanto no cultivo, como no comercio, na xestión dos recursos ou na dirección administrativa. Estes cambios, dos que as mulleres afirman que non en todo momento foron vantaxosos e dos que se derivaron novas dificultades para as traballadoras, supuxeron con todo unha mellora notable a respecto da situación das súas nais e avoas. Estas nais e avoas, herdeiras dun labor que non tiña a consideración de oficio, senón que se entendía como un complemento da economía familiar, traballaron durante anos no marisqueo sen apenas cobertura social que lles garantise unha xubilación equiparable a outra profesión. Ademais, as xornadas estendíanse desde altas horas da madrugada e normalmente compaxinábase o traballo coa responsabilidade do coidado dos fillos e das fillas ou de persoas dependentes. A pesar desta precariedade, a relativa facilidade de acceso a este recurso garantiu o sustento propio e dos seus familiares. Durante verán e inverno, con frío ou calor, é recorrente a imaxe das mulleres metidas no mar coas pernas practicamente ao aire. Os instrumentos de que dispuñan eran rudimentarios e de fabricación caseira, na maior parte das veces, e a imaxinación deixou grandes inventos que axudaban no labor diario. No tempo da veda, naqueles meses en que se prohibía a extracción do marisco, moitas delas admiten ter ido “á roubeta”, desafiando a autoridade e poñendo en perigo a súa liberdade ou arriscando a posibilidade de ter que pagar unha multa ou mesmo ir ao cárcere. “De marisqueira non tiña xefe e andaba ao meu aire. Ás veces andábamos á roubeta porque tiñamos 7 meses de veda e 5 abertos, e eu e aquela cristiana (en alusión a unha compañeira) témonos metido por tuberías por onde viña a basura” [M.; Pontevedra]. A partir de 1996 as mariscadoras comezan ademais a ocupar postos de dirección nas confrarías, máis alá destas recentemente creadas agrupacións de mariscadoras. Irrompen nestas entidades tradicionalmente ocupadas por homes e nas que as mulleres durante séculos non só non tiveron representación senón que incluso non eran admitidas como socias. Con todo, a porcentaxe das mulleres nos órganos de dirección é ínfima de se pór en relación co peso e número que supoñen como traballadoras, aínda que o seu papel activo sinala un cambio significativo no status e no poder político das mulleres do sector. Mariscadoras a bote Outra modalidade de marisqueo da que participan as mulleres é a do marisqueo a bote. Nun primeiro momento o seu labor restrinxíase principalmente a exercer de acompañantes e realizar traballos de escolla e prestar axuda, pero era pouco habitual que elas fosen mariscar. A historia das mulleres no marisqueo a bote, no entanto, mudou considerablemente nos últimos anos, grazas ao labor incansable e á valentía dunhas mulleres que decidiron saír soas ao mar e seren elas mesmas as que dirixían as embarcacións. Esta decisión aválaa o coñecemento do oficio, do produto e das artes de marisqueo. A forma principal de aprendizaxe foi, e é aínda hoxe, a través da transmisión entre familiares e veciñanza, estar a compartir as tarefas do día a día. “A pé víñase siempre. No barco non. No barco víñase alí para escoller ” [E.C.; Pontevedra]. Facendo memoria do seu oficio, aínda lembran as mariscadoras actuais os barcos cargados de marisco que chegaban a porto. O marisco que transportaban seleccionábase no peirao e non durante os labores de extracción, como se fai na actualidade. Ao chegar ao peirao, as mulleres eran as encargadas da descarga e para facilitar este labor poñíase unha táboa entre a beira do peirao e o barco que facía de corredor móbil por onde circulaban cos muñicos cheos de bivalvo ao lombo. Tamén elas eran as encargadas de facer a selección dos mellores exemplares, descartando os non aptos para a venda. O produto resultante desta selección trasladábase nos camións, que distribuían entre os principais puntos de venda finais. Aquela medida era queixón. Queixón era un cuadrado. Por cada queixón pasábanlle unha vara por encima e... 1 queixón, 2 queixóns, 3 queixóns... Eles viñan e mareaban en bruto, mareaban para o barco. [...] Botaban todo. E despois iba para alí, por debaixo do puente aquel e pasaban polos puentes e chovía, e viñan as mulleres e escollían, para sacarlle as cunchas [E.C.; Pontevedra]. Desta función de carga e descarga e da selección das pezas máis adecuadas, pouco a pouco as mulleres do marisqueo a bote fóronse botando ao mar. Unhas veces como acompañantes no barco, seleccionando o produto ou ben axudando naquelas tarefas que requirían da colaboración de varias persoas. Despois como patroas en exclusiva e coa responsabilidade do marisqueo, de seren elas as encargadas de mariscar. No entanto, ao igual que as mariscadoras a pé, as condicións laborais definíanse pola ausencia de lexislación, o que condicionaba a profesionalización da actividade: “ Non cotizabas á seguridade social; non era obrigatorio, vamos ” [E.C.; Pontevedra]. Co tempo comezou a regularizarse a situación destes e destas profesionais: delimitáronse as zonas de marisqueo, esixiuse formación (e fixéronse obrigatorios cursos de mariñeiropescador, patrón ou patroa, básico de supervivencia, radio ou sanitario), establecéronse controis sobre os tamaños mínimos e as cantidades máximas por día e mariscadora. Pola contra, algunhas denuncian certa desvantaxe a respecto doutros países produtores xa que se introducen bivalvos de fóra de Galiza máis pequenos dos que se poden capturar na nosas rías e autorízase a súa distribución en áreas comerciais, cando o marisco galego non pode estar por non chegar ao tamaño mínimo esixido pola lei: “ Ti vas a Carrefour e hainas así pequeniñas pero nós isto non o podemos vender. Non é legal para nós ” [E.C.; Pontevedra]. A impotencia faise aínda máis explícita cando explican o traballo que realizan. O marisqueo a bote require dun grande esforzo físico e dunha boa resistencia, que permita soportar desde as sete da mañá (momento en que comeza a xornada) até as dúas do mediodía, lanzando continuamente o angazo para extraer a ameixa ou o berberecho. O barco, o angazo e a roupa de augas son as principais ferramentas de traballo e os seus coidados dependen de quen os emprega. O angazo, de aceiro inoxidable, é un aparello pesado, pois ese peso é o que permite que se agarre con forza ao solo mariño e así arrastrar o bivalvo. Canto máis lonxe se poida lanzar, maior superficie se abrangue. A xornada non pode prolongarse unha vez se recolla a cantidade máxima permitida e esta cantidade sexa adecuada en canto ao tamaño medio. Dependendo da pericia de quen faena ou das circunstancias persoais, poderían deixar de mariscar antes do límite horario estipulado para as dúas do mediodía, o que favorece en moitos casos a conciliación familiar. Moitas das persoas que van ao marisqueo a bote valoran esta circunstancia como unha vantaxe para conseguir manterse activas profesionalmente e atender, paralelamente, as obrigas que poidan asumir a nivel persoal. Mais non todo é froito da habilidade da mariscadora (aínda que si en boa medida), senón que en algo inflúe a “sorte” de encontrar un lugar con abundancia de marisco. Atentas e atentos, mariscadoras e mariscadores avísanse e alertan da “sonada”, do “dise que alí hai”. Ás veces, as sonadas traen só para uns poucos e non para todas, e estando nun lugar moi próximo a quen está a recoller, apenas se consegue aumentar o peso da bolsa de ameixa ou berberecho. “ Uns collen e outros no. Vai a ameixa e vai por aí e ti estás aquí eh... [...] Neno, están todas aí, eh! Agora vamos. Están todas aí, aquí non hai ” [E.C.; Pontevedra]. Por fortuna, cando se encontra unha boa zona, o angazo canta a animosa melodía dos bivalvos a bater contra o aceiro inoxidable. O son do rendemento do traballo, ese son que anima a coller forzas para volver lanzar o pesado angazo ao mar. E non se trata dunha cuestión menor. Estas mulleres saen ao mar a diario, sexa verán ou inverno; tanto se as temperaturas son elevadas, como se son baixas e non para de chover. Traballadoras á intemperie, e coa protección que lles ofrecen as roupas de auga, elas mantéñense firmes (na medida do posible en función da ondada) no seu barco. Fóra do mar, antigamente concentráronse no prezo de venda, en conseguir que o esforzo destas persoas non fose para beneficio doutros. Un momento chave é o da poxa, durante a que non é infrecuente observar como se pactan os prezos á baixa. “Antes subastábase aquí, en Arcade, onde vamos ir despois. E mirabas que falaban entre eles e dicían: mira, collemos estas para repartirmos. Pero deixan baixar o prezo hasta... como ningún vai a parar” [E.C.; Pontevedra]. Na actualidade, da venda encárgase a confraría, que reúne a mercadoría de todas as persoas que saen mariscar, tanto a pé como a bote, e que despois a traslada á lonxa para a súa poxa. Na confraría rexístrase a entrada de produto e a cantidade e o tamaño entregado por cada mariscadora ou mariscador. En función do prezo de venda acadado, cobrarán máis ou menos polo seu traballo; uns días vale máis e outros días vale menos. Despois deste longo proceso, que vai da extracción á venda, as mulleres do marisqueo a bote acaban a súa faena no mar, que normalmente non se corresponde co final dos traballos no día. Falan distendidamente do futuro e lamentan a falta de oportunidades para a xente nova e das restricións na concesión de licenzas. Elas, entre tanto, conscientes de que é preciso manter o sector nas mellores condicións posibles, ao finalizar a xornada e de volta á lonxa, sementan os exemplares máis pequenos que foron descartados para a venda. Facer na rede ‘Facer na rede’ foi a expresión empregada polas redeiras, atadeiras e chaboleiras para describir o labor máis significativo do seu traballo: coser, amañar e coidar das redes. Até practicamente mediados do século pasado as mulleres, sentadas ao aire libre, en grupo, facendo nas redes coas que os homes sairían ao mar, debuxaron unha escena do cotián das áreas costeiras da zona de Pontevedra. Este labor, que se ben é certo non foi asumido en exclusiva polas mulleres, foi realizado maioritariamente por elas, posuidoras do saber deste traballo absolutamente imprescindible para desenvolver a cadea de valor asociada á pesca. A aprendizaxe destes oficios transmitíase de nais a fillas, de tías a sobriñas, de avoas a netas... É por iso que nelas residía o coñecemento e o poder para facer posible a remuda xeracional. O carácter artesanal do seu traballo fixo que as mudanzas ao longo de séculos foran moi pequenas e estivesen principalmente asociadas á introdución de novos materiais nos panos, nas agullas (tradicionalmente de buxo e na actualidade de plástico) e no deseño e estrutura dalgúns aparellos. Na área de Pontevedra, na segunda metade do século XX, as figuras máis habituais foron as de atadeira e chaboleira. As atadeiras poderíanse considerar como as costureiras do mar. Dedicáronse a arranxar as roturas das redes, repoñer os chumbos perdidos e as máis habilidosas incluso a confeccionar aparellos, maioritariamente para a pesca de baixura (medios mundo, nasas, pedra de abalar, palangre etc.). As atadeiras eran requiridas por mariñeiros e armadores, como quen quixera facer un traxe ou un arranxo. “Víñanche chamar: ‘mira teño o aparello tal, pódesme vir? Necesítote dous días, tres días ’. Era máis liberal, era máis libre” [D.O.S.; Pontevedra]. A tea, neste caso o pano, igualmente mercábano feito xa de fábrica, sendo a súa ocupación cortalo segundo as medidas escollidas polos armadores e montalo até configurar o aparello. O grosor da rede e o número de pezas de chumbo que levaban dependían do tipo de pesca: ardora, xeito etc. Un caso distinto era o das chaboleiras, denominadas así en referencia ao seu lugar habitual de traballo: as chabolas, baixos das casas ao pé do mar onde se almacenaban os utensilios e os aparellos de pesca e nos que elas desenvolvían boa parte dos seus labores. En tempos, a maioría das casas lindeiras coa ría de Pontevedra, desde Marín até A Moureira, eran chabolas. Este oficio foi desenvolvido por mulleres e homes, existindo determinadas convencións en función do tipo de barco: Se era vaca (‘pesca de arrastre menor que o bou’) tiña unha chaboleira e un chaboleiro. Se era parella (‘dous barcos arrastran unha soa rede de profundidade’) Estas mulleres e homes traballaban para armadores que os contrataban co obxecto de atender ás tarefas en terra derivadas da pesca. Entre as súas función diarias estaba a de limpar o aparello unha vez volvía do mar, normalmente impregnado do lodo que debían retirar empregando os dedos como ferramenta; iso si, sempre que estivera mollado, que “seco xa non o dabas quitado e quedabas cos dedos... xa sangraba pola punta” [S.R.C.; Marín]. Outro dos traballos relacionados co coidado das redes era o de encascar, un tratamento mediante o que se tinguían os aparellos con casca de piñeiro cocida para que se conservasen mellor. Unha vez encascado, enchoupado de auga e moito máis pesado, levábano a secar ao porto tirando a forza do lombo dun carro e “se cadra levabas tamén unha caixa de pulpo na cabeza” [S.R.C.; Marín]. Recorda a traballadora dunha chabola que se non había que limpar e botar o aparello a secar, “facía na rede” até completar o traballo da mañá e volvía cedo pola tarde á chabola, para traballar en todo o que fixera falta ou incluso fregar a cociña da casa do armador. As chaboleiras e os chaboleiros tamén respondían ao soar da serea do barco e acudían á hora que fose preciso, mesmo ás 12 da noite, para descargar o peixe, carrexando caixas na cabeza nunha sucesión de viaxes que podían ocupar case todo o día. Malia o duro e dedicado das súas tarefas, as chaboleiras e os chaboleiros eran considerados o derradeiro chanzo na organización do traballo e así o reflectía a súa remuneración: levaban o quiñón sempre despois do armador e dos mariñeiros teren apañado os seus e incluso podían non cobrar malia traballar e así andar ao matalote, nome co que designan na zona de Marín a traballar sen cobrar. Ademais, na maior parte dos casos carecían de cobertura legal; non estaban dadas de alta como traballadoras e nalgúns casos nin tan sequera tiñan a idade mínima requirida para traballar, os 14 anos que regulaba a Lei de Contrato de Traballo de 1944. “Eu fun para a chabola con 12 anos (...) Traballei 19 anos entre a chabola e unha conserveira e aparecéronme 5 cotizados” [S.R.C.; Marín]. E a pesar disto, a chabola era “un hueso para o que había cincuenta cans” [S.R.C.; Marín]. Obreiras da conserva As mulleres foron a man de obra da industria conserveira galega desde que a primeira fábrica se estableceu na Coruña en 1836. A elas e ao seu traballo, que durante moitos anos foi pouco remunerado, recoñecido e respectado, se debe que na actualidade este sector galego sexa o máis importante en Europa e o segundo do mundo. Os milleiros de obreiras que durante máis de século e medio pasaron polas liñas de produción das factorías son tamén testemuñas do devir do sector que, a grandes riscos, viviu épocas de bonanza a comezos do século XX e posteriormente entre 1939 e 1949 e a partir dos anos 60; pero tamén de dificultades, primeiro por causa da crise da sardiña de 1909 e despois, nos anos 50, debido ás medidas liberalizadoras da economía. A maior parte das fábricas concentráronse nas Rías Baixas, sobre todo en Vigo e nas comarcas do Morrazo e da Barbanza. A área de influencia da cidade de Pontevedra foi tamén un punto destacado do sector conserveiro, aínda que hoxe o seu peso minguou até case a súa desaparición. Só na zona de Estribela e Marín houbo oito fábricas, entre as que destacan a de Herrero, Riestra ou Maeztu. No barrio da Moureira (Pontevedra) estivo Uzal, dedicada nos primeiros tempos ao escabeche e sazón e despois ás conservas. Trasladouse posteriormente á praia de Lourido (Poio) e na década dos 50 pasou a ser Montenegro. Tamén no concello de Poio, neste caso en Combarro, estiveron as fábricas de Malvar e Mosquera, activas até 1960. A industria conserveira puxo en circulación un fluxo de man de obra nova e feminina que se nutría tanto de nenas como de mozas e mulleres atraídas desde a zona costeira e o interior pontevedrés (por exemplo, as parroquias de Tomeza ou Salcedo) ante a posibilidade de seren asalariadas. Os empresarios buscaban nestas empregadas man de obra hábil, áxil, dedicada, barata e abundante. A fábrica, pola contra, supoñía para elas un complemento económico pero tamén un novo peso que sumar a outros traballos, ben foran reprodutivos ou produtivos. Folga incidir no feito de que nesta altura as mulleres eran as responsables do traballo asociado ao fogar e as nenas as herdeiras temperás desta carga de xénero. É así que a conserveira non eximía do traballo no agro, na casa, no coidado das persoas dependentes, dos animais etc. Por outra banda, os ingresos económicos que reportaban as conserveiras eran exiguos polo que as traballadoras das clases sociais máis baixas víanse en ocasións obrigadas a asumir outros traballos de tipo produtivo, por exemplo, no marisqueo ou nas bateas. Así o recorda unha das operarias da Fábrica Montenegro durante os anos 50. “Cando volvía da fábrica ía para o monte para facer un camión de pedra de mampostería, e máis unha torreta para a base da escola de Marín” [N.P.J.; Pontevedra]. Elas ocupaban nas conserveiras un papel subordinado comparativamente cos homes xa que as situaban en postos inferiores e de escasa cualificación, ademais de teren salarios máis baixos; unha situación que se repetía en fábricas doutros sectores como o téxtil ou o tabaco. “Sólo había un chaval alí, que era jefe, un encargadito, e como non andiveras lixeira, na man!” [N.P.J.; Pontevedra]. As xornadas laborais, malia estaren delimitadas por un horario, permanecían suxeitas ás necesidades de produción e polo tanto, e sen previo aviso, as operarias podían ser requiridas para quedar a traballar máis horas, toda a noite incluso. Esta anomalía organizativa tornábase habitual ao chegaren barcos cargados de peixe, que por aquel entón non se podía gardar en cámaras, tal e como se fai hoxe. “Traballaba todos os días de 08:00 a 21:00 da noite. Seis ou sete horas ao día, o que nos pediran... porque non era fichar: ían apuntando e cando ías cobrar...” [N.P.J.; Pontevedra]. “ Teño quedado a noite toda para o día seguinte traballar máis” [R.; Pontevedra]. A dependencia do traballo das necesidades de produción e das temporadas da materia prima facía ademais que nalgúns casos esta fose unha ocupación temporal ou estacional. Algunhas fábricas contaban con primas de produción que creaban a ilusión dunha mellor remuneración, o que levaba ás obreiras a traballar aínda máis rápido, sempre axudadas pola destreza e habilidade adquirida, e alimentadas por desexos como os de construír unha casa, aforrar para casar, vivir fóra do fogar familiar ou simplemente contribuír con máis cartos á economía familiar. A dureza do traballo e as xornadas laborais longas, intensas e a ritmo acelerado foron un impedimento para algunhas mulleres ao coidado das crianzas, feito polo que, segundo apuntan, era raro ver mulleres de máis de 30 anos entre as traballadoras das conservas. “Eu non sei se me pagaban ben ou mal. A min dábanme un sobre e xa llo daba á miña mai” [R.; Pontevedra], recordaba outra das operarias de Montenegro. Ela, como moitas outras, contribuía coas economías familiares, necesitadas e maltreitas, que seguían a vivir do traballo e colaboración até dos membros máis pequenos da familia, sen esquecer aquelas que recibían cartos chegados da emigración. Esta precariedade levou a que moitas nenas non fosen escolarizadas ou abandonasen cedo os estudos. Algunhas, como apuntamos, dirixíronse ás conserveiras animadas pola familia e a ilusión de ser unha boa saída. Á vez, eran cobizadas polos empresarios sabedores de que estas nenas, condicionadas por un contexto social e familiar de necesidade e unha idade moi temperá, non reclamarían mellores condicións de traballo. Tampouco protestarían polas xornadas laborais excesivamente longas nin polo cativo dos salarios. Non sei ler nin escribir porque tiña que ir polas casas dos veciños a pedir un cacho de pan. Ía coas vacas dos veciños a pacer para que me deran un cacho de pan. Despois fun servir a Pontevedra e logo traballei en Montenegro [N.P.J.; Pontevedra]. O meu primeiro traballo, con 10 anos, foi plantar pinos no monte. (...) Despois como quixen ser un pouco máis fina vin para a fábrica de conservas Mosquera en Combarro (...). Aí xa gañaba 6 pesos, non, 7 pesetas [D.A.; Poio]. As mulleres e as nenas da conserva, probablemente de xeito involuntario e non militante, contribuíron nun proceso de modificación do patrón social segundo o que se lle asigna á muller a función de atender á familia e ao home o ámbito do mercado de traballo remunerado. Así os seus recordos non falan da necesidade de mudanza social ou da dobre carga que asumían senón do duro do traballo, do ben que o pasaban a pé no camiño á fábrica (ás veces de até sete quilómetros) en compaña das demais traballadoras, de ter que probar as conservas que facían ás agachadas para pasar a fame que lles provocaba comer só unha pataca cocida con pemento e loureiro, de cantar, cantar moito animadas polos xefes para ter a boca ocupada e non caer na tentación de comer. Na actualidade o traballo nas conserveiras mudou, está máis mecanizado, melloraron as condicións laborais e as instalacións, se ben é certo que coa entrada de maquinaria xurdiron novos problemas, como os ruídos, a iluminación, a distribución da maquinaria, comodidade nos postos etc. Ademais as obreiras adquiriron maior conciencia obreira, con expresións de reivindicación do seu traballo como foi o caso das protestas en 1989 na fábrica de Odosa, na Illa de Arousa, entre outras. Vendedoras de peixe Habitantes normalmente dun contorno social intimamente ligado aos traballos do mar, as vendedoras de peixe ocuparon o espazo das lonxas e das prazas e distribuíron o peixe entre a poboación pero non só, pois tamén ocuparon os camiños que percorrían a pé desde as zonas do litoral até as áreas máis interiores. Nas cidades as vendedoras de peixe traballan, fundamentalmente, na praza de abastos pero tamén nas lonxas próximas, a onde acudían á procura da mercadoría, buscando bos prezos e boa calidade coa que manter a súa clientela. Por este motivo, moitas destas mulleres traballaban con frecuencia máis alá do horario de venda directa ao público e tiñan que prolongar a súa xornada con desprazamentos ás lonxas próximas. E aínda non acababa aí xa que, ademais das actividades propias da súa profesión, a maioría atendía as tarefas relacionadas cos coidados da familia e da casa. O traballo de venda era, segundo comentan, unha faena alegre e a iso atribúen a súa simpatía e elevada sociabilidade. Non é cuestión menor, pois polas súas mans pasaba parte da alimentación das veciñas e veciños e o bo trato era un bo argumento para que as persoas que acudían a comprar o peixe depositasen nelas a súa confianza. No entanto, tampouco esquecen as incomodidades e conservan na memoria o frío dos mercados, as mans constantemente no xeo, as horas de pé sen apenas desprazarse: Despois alí xa, co frío. As barrigas, preñada, aplastalas contra o mostrador. E non pasaba nada. Que lle digo eu ás miñas netas, eu aplastaba a barriga alí e non me pasaba nada. E agora... [J.B.; Pontevedra]. Domingos e festivos incluídos. Para as máis nenas, acompañantes inseparables, reservábanse tarefas menores, como a distribución a domicilio cando a clientela era boa. A cambio recibían algunha compensación: Eu xa ía desde a praza cargada cunha cesta a levarlle o peixe alí. Todos os días. Viña a señora a comprar, miña nai lle vendía, ‘ai, que me lo traiga la chica ’ ; ala, alá ía. E tíñalle que limpar o peixe. Sabes o que tiña de bo? Que me daba de comer. Limpáballe o peixe, deixáballo preparado (...) [J.B.; Pontevedra]. Outra dificultade era o obrigado pagamento dos arbitrios, impostos municipais que se aplicaban sobre o produto de venda e que variaban en función da calidade, do valor e do peso. Para evitar o seu pagamento eran moitas as estratexias ideadas, e cada imposto que se evitaba pagar supuña para estas modestas economías familiares unha grande axuda. Procuraban, pois, contar coa colaboración de mulleres que ían comprar e que aproveitaban para introducir a mercadoría sen seren sospeitosas; coa colaboración de rapazas e rapaces que agardaban pacientes a que algunha pescantina lles pedise axuda e, a cambio, recibían algunha moeda como compensación. As casetas dos arbitrios están, aínda hoxe, moi presentes na memoria destas mulleres. E non é para menos, pois no caso de non pagar podían ser castigadas retirándolles a mercadoría, con multas e mesmo con arrestos. A pesar do que poida parecer, o nivel de ganancia era escaso; o peixe era un produto cun consumo sensiblemente inferior ao actual. Entonces nós aí, como cobraban albitrios por meter o peixe dentro da plaza, as rapazas que facíamos? Íbamos ata alí e ao mellor a unha señora lle dicíamos, “me pode pasar este peixiño para dentro?”. Porque claro, mentres elas, as que vendían o peixe, si podían aforrar unha pesetiña, aforrábana. E nós aí íbamos a meter... Que o peixe xa chegaba a metá do tempo ao mellor molido (...) Polo medio das rejas lle metíamos á miña nai. E se non xa lle dicía a unha señora que no cesto mo levara. Pero despois eles xa cachaban os cestos [J.B.; Pontevedra]. O labor destas mulleres, non obstante, non se limitaba á compra e venda de peixe. En parte motivado pola ausencia de transportes regulares que facilitasen o acceso frecuente ao mercado ou ao peixe, e en parte debido ás necesidades de conservación derivadas da ausencia de conxeladores domésticos, as peixeiras dominaban ademais determinadas artes de conservación para épocas do ano en que o produto escaseaba. Unha das técnicas máis empregadas a comezos do século XX é a salgadura, precisamente con esta finalidade de conservar. Esta actividade facíase nos baixos das casas particulares co peixe que os propios familiares ou veciños pescaban. O procedemento era relativamente simple aínda que laborioso: preparábase a salmoira (auga moi salgada), deixábanse uns días até retiralos para un recipiente onde se prensaban e permanecían uns días máis: Eu me metía no mar ata aquí, en inverno, bueno, estoucho contando da miña época, ata a cintura, en pleno inverno, a lavar os xurelos nas cestas [...]. Despois iamos para as bodegas, a lañar, a lañar, cortabas, lañabas e salgabas. E quedaba todo salgado [J.B.; Pontevedra]. Ademais da salmoira, outra das técnicas utilizadas para a conservación do peixe era a de secado. Unha vez limpo o peixe deixábase a secar no peirao, até que estivese ben seco, tanto que incluso se comía cru. O fume tamén axudaba a suplir as carencias do conxelado e foi habitual para tratamento da sardiña: na saída do fume da lareira colocábanse as sardiñas nunha vara de ferro, poñíase a leña con loureiro e co fume desprendido afumábanse. Porén, ao redor das vendedoras de peixe, había outra modalidade que eran as vendedoras de a pé. Estas mulleres, con frecuencia residentes en áreas costeiras, recollían á primeira hora da mañá o peixe que os seus familiares pescaran para o levar, a pé, aos lugares da contorna máis afastados. Cargadas coas cestas ao lombo ou na cabeza, camiñaban horas para poder vender, casa por casa, a súa mercadoría. Desta actividade derivou unha economía de troco que contribuíu a crear a conciencia e a apreciar o valor do produto fronte ao simplemente monetario. Así, e en parte motivada pola escaseza na época de diñeiro en efectivo ou polas necesidades alimenticias, non era infrecuente pagar a adquisición do peixe con recursos abundantes no interior, como produtos da horta ou porco. Moitas destas mulleres eran nenas que co seu esforzo e traballo colaboran na manutención familiar, en detrimento dunha formación que na maioría dos casos foi inexistente. Os oficios de salitre mollaron e curtiron as mans das mulleres dedicadas á venda do peixe, á salmoira, ao marisqueo, á conserva... Mulleres que na actualidade sofren as consecuencias de non teren sido recoñecidas como traballadoras de pleno dereito e, xa superada a súa vida laboral, aseguran ter traballado moito por moi pouco. Na época en que se centra este texto detéctase unha fonda división entre os traballos desenvolvidos por mulleres e homes, podéndose identificar oficios feminizados. Estas ocupacións foron entendidas como propias das mulleres pero tamén invisibles e pouco valoradas dentro do contexto social heteropatriarcal do momento. Isto fixo que contaran con escaso ou nulo recoñecemento social como persoas activas e xeradoras de riqueza. Esta fonda fragmentación podería relacionarse coa convivencia dalgúns destes traballos con tarefas asociadas ao fogar e ao traballo reprodutivo –o marisqueo foi fonte de alimento para as familias e fonte de ingresos a través da venda–. Outro aspecto condicionante foi a flexibilidade horaria e a estacionalidade dalgunhas profesións, que favoreceu que fosen asumidas como ocupacións complementarias; así como o machismo empresarial que reservou os postos de responsabilidade case en exclusiva para os homes e a aceptación social de menores dereitos e retribución salarial no caso de seren empregadas. Con todo, e conscientes de que a feminización dos oficios é un proceso longo, entendemos que as causas apuntadas poden formar parte dun sistema máis complexo que abranguería un período de tempo máis amplo que o abordado no noso estudo. Polo tanto, os motivos apuntados poderían ser só lidos como perpetuadores desta división desigual do traballo. Esta invisibilización social discorda coa profusa presenza das mulleres do mar no espazo público; vendendo na praza, mercando nas poxas, tecendo no peirao, andando os camiños na ida e volta das fábricas, apañando na area das praias e incluso en varios destes lugares á vez, xa que era preciso combinalos debido a que os salarios adoitaban ser insuficientes. Con todo, e a pesar da individualización presentada na descrición dos oficios, é interesante destacar que os traballos que se abordan neste artigo rara vez se facían en soidade e a través deles tecéronse relacións sociais de fraternidade e compañeirismo, así como redes de cooperación e solidariedade. Estas redes de colaboración contribuíron en gran medida a acadar os dereitos reclamados e a que os oficios do mar descritos fosen recoñecidos profesionalmente, grazas ao esforzo conxunto destas traballadoras. E aínda así, estas mulleres, a pesar de teren un traballo de tipo produtivo a través do cal recibían un salario, nunca abandonaron os labores do fogar, de coidado dos familiares cando foi preciso e de mantemento das propiedades asociadas á casa. No entanto, todos estes labores seguen a formar parte dos traballos feminizados e ocultos que, ao igual que os oficios descritos neste artigo no seu día, hoxe seguen sen a categoría profesional adquirida noutros ámbitos. Xiana Iglesias Villaverde e María Abelleira Fontán MaOs Innovación Social, S. Coop. Galega Referencias bibliográficas Abelleira Fontán, María (2015): “Traballadoras: termando da terra, do ceo e do mar”, en Do gris ao Violeta. Achegas á historia das mulleres de Pontevedra. Pontevedra: Concello de Pontevedra, pp. 111131. Chapela Pérez, Rosa (2010): “A relación mulleres e mar na normativa. Do visible ao invisible: da loita pola dignidade ao exercicio da soberanía profesional”, en http:// www.culturagalega.org/album/docs/achegas_01.pdf [Consulta: 17/01/2017] Entrevista a Rosa, realizada en Estribela o 24/04/2014. Inédita. Entrevista a Carmen, realizada en Ponte Sampaio o 30/05/2014. Inédita. Entrevista a Lola, realizada en Estribela o 24/04/2014. Inédita. Entrevista a Digna O. S., realizada en Estribela o 05/04/2016. Inédita. Entrevista a Socorro R., Estribela, realizada o 05/04/2016. Inédita. Entrevista a Nieves P.J., realizada en Tomeza o 01/04/2014. Inédita.