ID
stringlengths 5
12
| summary
stringlengths 0
1.73k
| text
stringlengths 0
68.7k
|
---|---|---|
NOS_45589 | Após as 45 manifestacións que quitaron miles de letrad@s ás rúas da Galiza na sexta feira, profesionais do dereito volveron mobilizarse contra o proxecto redactado polo ministerio de Gallardón que propón impostos iguais "para o señor que gaña 150 mil euros que para o que gaña 25 mil" | Adiantárono na sexta feira: haberá mobilizacións entrementres o goberno español non recúe e retire o proxecto de Lei de taxas xudiciais. E nesta segunda volveron ás rúas. Convocad@s polo Consello da avogacía galega e polos 7 Colexios de avogad@s, miles de profesionais da xustiza secundaron na Galiza o acto convocado a nivel estatal. Din que non protestan por manteren os seus traballos, senón que este tributo supón "unha gravísima restrición, inédita na democracia, dos dereitos da cidadanía e no acceso á xustiza". Así as cousas, o Consello da avogacía denuncia que, de saír adiante a achega elaborada polo ministerio que encabeza Alberto Ruíz Gallardón, "a principal vítima deste abuso será a cidadanía". Recordan que son os impostos os que sufragan o custo da Administración de Xustiza mais, cando recorren a ela, "atopan unha carga económica intencionada", pois o PP defende o proxecto xustamente polo carácter disuasorio que terá, para aliviar o volume de casos que acumulan os tribunais e sen facilitar máis medios. Nunha entrevista concedida a unha emisora de radio local, o decano do Colexio de avogad@s de Santiago, Evaristo Nogueira, recorda que a suba das taxas oscila entre os 150 e os 1.200 euros, "e limitarán a moitos cidadáns o acceso á xustiza por motivos económicos, violando o dereito fundamental á tutela xudicial efectiva que temos todos". Explica que o tributo a pagar será o mesmo "para o señor que gaña 150 mil euros que para o que gaña 25 mil" e, cun claro exemplo, sinala que se unha multa de tráfico de 100 euros considerada inxusta se recorre perante o contencioso-administrativo haberá que pagar 150 de impostos. Quéixanse na avogacía de que Gallardón tirou adiante co proxecto das taxas xudiciais sen tomar en conta a súa opinión, e apelan a un pacto en que sexan ouvidas todas as partes, tamén os profesionais do dereito. Por tanto, subliña Nogueira que a única razón para a suba das taxas "é recadatoria" e, ao igual que o Consello xeral da avogacía propón no seu manifesto, apela a outras fórmulas como a mediación ou a arbitraxe "e outras alternativas á Administración de Xustiza" para por fin ao colapso, lembrando que o Estado español posúe a ratio de xuízas e xuíces máis baixa de Europa: "un cidadán non vai litigar por litigar. A orixe do problema é que faltan moitos medios". |
NOS_4922 | David Cal conseguiu a prata na proba de C 1 1000 despois de quedar segundo na proba que gañou o alemán Sebastian Brandel cun tempo de 3.47.176. | Despois dunha espectacular remontada nos 250 metros finais, o cangués David Cal consegue chegar segundo á meta cun tempo de 3.48.053 e traer, así, para Galiza a medalla de prata destes Xogos Olímpicos de Londres 2012. Deste xeito, Cal leva a súa quinta medalla olímpica na súa traxectoria polo que, ademais, pode dicir que é o deportista máis recoñocido neste ámbito de todo o Estado español. (Máis información en breve) |
NOS_52391 | Álex Sampayo (Santiago, 1978) é un guionista, director e realizador galego. Traballou en publicidade, televisión e cine. Durante unha tempada compaxinou audiovisual e teatro, dedicándose agora aos escenarios a tempo completo. Actualmente fai parte da compañía Redrum Teatro coa que, como director, estrea este setembro o thriller A canción do Elefante. | -Traballaches durante moito tempo en audiovisual e agora levas xa bastante anos dedicándote ao teatro, como foi ese cambio? -Levo traballando con Redrum Teatro oito anos facendo espectáculos. Ao prinicipio compaxinei unha cousa e outra, televisión, cine e teatro e dende xa fai varios anos estou exclusivamente con teatro basicamente porque teño un control máis amplo do proxecto. Controlo todas as partes, todos os procesos dunha forma completa. Tanto en televisión como en cine sempre tes moita xente, que toma decisións que ás veces non son as correctas pero que as toman por ti. Creo que contar historias no teatro é algo máis artesanal. Para min é moito máis pleno. Consigo ter máis control e podo contar o que eu quero e da forma que eu quero. -Son moi distintas as formas de traballo? -Por suposto, porque en televisión e en cine enfróntaste con equipos de 30, 40 ou 50 persoas e en teatro é todo moito máis familiar. Tes a sensación de non estar traballando, senón de estar facendo algo que che gusta, case máis un hobby do que un traballo en si. Aínda que ao final son as mesmas horas de traballo e ao final entre ensaiar, a produción, a distribución e a promoción estás todo o día traballando no proxecto. Pero síntelo como máis teu. No teatro consigo ter máis control e podo contar o que eu quero e da forma que quero. -Esíxeche máis esforzo? -Para nada. Ademais todo o esforzo de traballar en teatro vese inmediatamente recompensado polo público. Por cando vas a un bolo e ves como o público sinte o espectáculo e se sinte agradecido. Digamos que a televisión e o cine é un terreo moito máis árido. Non tes ese feedback instantáneo por así dicilo. Eu co meu último proxecto, coa película Schimbare, estiven entre escritura, produción e estrea, seis ou sete anos para que ao final nin se chegase a estrear como eu quixen que se estrease nin se vise todo o traballo recompensado dalgún xeito. A televisión e o cine é un terreo moito máis árido. -A canción do Elefante é un thriller dun escritor canadiano. É o primeiro que dirixes que non está escrito por ti. Por que elixiches este texto? -Cando les teatro de repente hai textos que che apasionan, que dis, este texto algún día teño que montalo. Despois, neste caso, este texto reunía varias circunstancias que a min me encantaban. Por un lado xogaba co xénero de suspense, de thriller, que para min é un xénero que me encanta. E por outro lado trataba sobre unha personaxe ao límite da loucura. Unha personaxe abandonada de pequeno, un abandono que condicionou a súa forma de vida. Para min o teatro é moito máis pleno. Por outro lado, era un único decorado, que é o despacho do psiquiatra, e tres personaxes. Reunía as circunstancias que a min me apetecían. Era un espectáculo producíbel para nós, como produtora de teatro pequena, como empresa pequena e que cremos que vai gustar moito ao público porque é un texto apaixoante na liña de novelas de Agatha Christie ou de cine de suspense estilo El silencio de los corderos. Creo que ten moitos elementos como para enganchar relativamente a calquera tipo de espectador teatral ou simplemente que lle guste seguir unha historia. É un texto moi universal. Fala tamén da sanidade pública, das relacións entre enfermos e doutores, desas liñas de poder... Creo que é un texto moi complexo e á vez moi fácil de seguir. É unha historia moi atractiva. -A obra está protagonizada por Ernesto Chao, Guillermo Carbajo e Patricia Vázquez. Xa traballaras antes con eles? -Si, Guillermo Carbajo é socio xunto comigo de Redrum Teatro e dende o noso primeiro espectáculo, dende A pensión, vimos traballando xuntos. Con Ernesto Chao traballara en audiovisual e xa estivemos xuntos hai dous anos en Noiteboa que foi un espectáculo en 2015 que foi realmente un éxito. Estivemos por un montón de vilas de toda Galiza. Con Patricia Vázquez xa coincidira en Padre Casares e tiña moitas ganas de traballar con ela en teatro porque traballas doutra forma cos actores. Non tes a présa que tes no audiovisual, que tes catorce minutos para unha secuencia, tes que meterte coa outra. Despois as cousas saen como saen. Podes traballar o texto doutra maneira, con outros ritmos e con outros resultados, por suposto. -Prefires traballar con actores que coñeces? -Depende. En función de cada proxecto co que nos enfrontamos, en función de como sexa o texto, que habitualmente escribimos nós, pois xa sabemos máis ou menos os actores cos que queres contar. Tamén por actividade porque traballar no teatro non é de todo sinxelo. Para que te fagas unha idea, agora mesmo con Laura Míguez, estaba en cinco proxectos á vez: obras de teatro, series etc. Require dunha implicación por parte do actor. Ao longo dos anos vas collendo máis afinidade cun actor ou con outro, pero tamén estamos sempre dispostos a, en función do proxecto, atopar o actor que mellor lle veña a esa personaxe. "A canción do elefante" reunía varias circunstancias que me encantaban. -No teatro non notas máis a "presión" do directo? -Si, pero é que iso está moi ben porque, en primeiro lugar, o espectáculo está vivo. Iso quere dicir que unha representación en Santiago de Compostela non ten nada que ver cunha representación de Lalín. Por que? Porque o público cambia, porque as reaccións son distintas, porque de repente un público engancha cunha parte da obra e outro público non, porque os personaxes, os actores que interpretan os personaxes, pois un día están moito máis lúcidos que outros e entón sacan matices que non sacan noutro bolo. O teatro está vivo, é algo que se move, e que depende moito do momento, do lugar, do día, de se fai frío, se fai calor... Son moitos elementos e todos eles fan que cada representación sexa única, distinta e que te encha. Os nervios do directo, iso de que unha vez que se diga esa frase xa non hai volta atrás, xa non se pode repetir, xa non se pode dicir "facemos outra toma"... Ese nervio do directo -para min como director, para min como técnico porque eu tamén son un dos técnicos que van á representación- é unha especie de veleno do teatro... Mesmo a min me pasa cando vou como espectador, sinto eses nervios dese actor ten que estar aí, ten que dicir ese texto, ten que facer iso determinado e vai ser único. Estás vivindo ti con el algo único e irrepetible. Tiña moitas ganas de traballar con Patricia Vázquez en teatro. -Apetéceche voltar ao audiovisual? -Non, polo momento non. Todo chegará. Creo que son fases, que estes anos van ser fases de teatro e quizais nun futuro pois volva a televisión e cine, pero depende. Aquí o importante é contar historias. Quizais quedei un pouco escaldado polo tema de contar historias en cine que leva tanto tempo e é tan duro que prefiro contar historias en teatro porque é máis asumíbel. Eu escribo hoxe un texto e sei que o ano que vén está posto, está traballándose, está vivíndose. O cine é máis complexo. Entran outros intereses, o que queira nese momento a cadea, que tema estea de moda... É moi cíclico, tes que atinar. Ás veces vas tarde e logo os proxectos quedan no caixón. Teño un caixón de proxectos repleto. O espectáculo está vivo. Unha representación en Santiago de Compostela non ten nada que ver cunha representación de Lalín. -Estás a pensar nalgún proxecto de cara o futuro? -Si, nós en teatro sempre temos proxectos. Estrearemos a mediados de ano unha comedia e logo a finais outro espectáculo infantil. O ano pasado estreamos A nena que quería navegar, un espectáculo que trata sobre o acoso escolar e que aínda estamos xirando. Funcionou de marabilla. Ademais, a min éncheme moito saber que hai rapaces con este problema e que os estás axudando a verbalizalo, a falalo cos pais... E hai xente que se che achega ao final e che din que ben o que estades facendo. O ano que vén faremos un espectáculo dándolle un pouco a volta a este que se centraba na nena acosada. Agora queremos centrarnos nun neno acosador que é a outra cara da moeda que cremos que tamén vai servir para que os acosadores ou a xente que está cerca deles saiban como revertir este tipo de condutas. |
NOS_57089 | Con todo, o aínda vicepresidente primeiro da Xunta lembra que "calquera militante poderá presentarse" ao conclave que decorrerá en Pontevedra os días 21 e 22 de maio para elixir o sucesor de Alberto Núñez Feixoo. | Alfonso Rueda escolleu día e lugar —esta sexta feira, na Xunta Directiva do PP de Pontevedra— para ratificar que se presenta a liderar o Partido Popular galego unha vez que Alberto Núñez Feixoo deixou o cargo para marchar a Madrid. O aínda vicepresidente primeiro da Xunta da Galiza e presidente do PP pontevedrés confirmou a súa candidatura en Pontevedra por "respecto", segundo el mesmo declarou. "Nunca busquei o que vou ser agora e estou moi orgulloso de selo", dixo após anunciar que se presentaba a liderar o PPdeG. Rueda quixo, máis unha vez, pór novamente en valor a "unidade" e a "xenerosidade" demostrada polos membros do PP da Galiza no proceso de substitución de Núñez Feixoo. Un proceso ao que se chega após un pacto entre os baróns provinciais do PP. O PPdeG convoca para os días 21 e 22 de maio o conclave no que Alfonso Rueda sucederá Feixoo Precisamente, preguntado polos xornalistas a respecto dese apoio dos responsábeis provinciais do partido na Galiza e polo respaldo expresado por moitos militantes e cargos do PP, Rueda repetiu que se sente "moi honrado e cunha enorme responsabilidade". A respecto diso, lembrou que todo proceso de transición ou substitución "non é sinxelo" mais que, no PP da Galiza, "fíxose da mellor maneira posíbel, demostrando unidade e moita xenerosidade por parte de moita xente". Un proceso que culminará "co que todos desexaban", un congreso. "Todos poden presentarse" Alfonso Rueda subliñou que, unha vez que está convocado este conclave, "todos os militantes poden presentarse" e "todo o mundo poderá manifestar a súa opinión", o que, sinala, "dá lexitimidade importante" á remuda de Núñez Feixoo á fronte da organización. "Eu agradezo que sexa así", concluíu. Diego Calvo e Elena Candia entrarían como conselleiros no Goberno de Rueda Un total de 1.500 compromisarios serán os que elixan o novo presidente do PP no 18º Congreso do partido na Galiza, que decorrerá en maio en Pontevedra. Estes delegados estarán repartidos entre as catro provincias co dobre criterio de afiliación e representación electoral. "A quinta maioría absoluta comeza hoxe" Rueda insistiu no obxectivo de obter nas próximas eleccións galegas —no verán de 2024 se non se adiantan— unha "quinta maioría absoluta". E este obxectivo, engadiu, "empeza hoxe [pola sexta feira] e aquí". Neste contexto, solicitou a axuda non só das bases do PP de Pontevedra, senón do resto de provincias, do mesmo modo que agradeceu aos outros tres 'baróns' territoriais galegos —Manuel Baltar (Ourense), Elena Candia (Lugo) e Diego Calvo (A Coruña)— que lle brindasen o seu apoio sinalándoo, a semana pasada, como "substitución lóxica" de Feixoo na Xunta e no partido. Por iso, enxalzou o "exemplo" que supón abordar a sucesión como un proceso "tranquilo". Para o obxectivo de revalidar esa maioría receitou "unidade", a diferenza do que acontece agora, criticou Rueda, "nos partidos da oposición galega" [BNG e PSdeG]. Aliás, referiuse aos "extremismos, dun lado e doutro", para dicirlles que "non teñen cabida" no país. "O orgullo de ser galego é compatíbel con sermos españois, igual que falar galego con falar castelán", recalcou a continuación. |
NOS_35545 | Denuncian que a lei "só estabeleceu porcentaxes obrigatorias de contidos mínimos e financiamento para o español, sen ningunha indicación nin recoñecemento para as outras linguas alén da retórica baleira". | Representantes das entidades en defensa das linguas oficiais de todo o Estado —A Mesa pola Normalización Lingüística, Euskalgintzaren Kontseilua, Plataforma per la Llengua, Ómnium, ACPV, Escola Valenciana, Folc e Iniciativa Pol Asturianu— mobilizáronse na mañá desta quinta feira fronte ao Congreso, en Madrid, para denunciar que a Lei do Audiovisual, que se está a debater na Cámara, "non responde á realidade lingüística". "Debemos ter en conta que esta lei é unha transposición da directiva da Unión Europea precisamente para dar cabida á produción europea. Deste xeito, fuxiuse da realidade lingüística europea, dando unha presenza indigna ás linguas propias do Estado. Coidamos sinceramente que se perdeu unha oportunidade para a igualdade e que a lei invisibilizará as nosas linguas nas pantallas. É máis, perpetuarase a vulneración de dereitos" afirmaron. As entidades en defensa do galego, catalán e euskera denuncian que a nova Lei do audiovisual é "insuficiente" Neste senso, subliñaron que a devandita lei "só estabeleceu porcentaxes obrigatorias de contidos mínimos e financiamento para o español, sen ningunha indicación nin recoñecemento para outras linguas existentes no Estado español fóra da retórica baleira". Se ben lamentan que "nesta ocasión non se cumpriron os obxectivos previstos" e que o texto "invisibiliza" galego, euskera, asturiano, català e valencià, continuarán a traballar "para crear as condicións adecuadas para vivirmos nas nosas linguas e gañaren espazos, entre eles as pantallas". De feito, insisten na súa "actitude proactiva" durante o proceso de elaboración da lei e acadaron logros como "incluír mínimos para todas as linguas, tanto nas cotas de catálogo das plataformas e retransmisións de TVE como no financiamento anticipado" As propostas de PP de PSOE non garanten o galego no audiovisual Na concentración participaron Marcos Maceira (A Mesa), Paul Bilbao (Kontseilua), Francesc Marco (Plataforma), Elena Jiménez (Òmnium), Daniel Condeminas (FOLC) e Iván Llera (Iniciativa Pol Asturianu), así como representantes de formacións políticas como Néstor Rego (BNG), Joan Baldoví (Compromís) ou Albert Botran (CUP). Maceira puxo o foco en que se "perdeu" unha oportunidade, pois "non se cumpriron os obxectivos previstos e que aprobarán unha lei que invisibiliza a presenza das nosas linguas". [VÍDEO] Perdeuse unha oportunidade para a igualdade das linguas do Estado! 🗣️ @maceiragz: «É certo que nesta ocasión non se cumpriron os obxectivos previstos e que aprobarán unha lei que invisibiliza a presenza das nosas linguas».#IgualdadeLingüística pic.twitter.com/NPOn7Iw4nk— A Mesa Normalización Lingüística (@amesanl) May 26, 2022 Néstor Rego confirmou que o BNG votará en contra desta lei porque "pode provocar un retroceso especialmente en países como a Galiza, onde temos un Goberno adicto ás privatizacións", dixo. Unha cuestión, a de privatizar, á que o deputado nacionalista considera que o texto abre a porta. |
NOS_28367 | Coicidindo coa visita do monarca para inaugurar o curso escolar a organización estudantil convoca unha concentración fronte o colexio Ben-Cho-Shey en Pereiro de Aguiar (Ourense). | "Wert, Borbóns fóra da nosa nación". Ese é o lema lanzado pola organización estudantil Comités para convocar o estudantado a unha concentración o vindeiro 16 de agosto. Coincidindo coa visita do monarca español a Pereiro de Aguiar, Ourense, onde inaugurará o curso escolar, os Comités chaman a se mobilizar contra "o modelo educativo da dereita española máis rancia". No acto institucional estarán presentes o ministro de Educación, José Ignacio Wert, Jesús Vázquez Abad, conselleiro de Cultura e outros cargos institucionais da Xunta de Galiza. Un encontro que tildan de "publicitario" co que goberno e monarquía visan promover as súas "políticas educativas", no curso escolar en que se iniciará a implantación da LOMCE. Aliás, din nun comunicado de imprensa difundido através da súa web, "a presenza dos Borbóns na Galiza, é máis unha vez, motivo de denuncia social, pois son a representación dun réxime caduco e obsoleto, bandeira do españolismo e da opresión da cultura galega". Á espera de que se faga pública a hora de chegada dos Borbóns e representantes gobernamentais, desde os Comités animan a tomar parte na mobilización. |
NOS_25762 | Un "modelo común político" entre Podemos, Anova e EU para as eleccións municipais é o obxectivo que persegue a secretaria xeral de Podemos na Galiza, Carmen Santos. | A secretaria xeral de Podemos na Galiza, Carmen Santos, avoga por que Podemos e os seus aliados, entre os que se atopan Anova e EU, partillen un "modelo común político" que integre "as sensibilidades de todos" de cara ás eleccións municipais de 2019. A respeito da cita electoral, Carmen Santos tratou de calar as voces críticas, que piden a convocatoria dunha asemblea para fixar un posicionamento, advertindo de que a prioridade é, neste momento, o debate sobre o modelo territorial. "Estamos nun momento chave da crise territorial, cunhas eleccións catalás á volta da esquina e, polo tanto, temos que estar niso", afirmou a secretaria xeral da formación morada, que chamou a "non pensar tanto en cuestións internas". Unha vez resolto o debate sobre o modelo territorial, agregou Santos, Podemos abordará as municipais "da mellor maneira para recuperar os concellos para a xente". "Pedimos responsabilidade e esperar a ver como se desenvolven os acontecementos en Catalunya", agregou. Carmen Santos pronunciouse así diante dos medios en Santiago antes de comezar o acto "Conectar España", unha iniciativa de Podemos para "recoñecer" a realidade plurinacional do Estado "desde a unidade". |
NOS_7219 | S celestes foron superiores ao Atlético mais non foron quen de traducilo en goles e perderon (0-1) fronte aos madrileños. | Catro partidos despois o Celta caeu derrotado. Fronte ao Atlético de Madrid, que gañou en Balaídos xogando ao seu (0-1). En xogo venceron os celestes, pouca dúbida hai diso, mais iso non dá puntos. E o resultado, o que conta, foi para o peto dos 'colchoneros'. O partido comezou cun minuto de silencio en memoria das vítimas na vaga de lume A equipa viguesa foi superior, o que se plasmou en posesión de balón, en número de ataques... Desputou algún dos mellores momentos da tempada, con media ducia de intentos de marcar en apenas 20 minutos, os do comezo do encontro. Porén, fútbol é fútbol, foi entón cando chegou o gol dos atléticos. A balón parado (saque de esquina), como gosta Simeone. O Celta non baixou os brazos mais tampouco foi quen de marcar embora pisar o pedal de acelerar e ter Iago Aspas unha boa oportunidade na que máis dun berraba gol cando a bola saíu lambendo o traveseiro. A 15 minutos do final Unzué decidiu ir a por todas e deu entrada a Guidetti e Emre Mor por Wass e o Cabral, toda unha declaración de intencións de que se ía a polo partido. O dominio do Celta fíxose entón case absoluta. Mais sen recompensa. Ficha técnica Celta (0): Sergio, Hugo Mallo, Cabral (Emre Mor, min.72), Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass (Guidetti, min.72), Pablo Hernández, Iago Aspas, Sisto, Maxi Gómez. Atlético (1): Oblak, Juanfran, Savic, Godín, Lucas, Thomas, Gabi (Giménez, min.65), Saúl, Correa (Filipe Luis, min.87), Gameiro (Gaitán, min.60), Griezmann. Goles: Gameiro (0-1, min.28). Árbitro: Munuera Montero, do comité andaluz. Amoestou Jonny, Cabral, Pablo Hernández (Celta); Savic, Saúl, Gabi, Juanfran, Thomas (Atlético). Campo: Balaídos (12.879 espectadores). |
PRAZA_1700 | O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez enterouse ao asistir á rolda de prensa, pois Sanidade non se puxo en contacto "incumplindo o acordado" | En Narón, Fene, Ares e Mugardos, xa poden consumir auga da billa con normalidade, tal como anunciaron responsables da Xunta en rolda de prensa. Na outra cara da moeda está Ferrol que segue co veto, e xa van 3 días. A última analítica levada a cabo deu un valor de trihalometanos de 130, cando deben estar por debaixo de 100. Nos municipios da ría, os valores das analíticas foron de 87 en Narón, 54 en Fene, 54 en Ares e 86 en Mugardos, todos baixo o límite de 100 e de aí a fin do veto. En Ferrol, as probas realizáronse nunha mostra que saíu dunha billa do propio edificio da Xunta, na praza de España. O alcalde de Ferrol, Jorge Suárez afirmou que a Xunta só tomou unha mostra por concello e que os técnico de Emafesa, a empresa de augas, tiñan datos moi inferiores de "laboratorios acreditados". Suárez cre que os resultados da Xunta se deberon a que a cata se fixo nunha planta do edificio "de moi pouco uso, e menos en fin de semana, co que a rede de auga non se moveu". Suárez tivo que ir á rolda de prensa para enterarse dos resultados da Xunta, posto que non llos comunicaron. O rexedor afirmou que Sanidade "incumpliu o compromiso de informar aos concellos antes da rolda". "A explicación é que tiñan mal anotado o meu número, cando xa faláramos en varias ocasións", sentenciou o alcalde. Suárez pediralle previamente á Xunta que activase o plan de emerxencia ao que o vicepresidente Rueda lle contestou que "non se trata de activar plans así alegremente". Por outra banda, a Fiscalía da Área de Ferrol abriu dilixencias de oficio sobre a situación do subministro de auga. O obxecto é esclarecer se a agua que se está subministrando representa un risco para a saúde. O primeiro paso será solicitar á empresa de augas ferrolá, Emafesa e ao Concello de Ferrol información sobre os acontecementos e determinar se hai responsabilidades penais."As dilixencias que abriu a Fiscalía servirán para esclarecer varias cuestións, entre elas se é certo o que dixo a voceira do PP de que a Xunta non fixo públicos os primeiros análises porque llo pediu Emafesa", declarou o alcalde. Pola súa banda, o Valedor no Pobo tamén abriu unha queixa de oficio. A institución dirixiu escritos para pedir información aos rexedores das localidades afectadas, instándoos a informar da situación e, en concreto, a coñecer as causas polas que Emafesa non corrixiu a situación con anterioridade. Toda a situación rematou por causar un cruce de acusacións polas responsabilidades derivadas. En Ourense, a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, atribuíu o problema á "desidia" de Emafesa, por non tomar "as medidas que tiña que tomar". Asemade tamén fixo fincapé en que a responsabilidade é do concello e do alcalde, que é presidente da empresa mixta, que ten como socio privado a Urbaser. Pola súa banda, Suárez sostén que no concello non tiveron información do que ocorría ata "o mesmo día" que lles fixeron a restrición. "Ese mesmo día", sostén o rexedor, "a xefa territorial de Sanidade aseguroume que as analíticas había que facelas en Lugo, e que ata 6 días non se ían saber os resultados. Por fortuna, a presión da xente fixo que buscasen outro método". |
NOS_1207 | Centos de tesouros do noso pasado precisan unha intervención urxente para evitar a súa destrución ou desaparición. | As listas vermellas elaboradas por asociacións e colectivos de defensa do patrimonio de Galiza continúan a aumentar. Son listaxes nas que se inclúen aqueles bens e elementos do patrimonio que estean en grave risco de degradación, deterioro ou desaparición. Unha 'comisión científica' integrada por especialistas na materia é quen elabora esta lista en base a criterios como a importancia histórica e arquitectónica do ben ou o estado no que se encontra. Hai dúas listas que destacan a de Patrimonio Galego (que está perto dos 9.000 bens catalogados) e o de 'Hispania Nostra'. 'Hispania Nostra' naceu hai 40 anos para defender e poñer en valor o patrimonio do Estado español desde a sociedade civil. En 2007 impulsou a coñecida como 'Lista vermella do patrimonio. En 2014 integraban esa listaxe 12 bens galegos, un número que aumentaba a 18 a mediados de 2016 e que agora, a comezos de 2017, está xa na vintena. A Torre de Taboi, en Outeiro de Rei, a basílica de Santa Mariña de Augasantas, a Torre Fortaleza de Sarria ou o sanatorio de Cesuras (estilo modernista) son algúns dos elementos sobre os que HN advirte do risco no que se atopan. A lista é máis grande: as pinturas murais da igrexa de S. Xulián de Moraime (Muxía), o Forno dos Mouros (Dolmen de Moruxosa) ou o Mosterio de Santa María de Monfero tamén entran nesta triste clasificación. Protección Máis completa e traballada é aínda a lista vermella (definición empregada a nivel internacional para se referir a aqueles en estado de abandono ou risco) que fai Patrimonio Galego, que leva catalogados perto de 9.000 bens culturais por todo o país. Na súa lista vermella figuran case 100 tesouros do noso pasado "en perigo inminente". De conventos a cruceiros, pasando por pontes, igrexas ou círculos líticos, diversos elementos integran esta lista de Patrimonio Galego, que di que "está formada por aqueles bens que corran grave perigo, xa sexa de destrución, alteración ou desaparición". O Convento de Montecubeiro (Castroverde), a Ponte Cabirta (Bugallido-Ames), o Círculo Lítico de Castrotión (Oca-A Estrada) ou a Igrexa de Santo Estevo de Pardollán (Rubiá) son só catro exemplos de bens patrimoniais galegos que figuran na 'lista vermella' elaborada por 'Patrimonio Galego'. A principios de 2015 figuraban nesa lista por volta de 40 elementos. A comezos de 2017 ese número disparouse até os por volta de 100 actuais, e aumentando. |
NOS_21852 | Convocará 1.163 prazas para persoal sanitario, docencia e administración xeral. | Ano de eleccións e Feijóo abre a billa das ofertas de emprego público. Simple coincidencia ou 'pensa mal e acertarás'? O presidente da Xunta anunciou esta quinta feira a "maior" oferta de emprego público no noso país desde a chegada ao poder do PP, en 2009. Un total de 1.163 novas prazas: 446 para docencia, 344 para sanidade e 373 para a administración da comunidade. Cando faltan menos de catro meses para a cita coas urnas nas municipais, Feijóo anunciou que a administración autonómica vai esgotar as novas taxas de reposición permitidas polo Estado español: un 50% en vez do 10% do que se falara inicialmente. O presidente galego xa adiantou que no que atinxe á administración xeral vai apostarse no emprego en áreas como a de asesoramento xurídico, gardacostas ou inspección urbanística, entre outras. |
NOS_18416 | Tres das persoas acusadas non aceptaron o acordo co Ministerio Fiscal. | A Fiscalía e parte dos doce acusados pola ocupación en outubro de 2011 da Sala Yago chegaron a un acordo de conformidade que evita a entrada en prisión das persoas encausadas e reduce as penas que se pedían nun primeiro momento. Enfrontábanse a un delito de usurpación de bens inmobles con violencia, polo que o Ministerio Público solicitaba un ano e medio de prisión, conmutado agora por usurpación (sen violencia), o que supón un máximo de seis meses de condena. As encausadas que aceptan o acordo de conformidade aceptan dous meses de condena. Ademais, e segundo as axencias de noticias, dúas das persoas acusadas por tenza ilícita de explosivos terían aceptado a acusación, polo que se lle reduciu a condena de tres anos a 18 meses de prisión. Tres das encausadas non aceptaron o acordo de conformidade coa Fiscalía pois non recoñecen ter cometido os delitos dos que se lle acusan. Por volta de oitenta persoas se concentraron a primeira hora da mañá nos Xulgados de Fontiñas, en Compostela, para amosar a súa solidariedade para cos encausados. En outubro de 2011 un grupo de persoas entraba na Sala Yago. Foron días de actividades, de debate, de revivir dunha sala sobre a que penduraba o perigo de ser cuberta para sempre por arañeiras até que algún promotor decidise que, nese privilexiado enclave do casco vello da capital de Galiza, había bo nicho para o negocio inmobiliario. 'Okupa e resiste' poñía unha faixa despregada. E ducias de persoas adicáronse ao longo deses días a, efectivamente, ocupar, resistir, debater, rir, falar e, o máis importante, facer cousas. Deron así vida a un espazo cultural vivo e aberto entre as paredes co que era un espazo cultural fechado. Poucos días despois, un inxente despregamento de antidisturbios procedeu ao desaloxo das persoas que estaban na Sala Yago. |
NOS_37871 | É unha das propostas máis singulares e arriscadas das músicas populares contemporáneas: a vasca Maite Arroitajauregui, Mursego. Este sábado presentará no Centro Galego das Artes Contemporáneas de Compostela o seu último disco, 100% Oion, dentro do festival Escenas do Cambio. | Aínda que máis que de disco, cómpre falar de proxecto. Hai un par de anos, a asociación veciñal Bitartean Jolasean solicitou propostas para mellorar a convivencia entre as distintas comunidades de Oion, un pequeno municipio alavés de apenas 3000 habitantes. Nel reside un importante número de poboación estranxeira e a súa taxa de desemprego atópase entre as máis altas de Euskadi. O combate contra os estereotipos respecto das persoas foráneas -fundamentalmente chegadas de Marrocos e Paquistán- centrou a idea. Dunha mesa de mediación social emerxeu a idea de rexistrar un disco. 100% Oion é, en palabras da autora, un exercicio de empatía que asiban Mursego e pobo de Oion. No traballo participaron máis de oitenta veciñas e veciños do lugar, de idades e nacionalidades diversas. O proxecto, coordinado pola a artista Idoia Zabaleta, procura axudar a mellorar a convivencia intercultural. 100% Oion contén oito cancións, entre as que atopamos unha canción tradicional islámica traducida ao euskera e ao castelán, unha tecno jota ou o tema Óyenos Oion, resultado dun "coro de queixas": a recollida por escrito das queixas da veciñanza. Folk vasco, hip hop e electrónica completan unha obra dificilmente adscribíbel a ningún estilo que non sexa o de folclore contemporáneo. Á procura de novas linguaxes O concerto de Mursego será ás 22:30 no CGAC de Santiago de Compostela. Fai parte do festival Escenas do Cambio. A Cidade da Cultura organiza este ciclo, adicado ao teatro, a danza, a música e o arte en acción, do 1 ao 10 de febreiro. Concertos, obradoiros e performancees conforman o cartel deste ano, integrado por artistas galegas, españolas, portuguesas e latinoamericanas que traballan no desenvolvemento de novas linguaxes artísticas. Maria Arnal i Marcial Bagés, a compañía Voadora con Garage oun Light Years Away de Edurne Rubio son algunhas das máis salientábeis propostas do programa. |
NOS_45017 | Non puido ser. As seleccións galegas de fútbol gaélico non conseguiron superar Irlanda nos encontros que tiveron lugar na tarde de onte en Compostela. As mulleres perderon 27-5 e os homes, 29-22. | Os partidos amigábeis que enfrontaron Galiza con Irlanda remataron con derrotas para os combinados galegos. No caso da selección feminina, o dominio das irlandesas no terreo de xogo provocou que as galegas perderan por unha ampla marxe, 27-5. "As irlandesas xogaron moi ben e a diferenza era notábel desde o principio. Non puidemos facer nada coa súa superioridade", sinala Alexandre Sanmartín, seleccionador galego de fútbol gaélico, en declaracións a Sermos Galiza. Máis igualado estivo o partido das seleccións masculinas. O equipo galego non brillou na primeira parte, na que destacaron os irlandeses, mais na segunda parte, os galegos estiveron a moi bo nivel e mesmo se fixeron co parcial. O resultado final do partido foi derrota para o combinado de Alexandre Sanmartín por 29-22. "Este partido foi máis axustado e estivo máis igualado até o final", coméntanos o seleccionador galego. Alexandre Sanmartín: "O noso obxectivo é prepararnos para competir no Mundial que se celebra en Irlanda no verán do próximo ano" O adestrador galego explícanos que os amigábeis xogados no día de onte teñen carácter preparatorio de cara a Dublín 2016, "o noso obxectivo é prepararnos para competir no Mundial que se celebra en Irlanda no verán do próximo ano". Adiántanos que está organizando novos encontros preparatorios das seleccións para os próximos meses. |
NOS_24191 | Galiza recibirá un total de 92,9 millóns de euros dos 2.000 millóns aprobados polo Goberno estatal para repartir entre o ensino público dos diferentes territorios. Representa o 4,6% do total da axuda. | Galiza recibirá un total de 92,9 millóns de euros do 'fondo covid', dotado con 2.000 millóns de euros e que o Goberno estatal transferirá ás comunidades autónomas como investimento no sector da educación. O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou onte a orde, que xa entrou en vigor. A cantidade que adxudicada á Galiza representa 4,6% da axuda total. Andalucía, Catalunya e Madrid repartiranse a metade deste fondo. A liberación destes recursos farase efectivo antes de finalizar o mes de setembro, aínda que o Goberno de Pedro Sánchez indicou que traballa para que as autonomías reciban estes recursos a inicios da próxima semana. Para as comunidades do réxime común, o 80% do diñeiro repártese en función da poboación de 0 a 16 anos segundo as cifras do padrón a 1 de xaneiro de 2019. O 20% restante calcúlase pola poboación de 17 a 24 anos, pero ten en consideración o gasto en educación superior. En concreto, Andalucía recibirá 383,8 millóns de euros, Catalunya 337,4 e Madrid 291,6 millóns. Ao País Valenciá chegarán 214,1 millóns; á Galiza 92,9; a Castela-A Mancha 89; Canarias recibirá 87,3 millóns; Euskadi 87,2 e Castela e León 84 millóns. Así mesmo, Murcia percibirá 73,1 millóns; Aragón 53,4 millóns; Balears 50,2 millóns; Estremadura 43,2; Asturias 32,5; Nafarroa 29,2 Cantabria 22,1 e A Rioxa 13 millóns. O delegado do Goberno estatal na Galiza, Javier Losada, valorou nun comunicado que esta achega "non xera nin débeda nin intereses" para os galegos e galegas, xa que o Estado, di, asume a totalidade do custo de forma que a Xunta pode destinala integramente á educación pública "no momento decisivo do arranque do curso académico". Sinalou que o Goberno galego poderá dispor deste diñeiro "nuns días". Feixoo reclamara destinar o diñeiro a outros fins Cando o Goberno estatal anunciou o reparto de axudas destinadas ao ensino público, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, expresara publicamente o seu malestar por non permitir o Estado repartir os fondos para outros fins, e non para educación. O xefe do Executivo galego non compartía a fórmula de reparto do fondo non reembolsábel, ao entender que supuña unha penalización ás "comunidades autónomas que xestionaron mellor a pandemia" da Covid-19. |
NOS_48135 | A Feira do Disco e o Libro Galego de Monterroso acadará este sábado, 17 de marzo, a súa terceira edición. A asociación cultural 25 Xastres, que organiza o certame, define así a súa iniciativa: "Un punto de encontro no que poder gozar da cara máis lúdica da cultura" | Librarías, editoras ou discográficas conforman a vintena de postos que encherán a coñecida Cúpula -un pavillón multiusos- da vila ulloá. E presentacións e concertos puntuarán unha xornada da que os seus promotores tamén salientan "o galego como lingua vehicular". Entre as actuacións atópanse as de Xurxo Souto -o seu espectáculo de narración Océano para terrícolas- ou Magín Blanco -que presentará o seu volume Camiños, de cancións para crianzas. Azougue, a medio camiño entre certo jazz e o folk, e a música tradicional de Habelas Hainas tamén fan parte do programa musical. O debuxante humorístico Luís Davila ofrecerá un obradoiro para cativos e cativas, Arantza Portabales falará da súa novela Deixe a súa mensaxe despois do sinal, Anaír Rodríguez de Pioneiras e Martiño Noriega e Daniel Salgado -natural de Monterroso- do seu ensaio A contradición permanente. A presentación do segundo número de Cairón, o boletín do Instituto de Estudos da Ulloa, pechará a feira -a cuxa montaxe contribúen o Concello de Monterroso, a Deputación de Lugo, as editoriais Xerais e Galaxia, a adega Abadía da Cova e Jim Sports- contra as dez menos cuarto da noite. |
NOS_48232 | As temperaturas baixan e oscilarán entre os 3 graos de mínima de Lugo e os 14 de máxima de Vigo e Ourense. | Toda a costa da Galiza estará esta segunda feira en senllos avisos amarelos por ventos de forza 7 no mar, así como por ondas que poderán alcanzar entre catro e cinco metros de altura. Segundo o boletín de avisos de Meteogaliza, os fortes refachos de vento do noroeste na costa afectarán a comarca lucense da Mariña e o noroeste da Coruña, e durarán entre as 3 horas da madrugada e as 12 do mediodía. No tocante á alerta por ondas de catro a cinco metros, iniciarase ás 3 horas no litoral coruñés, ás 6 na costa de Pontevedra e ás 9 na de Lugo. Estenderase, cando menos, até a medianoite. Aliás, o país continuará esta segunda feira con moita inestabilidade atmosférica e aire frío tras o paso da fronte deste domingo. Por tanto, os ceos estarán parcialmente cubertos con chuvascos xeneralizados. De feito, Meteogaliza, as precipitacións serán máis intensas e frecuentes pola mañá e nalgúns puntos do territorio estarán acompañados de saraiba e tormenta eléctrica. A cota de neve estará nos 900 metros. A respecto das temperaturas, sufrirán un lixeiro descenso. Así, por cidades, a mínima máis baixa rexistraraa Lugo, con 3 graos, mentres que as máximas non pasarán dos 14 de Vigo e Ourense. Pola súa parte, o vento soprará forte do noroeste pola mañá e amainará progresivamente a partir do mediodía. |
PRAZA_20590 | Pilar Cancela di que a formación galega se sente "cómoda" na definición de España plurinacional que promove a nova dirección do PSOE, que estivo representada por Adriana Lastra no acto do Día Nacional dos socialistas galegos | A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, apostou neste 25 de xullo pola "autonomía do federalismo" e polo idioma galego como "primeiro e máis importante elemento vertebrador" da identidade no país. Durante o acto polo Día Nacional de Galicia que cada ano os socialistas galegos celebran ante o busto de Castelao en Rianxo, a dirixente apelou á Galicia "digna" cun autogoberno "forte" dentro dunha España "federal" e "profundamente solidaria" cos cidadáns e cos pobos. Cancela aposta pola "autonomía do federalismo": un autogoberno "forte" dentro dunha España "federal e profundamente solidaria" Antes, diante dos medios de comunicación, Cancela advertiu que "por suposto" que o PSdeG se sente cómodo na definición de España plurinacional que promove o novo PSOE de Pedro Sánchez. "Formamos parte dun partido que é federal e polo tanto apoiamos as resolucións que adopta o partido a nivel federal, que ademais moitas delas son con achegas do propio PSdeG... Como non nos imos a sentir identificados", destacou. O PSdeG advirte que defenderá "sempre a legalidade" e que "a soberanía do Estado reside en todos os españois" Cancela asegurou tamén que o PSdeG defenderá "sempre a legalidade" e que "a partir de aí" pódese "falar de calquera cousa, pero respectando a lei que hai neste momento". Así, aludiu ao "artigo moi claro" na Constitución "que di que a soberanía do Estado español reside nos españois, pero en todos e todas, non só nun cachiño". Por outra banda, a vicesecretaria xeral do PSOE, Adriana Lastra, presente no acto, negou que existisen tensións no partido pola definición de Estado plurinacional "porque ese debate se suscitou no congreso federal" e "aprobouse por amplísima maioría". "Os debates no seo do partido ábrense e péchanse nos congresos", insistiu. Ademais, durante a súa intervención pública, Lastra defendeu que os socialistas son "os únicos" que defenden "o diálogo" fronte ao "inmobilismo", que atribuíu tanto ao Executivo central como ao da Generalitat de Catalunya. Alén disto, reivindicou que o PSOE entende as distintas "realidades nacionais, culturais e sociais". "Por iso somos o partido que máis se parece aos españois", engadiu. Gonzalo Caballero, Leiceaga e Villoslada coincidiron no acto do Día Nacional de Galicia en Rianxo Lastra tamén cre que a dereita "nacional" por unha banda e "nacionalista" por outro "levan" España "á ruptura", e terminou avogando por un país que "teña á fronte a un partido moderno" e que "integre as diferentes realidades nacionais". Por outra banda, os tres aspirantes que xa amosaron a súa intención de loitar polo liderado do PSdeG nas primarias que se celebrarán no vindeiro outono (Gonzalo Caballero, Xoaquín Fernández Leiceaga e Juan Díaz Villoslada) coincidiron este martes no acto dos socialistas polo Día Nacional de Galicia, no que Pilar Cancela asegurou a "total neutralidade e total imparcialidade" da xestora ante o desenvolvemento das eleccións internas. |
NOS_42198 | Veciñas e veciños reuníronse en asemblea e decidiron comezar a recoller sinaturas para presentar unha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP). Na xuntanza lembraron a familia dunha nena de 12 meses que padeceu o atraso dunha ambulancia nun traslado ao Centro Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS). | A Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo, que agrupa a 21 colectivos e asociacións das parroquias de Santomé de Piñeiro, O Campo, Ardán e Seixo, no concello de Marín, realizou esta sexta feira unha asemblea veciñal na Alameda de Seixo, para informar, segundo explican nun comunicado, "da grave situación do Centro de Saúde de Seixo, de Marín, das urxencias do PAC no concello e no Hospital Montecelo" e concretar as novas protestas "despois dun ano de loita por unha atención sanitaria digna". A asemblea comezou cunha lembranza das veciñas e dos veciños da parroquia do Campo que están "a defender a vida no rural contra os incendios do Courel." Así mesmo houbo un "sentido aplauso" para a familia da nena de 12 meses que tiña que ser trasladada do Hospital Provincial de maneira urxente para ser operada en Santiago "e a ambulancia atrasouse". Recollida de sinaturas A veciñanza acordou unha recollida de sinaturas da Iniciativa Lexislativa Popular, en conxunto co resto de plataformas galegas, que realizarán a partir de agosto de maneira fixa nos centros de saúde de Seixo e Marín e noutros lugares que se informarán posteriormente. Multitudinaria manifestación en Marín contra os recortes no sistema sanitario Estas mesas de recollida de sinaturas irán acompañadas de asesoramento para a veciñanza que queira poñer reclamacións "para ter unha atención sanitaria digna cando o precisa, sexa referido a demoras nas citas co seu médico de cabeceira, con especialistas ou pola situación do servizo de ambulancias ou a saturación das urxencias". No acto tamén se presentou o "monumento a un ano de loita veciñal", unha estrutura artesanal en forma de cúpula, con estrutura de madeira e soportes de metal, feita polas veciñas e veciños, na que se pode mirar unha escolma de fotos das actividades feitas pola plataforma dende a súa creación en xullo de 2021. Esta estrutura estará situada na Praza de Abastos para poder ser contemplada pola veciñanza que non puido acudir á Asemblea. Mobilizarse "contra os recortes" Desde a Plataforma lembran que "mobilizarse contra os recortes é necesario porque quedando na casa perderiamos o máis valioso que temos que son os servizos públicos a comezar polo dereito á saúde" por iso "convidamos ás veciñas e veciños a que agora participen da recollida de sinaturas porque temos que seguir coa presión á Xunta, como están facendo tamén noutros lugares". Un médico atende 2.200 persoas no centro de saúde de Seixo en Marín Alén diso, sinalan que "non imos agardar a que pase algo grave para saír á rúa e agardamos que a veciñanza do resto do concello nos apoie, porque se trata de defender unha boa sanidade pública para todas e todos." |
NOS_32084 | Leva 6 meses ao fronte da secretaría xeral de Compromiso por Galiza e fai un balanzo positivo deste tempo. Galeguista firme e socialdemócrata centrado, Juan Carlos Piñeiro vende futuro ao falar de Compromiso. O galeguismo é a vía para seducir a sociedade porque, enfatiza, é un conceito máis amplo que o nacionalismo. E, porén, tampouco renuncia, ao final do camiño, a un Estado galego propio. Deixamos un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 258. | En que momento está Compromiso por Galicia? Coido que está nun bon momento. Tivemos un traspés nas autonómicas, digo isto sen paliativos, e a partir daí decidimos reiniciar o proxecto e hoxe en día podemos dicer que estamos ben, moi ben, a estratexia de implantación territorial está a funcionar, hai moita ilusión na xente, moita confianza no proxecto e eu, nese aspecto, estou contento. Contento da resposta, das novas que se van producindo, novas agrupacións que se van abrindo e nova xente que se incorpora a Compromiso por Galicia. Hai que continuar a traballar e a mellorar. A autocompracencia non vale de moito, mais podemos dicer que imos no bon camiño. En cantos concellos estaría neste momento Compromiso? Estrutura orgánica debemos de ter en por volta de 60 concellos. E despois neste novo curso político contamos con implementar Compromiso en 30 máis, co obxectivo claro de chegar ás municipais [2019] visando apresentar da orde de 115-120 candidaturas. Vós preferides a definición de galeguista á nacionalista. Por que? Foi unha cuestión que se debateu e aprobou xa na fundación de Compromiso. Galeguista é un termo máis amplo e o que nos diferencia de declarármonos como nacionalistas é ao final a definición final do país. Nós apostamos no máximo de autogoberno da Galiza dentro de Europa. Esa é a única diferenza. [Podes ler a entrevista íntegra no Sermos Galiza 258, á venda na loxa e nos quiosques habituais] |
PRAZA_14624 | Para o Seminario Galego de Educación para a Paz a decisión "contribúe a desacreditar, aínda máis, o citado galardón entre a cidadanía". A entidade considera que a EU "non é o modelo de democracia xenuína que soñaron os seus fundadores e parécese máis a un estado fortaleza" | O Seminario Galego de Educación para a Paz manifesta "a súa máis profunda indignación" pola concesión do Premio Nóbel da Paz 2012 á Unión Europea, e afirma que a decisión "contribúe a desacreditar, aínda máis, o citado galardón entre a cidadanía". A entidade considera que hoxe a UE "coas súas institucións pragadas de burócratas insensibles", non é "o modelo de democracia xenuína que soñaron os seus fundadores e parécese máis a un estado fortaleza que persegue e discrimina ós non comunitarios ó tempo que enche de frustracción e desesperanza a millóns de cidadás europeos abandonados á súa sorte en beneficio do rescate da banca e dos seus privilexios". Para o SGEP a UE non é "o modelo de democracia xenuína que soñaron os seus fundadores e parécese máis a un estado fortaleza" Afirma así mesmo que a UE non é "un modelo pacífico" e lembra que "aínda non hai tanto tempo, avións europeos da OTAN bombardeaban sen piedade á poboación civil en Belgrado ou Kosovo na guerra da ex Iugoslavia, no mesmo corazón de Europa". Ademais denuncia que "ben recentemente a UE ten actuado directamente ou por forza interposta no Norte de Africa e o segue a facer, levando a morte e a destrución a Libia ou a Siria". Para o SGEP "a paz non é simplemente a ausencia de guerra" pois "existen moitas formas de violencia ou moitas violencias. Probablemente, a máis opaca e descoñecida para a maioría da sociedade sexa a violencia estrutural, aquela que ten que ver coas inxustizas". E en relación con iso "o goberno da Unión Europea, nestes momentos, está supeditado ós mercados e ós mercaderes". "Existen moitas formas de violencia ou moitas violencias. Probablemente, a máis opaca e descoñecida para a maioría da sociedade sexa a violencia estrutural, aquela que ten que ver coas inxustizas" O Seminario lembra que "non é a primeira vez", que o Nóbel galardoa persoas ou institucións "que desmerecen, coa súa práctica e comportamento persoal ou profesional, os obxectivos do premio". E cita como" exemplo máis paradigmático" o de Henry Kissinger. |
PRAZA_148 | Francisco Martínez Leira, Pancho, foi asasinado pola Garda Civil en Pontedeume o 31 de decembro de 1954. No 60 cabodano da súa morte un ciclo de actos homenaxean unha das persoas que durante máis tempo mantivo activa a acción da guerrilla en Galicia. | "Francisco Martínez Leira, Pancho, era el último superviviente de las partidas guerrilleras que operaban en Galicia (...) Con este excepcional servicio de la Guardia Civil se pone fin a unas actividades subversivas de las que desde hace unos años era el único superviviente. Con su muerte queda completamente pacificada la región". Así o destacaba a nota do Goberno civil da Coruña, de obrigada inserción nos xornais galegos, publicada días despois do asasinato de Francisco Martínez Leira, Pancho, o 31 de decembro de 1954. Hai unhas semanas Pancho foi homenaxeado cunha ofrenda floral no cemiterio de Meá, en Mugardos, xusto na data na que chegaban os 60 anos do seu pasamento. Esta ofrenda foi o inicio dunha serie de actos, organizados polo Ateneo Eumés e o Colectivo Terra, que ao longo deste mes de xaneiro están servindo para afondar no coñecemento da súa figura, á que se lle dedica unha web cunha gran cantidade de información. Algúns realizaron as súas últimas accións en 1950 ou 1951, outros agocháronse e morreron uns anos máis tarde, algún mesmo escapou, pero Pancho foi o derradeiro guerrilleiro en activo, realizando numerosas accións aínda nos seus últimos dous anos de vida "Ese foi o final de Pancho, pero non o foi" -destaca o historiador Bernardo Máiz- "Todos os que somos desta comarca crecemos escoitando falar de Pancho por aquí e de Pancho por alá, igual que noutras zonas de Galicia se falaba do Foucellas ou do Curuxás". Algúns realizaron as súas últimas accións en 1950 ou 1951, outros agocháronse e morreron uns anos máis tarde, algún mesmo escapou, pero Pancho foi o derradeiro guerrilleiro en activo, realizando numerosas accións aínda nos seus últimos dous anos de vida: reparto de propaganda, asaltos a dereitistas e enfrontamentos armados nos que morreu un garda e outros dous quedaron feridos. O pasado venres 16, no local social do colectivo Terra, en Pontedeume, Máiz dirixiu un faladoiro co título "Pancho, o último guerrilleiro", que foi acompañado por un concerto de Mini e Mero. Este venres 23 as actividades trasladaranse ao propio Concello de Mugardos, cuxo salón de plenos acollerá unha nova palestra do historiador, titulada desta volta "Pancho en primeira persoa". Xuntaranse familiares, amigos e testemuñas vivas para falar sobre Pancho e renderlle unha homenaxe ao heroico combatente. O seguinte acto do ciclo terá lugar o venres 13 de febreiro no local do Colectivo Terra cunha conferencia de Carlos Méixome titulada "Represión e resistencia na Galiza" e a proxección do documentario A cidade da selva. Finalmente, o venres 6 de marzo, de novo a Casa do Concello de Mugardos acollerá a proxección do documental As silenciadas, de Pablo Ces Marco, e unha tertulia con Aurora Marco. A comisión pro 60 cabodano de Francisco Martínez Leira destaca que a figura de Pancho é "portadora de valores exemplares en calquera sociedade democrática. Foi solidario coa xente máis débil e máis necesitada. Defendeu a democracia, mesmo coas armas na man, tentando repoñer a legalidade republicana". E lembra que "solidariedade, democracia e antifascismo son valores cidadáns nos que se asentan os países máis avanzados do noso entorno europeo e por iso mesmo son promocionados desde os centros de ensino e os medios de comunicación". O derradeiro guerrilleiro A figura de Pancho é "portadora de valores exemplares en calquera sociedade democrática. Foi solidario coa xente máis débil e máis necesitada. Defendeu a democracia, mesmo coas armas na man, tentando repoñer a legalidade republicana" A pesar da súa ideoloxía esquerdista Francisco Martínez Leira tivo que marchar á fronte no bando nacional, aínda que numerosas fontes destacan que neses mesmos anos colaboraba xa cos fuxidos e republicanos agochados. Finalizada a guerra, achégase ás clandestinas ANFD e Unión Nacional e ao Partido Comunista, e comeza a exercer de enlace para a guerrilla, á que se incorpora en 1948. Foron os anos de maior intensidade das accións da guerrilla en Galicia, trala chegada de José Gómez Gayoso e Antonio Seoane Sánchez e ata a caída da dirección galega do PC e da guerrilla. Entre 1947 e 1949 morreron en enfrontamentos en Galicia de 78 franquistas e de 93 resistentes antifranquistas e foi o tempo no que se construíron unha serie de bases subterráneas na área de Ferrol, Mugardos, As Pontes, Betanzos e Coruña. Cando a partir de 1950 o partido decidiu mudar a estratexia de loita, desbotanto a opción da guerrilla, Pancho rexeitou marchar a Francia, e permaneceu nos montes da bisbarra, realizando accións. Segundo Máiz, as razóns da súa negativa a marchar poden estar na desconfianza que tiña nalgunha das persoas das que dependía para este exilio. Outros din, simplemente, que Pancho chegara a preguntarse "que vou facer en Francia?". Ademais dos asaltos, destacou ata 1954 polo reparto de propaganda coincidindo con datas sinaladas coma o aniversario da Revolución Rusa, ou o da proclamación da República, cando se dedicaba a pegar ducias de cartaces coa bandeira tricolor pintada con acuarelas. Á altura do ano 52, poucos son xa os fuxidos que seguen a combater o réxime. Os máis caen en combate e os que conseguen salvar a vida purgan as súas penas na cadea ou, nalgún caso, no exilio. Pancho continuou. Home afouto, intelixente e precavido, características que se cadra explican que seguise vivo ata 1954, a pesar da súa soidade nos últimos anos e do cerco establecido pola Garda Civil. De feito -destaca Bernardo Máiz- un dos contactos do PC que ao redor do ano 1950 chegara a Galicia para falar con el, conta que nesa ocasión Pancho pasou de longo evitando o encontro; cando un tempo despois lle preguntou por que o fixera, o guerrilleiro confesoulle que desconfiara porque "ulía a tabaco rubio". Outras testemuñas lembran que Pancho rara vez opinaba nas discusións políticas, senón que estaba continuamente pendente da súa pistola e de armala e desarmala para mantela limpa. Porén, pouco a pouco foise pechando o cerco ao seu redor, e tras ser ferido en outono de 1954 tomou a decisión de exiliarse. Para localizalo e darlle morte houbo durante semanas un gran despregamento policial entre Narón, Neda, Fene, Mugardos, Cabanas e Pontedeume. Pancho confiou nun familiar, que o traizoou, citándoo o 31 de decembro de 1954 en Ombre, Pontedeume, onde o agardaban dous gardas civís que, disfrazados, lle deron morte. Destaca Bernardo Máiz que os gardas foron premiados con ascensos e mesmo un, anos despois, foi colocado nunha empresa. Pancho confiou nun familiar, que o traizoou, citándoo o 31 de decembro de 1954 en Ombre, Pontedeume, onde o agardaban dous gardas civís que, disfrazados, lle deron morte No acto que este venres acollerá a Casa do Concello de Mugardos, o Ateneo Eumés e o Colectivo Terra queren achegarse ao perfil humano de Pancho e profundizar na dureza da represión franquista contra a súa familia. Algúns destes testemuños serán arrepiantes, coma por exemplo o do fillo de Pancho, Manuel, que nunha entrevista publicada hai uns anos explicaba a situación familiar tralo asasinato do pai: "Á miña nai mandárona desterrada a Valladolid, á miña irmá ao País Vasco, e a nós os dous a un hospicio que estaba no Pazo de Mariñán, recordo todo perfectamente. Estabamos máis de cen nenos, algúns inválidos e dábannos leña a todos. Lavábannos a todos na mesma auga e metíannos a cabeza baixo a agua sucia realmente non sei para que. Eu fiquei traumatizado, si, tempo despois deime conta que o meu carácter vén daqueles anos". De igual xeito, en abril de 1955 a súa irmá, María Martínez Leira, e o seu sobriño, Manuel Pena, sufriron un Consello de Guerra. Como responsable dun "delito de auxilio a componentes de partidas armadas dedicadas al bandidaje", María foi condenada a un ano de prisión menor, mentres que Manuel foi absolto ao non probarse que tivera intervención nos feitos. Pelexamos, pelexamos Como destaca Lupe Martínez nun artigo publicado no número 15 da Revista Eumesa de Estudos Cátedra, ese 31 de decembro de 1954, ao cadáver de Francisco Martínez Leira incautóuselle un arma, municións, unha carteira con 22 pesetas e algunhas fotografías, 150 gramos de turrón e unha folla de papel cun poema de Pedro Garfias titulado "Peleamos", que dicía así: "Por los hijos que lloran nuestra ausencia por la esposa que espera nuestro abrazo por los hijos que esperan nuestra vuelta. Peleamos peleamos Por el limpio sudor de nuestra frente por la paz la justicia y el trabajo por la libre República del pueblo. Peleamos peleamos" Web dedicada a Francisco Martínez Leira, Pancho |
PRAZA_2658 | En 2014 creceu o investimento por primeira vez dende o 2008, pero a cifra segue máis de 100 millóns por debaixo daquel ano. Tamén mellora algo o emprego, pero a recuperación dáse unicamente no sector privado. | A ciencia galega tocou fondo. Despois de anos de descensos nas cifras de investimento en I+D e no número de traballadores e traballadoras en labores de investigación, en 2014 as estatísticas oficiais, que onte fixo públicas o INE, amosan unha leve recuperación en todos os indicadores. Porén, as cifras de financiamento e persoal seguen moi lonxe dos niveis acadados antes da crise e os recortes. Por exemplo, o pasado ano investíronse 477'2 millóns de euros en I+D en Galicia (nove millóns máis que en 2013), porén a cifra está máis de cen millóns por debaixo da de 2008 (584 millóns) e sitúase practicamente en niveis de 2006. O mesmo sucede coas magnitudes de persoal: o número de xornadas laborais completas ligadas a procesos de I+D creceu en 2014 por vez primeira en catro anos. Chega ás 9.405 (19 máis), moi lonxe das 10.809 de 2010 e está mesmo por debaixo dos datos de 2008. Analizándoo por áreas, vemos que a recuperación experimentada en 2014 se debe sobre todo a un crecemento do investimento en I+D no sector privado, que mellora en 13 millóns de euros e 170 postos de traballo máis. As cifras da investigación realizada polas administracións públicas non varían e os datos nas universidades mesmo experimentan novos retrocesos. Con respecto ao ano 2008, momento do inicio da crise económica e cando aínda non se aplicaran os duros recortes dos anos seguintes, o investimento en I+D a través das universidades en 2014 está aínda 45 millóns de euros por debaixo, con 400 postos de traballo menos. O mesmo sucede na investigación realizada a través doutras administracións públicas (un descenso acumulado de 8 millóns de euros e 73 empregos). 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 Gasto en I+D 405196 449522 555626 584213 524125 531601 526471 487840 468701 477279 % 4 3.8 4.2 4 3.6 3.6 3.7 3.6 3.6 3.7 Persoal 8496 8281 8659 9681 9972 10809 10146 9509 9386 9405 Evolución do gasto en I+D en Galicia (en miles de euros), % sobre o total do Estado e número de traballadores/as. Fonte: INE |
NOS_16897 | Esperan chegar ás 5.000. | A petición para a readmisión da ex directora do CEIP Luís Seoane de Oleiros, "obrigada a dimitir", segundo denunciou a comunidade educativa do centro, após o esquecemento dun menor no bus escolar, logrou até o momento máis de 3.100 apoios á primeira hora desta segunda feira. Así se recolle na plataforma change.org como resultado dunha iniciativa que comezou despois de que tanto pais como profesores e persoal non docente do centro expresasen o seu apoio á, até a semana pasada, directora, ao exculpala de calquera responsabilidade en relación co ocorrido co neno, que non chegou a pisar o centro escolar. Na petición para chegar a 5.000 firmas, cuéstionase que o menor --que cursa quinto de Educación Infantil e que non chegou a baixar do autocar, sen darse conta da súa presenza ata que o bus foi recollido de novo para coller aos nenos á saída de clase-- pasase "varias horas" no vehículo. "Sen darse conta nin o condutor, nin os coidadores que acompañan a ruta do autobús, traballadores pertencentes a empresa contratada pola Xunta". "A responsabilidade dos sucedido non lle corresponde á directora do centro, que durante os últimos anos mostrou un traballo incondicional, suplindo as carencias docentes causadas polos recortes, realizando un gran labor pola integración e a igualdade dos escolares", sosteñen os promotores. |
NOS_590 | Movistar, a filial da multinacional española, deixou sen servizo 16 millóns de persoas en abril e non reparou os danos. O Goberno impón agora unha sanción e ínstaa a devolver a cada persoa afectada unha cantidade que ronda os 2€ na vindeira factura | Arxentina impón unha sanción de 32 millóns de euros --185 millóns de pesos-- á multinacional española Telefónica pola avaría nos seus sistemas que deixou sen posibilidade de comunicación a través do móbil a 16 millóns de usuarias e usuarios a principios de abril. Unha porcentaxe menor da cidadanía ficou tamén sen servizo de telefonía fixa. Alén da multa, o Goberno de Cristina Fernández insta a Movistar --a filial da empresa-- a que devolva a cada unha das persoas afectadas un importe de case dous euros --10 pesos-- na vindeira factura. Tras o apagón de abril, Movistar comprometeuse a reparar os danos, outorgando á clientela un diñeiro proporcional a un día completo do seu próximo abono. Tamén anunciou que poderían enviar mensaxes de texto de balde durante os días da Semana Santa. Non cumpriu ningunha das dúas ofertas. |
NOS_56504 | Non hai tregua nen respiro. Após desfacerse con clareza dos rusos do Krasnodar, o Celta pensa xa no Genk belga, a equipa que lle deparou o sorteo realizado esta sexta feira en Nyon para disputar os cuartos de final da Europa League. Claro que antes diso agarda #onosoderbi este domingo en Riazor (18.30 horas). | Os emparellamentos dos cuartos de final da Europe League son os seguintes: Celta-Genk. Anderlecht-Manchester United Ajax de Amsterdam-Schalke 04 Lyon-Besiktas. Como xa aconteceu nas últimas dúas eliminatorias, o Celta disputará a ida en Balaídos, o 13 de abril. Unha semana despois, o 20A, a equipa viguesa visitará o Luminus Arena de Genk. En teoría, estamos perante un rival asequíbel para a equipa de Berizzo. O Genk é neste momento oitavo na liga belga. Porén, non hai moita marxe para a confianza: o combo que dirixe o holandés Albert Stuivenberg é particularmente perigoso no seu feudo, onde se impuxo con relativa comodidade ao Athletic de Bilbao na fase de grupos, e dispón de futebolistas a ter en conta como o sevillano Pozuelo -un zurdo con bon manexo da bola- e o dianteiro tanzano Samatta que leva anotado 18 tantos no que vai de curso. |
NOS_22602 | O día 10 de outubro, ás 20 horas, María do Cebreiro presenta A herba de namorar de na Sala Numax (Santiago de Compostela). O libro é unha antoloxía dos seus vinte anos de produción literaria. | Vinte anos de poesía non son poucos. A herba de namorar condensa en 50 poemas a produción de María do Cebreiro dende a aparición de O estadio do espello (1998) até Soños. Arquivos. Cartas (2018). A presentación do libro terá lugar na sala Numax, en Santiago de Compostela, ás 20 horas do quinta feira 10 de outubro, e contará coa asistencia do editor do libro, Ismael Ramos, e a escritora Berta Dávila. Alén dunha selección de poemas xa publicados, o volume recolle tamén algunhas composicións inéditas. Por iso, A herba de namorar, afirma a editorial, "é un libro vello e novo ao mesmo tempo", que inclúe, en palabras da autora, "aqueles poemas que salvaría se só puidese escoller eses". María do Cebreiro (Santiago de Compostela, 1976) concilia a súa produción literaria como poeta coa actividade docente na área de Teoría da Literatura e Literatura Comparada na Universidade de Santiago de Compostela. Ten escrito ensaios, antoloxías e máis dunha ducia de poemarios, entre os que destaca a recente triloxía composta por Os inocentes (2014), O deserto (2015, Premio da Crítica Española e Premio da Crítica de Galiza), e A lentitude (2017). |
NOS_34242 | Unha onda de violencia reabre a crise na capital de Ucraína que mantén unha forte tensión entre @s manifestanstes atrincheirad@s e as forzas gobernamentais. Imaxes no interior. | Con este novo episodio de violencia, @s manifestantes exixen máis mudanzas ao goberno ucaíno --en funcións após presentar a súa demisión e convocar eleccións antecipadas. Se ben a pasada semana o Parlamento aprobou unha amnistía para @s opositor@s que foran detid@s após iniciárense os protestos, desde as barricadas erguidas en Kiev hai xa varias semanas, continúan a exixir novos cambios. Coincidindo coa sesión plenaria na Cámara de representantes ucraína, centos de manifestantes rodearon o edificio do poder lexislativo e desataron o conflito que rematou mesmo con vari@s deputad@s ferid@s polos golpes. E é que se debatería a restitución da Constitución de 2004 mais finalmente non foi así. Os opositores chaman ás armas e mesmo poderían terse feito cun pequeno arsenal segundo informou a Cadena Ser e a imprensa internacional Os disturbios que se espallaron de novo pola cidade, focalizándose na Praza da Independencia, deixa até o momento, segundo fontes do Ministerio de Sanidade do país, 25 persoas mortas, entre elas 9 policías. A cifra de ferid@s ascendería a máis de 100 mil. @s opositor@s chamaron na madrugada desta cuarta feira a tomar as armas á cidadanía e diversas cabeceiras internacionais afirman que se terían feito con algúns arsenais. Desde as Nacións Unidas o seu presidente, Ban Ki-moon lanzou un chamado ás forzas gobernamentais e da oposición a devolver o país ao "camiño da prosperidade e a democracia". Pola súa banda, o presidente ruso, Vladimir Putin, instou as forzas inernacionais a condenaren a violencia "dos radicais". Imaxes de Russia Today (rt.com) |
NOS_38788 | Antón Gómez-Reino sinala que "é absolutamente imprescindíbel que a Xunta ordene a fabricación destes elementos" ás empresas galegas que teñan capacidade para producilos. | O candidato de Galicia en Común-Anova Mareas á Presidencia da Xunta, Antón Gómez-Reino, exixiu esta segunda feira o "reparto inmediato das 500.000 máscaras protectoras que o Goberno galego mantén aínda almacenadas e sen distribuír". Ao tempo, Gómez-Reino apremiou á Xunta a realizar coa "máxima urxencia" as xestións precisas para que as plantas industriais galegas, que teñan capacidade, inicien a fabricación no país dos equipos de protección individuais e as máscaras que se precisen para loitar contra a pandemia da COVID-19. Para o candidato da coalición "é absolutamente imprescindíbel que a Xunta ordene a fabricación destes elementos". "Sobre todo tendo en conta que, segundo coñecimos onte, Galiza ten unicamente medio millón de máscaras en stock", agregou após a reunión mantida o domingo á tarde co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, e co resto de voceiras das forzas políticas galegas para abordar a crise social, económica e sanitaria derivada do aumento de contaxios por coronavirus. A coalición tamén propón a posta en marcha dos procesos necesarios para a fabricación doutros equipos e compoñentes sanitarios, como "respiradores" e "produtos para a desinfección do persoal e das instalacións", sempre en coordinación co Ministerio de Sanidade. "Esas máscaras e eses equipos deberían poñerse a disposición, de maneira inmediata, do conxunto das profesionais da sanidade, das persoas que se atopan en grupos de risco e das Administracións competentes para que cheguen a quen máis as precisan", salientou Gómez-Reino, que centrou a prioridade nas residencias de maiores, nos centros de día e de menores, nas persoas dependentes e en aqueles colectivos especialmente vulnerábeis como as persoas sen fogar. "Estamos nunha situación extraordinaria que demanda medidas extraordinarias na que actuamos con total lealdade institucional. A mesma que lle demandamos ao Executivo de Feixoo", agregou o portavoz de Galicia en Común-Anova Mareas. Da mesma maneira, o candidato da coalición trasladou o recoñecemento e o aplauso colectivo ao persoal da sanidade pública "que vén de lograr unha pequena vitoria cargada de esperanza nunha longa loita contra a COVID-19 ao dar a alta médica ao primeiro paciente afectado polo coronavirus na Galiza". |
PRAZA_9906 | Esa enfermidade infantil que infesta de debilitamento a esencia do corpo social que sustenta a esquerda española e o nacionalismo galego, ata deixalos sen capacidade de reacción diante das posicións reviradas dunha dereita franquista | "Viver é fazer meia com uma intenção dos outros. Mas, ao fazê-la, o pensamento é livre, e todos os príncipes encantados podem passear nos seus parques entre mergulho e mergulho da agulha de marfim com bico reverso." (O livro do desassossego, Fernando Pessoa).Unha das doenzas crónicas que veñen padecendo os concellos galegos é o sarampelo político. Esa enfermidade infantil que infesta de debilitamento a esencia do corpo social que sustenta a esquerda española e o nacionalismo galego, ata deixalos sen capacidade de reacción diante das posicións reviradas dunha dereita franquista, que se empeña en minguar as liberdades e dereitos da xente, cada ver que conquista unha onza de poder. Tal e como se divisa no horizonte, despois do 26 de maio, van inzar na pel de moitas corporacións novos antídotos contra os sarabullos que pexan, tanto o normal funcionamento dunha estrutura municipal que nunca gozou de boa saúde, como calquera propostas que teña pinta de facer andar o País cara a adiante.A proliferación de candidaturas, alleas aos vellos partidos, moitas con posibilidades de obteren representación e mesmo de gobernar, acabará producindo novas formulacións que obrigarán aos de sempre a revisar o carburador dunhas corporacións locais, atascadas moito tempo. A vella militancia partidaria –progresista no discurso e conservadora na actitude– ofuscada polas consignas dos xefes na idea de que é posuidora da verdade absoluta, mira por riba do ombro e acusa de favorecer á dereita a aqueloutros que, a través de fórmulas políticas innovadoras ou de plataformas veciñais, pretenden levar as súas propostas ás casas consistoriais.Ah! O meu tío Lisardo pensa que a culpa desta malura non a teñen os que deciden explorar novas vías de participación nos gobernos municipais, senón os que mangonean as organizacións clásicas, os que pensan que os partidos políticos son un fin en si mesmo, para perpetuarse eles no "machito", a base de afianzarse nunha sorte de reducionismo das ideas, que van chamuscando con doses de intolerancia e rexeitamento, para expulsar do entorno aos defensores dos pequenos matices. En fin, a culpa é dos que van pola vida pretendendo darlle leccións de democracia e coherencia ideolóxica aos que, malia estar no mesmo bando, optan por ir a pé, no canto de viaxar de moca nun medio de transporte totalmente obsoleto. |
NOS_39903 | É un dos monarcas máis criticados pola historiografía españolista e máis celebrado nas crónicas europeas e árabes. Criado no círculo familiar dos Guterres en Celanova, actuou o servizo do partido galego, ganándose a estima dos musulmáns, malia derrotalos na batalla de Simancas de 939 e destacou no combate contra os casteláns. | Ramiro era fillo dos reis galegos Ordoño II e Elvira Mendes. O primeiro, educado en Zaragoza como parte da política de achegamento da coroa ao mundo musulmán, actuou como un instrumento do partido galego, residindo en Galiza boa parte da súa vida. A segunda, filla de Hermenexildo Guterres, o auténtico líder da nobreza galega no século IX, estaba emparentada coas grandes familias nobiliarias do momento, sendo nai dos reis Sancho Ordoñez, Afonso IV e Ramiro II. Ramiro, nado sen ningunha dúbida na Galiza nuclear cara o 898, será educado nas terras entre Douro e Mondego por Onega, irmá de Afonso o Magno, e polo seu marido Diego Fernández, outro poderoso oligarca ligado á familia dos Guterrres e por conseguinte parente da raíña e membro do núcleo familiar que posuíu a coroa até Vermudo III, morto no 1038 na batalla de Tamarón, e a súa sucesora e irmá, a emperatriz Sancha, nai dos reis García, Afonso VI e Urraca e avoa do grande emperador Afonso VII. Celanova, centro da familia real O circulo familiar de Ramiro "O Grande" significa o núcleo central de poder da monarquía hexemónica no espazo cristián peninsular e evidencia a orixe galega de todos os reis e raíñas desde finais do século IX até comezos do século XIII. Unha viaxe pola rama materna Ramiro, neste caso a dos Guterres, onde San Rosendo xogou o papel de cabezaleiro, certifica que sete mulleres desta familia, remataron como raíñas, Elvira Mendes, Adosinda Guterres, Aragonta González, Goto Nunes, Teresa Ansures, Velasquita Ramires e Elvira Mendes. Sen ir máis lonxe, o propio Ramiro II casaría tamén con dúas persoas desta casa, primeiramente coa súa curmán carnal Adosinda Guterres, nai do rei galego Ordoño III e da raíña navarra Teresa Ramirez, e posteriormente con súa parente Ortega Romaes, neta de Milia de Wessex, chegando a afirmar Alonso Ceballos, en relación co fillo de Ramiro, Ordoño III, que Celanova era o centro da casa da familia real. Ramiro, fillo de Ordoño, rei de Galiza Ramiro foi elevado ao trono polo partido galego. Os fillos de Ordoño II contaron co apoio das clases dirixentes galegas para facer efectivos os seus dereitos, até o punto de que o seu curmán Afonso Froilaz, foi apartado da coroa, após un ano á fronte da mesma, por unha revolta dos galegos que impuxeron no trono ao primoxénito de Ordoño II, sucedido á morte deste polo seu irmán Afonso. A súa abdicación motivou a chegada ao trono de Ramiro II, que xa se significara polas súas dotes políticas e militares no período que exercera como gobernador na área do Miño e do Mondego, con sé en Viseo. Un repaso á documentación contemporánea da área ibérica, árabe ou europea, non deixa dúbidas da súa consideración como galego, sinalando Ibn Hayyan, o máis importante historiador peninsular da Idade Media, nunha crónica onde analiza a chegada ao trono de "Ramiro, fillo de Ordoño, rei de Galiza a quen deus maldiga, o máis querido polo pai e o máis querido polos galegos. Un amigo do mundo musulmán A acción gobernativa de Ramiro mereceu a valoración favorábel dos seus contemporáneos. Nomeado rei en novembro do 931,non tardou en impulsar unha decidida reorganización da administración,nomeando ou criando novas responsabilidades, modernizando as institucións e estabelecendo un consello asesor, que sería o xerme da futura "curia regia". Malia que é lembrado maiormente polos seus éxitos militares contra os arabés, na liña tradicional da política galega mantivo unhas relacións fluídas coa área musulmá, moi especialmente cos Banu Quasi, participando na defensa de Zaragoza en diversas ocasións. Ramiro destacou como un hábil diplomático, tal como se recollen en diversas crónicas, relatando outra vez Ibn Hayyan, as súas negociacións con Abderraman III após a batalla de Simáncas, chegando a afirmar que o monarca cordobés "enviou a Galiza ao secretario xudeu Hasday Ibn. Mandou pois esta persoa a onde Ramiro e chegaron a grandes e bos acordos". O inimigo de Castela O reinado de Ramiro foi sometido a un proceso de crítica implacábel pola historiografía españolista. A revisión negativa do seu goberno está ligada ás relacións conflitivas que mantivo coa nobreza situada na area castelá e de xeito moi particular con Fernán González, unha das chaves de bóveda da reelaboración mítica do relato español. Arredor do 944, unha parte dos nobres casteláns fixeron bandeira da candidatura ao trono do seu irmán Afonso, que se atopaba retirado nun mosteiro desde a súa abdicación, sinalándose entres estes Fernán González, elevado segundo algúns autores a propia dignidade condal por Ramiro. O monarca galego verase obrigado, finalmente, a combater e vencera aos casteláns, chegando a situar ao fronte do propio condado ao seu fillo Sancho, encarcerando a unha parte importante da nobreza rebelde e ao propio Fernán González, que non tardará en recoñecer a súa autoridade. |
NOS_9120 | O comité clínico tamén recomendou levantar as limitacións extra que foran marcadas en concellos da Costa da Morte. A evolución epidemiolóxica da área sanitaria da Coruña e Cee permite que Carballo, A Laracha, Ponteceso e Laxe retomen as medidas da "nova normalidade" do resto da Galiza. | A reunón desta cuarta feira entre responsábeis da Consellaría de Sanidade e expertas e expertos do comité clínico asesor respecto á evolución e prevención da Covid-19 na Galiza rematou coa decisión de estabelecer novas restricións en Silleda e Marín. Ao tempo que se optaba por reducir as limitacións en catro municipios da Costa da Morte, a opción de impoñelas tanto no concello de interior como na localidade costeira pareceu a mellor para tentar limitar os contaxios. Após o encontro, no que tamén participaron Alberto Núñez Feixoo e o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, o titular do departamento de Sanidade, Julio García Comesaña, explicou que é preciso ampliar o perímetro de prohibicións na demarcación sanitaria de Pontevedra porque é a que presenta unha "peor evolución". Silleda e Marín están influenciados polas altas taxas en Lalín e en Pontevedra, así como en Poio e Vilaboa. No caso particular de Silleda, segundo o persoal experto, a incidencia a tres días é de 115,1 casos por 100.000 habitantes, mentres que en Marín é de 49,3, con 12 positivos nos últimos 3 días. Entre as restricións estarán algunhas coñecidas pola poboación como reducir o número de participantes non convivintes nas reunións ou axustar a capacidade dalgúns negocios. Por exemplo, en lugares pechados se poderá ocupar o 50% do espazo e nas terrazas só o 75%. Tamén pesarán estas medidas a maiores en eventos como festexos, cultos relixiosos e velorios. Coa suma dos dos novos municipios, son once as zonas controladas. Ademais de Marín e Silleda, están Lalín, A Guarda, Vilaboa, O Rosal, Poio, Compostela, Ourense, Lugo, Arrteixo e algúns barrios da Coruña. Pola contra, debido á "tendencia estable" o comité recomendou levantar as restricións que pesaban sobre Carballo, A Laracha, Ponteceso e Laxe. Un sistema que funciona Para García Comesaa "as restriccións funcionan" como pode amosar a melloría na Costa da Morte. "Sempre é duro e complicado polas en marcha", subliñou, mais puntualizou: "En pouco tempo, os valores volven a límites de normalidade".A nivel global, o responsábel de Sanidade foi relativamente optimista pois a incidencia acumulada a 14 días de 122 casos por 100.000 habitantes, fronte aos 253 de media nacional. "De momento a situación está ben controlada", afimou sobre o nivel de demanda dos hospitais, algo que permite "estar tranquilos".Na cita de traballo tamén se deu luz verde á chegada oficial ao país da aplicación Radar Covid, implantada polo Goberno do Estado español para detectar posíbeis contactos de risco. |
NOS_47131 | A decisión blinda a maioría absoluta do PP por 5 anos no consello de administración da CRTVG mesmo se perder as próximas eleccións. | PP e PSOE acordaron esta terza feira (14 de xullo) renovar o Consello de Administración da CRTVG e os nomes que integran o Consello de Contas. Após a Xunta de Portavoces, decorrida durante a mañá, o reparto pactado outorga 4 representantes ao grupo parlamentar popular e 2 ao socialista, o que blinda a maioría absoluta durante 5 anos máis ao PP, mesmo se nas eleccións ao Parlamento de Galiza en 2016 esa representación non é tal. E é que segundo recolle a lei 9/2011 dos Medios Públicos de Comunicación @s integrantes deste órgao serán eleit@s por "maioría de dous terzos" como tamén a súa renovación ou revogación antes de rematar o mandato. Neste senso, perante unha hipotética mudanza na composición do Parlamento o vindeiro ano e mesmo se o Partido Popular perdese a maioría da que goza na actualidade, a composición non mudaría: ao partido de Feijóo bastaríalle con reter un terzo de escanos do Parlamento (25) para bloquear calquera renovación. Un acordo "bipartidista" Desde os grupos parlamentares de BNG e AGE criticaron o pacto e tildárono de "bipartidista". Un acordo que se produce "de costas á Cámara e á pluralidade existente neste país", sinalou o voceiro da fronte nacionalista, Francisco Jorquera. Pola súa banda, a vice-portavoz de AGE, Yolanda Díaz, afirmou que PP e PSOE se "están a repartir os entes" ao tempo que lembrou a imputación dun dos integrantes actuais, José Luís Iravedra, investigado por un presunto delito de carretaxe nos comicios de 2012. Porén, PSOE e PP defenderon a decisión adoptada argüíndo que responde a un criterio de "proporcionalidade" legal que outorga a representación ás dúas forzas maioritarias da Cámara. Neste senso, Pedro Puy (PP) criticou as queixas de BNG e AGE sinalando que queren "mandar máis". Pola súa banda, José Luís Méndez Romeu sinalou que "a renovación é sorprendente que sexa noticia" pois "leva pendente varios anos". Aliás, o voceiro socialista defendeu o "carácter profundamente democrático" do acordo. |
NOS_49771 | O mundo creado por Manuel Ayaso é unha mestura de inocencia e perversidade, un universo recoñecíbel e transgresor. | O Museo do Gravado á Estampa Dixital, situado na parroquia de Artes (Ribeira), nun fermoso espazo rural do Barbanza, é un auténtico tesouro agachado, quer polas súas coleccións de obra gráfica e bibliográficas, quer polos seus interesantes proxectos expositivos sempre ao servizo da divulgación das artes do gravado. Kafka / Comisariado: Xoán Pastor Rodríguez Santamaría / Local: Museo do Gravado á Estampa Dixital, lugar do Outeiro, Artes, Ribeira / Até o 30 de maio de 2021 Nas súas salas pódese contemplar até finais de maio unha ampla mostra da obra de Manuel Ayaso (Aguiño, 1934) que ofrece unha serie de gravados á Punta Seca que teñen como mundo referencial a obra do escritor Franz Kafka. Alén diso, o propio museo edita e incorpora á exposición unha edición única e limitada da obra gráfica do artista en estampación serigráfica. O traballo plástico de Ayaso móvese no territorio do grotesco, no amplo sentido que o termo abrangue, unhas veces esaxerado, noutras ocasións asimilado ao deforme, outras achegado ao satírico ou mesmo ao incongruente. De todas estas lecturas do grotesco participa a arte do gravador, co seu gusto polo esperpento e o híbrido, pola entroidada e a caricatura. É o seu un "grotesco" popular que afunde as súas raíces no substrato universo das camadas máis baixas da sociedade que agromara no mundo baixomedieval e comezara a ser representado na grande arte no século XIX (Gustave Courbet, Honoré Daumier...). En Ayaso estes aspectos son tamén unha forma de pintar Galiza, o seu país, só entendíbel desde os fundamentos ligados ao pobo, por medio dun variado conxunto de imaxes de bestiario irreverente e de mostruosidade escatolóxica mais tamén en escenas clásicas ou relixiosas que pasadas polo seu estilo singular acaban por conformaren un todo indistinguíbel, é dicir "un estilo". A obra gráfica de Ayaso está chea de figuras mergulladas en mundos enleados entre soños e xogos ocultos: eses seres híbridos que semellan saír dun bestiario ou das drôleries -un tipo de iluminacións decorativas nas marxes dos manuscritos que desenvolven unha escena de fantasía máis ou menos cómica, alleas ao texto dun libro miniado medieval. En non poucos gravados achamos outra das características que singularizan o seu estilo, como é a capacidade de recrear e transmitir os sentimentos e emocións humanas cunha clara suxestión erótica facendo que se respire frecuentemente unha tensión psíquica e sexual con grupos ensarillados en perigosas e extravagantes ligazóns. O mundo creado polo noso artista é, daquela, unha mestura de inocencia e perversidade, un universo recoñecíbel e que, ao tempo, pode ser posto en relación co ámbito do prohibido polo que ten de transgresor. |
NOS_33558 | O proxecto de improvisación en verso impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Compostela e Teo fallouse esta sexta feira. | O certame Enreguéifate destinado a apoiar a difusión da regueifa, a improvisación oral en verso, que se centra a través dela na difusión da lingua galega vén de dar a coñecer as gañadoras da edición 2021 nas categorías Escolar e Xeral. Desde a organización comunican que a pesar de ser este 2021 un ano tamén marcado pola pandemia da Covid-19 e as restricións sanitarias, presentáronse ao Enreguéifate un total de 42 vídeos, 36 na categoría Escolar e seis na xeral. As participacións chegaron de colexios e particulares desde Ames, Baio (Zas), Cambre, Caldas de Reis, Compostela, Vigo, Mondoñedo, Rianxo, Pontevedra, Moaña, Malpica de Bergantiños, Ponteareas ou Tordoia. O obxectivo principal deste proxecto, impulsado polos concellos de Ames, Pontevedra, Rianxo, Compostela e Teo, é "que a cidadanía entre en contacto coa improvisación oral en verso a través da experiencia de regueifar, nomeadamente no ámbito escolar". Deste modo, ademais do concurso de regueifas nas categorías Escolar e Xeral, o certame inclúe accións formativas para alumnado e profesorado ademais de fornecelas de diversos recursos audiovisuais dispoñíbeis no seu portal web e na súa canle de Youtube. O palmarés 2021 Na categoría escolar resultaron vencedoras as Patakas Bravas do CEIP Cabanas por "A guerra do bonito", co galardón á regueifa máis brava. Como disputa máis aguda foi recoñecida "As Marías", improvisada polas Marías de Lamas do CEIP Vicente Risco de Vigo; e o premio á máis diversa recaeu en Pitifláuticos do CEIP Froebel de Pontevedra por "Nós queremos igualdade!!!". Nesta categoría a regueifa mellor falada foi, nesta ocasión, a de 21 garabullos do IES Félix Muriel de Rianxo, "A regueixeira"; e a mellor cantada correspondeulle a Dúas moi galegas do IES Maximino Romero de Lema da Coruña coa regueifa "Sons da aldea". As regueifas premiadas na categoría xeral foron: Regheifeiras da Pontragha con "Practicando para o vrau", premio á regueifa máis brava; Patty e Iván venceron coa regueifa máis aguda con "Trocando roles"; "Koruño vs. Rural" foi a regueifa de Chaminho e Arrieiro merecedora do galardón á máis diversa e a máis reivindicativa recaeu nas Canosa por "Máxico e galego". Completaron a media ducia de premios da categoría Xeral os premios á regueifa mellor falada e á mellor cantada que recaeron en Xurxo Souto e Óscar o Arrieiro por "Torgho de Bergantiños" e nos irmáns Tato por "Regueifando co protocolo", respectivamente. |
PRAZA_19002 | Un xulgado da Coruña anula a multa imposta á concelleira socialista Catalina Morado por participar nunha protesta contra os recheos nunha praia da localidade | En maio de 2014 veciñanza e colectivos ecoloxistas alertaron dos efectos prexudiciais para a costa que, ao seu xuízo, ía ter para a Praia Grande de Miño o recheo con area procedente do porto exterior da Coruña que estaban a impulsar o Goberno central e o Concello da localidade. Cando comezaron os traballos un grupo de veciños achegouse á zona para protestar contra o recheo, "pedir explicacións" e reclamar sen éxito parar os traballos, protexidos pola Garda Civil . Unha delas era unha concelleira do PSdeG, Catalina Morado, que acabou recibindo unha multa de 301 euros que un xulgado vén de anular nunha sentenza na que acusa a Subdelegación do Goberno central na Coruña de "desviación de poder". A sanción tramitada pola Dirección Xeral de Política Interior baseábase en que a concelleira fora, supostamente, impulsora dunha mobilización non comunicada, e amparábase para sancionala nos preceptos legais que penalizan as manifestacións en "lugares de tránsito público" sen previa convocatoria co obxectivo de non impedir o "libre desprazamento do resto de cidadáns". No transcurso do procedemento xudicial un dos axentes do Instituto Armado admitiu que a protesta fora "espontanea" e "sobre todo -subliña a sentenza- a cando menos vinte metros dunha vía pública". O xuíz di non ser quen de "entender" como un grupo de "non máis de corenta persoas" situado "nunha praia no mes de maio" pode impedir a libre circulación do resto da cidadanía. Semella claro, di, que a sanción imposta foi "manifestamente infundada", máis aínda tendo en conta que a Subdelegación acusaba a concelleira de promover unha manifestación nun lugar de tránsito público e, ao mesmo tempo, de impedir o recheo da praia. "O que dende logo se confirmaría é que non estabamos nun lugar de tránsito público, cando menos non nese momento, pois a Administración ou os contratistas non poden executar obras desa natureza mentres se mantén o uso público". Catalina Morado: "Eu puiden defenderme, pero outros non poden permitirse a defensa e teñen que pagar multas só por manifestarse, así entenden algúns cargos do PP a liberdade de expresión" "Se o que se pretendese defender (...) é a continuidade duns labores de recheo, dende o logo o instrumento utilizado e a potestade punitiva posta en funcionamento fórono en desviación de poder", conclúe a sentenza, xa que este "vicio concorre non só cando o exercicio dunha potestade se dirixe a fins espurios e privados, senón tamén cando se dirixe a fins públicos e á satisfacción do interese xeral" pero fóra das normas. Así as cousas, o xuíz deu en admitir os argumentos da concelleira, anular a multa e condenar o Estado ás costas do proceso, de "ata 400 euros", isto é, máis que a propia multa que a Subdelegación pretendía cobrar. Tras coñecer a sentenza a concelleira exculpada manifestou a súa "satisfacción", pero tamén "lamentou" a "persecución que sofren moitos cidadáns por expresar o seu descontento polos abusos dunha Administración ás veces guiada por criterios partidistas". "Eu puiden defenderme e chegar a conseguir a razón grazas á axuda desinteresada dunha compañeira avogada", pero "outros non se poden permitir unha defensa e asesoramento legal e teñen que abonar multas só por manifestarse ou protestar por unha inxustiza". "Así -resalta Catalina Morado- é como entenden algúns cargos do PP a liberdade de expresión e de representación política". |
QUEPASA_674 | O verán está traendo o levantamento dalgunhas restriccións para o ocio nocturno, e coa esperanza de volver a disfrutar das verbenas nas nosas vilas. E pómo non só das grandes orquestas vive o mundo das festas, tratamos de coñecer un pouco máis a Rocío Fouz, vocalista e coreografa do grupo La Bamba. | A.G.: Cando foi esa primeira vez que te interesaches pola música? Nacin e crecin nunha familia de artistas, jeje. Miña avoa era cantante profesional, meus tíos, miña nai e miñas irmáns cantan, non se dedican a iso, pero levamos a música moi dentro! Así que era a miña paixón desde moi pequena e en canto tuven oportunidade de dedicarme a ela non a deixei escapar. A.G.: E agora cantos anos levas encima dos escenarios? Pois 16, que pronto se din, pero xa son anos... A.G.: Alguha anécdota que se poida contar nalgunha actuación? Jajajaj teño moitas anécdotas para contar, desde saír do camerino correndo e caer en plena actuación, ata aquelas que con as prisas saes sen un zapato e a medio vestir. A.G.: Cal é a túa canción preferida para cantar? Facendo referencia ao grupo, no que en el podo cantar, miñas preferidas son todas aquelas baladas que versionamos.As últimas que disfrutei cantando son "Solamente Tú" de Pablo Alborán que a fixemos en bachata e "Vas a Quedarte" de Aitana, que a fixemos en merengue. A.G.: Un grupo como La Bamba, como viviu o inicio da pandemia e ver que se cancelaba todo? Foi un golpe durisimo. Un choque emocional e económico moi grande, e difícil de asimilar. Para La Bamba ía a ser o mellor ano, tiñamos invertido e apostado moito para que así fose. Unha inversión en escenario, montaxe, son e en personal. O peche das actuacions estaba por encima do esperado e incluso xa cun verán completamente cerrado. Ante esta situación onde invirtes e apostas, imaxínate o que significa que de pronto te atopas de fronte cunha pandemia, algo que parece de película e irreal.Para todos os que formamos grupo La Bamba foi unha situación moi difícil de afrontar e de dixerir. A.G.: E falando da pandemia, tiveches que cambiar os escenarios pola residencia como enfermeira. Pois non me quedou máis remedio, era eso ou nada, afortunadamente tiña meus estudios, e saíume a oportunidade e aceptei Pero a pesar de que ser sanitaria é outra das miñas pasions foi moi duro, moito máis no momento no que entraba, pois era a primeira vez que me dedicaba á enfermería e con toda a situación covid vivín momentos realmente complicados que non serán fáciles de olvidar! A.G.: Xa que o viviches de primeira man, que pensas dos negacionistas? É algo que respecto pero que non entendo, nin comparto!A realidade é unha e a que se ve cada día, en aproximadamente ano e medio miles de falecidos, empresas arruinadas, familias destrozadas... non creo que sexa necesario decir moito máis, cada quen é libre, eu só falo do que sufrín e vivín todo este tempo. A.G.: Pouco a pouco van sacando as restriccións para o ocio nocturno, xa preparada para volver? Moi preparada, e máis que preparada, ilusionada, teño moitísimas gañas de volver á miña normalidade! A.G.: Que novo éxito musical tes gañas de interprerar por primeira vez? Neste momento son tales as gañas de subirme ao escenario e saír a cantar, que ata os que menos me gustasen os disfrutaría ó máximo, jajajaja.Pero dígoche que estou preparando a versión en acústico do tema que sacaron fai dous meses David Bisbal e Danna Paola (Vuelve) A.G.: O público da Costa da Morte, e diferente a outros lugares de Galicia? Sí o é!!! Tiven a sorte de coñecer o público de casi toda Galicia, por no dicir toda, e, sen ánimo de ofensa para o resto, teño que dicir que o da Costa da Morte é único, vas para a casa incríblemente emocionada, porque en cada festa, chova ou trone, sexas La Bamba ou París de Noia o dan todo, entréganse en un 100% e eso para nós é moi gratificante. A.G.: Para un grupo, é máis difícil cerrar fechas cas comisións para as festas? Non, para nada, independientemente de que sexas grupo u orquesta, as comisións o que buscan e unha boa actuación musical, que guste, que quede ben, e que fagan festa. Claro, eu faloche desde a miña experiencia co meu grupo, e nese sentido non se me fixo máis difícil para cerrar datas! A.G.: Tes unha carreira ampla como cantante pasando por varias orquestas, pero gustariache dar o salto a unha Olympus ou Paris de Noia? En este momento da miña vida, non!Estar nunha orquesta dese nivel (sin desprestixiar á miña que tamén o ten jajajaa) implica dedicarse plenamente á orquesta, por e para ela exclusivamente. Quizáis, 6 ou 7 anos atrás estaría encantada de ter esa oportunidade, pero hoxe por hoxe non é a miña prioridade, estou moi contenta en La Bamba, e dedícolle o tempo xusto e necesario e todavía me sobra para compartir coa familia e ter unha vida máis tranquila! Entrevistas semellantes Tanxugueiras: "Soñamos con que a nosa música se escoite en cada vez máis escenarios". Beatriz Manjón: "Tratei de ocultar esa inhibición a base de exhibirme". Alba Castro (@mama_topa): "Nunca imaxinei que xente de detrás dunha pantalla lle fixera ilusión coñecerme e falar conmigo". Alba Lago: "Encantaríame deixar de dar cifras de mortes por COVID". Sabela Arán: "A TVG deume e dame moitas oportunidades de aprender". Rogelio Santos: "Penso que quen fai as normas debería ir ao mar un ano e vivir diso". Diana Nogueira: "A beleza máis salvaxe e única, así definiría a Costa da Morte". Adriana Mourelos: "Marabíllame esa sensación que dá a vosa Costa, é realmente especial". Fátima Pego: "A Costa da Morte e festexeira a rachar, sempre disfruto moito das vosas festas". María Solar: "Escribir implica ser como moi de verdade, contar as cousas dende o corazón Carmen Reigía: "En cidades como Coruña, Santiago ou Ferrol non hai tanto apoio comunitario como hai na Costa da Morte". Rosa Facal: "Malamente imos poder mellorar ou conservar o que temos se non o valoramos". Cecilia Allo: "Vagon91 é viaxar, aprender e compartir un chisco de vidacoas persoas que entrevisto" . |
NOS_19635 | O número de contaxios confirmados na última xornada supera os 1.300. | (En ampliación) Camiño dos 15.000 casos activos de Covid-19, coa presión hospitalaria a aumentar día tras día e xa abeirando os 900 ingresados e un rimo de contaxios confirmados que non baixa dos mil diarios, os escenarios a curto prazo da pandemia na Galiza non deixan marxe para o optimismo. Os dados da Consellaría de Sanidade indican que xa estamos nos 14.975 casos activos de coronavirus, 900 máis que onte. Aumenta o ritmo de subas tras varios días movéndose por riba dos 800 casos de incremento diario mais sen chegar a 900. En canto á presión hospitalaria, hai 828 persoas ingresadas nos hospitais polo coronavirus, o que supón medio cento máis que na xornada anterior. En planta hai 696 pacientes (+30) e nos coidados intensivos, 132 (+18). Os contaxios confirmados na última xornada foron 1.372, dos cales 1.104 foron por PCR. A taxa de positividade sitúase en 11,5% (A OMS sitúa como limiar para controlar a pandemia o 5%). En canto a falecementos, o coronavirus xa matou na Galiza 1.550 persoas, 14 delas nas últimas horas, 76 na última semana. O índice de incidencia a 14 días está na Galiza en 522 casos por cen mil habitantes. Ourense, A Coruña e Santiago son as 3 cidades que superan ese índice. |
NOS_57242 | O máis célebre dos poetas alófonos en galego, Federico García Lorca, coñecerá unha nova edición dos seus poemas en lingua galega. Acompañada de seis estudos obra de investigadores e autoras contemporáneas, os Seis poemas galegos segundo a editorial Chan da Pólvora conmemora dous feitos de xuño fulcrais: a aprobación do Estatuto de Autonomía de 1936 e a loita polos dereitos LGTBI. | É o Día do Orgullo Galego que, desde hai dous anos, celebra a editora dirixida por Antón Lopo. Publicar Seis poemas galegos -orixinais de 1932- con materiais adicionais será a maneira de honrar a data. O filólogo Luís Cochón e o académico Manuel González encárganse do traballo ecdótico, que inclúe "un labor ata agora nunca abordado: recuperar os seis poemas tal e como Lorca os escribiu, previo á edición de 1935 baixo a supervisión de Eduardo Blanco Amor". O autor de Xente ao lonxe, que redactara o limiar ao volume de 1935, realizara no seu día algunhas mudanzas nos poemas de Lorca -que ademais corrixira Ernesto Guerra da Cal. Mais gardou os manuscritos, depositados na Biblioteca da Deputación de Ourense. "Estes son os que Luís Cochón e Manuel González utilizaron para fixar a edición de Chan da Pólvora, a primeira onde se recollen os poemas na súa versión orixinal", indican desde a editora. A maiores, seis escritoras achegarán perspectivas sobre os textos de Lorca e arredor de cuestións como "a relación do poesta andaluz con Galiza, a súa homosexualidade, a posición nos sistema literario galego ou a organicidade poética da obra". Trátase de Xosé Luís Méndez Ferrín, Isabel Bugallal, Antón Lopo, Arturo Casas, Sánchez Reboredo e Arcadio López Casanova. Os Seis poemas galegos de Chan da Pólvora presentaranse o vindeiro 28 de xuño na libraría do mesmo nome ca editorial en Santiago de Compostela. |
PRAZA_17685 | ENTREVISTA | O sociolingüista bengalí Anik Nandi, ex-alumno dos cursos Galego sen fronteiras, volveu como conferenciante para falar do estudo que desenvolveu sobre a transmisión interxeracional da lingua galega. | Anik Nandi (Burdwan, A India) é un sociolingüista bengalí, doutor en Linguas pola Heriot-Watt University de Edimburgo. Licenciado en Filoloxía Inglesa pola University of Burdwan (A India), obtivo o diploma de estudos avanzados na Universidade de Santiago de Compostela, con especialización en Filoloxía Galega. Traballa como investigador posdoutoral na Queen's University de Belfast e é investigador asociado no equipo do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega. Especialista en política lingüística, a súa tese de doutoramento centrou a investigación na transmisión interxeracional do idioma en familias con proxenitores a prol do galego residentes en contextos urbanos ou periurbanos como Bertamiráns, Esteiro, Narón, Vigo ou Santiago, a onde volveu esta pasada semana para ofrecer unha charla sobre o tema aos alumnos de fóra de Galicia do curso Galego sen Fronteiras. El mesmo fora un deses estudantes hai anos. Tempo despois, segue "alucinando" con certas actitudes e "prexuízos" que atopa no país respecto do idioma propio, ese que fala coma un máis. Que explicou ao alumnado na conferencia? Centreime na investigación, na miña tese de doutoramento e naquel tempo en Galicia, un lugar o que estiven e estou moi vinculado. Lembro como cando estaba investigando fixéranse públicos uns datos do IGE nos que se advertía a difícil situación do galego, a perda de transmisión interxeracional e mesmo o influxo do decreto do plurilingüismo instaurado polo Goberno da Xunta. O meu estudo centrábase precisamente nese intento que houbo por intentar separar o contexto lingüístico familiar do resto da política lingüística... Ese era o discurso gobernamental, como se a familia fose unha illa á marxe do resto. Pero que a familia fale galego cos rapaces non asegura que os rapaces o falen... A clave da miña investigación era entender como ocorría a práctica lingüística nas casas, nas familias. Ao final, malia falar e darlle importancia ao galego, os pais non conseguen que os seus fillos falen ou continúen falando galego por mor do contexto que todos coñecemos: un castelán maioritario, potente e cun poder simbólico enorme. "Non se pode separar a familia, como se fose unha illa, e deixala só no intento por que os seus fillos falen galego" Cal é a conclusión? A conclusión é que non se pode separar a familia, como se fose unha illa, e deixala soa no intento. Si hai familias que conseguen que os seus nenos falen sempre en galego, pero sabemos que non é habitual, nin moito menos. Fálano durante un tempo, pero a situación cambia en canto o rapaz chega ao colexio. Cambia de idioma e xa non volve. Esa é a realidade habitual. E hai solución? Non hai unha solución única; é evidente que hai que fomentar máis o galego e incorporalo á escola porque todos sabemos na situación que está, pero tamén hai que intentar vincular as familia, tal e como se fai nalgúns centros. Ao final, en Galicia as únicas persoas bilingües que hai son as que falan galego. Con todo, a análise debe ser máis de fondo. "En Galicia as únicas persoas bilingües que hai son as que falan galego" Foron máis prexudiciais os efectos do decreto do plurilingüismo ou os prexuízos creados sobre o idioma? Non son cousas separadas. As consecuencias do decreto están aí seguirán polo momento, pero non é algo que se deba separar de todo o demais. Sempre me impactou moito ese discurso da imposición do galego. Para min, un bengalí que viña de fóra... Parecíame e paréceme alucinante que haxe xente que mercase ese discurso, esa ideoloxía. Anik Nandi, durante a súa conferencia no curso de galego para xente de fóra de Galicia / © RAG "Parecíame e paréceme alucinante que haxe xente que mercase o discurso da imposición do galego" Cre que debería haber a posibilidade de inmersión lingüística en galego nos centros escolares, como ocorre en Catalunya ou en Euskadi? O galego ten que ter o seu propio modelo porque, historicamente, o contexto catalán e vasco non é nin foi igual. A inmersión ten que existir e hóuboa en casos de pais galegofalantes, que sempre lle falaron nese idioma aos fillos e leváronos a escolas onde se lles falaba case exclusivamente en galego... Pero nin así. Co paso do tempo, tampouco conseguen que os nenos o sigan falando. Diso falei tamén na conferencia, porque esa é a cuestión: non todo se pode centrar exclusivamente no sistema educativo, a política lingüística debe ir moito máis aló, tamén hai que ter en conta o prestixio do idioma, desenvolver contextos de uso, tanto no ensino como fóra, pero sobre todo mudar certas ideas. "Non todo se pode centrar exclusivamente no sistema educativo, a política lingüística debe ir moito máis aló" Como cales? En certos contextos, a xente pensa habitualmente que se unha persoa fala galego é porque é nacionalista pero non nos podemos abonar a eses prexuízos: a xente fala galego porque é a lingua de aquí. No meu caso, obviamente, que terá que ver iso... Pasoulle algo respecto diso? Pasoume cando me convidaron a falar nalgunha universidade. O propio profesor advertíame de que o impacto de que eu falase en galego co alumnado ía ser diferente e máis positivo que se o falase o docente, porque no seu caso asumían que o facía porque era nacionalista. Iso non pode ser, é moi triste que iso ocorra. "Hai unha morea de prexuízos sobre o galego en Galicia que temos que intentar mudar" Está a ser moi crítico... Volvinme bastante radical estando aquí... Hai unha morea de prexuízos que temos que intentar mudar. A xente parece que non se decata da riqueza que ten co seu idioma propio, da potencialidade mesmo económica que supón. Só se mira cara ao castelán, pero insisto: no contexto actual, as únicas persoas bilingües en Galicia son aquelas que falan galego, porque sabemos que aqueles que pasan ao castelán, raramente volven. Están os neofalantes, si, pero seguen a ser unha minoría que, ademais, permanece estable. |
PRAZA_11585 | "Un representante público debe ser exemplar diante da cidadanía á que se esixe o cumprimento da lei", reclama Antón Sánchez | "Un representante público debe ser exemplar diante da cidadanía á que se esixe o cumprimento da lei", reclama Antón Sánchez"Un representante público debe ser exemplar diante da cidadanía á que se esixe o cumprimento da lei, e coas explicacións que lle pedimos terá que demostrar que non utiliza a súa posición no Goberno para un beneficio particular". Así reclama o portavoz do grupo Común da Esquerda, Antón Sánchez, explicacións no Parlamento de Galicia polas obras xa realizadas e as que quere acometer a adega familiar do conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez, da que era socio cando xa era o deputado portavoz desa área no Parlamento de Galicia.Casal de Armán pide construír en solo rústico e plantar novos viñedos no que hoxe é montePraza.gal desvelou o sábado que a adega Casal de Armán está a tramitar permisos autonómicos para ampliar as súas instalacións en Santo André de Campo Redondo, Ribadavia, para enoturismo, un proxecto co que quere construír en solo rústico e plantar novos viñedos no que hoxe é monte. Faino xusto ao lado do Museo do Viño de Galicia, inaugurado pola Xunta o pasado xullo tras dúas décadas de tramitación e obras na antiga reitoral da parroquia. Un edificio protexido ao carón do cal a adega levantou unha estrutura na que ofrece eventos e banquetes e que segundo diversas fontes conta cun expediente de Patrimonio. Medio Rural asegura que está "garantida" a neutralidade da Xunta sobre o novo proxecto de Casal de Armán mentres que Cultura garda silencio sobre a situación da estrutura e actuación de PatrimonioMedio Rural asegura que está "garantida" a neutralidade da Xunta sobre o novo proxecto de Casal de Armán mentres que a Consellería de Cultura garda silencio sobre a situación da estrutura e actuación de Patrimonio. Agora Común da Esquerda censura que malia non desmontar aínda esa estrutura para banquetes "desde que se emitiu o expediente en 2015", a adega veña de solicitar a súa ampliación. Por iso, o grupo da oposición rexistrou este luns varias iniciativas no Parlamento galego "encamiñadas a esixir explicacións ao conselleiro". |
NOS_38603 | Foi este o titular empregado nos informativos da emisora pública para resumir a situación da anciá da Coruña que podería quedar sen casa por demorar no pagamento dun mes de alugueiro. Namentres, o apoio aos bombeiros que non quixeron facer parte do despexo medra e xunta máis de 30 mil sinaturas | "Só se move polos cartos". Foi este o titular escollido na Crónica das oito de onte da Radio Galega para resumir a situación en que se atopa Aurelia Rey, a muller de 85 anos veciña da Coruña sobre quen pesa unha orde de desafiuzamento por demorar no pagamento dun mes de aluguer. A propietaria do edificio en que mora Aurelia son @s Pereira, moi coñecid@s na cidade por seren don@s de varios locais, para alén desde inmoble ubicado na céntrica rúa Padre Feijóo. Porén, na radio pública da Galiza centraron a información facilitada sobre o despexo en sinalar que "Aurelia Rey amósase disposta a deixar a súa casa na Coruña se a indemnizan". Nunhas declaracións tiradas de contexto e reproducidas na Crónica das oito, a muller rexeita a única opción achegada até o de agora polo Concello, o seu ingreso na residencia dos Padres Rubinos, sinalando que prefire marchar "para o meu pobo" e instando a familia Pereira "a que me digan 'toma dez ou vinte millóns e marcha, que queremos o piso'". "Criminalizar unha anciá de 85 anos"Para completar a nova, a locutora subliña que Aurora "rexeitou dúas vivendas sociais porque quere un piso no centro" e unhas declaracións da conselleira de Benestar, Beatriz Mato, enfatiza que á anciá "están a se lle ofrecer distintas alternativas e as sentenzas están para as cumprir". Ao fío desta información emitida na radio pública, activistas de Stop-desafiuzamentos A Coruña non dubidan en se revolveren contra o empeño en "criminalizar unha anciá de 85 anos", empeño que observaron xa en varios medios de comunicación que procuran "o sensacionalismo". As mesmas fontes pregúntanse a que veñen os "comentarios despectivos" en que se pon en cuestión a saúde mental de Aurelia, presentándoa como unha muller "que está mal da cabeza, que ten demencia, que ten a síndrome de dióxenes..." namentres se garda silencio "sobre a parte denunciante, a familia Pereira, ben coñecida na Coruña". Encadran tal postura por parte da imprensa como "unha tentativa de a desprestixiar" e subliñan que a resistencia de Aurelia para ficar na súa casa "só é posíbel tendo a cabeza perfectamente no seu sitio". Malia cobrar unha pensión non contributiva, Aurelia Rei traballou toda a vida e fíxoo, xustamente, para @s Pereira. Foi a súa costureira. Sobrevive con 249 euros mensais, após restar da súa paga de 375 os 126 que paga polo alugueiro do piso en virtude dun contrato verbal de renda antiga. A familia propietaria do inmoble, que habita no mesmo edificio, argumenta problemas de convivencia. Aurelia recoñéceos, mais asegura que foron moitas as "tropelías" que sufriu para que marchase da casa. Todo isto desde 1999, cando morreu a súa tía, con quen partillaba a casa ao tempo que coidaba dela. "Non nos moveremos até que non se paralice a orde de despexo"Desde que recibiu a orde de despexo, manifestou que non quería abandonar o inmoble en que vive desde 1979. Xa daquela pagaba 15.000 pesetas, segundo contou ela propia en conversa con Sermos Galiza. Por tanto, Stop-desafiuzamentos recalca que "o noso obxectivo principal é que se paralice a actual orde e ningunha das propostas emitidas por parte da familia González Pereira abordou esta suspensión". A negociación emprendida non está rematada, como tampouco o está a que se mantén coa Xunta de Galiza, polo que non existe aínda unha proposta en firme sobre as dúas vivendas sociais nas aforas da Coruña que, segundo a Radio Galega, Aurelia xa rexeitou "porque quere un piso no centro". A muller manifestou a súa vontade de ficar na contorna para non rachar coas redes sociais tecidas nos últimos 34 anos.Malia todo, Stop-desafiuzamentos A Coruña insiste en que a paralización da orde de desafiuzamento é fulcral para estabelecer un diálogo "en igualdade de condicións" en que Aurelia poida valorar todas as ofertas que haxa riba da mesa "sen se achar condicionada pola ameaza de ser expulsa da súa casa". E riba da mesa están as dúas vivendas sociais que o Instituto de vivenda e solo puxo ao seu dispor e a praza na residencia dos Padres Rubinos, única achega do Concello que rexenta Carlos Negreira (PP), a través de Servizos sociais. 30 mil sinaturas piden en Change.org que non expedienten os bombeirosO despexo de Aurelia Rey estaba marcado no calendario para a segunda feira, día 18, ás dez da mañá. A presión da rúa logrou paralo até en dúas ocasións, pois unha información falsa emitida pola Subdelegación do Goberno español na Galiza sinalaba que a execución hipotecaria ficara suspendida. Menos de media hora tardaron as cinco furgonetas de antidisturbios en se presentar no nº9 da rúa Padre Feijóo para botar da casa a muller. Impedíronllelo a teimosía d@s manifestantes e a desobediencia dos bombeiros, que se negaron a cortar coa radial a cadea que impedía o acceso ao portal. Os traballadores poderían enfrontarse a unha denuncia por parte da policía española, ao non faceren caso dunha orde. Porén, a solidariedade chegou doutras dotacións de bombeir@s como @s de Madrid e Catalunya e das redes sociais. Unha petición aberta desde Zaragoza en Change.org supera xa as 30.000 sinaturas. No distrito en que reside Aurelia os desafiuzamentos execútanse nas segundas e nas cuartas feiras polo que, coa lei na man, ficaría aprazado até a semana que vén. Con todo, e após o episodio vivido o día 18, en Stop-desafiuzamentos non as teñen todas consigo: "seguiremos aquí namentres a orde non se paralice de maneira definitiva". |
NOS_2271 | A carreira cara á atomización da esquerda estatal de raíz non socialdemócrata coñece un novo episodio na asemblea rexional da Rioxa. O grupo parlamentar de Unidas Podemos pasou a mellor vida. IU (1 escano) apoia a candidata socialista, Podemos (1) non. | A correlación de forzas no Parlamento rioxano é neste momento de 16 votos a favor da candidata socialista á presidencia Concepción Andreu (15 do PSOE e 1 de IU) e 16 en contra (12 do PP e 4 de Cs). Desempata o voto da única parlamentar de Podemos, Raquel Romero. O debate arredor do apoio ou non a Concepción Andreu acabou por rachar o grupo parlamentar de Unidas Podemos. Romero acusa a súa ex compañeira de grupo, Henar Moreno, de ter vendido o seu voto en troca dunha cadeira na Mesa do Parlamento. A rotura ten a ver coa dinámica estatal —coa intención de Podemos de aumentar a presión sobre o PSOE, para levar ao seu ánimo que en último termo estaría disposto a inviabilizar a investidura de Sánchez—, mais tamén coas discusións no seo da autoproclamada unidade popular. O PSOE sitúa o problema nunha suposta desmedida ambición de Podemos —que tería demandado tres consellarías como contraprestación ao seu respaldo—, mentres que desde a formación morada se afirma que nunca se irán submeter "aos caprichos socialistas". |
NOS_4048 | "Esperabamos máis sensibilidade do Goberno do Canadá. E tamén dos Estados Unidos, que son os países que están máis perto", lamenta Pedro Arana, presidente da Asociación de Peruanos da Galiza. | Familiares de vítimas do naufraxio do pesqueiro galego no Canadá pediron que se continúe cos labores de busca dos doce desaparecidos e que se esclarezan os motivos polos cales o barco afundiu, logo de que as autoridades canadenses desen por finalizadas as tarefas de rastrexo a última hora desta cuarta feira. En declaracións á axencia Europa Press, Kevin González, fillo de Fernández González, un dun dos mariñeiros desaparecidos, pediu que se continúe coa procura dos corpos. "Sabemos que é complicado, mais queremos que siga a busca", reivindicou. Tamén lamentou que "ninguén" se puxo en contacto coas familias para informalas deste cambio de plans das autoridades canadenses, polo que pide que se lles chame para explicarlles "que se está facendo e que se vai facer". Ademais, solicitou que se esclarezan os feitos e se determine que pasou para que o barco afundise. Agardaban "máis sensibilidade" do Goberno canadense Na mesma liña falou o presidente da Asociación de Peruanos da Galiza, Pedro Arana, quen se reuniu esta quinta feira co alcalde de Vigo, Abel Caballero, así como con familiares de vítimas e co cónsul adscrito do Perú en Barcelona, Joe Torres, e o conselleiro de Asuntos Políticos da embaixada do Perú no Estado español, Julio Ubillus. Arana trasladou a "tristura" das familias pola finalización dos labores de busca. "Esperabamos máis sensibilidade do Goberno do Canadá. E tamén dos Estados Unidos, que son os países que están máis perto", lamentou. Por iso, pediu que "cambien a súa forma de pensar" e se poñan na pel das familias, non só das vítimas peruanas, senón tamén dos galegos e ganeses, que piden que se atope o corpo dos seus familiares. Aínda así, agradeceu a Caballero e ao presidente da Xunta, Albero Núñez Feixoo, o seu labor. Preguntado sobre as posíbeis axudas económicas que poidan recibir as familias, Arana indicou que o importante agora son os fillos, xa que cando menos un dos desaparecidos tiña descendentes no Perú "e teñen que comer", polo que pediu que as autoridades e o seguro da empresa non se esquezan dos menores. Aliás, solicitou apoio "psicolóxico e moral" para os familiares, co obxectivo de que "non se sintan sós". Apoio do Concello de Vigo Pola súa parte, Abel Caballero trasladou ás familias o seu pésame e o apoio do Concello "en todo o que precisen", polo que se estabeleceu no edificio consistorial un lugar de referencia, con atención 24 horas, para dar apoio tanto xurídico como profesional, psicolóxico ou económico a familiares. Caballero informou de que até seis das vítimas eran viguesas, das cales cinco continúan desaparecidas e achouse o cadáver dunha delas, polo que instou as autoridades do Canadá a proseguiren a busca, se ben recoñeceu que as posibilidades de atopar sobreviventes son "practicamente nulas ou nulas". |
PRAZA_17024 | A Cámara galega inicia novamente, a iniciativa do BNG, a tramitación do traspaso despois de que o tribunal tombase os argumentos empregados de xeito xenérico por Rajoy para evitar sequera debater esa e outras iniciativas | HEMEROTECA | O Constitucional desmonta o argumentario do Goberno de Rajoy para vetar a lei do traspaso da AP-9 Por terceira primavera consecutiva, e por iniciativa do BNG, o Parlamento de Galicia volverá pedir ao Congreso dos Deputados que debata unha proposición de lei para transferir a titularidade da autoestrada AP-9 do Ministerio de Fomento á Xunta. Farao despois de que o Tribunal Constitucional tombase os argumentos que viña empregando o Goberno central de xeito xenérico para vetar que se puidesen sequera debater no Congreso esa e outras iniciativas. A Cámara galega inicia novamente, a iniciativa do BNG, a tramitación do traspaso despois de que o tribunal tombase os argumentos empregados de xeito xenérico por Rajoy para evitar sequera debater esa e outras iniciativas O Parlamento de Galicia xa aprobou por unanimidade en marzo de 2016 e en maio de 2017 dúas proposicións de lei para pedir ao Congreso, que é o que ten as competencias, que aprobase unha lei de transferencia a Galicia das competencias sobre a AP-9. Nas dúas ocasións o Goberno central impediu que esas iniciativas fosen sequera debatidas no Congreso apelando á súa capacidade de veto, recollida na Constitución, de leis que poidan ter un efecto sobre os ingresos ou gastos dos orzamentos do Estado. Porén, o Tribunal Constitucional vén de tombar eses vetos criticando que neles non se poden argumentar posibles impactos en orzamentos futuros senón só nos xa aprobados. Malia que a iniciativa do Parlamento galego xa deixaba claro, para evitar ese veto, que a transferencia non debía supoñer ningún custo para as arcas estatais, o Goberno central evitou o seu debate empregando cálculos errados e inflados de hipotéticos custos futuros dun posible rescate da concesión. PP e PSdeG apoian o inicio da tramitación pero queren que o texto finalmente aprobado sexa similar aos que saíron cara a Madrid co consenso de toda a Cámara nas dúas ocasións anteriores Tras esa sentenza do Constitucional, este martes a portavoz do BNG, Ana Pontón, volveu defender na Cámara galega a toma en consideración dunha nova proposición de lei que volveu contar co apoio de todos os grupos. Porén, tanto o PSdeG como o PP avanzaron que o seu respaldo é para o inicio do debate no Parlamento galego, pero que nel queren introducir no texto do BNG modificacións para que a proposición finalmente aprobada sexa similar ás que saíron cara a Madrid co consenso de toda a Cámara galega. Ademais dos dous vetos ás dúas peticións do Parlamento de Galicia, o Goberno tamén vetou neste tempo o debate no Congreso dunha terceira petición formulada alí por En Marea Os catro grupos amosaron a súa disposición a consensuar o texto que finalmente o Parlamento envíe ao Congreso, ao tempo que os tres grupos da oposición criticaron os reiterados vetos do Goberno central e os cálculos errados en que se sustentaron. Ademais dos dous vetos ás dúas peticións do Parlamento de Galicia, o Goberno tamén vetou neste tempo o debate no Congreso dunha terceira petición formulada alí por En Marea. |
NOS_29166 | Entre os 13 integrantes do directorio da pasteira atopamos dirixentes de asociacións agrarias, persoas con cadeira en pontes de mando de multinacionais, ex-altos cargos do PP, responsábeis de grupos eléctricos ou accionistas millonarios de adegas. Iso si, galegos, nin o primeiro. | O consello de administración de ENCE está formado por 13 persoas máis o secretario. Un directorio no que non faltan apelidos compostos e nomes de peso no mundo bancario e empresarial español, tamén no político. Hai madrileños, vascos, navarros, andaluces, castelán-leoneses e castelán-manchegos. Mais no consello da pasteira á que un goberno español en funcións lle regalou 60 anos máis na Ría de Pontevedra non hai ningún galego. A empresa que condiciona o desenvolvemento do monte galego e que, denuncian axentes políticvos, sociais e ambientais, ten forte impacto en Pontevedra e no país. Hai nomes con responsabilidades en bancos, en multinacionais e na expansión no Estado de negocios como Coca-cola O presidente é desde 2006 Juan Luis Arregui, vasco de Mallabia, un pequeño concello bizkaitarra. É o accionista maioritario de ENCE, e ten un historial longo de creación de empresas en eidos como o forestal ou o vitivinícola (Viña Izadi). Vice-presidente de Iberdrola até 2010. Na vice-presidencia está Ignacio de Colmenares Brunet, madrileño da quinta de 1961. A súa carreira fraguouse no sector siderúrxico e enerxético. O navarro Javier Echenique Landiribar compatibiliza o seu posto no Consello de administración (CdA) de ENCE coa vice-presidencia no Banco Sabadell. José I. Comengue Sánchez-Real tivo cargos de responsabilidade no Banco Hispano_americano e na Mutua Madrileña antes de desembarcar na dirección da pasteira. Fixo fortuna coas embotelladoras de Coca-Cola na zona centro e do Levante. É un clásico da Bolsa española. O albaceteño Pascual Fernández é decano-presidente do Colexio de economistas de Madrid. Profesor de economía aplicada na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid, pasou polos consellos de administración de varias compañías, incluíndo Renfe e Instituto de Crédito Oficial (ICO), entre outros. Óscar Arregui é outro dos conselleiros de ENCE. Ten cargos de responsabilidade en máis dunha ducia de empresas de Araba, Madrid, Zaragoza... Víctor Urrutia Vallejo fala inglés, alemán e francés. Foi vice-presidente de Iberdrola e estaba no comité executivo de Vocento, grupo de medios de comunicación que edita, entre outros, ABC, El Diario Vasco. É presidente Compañía Vinícola del Norte de España, S.A. (CVNE). Onde posúe accións por valor de máis de 100 millón de euros. E está na comisión executiva de Coca-Cola en España. Ex-ministros e ex-conselleiros do PP tamén teñen a súa cadeira neste consello de administración O salmantino Gustavo Matías ten publicado máis de 3.000 artigos en diferentes medios de comunicación, de El País a El Mundo, pasando por 'La gaceta de los negocios'. É conselleiro independente de ENCE. Posto que tamén ocupa Isabel Tocino, cántabra e dixixente do PP na altura que foi ministra de Medio Ambiente no goberno de José María Aznar. Carlos del Álamo (Madrid) foi conselleiro de Medio Ambiente na Xunta de Fraga. Agora está no consello de ENCE. No directorio da pasteira tamén está o sevillano José Guillermo Zubía Guinea, que estivo en Confebask. É integrante do comité permanente da Escola de Economía de Andalucía e do Consello Económico-Social de España. Padro Barato naceu en Ciudad-Real. Presidente da Asociaciñon agraria de Jóvenes agricultores (Asaja). E Fernando Abril-Martorell (segoviano) é presidente de Indra, unha multinacional centrada na consultoría, entre outras cuestións. Fillo dun dos fundadores da UCD. |
NOS_55749 | Máis un ano o guerrilleiro antifascista Luis Trigo Chao, alcumado 'O Gardarríos', voltou ao presente da man do colectivo Memoria da Mariña en Lourenzá e Mondoñedo. | Mondoñedo e Lourenzá lembraron este sábado a figura do 'Gardarríos' e todas aquelas persoas que participaron da resistencia contra a ditadura franquista. A xornada deu comezo pasado o mediodía en Mondoñedo cunha palestra do historiador Carlos Nuevo, que estivo acompañado de veciñas e veciños que ofreceron o seu relato sobre o guerrilleiro. Precisamente, Nuevo, nunha entrevista concedida a Nós Diario, explica que Luís Trigo fundou a guerrilla "Tchapaief", da que fora elixido secretario xeral. "Logo, decidiu regresar aos montes de Abadín e Mondoñedo e, en adiante, por diversos motivos, continuaría coa loita de forma individual, sen pertencer a ningunha das estruturas guerrilleiras existentes". Aínda así, destaca o historiador, "continuou mantendo a súa contrastada ideoloxía socialista e sempre estivo disposto a colaborar en calquera causa antifranquista". Nuevo cre que o 'Gardarríos' decidiu non facer parte das estruturas guerrilleiras organizadas "debido ao fracaso do Comité 'Thapaief' e, sobre todo, por mor das friccións existentes entre os dirixentes da Federación de Guerrillas da Galiza e León, de maioritaria tendencia socialista, e os do Exército Guerrilleiro de maior adscrición comunista". Lourenzá fechou a lembranza co segundo dos actos de homenaxe no seu cemiterio, onde foron soterrados o 'Gardarríos' e a súa parella, Antonia Díaz, tras seren asasinados o 25 de xuño de 1948, hai 74 anos. Biografía Luís Trigo Chao, nado o 24 de decembro de 1891 en Cabanas, no antigo concello de Riobarba, pasou á historia como o guerrilleiro antifranquista máis recoñecido da comarca da Mariña. Ramón Ermida: "O Gardarríos" é o home mito da guerrilla mariñá" Emigrante en Cuba e na Arxentina, onde tomou parte do movemento obreiro e se vinculou á ideoloxía socialista. Gardarríos de profesión, desenvolveu un importante labor na organización da UXT en Mondoñedo. "Por mor dos sucesos de outubro de 1934 sería detido e acusado de ter participado nos preparativos da revolución. Finalmente, despois de pasar uns meses no cárcere provincial de Lugo e ser xulgado, xunto con outros compañeiros, por un tribunal militar na Coruña serían absoltos", expón Nuevo. O 'Gardarríos', "un importante militante e cadro político socialista, que posuía unha fonda formación e gozaba dunha merecida sona popular", di Nuevo, pasou á clandestinidade após o golpe de Estado. Agochouse en diversos puntos da Mariña e mantivo acesa a chama da resistencia até que foi asasinado en Lourenzá. Antonia Díaz Pérez é outro nome chave da loita guerrilleira. Nada o 12 de xuño de 1928 no barrio de Vilela en Cubelas (Ribadeo), sumouse con 18 anos á loita contra a ditadura. A súa familia facía parte da rede de enlaces e colaboradores con que Luís Trigo contaba en Ribadeo. Entre estes atopábase o irmán de Antonia, Raúl, detido polo seu apoio aos fuxidos en diversas ocasións. |
PRAZA_10976 | Salvo que haxa entre hoxe luns e mañá martes, 16 e 17 de setembro, algún xiro dramático no acontecer das cousas, o 10 de novembro voltaremos a ter eleccións. E o motivo real é que o socio preferente do PSOE sempre foi Ciudadanos. | Escribo este relato ao fío da media tarde do luns 16 de setembro, en plenas consultas do monarca do reino de España cos distintos candidatos e candidatas dos partidos políticos con representación parlamentaria para intentar non ir as urnas o 10 de novembro. Unha repetición de eleccións que en nada favorece nin ao país nin a xente, pois aparte de ter o goberno bloqueado dende febreiro, os novos comicios abren a porta a que a dereita si sume para sacar adiante un goberno que promete moitas medidas que non buscan a xustiza social.Pero, ¿Como é que se chegou a esta situación e non hai ata o momento un goberno de coalición entre PSOE e Unidas Podemos?¿Cales son os motivos reais de esa falta de entendemento?Recapitulemos un pouco...A mediados de febreiro Pedro Sánchez non da quitado os orzamentos e uns días despois anuncia eleccións estatais. ¿Cal é o motivo de que anuncie esas eleccións adiantadas? Hai varios motivos, pero un de eles e posiblemente o que maior peso ten, é o ascenso de VOX. Este ascenso de VOX intenta sacarlle proveito o PSOE dando o discurso do voto do medo.A vitoria do "trifachito" en Andalucía reforza este discurso.Días despois de que Sánchez anuncie e convoque eleccións para o 28 de abril, a executiva de Ciudadanos decide pechar a porta a calquera pacto co PSOE para gobernar. Toca dicir, que uns días despois a por aquel entón presidenta do PSOE, a señora Narbona, envía unha misiva ao señor Rivera, na cal lle pide que recapacite e levante ese veto imposto dende o partido laranxa.Comenza a campaña. O PSOE tira do voto do medo, e proba de isto é que Pedro Sánchez só decide ir ao debate onde estea o señor Abascal. Esta estratexia de enfrontarse ao radicalismo da dereita máis conservadora e rancia, busca un fin clarísimo: que o electorado crea que o PSOE será o único partido capaz de parar a extrema dereita.En ningún momento Pedro Sánchez descarta que non teña intención de negociar con Cs, pese as declaracións de Rivera.Dous días antes das eleccións Pedro Sánchez di a certos medios de comunicación que non habería ningún problema en que UP entrase nun goberno presidido por el mesmo.E o 28 de abril danse estes resultados (traducidos a escaños no congreso):PSOE......123PP.............66Cs.............57UP.............42VOX..........24ERC...........15JxCAT.........7PNV............6BILDU.......4Cca.............2NA.............2Compromis...1PRC...............1De non existir ese veto posto polo señor Rivera temos que PSOE+Cs nos darían 180 escaños.O que buscan tanto IBEX, CEOE, banca e resto de poderes fáticos e defensores do capitalismo.Pero aquí, aparte do veto de Rivera está o propio veto que lle din as bases socialistas que acoden a Ferraz a celebrar os resultados electorais: "CON RIVERA, NO".E ao día seguinte Carmen Calvo xa desvela parte da estratexia preparada polo PSOE. Anuncia que o PSOE intentará un goberno monocolor. Sin pactos nin coalicións. Este anuncio ven motivado polo relato dado dende o principio por UP: que si UP tiña que entrar no goberno, sería en coalición. Nada de cheques en branco.A partir de aquí, para o PSOE todo foron escusas.A primeira foi dicir que un goberno de coalición podía restar en vez de sumar. Claro, tamén resta no resto de Europa onde a maioría de países teñen gobernos de coalición.Despois veu o tema de Cataluña. Pero UP deixou claro que si ese era o problema, dende UP se comprometían a cumprir as peticións e esixencias do POSE en temas de estado.A seguinte foi vetar a Pablo Iglesias. Un caso único na historia da democracia. Vetar ao candidato do partido preferente como socio de goberno. O señor Iglesias faise a un lado.Despois está o tema dos ministerios. Pero hai que ver cal é a diferencia real entre o que ofrecía o PSOE e que pedía UP.A oferta do PSOE de unha vicepresidencia de servizos sociais e dependencia e 3 ministerios (vivenda e economía social, sanidade e consumo, e igualdade) sumaban 4.230 millóns de euros, un 2,6% do gasto dos orzamentos do estado do 2019.En esta oferta "ridícula" a nivel económico (¿que políticas podes facer si non se dispón de orzamento para levalas a cabo?) súmase a problemática de que o ministerio de igualdade era unha secretaria de estado pero coa categoría cambiada, a cal pertencía ao departamento da señora Calvo.A petición de Unidas Podemos era unha vicepresidencia de servizos sociais e igualdade e 3 ministerios (sanidade e consumo / traballo / ciencia) cun orzamento ao cargo de 22.240 millóns de euros. O 13,5% de todo o gasto do estado.Dende o PSOE dixeron que esa petición de UP era desorbitada e non era acorde ao que reflexaron as urnas o 28 de abril. Nada máis lonxe da realidade. Unidas Podemos tivo o 14% dos votos, que traspasado a escaños serían o 25% da suma de diputad@s que conformarían esa hipotética coalición.Nun último momento, xa case como ultimatum para intentar sacar adiante un goberno, o señor Iglesias dixo que renunciaba ao ministerio de traballo a cambio de as políticas activas de emprego.Oferta seguida de outra negativa por parte do PSOE.Ademais da problemática e abismal diferencia orzamentaria da oferta do PSOE a demanda de UP hai que sumarlle o tema das competencias, cousa que a xente non lle da importancia.Porque un ministerio sin competencias é igual que un coche sin rodas e sin volante. Non sirve para máis nada que mirar para el.O ministerio de vivenda que ofrecía o PSOE era só a secretaria do mesmo, sin capacidade para obrar sobre normativa de desahucios, sobre a lei hipotecaria, IBI, transmisións patrimoniais ou actuar sobre os fondos boitre ou outras capitalizacións que afectasen a temas de vivenda.O ministerio de sanidade e consumo non tiña competencias para regular o xogo on line, que depende de facenda.E o ministerio de igualdade non ten competencias sobre regulación da fenda salarial, sobre o trato a inmigrantes ou sobre sistemas de ensinanza.Repito: o PSOE ofrecía unha vicepresidencia e 3 ministerios que eran cáscaras vacias. Sillóns e nada máis.Non houbo investidura e pasou agosto. En ese mes Unidas Podemos en un intento de formar goberno envía unha nova proposta ao PSOE para negociar. Un documento de 119 páxinas , das cales 108 eran de programa de goberno e as outras plantexaban catro alternativas (abertas) de participación no goberno de coalición.Este documento é moi parecido só que máis extenso, ao que no seu día firmaron Sánchez e Iglesias para sacar os orzamentos do 2019, que non se chegaron a aprobar.Pero o PSOE volveu a decir que non lle valía esta proposta.E a partir de aquí o PSOE decidiu acudiu a sociedade civil e manter xuntanzas para recoller a súas demandas. Demandas que só lle pareceron acertadas ao CEOE.Fai uns días volveron a xuntarse para negociar con UP. A situación lonxe de mellorar, empeorou. De coalición xa nada. A oferta xa caducou. Nin que estivésemos comprando iogures.E hoxe, aparte de comenzar unha nova ronda de consultas o monarca do reino de España, resulta que o señor Rivera lle lanza unha oferta magnífica ao PSOE: abstención de Cs e presuntamente do PP a cambio de tres esixencias: que o PSOE rompa o seu pacto con Bildu en Navarra, garantir a aplicación do 155 en Cataluña e novas políticas económicas.O señor Sánchez contestou que iso xa se está afacer. Que se absteña o PP e Cs sin pedir nada. Abstención técnica para sacar un goberno monopartido cando as urnas non lle deron esa maioría absoluta que tanto busca nos pactos de silencio o PSOE.E con este panorama, o máis seguro é que o vindeiro 11 de novembro iremos a eleccións, novamente. E resulta que a culpa de iso é de Unidas Podemos. E é de Pablo Iglesias polo seu afán de amasar poder para si e por querer máis do que os resultados electorais lle dan.O relato do voto do medo, de parar a dereita xa non vale. Porque non podes pedir o voto para parar a dereita e despois facerlle guiños a Cs para que te apoien sacando un goberno de centro-dereita.A realidade é que o PSOE e Pedro Sánchez nunca tiveron intención de que Unidas Podemos entrase en coalición a un goberno progresista. E non porque o PSOE teña ou tivese pouco interese en pactar coas forzas da súa esquerda, senón porque hai outras presións por detrás.Porque para o CEOE sería máis cómodo negociar recortes laborais con Rivera que con Iglesias.Porque poñer un imposto a banca sería unha herexía para a señora Arrimadas mentres que para Irene Montero sería case unha obrigación urxente.Porque non pode entrar ao poder un partido republicano onde ainda temos unha monarquía "paralamentarla".Porque os fondos voitres non poderían actuar impunemente si houbese unha lexislación e fiscalización real e eficaz sobre os alugueiros.O PSOE nunca tivo como socio real preferente a Unidas Podemos. Porque habería entón que facer o prometido:- Derogar a reforma laboral do PP;- Derogar a lei Mordaza;- Blindar as pensións acorde ao IPC;- Xulgar os crímenes franquistas;- Publicar a lista das persoas amnistiadas fiscalmente;- Publicar a lista Falciani de evasores fiscais;- Solicitar a comparecencia de Villarejo no congreso;- Rematar coa inviolabilidade do noso monarca e os seus privilexios;- Recuperar os 60.000 millóns do rescate da banca;- Exhumar ao pequeno de Ferrol do Valle de los Caidos;- Poñer un imposto a banca;- Xestionar a inmigración e retirar as concertinas;- Recuperar dereitos da clases traballadora;- Reformar o código penal no tocante a delitos sexuais;- Promover a Lei de Violencia de Xénero;- Reducir as listas de espera das persoas dependentes;- Facer real a accesibilidade universal;- Aprobar a Lei de Transición Enerxética e de Cambio Climático;- Rebaixar a factura da luz;- Acabar co copago/repago farmacéutico...E si o PSOE fai todo isto, vai en contra dos intereses da xente poderosa que manexa de verdade o noso país. E so non pode pasar.Fixádevos ata que punto Pedro Sánchez non lle interesa un goberno con Unidas Podemos que nin tan xiquera el mesmo cumpre cos estatutos do seu partido, onde el mesmo deixou claro que ante calquera pacto de goberno sería consultado as súas bases.E, salvo que haxa entre hoxe luns e mañá martes, 16 e 17 de setembro, algún xiro dramático no acontecer das cousas, o 10 de novembro voltaremos a ter eleccións.E o motivo real é que o socio preferente do PSOE sempre foi Ciudadanos.E o peor non é que os resultados de estes novos comicios nos volvan por en esta situación, senón que os resultados poñan en esta situación a dereita.Porque si se da ese escenario, a dereita non tardará nin un día en negociar ata os sobresoldos. |
NOS_55194 | Esta quinta feira, 27 de outubro, a Semana de Cine Euroárabe Amal reproducirá After Spring, un documentario que inmortaliza a crise das persoas refuxiadas sirias con imaxes de Zaatari, o segundo campamento máis grande do mundo. Tamén presentará 3000 noites, un filme sobre a esperanza das presas palestinas. | Continúa unha nova edición do festival de cinema Amal, en que as mulleres son as protagonistas, e faino con After Spring, un documentario sobre a crise que sofren as persoas refuxiadas. A fita poderá verse esta quinta feira, ás 20h, no Auditorio Abanca de Santiago. Dirixido por Ellen Martínez e Steph Ching, o documentario viu a luz grazas ao crowfunding e dá conta dos millóns de persoas que fuxiron de Siria pola guerra. Aliás, ás 22h reproducirase 3000 noites, de Mai Masri. A directora palestina conta a historia real de mulleres que viven a maternidade nas máis extremas circunstancias. Para iso, converte a prisión nunha metáfora da Palestina ocupada e explora como se cruzan a empatía, a resistencia e a manipulación emocional. Esta fita recibiu o premio do público Punto encontro do Seminci 2015 e participou en numerosos festivais internacionais. A produción foi escollida por Xordania para representar o país nos Óscar 2017 na categoría de mellor película de fala non inglesa. |
NOS_11853 | A segunda empresa en cotización bursátil do planeta, Google, e a Empresa Estatal de Telecomunicacións de Cuba asinaron esta segunda feira un acordo para aumentar a velocidade de conexión na illa aos produtos do xigante tecnolóxico norteamericano. | O desxeo EUA-Cuba tivo unha potente tradución simbólica esta segunda feira coa asinatura dun acordo entre Google -a segunda empresa en cotización bursátil do mundo, só superada pola tamén norteamericana Apple- e a Empresa Estatal de Telecomunicacións de Cuba. O goberno cubano ten o obxectivo estratéxico de estender o uso doméstico de Internet -neste momento moi limitado- e aínda de aumentar a velocidade da conexión, tamén para mellorar a produtividade das empresas do sector estatal da economía. Segundo informa Granma, o acordo con Google permitirá "a velocidade e a calidade das prestacións e a optimización da rede internacional de Etecsa, ben como acortar o tempo de acceso a algúns contidos que requeren dun maior ancho de banda, como os vídeos Youtube". Google -cuxo valor bursátil sitúase neste momento por volta dos 420.000 millóns de dólares- está na maior das Antillas desde 2004 con produtos como Google Chrome, Google Pay e Google Analytics. |
NOS_50965 | Unha enquisa de 'Electomanía' revela que a poboación galega ten un maior sentimento de afecto cara á Galiza que a catalá a respecto de Catalunya ou a vasca con Euskadi. | A poboación da Galiza, Catalunya e Euskadi é a que menos "sentimento identitario" ten cara ao Estado español. Esa é a principal conclusión que se extrae da enquisa que vén de publicar o portal Electomanía. Nunha escala de 1 a 10, as galegas e galegos que participaron da enquisa outorgaron unha puntuación media de 3,9 ao sentimento que afirman tener sobre a súa "identidade española". Por diante fican Catalunya (3,5) e Euskadi (2,8). No resto de territorios 'aproba' o sentimento español, agás en Nafarroa (4,8). É maior a 'indentidade galega' que a vasca ou a catalá No que atinxe ao sentimento a respecto das nacións sen Estado, a Galiza fica á cabeza cunha puntuación de 8,5 sobre 10 de "identidade galega", seguida de Catalunya (7,9), Nafarroa (7,9) e Euskadi (7,6) —sentimento identitario catalán, navarro e vasco, respectivamente—. A enquisa tamén ofrece os datos de "identidade" no que atinxe ás provincias. O sentimento identitario a respecto do territorio provincial só 'suspende' en Pontevedra (4,8), Tarragona (4,8) e Barcelona (4,8). Nestas mesmas provincias, de feito, é onde se rexistra un menor sentimento 'español', alén de Araba (2), Gipuzkoa (3,1) e Bizkaia (3,4), con datos de 3,4 en Pontevedra, 2,4 en Tarragona e 3,6 en Barcelona. |
NOS_32316 | Nas sete cidades galegas, convocadas polo BNG. | O BNG convoca concentracións nas sete principais cidades galegas nesta quinta feira, 8 de novembro, para mostrar o rexeitamento contra a decisión do Tribunal Supremo "a favor da banca e en contra das persoas" no impostos das hipotecas. Outro colectivos, como a PAH Vigo- Tui Baixo Miño tamén convocan accións, desta volta a sexta feira e cunha cacerolada perante os xulgados ás 11:30 A formación nacionalista lembra outras "estafas bancarias" recentes, como a das preferentes e subordinadas, que motivou unha "mobilización social exemplar, contundente e constante por parte da sociedade galega, logrando a recuperación da maior parte do diñeiro estafado". As concentracións terán lugar nas sete grandes cidades galegas: A Coruña, Obelisco, 20:00 H. Ferrol, Praza Amada García, 19:30 Compostela, Praza Toural, 20:30 Pontevedra, Prz Peregrina, 20:30 Vigo, Farola Urzáiz, 20:00 Ourense, Diante Subelegación do Goberno, 19:30 Lugo, Prz Maior, 20:00 |
PRAZA_14907 | Antón Sánchez, futuro deputado de AGE no Parlamento, asegura que a coalición "será unha forza á ofensiva" na Cámara. Este labrego de Bergondo confía no futuro da formación e advirte, tras o éxito urbano de Alternativa, que "todos os cambios de tendencia política en Galicia empezaron nas cidades". | Antón Sánchez, número tres de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) pola Coruña nas pasadas eleccións, entrará no Parlamento en poucas semanas. Deixará un chisco de lado o seu traballo no campo, no seu negocio de horticultura en Bergondo, para atender as súas responsabilidades políticas nunha Cámara á que chega coa etiqueta de deputado labrego. Pero, advirte, será un deputado "como calquera outro". Ou non, xa que insiste en que tanto el como os seus compañeiros de coalición procurarán ser "a ponte entre os movementos sociais e a política". Semella que se lle puxo a etiqueta de deputado labrego... Non quixera eu que isto quedase na simple anécdota, pero é sintomático que sorprenda o feito de que eu sexa labrego e é tamén un síntoma do que está a ocorrer: Que hai poucos labregos novos e que a política parecía estar vetada a certo tipo de profesións, sexa a miña ou outras moitas. Está moi lonxe da miña intención que se me poña esa etiqueta porque eu vou ser tan deputado como calquera outro. O sintomático é que isto sorprenda e, como xa dixemos nos mitins, se cadra era importante que dirixentes como Feijóo fosen traballar un pouco á agricultura para coñecela máis. Cámbialle moito a vida a súa chegada ao Parlamento? Cámbiame moito. Cando tomas unha decisión pénsalo a nivel familiar e decides. A vida cámbiame porque teño unha actividade á que non vou ter dedicación nos vindeiros catro anos e teño que garantir a continuidade da empresa familiar. Por sorte, mirei de organizar todo e logreino logo de falar coa miña familia e coa xente que traballa comigo. A súa entrada no Parlamento parecía segura, pero sorprendeulle que AGE acadara nove escanos? Nunca estiven confiado de entrar no Parlamento, nin tan sequera eu. Sempre o dubidei. No momento que se conformou a coalición, sabía que había unha pequena opción de que eu me convertese en deputado, pero non o esperaba. Aínda ao final da campaña, sendo optimista e vendo que o apoio da xente medraba, tampouco contaba con tan bo resultado para AGE. Sorprendeume e sorprendeume tamén o número de apoios que sumamos nas cidades. "Todos os cambios de tendencia política empezaron nas cidades, tanto cara á esquerda como cara á dereita" A campaña centrada nas redes sociais e en Internet pode explicar en parte o éxito acadado nas cidades? Houbo moitos factores de éxito como a figura de Beiras, o noso diagnóstico da situación actual ou a aposta da xente por outra forma de facer política... A nosa campaña fíxose con poucos medios e centrándose moito nas redes sociais, cuxas mensaxes son máis fáciles de espallar nas cidades. No rural, a campaña é máis de porta a porta e de boca a boca. De todos os xeitos, case todos os cambios de tendencia política en Galicia empezaron nas cidades. O cambio cara á esquerda nos 90 e 2000 comezou nas urbes, ao igual que a recuperación do PP se iniciou nas cidades para chegar despois tamén ao rural. Varios analistas políticos falan de AGE como un boom electoral que irá esvaecendo co tempo... Nós non entramos neses debates sobre o futuro porque iso dependerá do noso traballo, polo que a responsabilidade que temos é grande. Pero sexa con AGE ou non, estase abrendo un cambio máis profundo nas sociedades europeas, que irán cara a un proceso constituínte democrático ou cara a outro menos democrático e desigual. Esa é a batalla europea. Hai que ir máis aló e hai que reparar nos movementos sociais que están xurdindo ou asentándose, nas plataformas contra o espolio dos recursos enerxéticos, en Stop Desahucios... AGE só é un instrumento político, pero a batalla estase a dar aí. Se non somos nós, será calquera grupo o que saiba interpretar ben esta necesidade de abrir un proceso constituínte baseado nun novo xeito de facer política, de maior xustiza social, de acabar co espolio das privatizacións... Só queremos ser a ponte entre eses gran movementos sociais e a política. "Temos que ser humildes, escoitar a cidadanía e facer o que poidamos nas institucións políticas" E como se vai artellar esa relación cos movementos sociais para levar as súas reivindicacións ao Parlamento? Moitos dos que estamos en AGE xa formarmos parte deses movementos sociais. Queremos ter unha relación fluída e que eles mesmos fagan propostas, pero non instrumentalizalos. Debemos xuntarnos arredor das ideas e non arredor da afiliación. Queremos ser útiles para os movementos sociais, pero que eles sexan os verdadeiros protagonistas. Quen sabe de sanidade pública é a plataforma en defensa dela e quen sabe sobre a problemática dos desafiuzamentos é Stop Desahucios porque leva anos traballando no tema. Temos que ser humildes, escoitar e facer o que poidamos nas institucións políticas. Afortunadamente, xa nos están a chegar moitas propostas para levar á Cámara galega. Vai ser difícil convencer un PP cunha maioría absoluta tan ampla, non lle parece? Iso xa o sabemos. Por temas de aritmética non esperamos convencer o PP, pero si ser unha forza política á ofensiva. Non imos devolver os golpes do Goberno, senón impulsar iniciativas para que a sociedade vexa o que propoñen uns e outros. Queremos que o Parlamento volva ser un sitio onde se debatan os temas importantes de Galicia. A esquerda e o nacionalismo non poden devolver golpes, senón levar a iniciativa. Á xente hai que darlle esperanzas e alternativas. "Debemos ter en conta que a xente tamén valorou de AGE o esforzo de catro forzas por unirse na procura do ben común" Será complicado o funcionamento dunha formación con dous partidos diferentes nela? O funcionamento require de madurez e bo facer. O tempo dirá, pero temos mínimos comúns cos que podemos funcionar e iso hase ir artellando cando avancemos xuntos. Temos que mellorar a cultura do consenso, de debater o que haxa que debater, e ter altura de miras. Temos que saber cal é a fin desta coalición e ter en conta que a xente valorou o esforzo das catro forzas por acudir xuntas aos comicios, porque iso tamén foi importante. A xente tamén se desencanta cando as organizacións buscan o ben da súa propia organización e non o ben común. Non podemos defraudar porque sería un fracaso actuar de xeito irresponsable, pero somos moi optimistas porque as dificultades lóxicas que pode haber ao xuntarse varias forzas non están a crear problemas. Todo está indo ben. Vostede estivo no BNG, cre que será posible nun futuro a unión do Bloque e AGE nun proxecto común? Quero ser moi respectuoso co BNG porque desde sempre dixemos que nin era o noso inimigo nin nada parecido. Agora o Bloque terá que reflexionar e tomar decisións e co tempo as cousas iranse clarexando. A nosa aposta é xuntar as forzas da esquerda transformadora en base a proxecto, ideas e alternativas. Poden paisar moitas cousas e eu só espero que o BNG tome as mellores decisións posíbeis. "AGE traballará para reclamar o dereito de Galiza a decidir o seu futuro e para acadar maior autogoberno" Co debate soberanista que se está a dar en Euskadi e Catalunya, que papel lle toca agora a Galicia? Cal é a súa postura a respecto do dereito a decidir de Galicia? Partamos da base de que nós cremos que o feito de que Galiza teña máis poder de decisión é básico, incluso para saír da crise. Cremos que Galiza tería máis futuro se tivese máis poder de decisión sobre as súas políticas fiscais ou sobre os seus recursos enerxéticos, por poñer dous exemplos. Canto máis autogoberno teña Galiza, mellor lle irá, pero é certo que compararnos a esta altura con Catalunya e Euskadi... Faremos unha política para facer fronte ao PP, ao que aínda lle sobra o pouco autogoberno que temos. Desde AGE traballaremos para reclamar o dereito de Galiza a decidir o seu futuro e traballaremos tamén para acadar maior autogoberno e isto dígoo en nome de AGE porque está ben claro nos acordos programáticos. |
PRAZA_16862 | A conexión da autoestrada coa Cidade da Cultura é outro exemplo da capacidade que ten Audasa de condicionar melloras de infraestruturas mesmo tan sinxelas como esta, de só 3,3 millóns | A conexión da autoestrada coa Cidade da Cultura é outro exemplo da capacidade que ten Audasa de condicionar melloras de infraestruturas mesmo tan sinxelas como esta, de só 3,3 millóns"Este proxecto naceu nun plan sectorial viario que aprobamos na Xunta en 2003, cando era eu conselleiro". Así admitiu este mércores o presidente Feijóo a demora de 15 anos acumulada polo prometido enlace entre a Cidade da Cultura e a AP-9 que pasa á súa beira. Díxoo no acto de colocación da primeira pedra desa nova conexión ao que asistiu o ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, que amosou a súa esperanza en que a obra poida estar rematada a comezos de 2019.A AP-9 pasa á beira da Cidade da Cultura, mesmo demasiado preto para os enxeñeiros tanto de Fomento como da Xunta, que sempre temeron que en momentos de moito tráfico de entrada ou saída do Gaiás ou do veciño pavillón deportivo do Sar o atasco se trasladase á autoestradaA conexión da AP-9 coa Cidade da Cultura é outro exemplo da capacidade que ten Audasa, a concesionaria da autoestrada, de condicionar as melloras das infraestruturas galegas, mesmo das de custo tan reducido e execución tan sinxela como esta, de só 3,3 millóns de euros e uns poucos meses de prazo. E a súa primeira pedra colócase un día despois de que o Tribunal Constitucional veña de botar por terra o argumento do Goberno central para negarse a traspasar a Galicia as competencias e a capacidade de negociación con Audasa.A AP-9 pasa á beira da Cidade da Cultura. Mesmo demasiado preto para os enxeñeiros tanto de Fomento como da Xunta, que sempre temeron que en momentos de moito tráfico de entrada ou saída do Gaiás ou do veciño pavillón deportivo do Sar o atasco se trasladase á autoestrada. Así, as obras non comezan ata agora, que xa está en servizo un terceiro carril e mesmo un cuarto nalgúns puntos da AP-9 ao seu paso por Santiago nos que canalizar os vehículos a maiores cara ou desde o Gaiás facilitando a fluidez do tráfico no resto da calzada. Por iso, malia o sinxelo da actuación, pouco máis que uns carrís de aceleración e deceleración, esta foise adiando e condicionando ás duras negociacións mantidas con Audasa para ampliar a AP-9 ao seu paso por Santiago.Fomento estuda se a prometida supresión da peaxe entre Redondela e Vigo obrigará novamente a "actuar sobre a infraestrutura" malia que xa vén de ser ampliadaNa colocación da primeira pedra deste mércores, o ministro De la Serna tamén se referiu a outra actuación pendente de negociacións con Audasa, o seu compromiso de suprimir a peaxe entre Redondela e Vigo, que suporá unha nova suba das peaxes no resto da autoestrada. O titular de Fomento dixo que as negociacións son lentas porque se está a estudar a influencia que a gratuidade pode ter en atraer novos tráficos cara á autoestrada que ata o de agora empregan outras estradas. Segundo o ministro, estase a analizar se eses "tráficos inducidos" obrigarían a "actuar sobre a infraestrutura". Isto é, Fomento analiza se esa gratuidade obrigaría a realizar novas obras nun treito entre Redondela e Vigo que vén de ser ampliado no marco das obras de ampliación da ponte de Rande, uns traballos moi protestados pola veciñanza da zona. |
NOS_7144 | A CIG vén de denunciar a intención da Xunta e da Consellería de Sanidade de camiñar cara á privatización da xestión das Incapacidades Temporais (baixas médicas). | A central nacionalista alerta do "recorte de dereitos que isto supón, potenciando a burocratización do traballo das e dos médicos de Atención Primaria e xeneralizando a presunción de fraude por parte das traballadoras e traballadores". O Real Decreto que está as elaborar o goberno sobre o control dos procesos por incapacidade temporal nos primeiros trescentos sesenta e cinco días da súa duración "está orientado a que as Mutuas de Accidentes de Traballo e Enfermidades Profesionais da Seguridade Social (MATEPSS), sexan as que dirixan esta prestación e actúen como autoridade de control da mesma, ignorando as propias competencias do Servizo Galego de Saúde". Aliás, desde o sindicato nacionalista apóntase que "as diferentes mutuas poderán remitir, directamente, solicitude de informe as/os médicas/os de Atención Primaria, tendo estes catro días para contestalas e de non facelo o paciente causaría Alta por silencio administrativo, o que pode redundar en fonte de conflitos e inseguridade xurídica tanto para Médico de AP, como para os pacientes". |
NOS_22298 | Marcelo Crivella tem-se manifestado a favor do 'dever de submissao' da mulher e cualificou como "conduta maligna" a homossexualidade. | A começos de outubro a direita ganhava a prefeitura de São Paulo, a cidade com mais população do Brasil e até o momento governada pelo PT, com um candidato milionário que criticava a política. E o mês acaba com uma nova vitória da direita, desta vez da mão de um destacado membro da hierarquia da evangelista Igreja Universal, no emblemático Rio de Janeiro. Marcelo Crivella atingiu o 59,35% dos votos frente ao candidato da esquerda, Eduardo Freixo (Partido Socialismo e Liberdade), que ficou com um 40%. "Vitoria histórica" comentou Freixo quando a sua candidatura lograra passar à segunda volta. O jarro de água fria deste domingo pode esfriar a sua aposta en liderar a esquerda brasileira. Crivella, de 59 anos, o que vai ser novo prefeito do Rio de Janeiro, não é um desconhecido. Sobrinho do fundador da Igreja universal do Reino de Deus, ele é pastor desta igreja e tem feito afirmações sobre o 'dever de submissão' da mulher ao homem ou falar da homossexualidade como "unha conduta maligna". Se bem é engenheiro de profissão, fez-se mais conhecido como cantor de gospel (tem publicados 3 discos). Em 2002 foi eleito para o Senado e chegou ser ministro com Dilma Roussef. Os bairros pobres, com Crivella O evangelista venceu nas zonas norte de oeste da cidade, onde estão os bairros mais pobres, enquanto Freixo se impõe na zona sul, mais rica. Diversos meios destacam o papel jogado pelas igrejas evangélicas. Este culto está em expansão no Brasil: o número de adeptos medrou um 61% na década passada. No parlamento brasileiro há 80 deputados evangélicos, um 14% mais que na legislatura anterior. O seu discurso é 'privatizador no económico e profundamente regressivo no social. Luis Leiría escreve en Esquerda.net, que o PSDB voltou a ser o grande vitorioso das eleições. Foi o partido que mais elegeu prefeitos no segundo turno: 14 das 19 prefeituras que disputava. Porem, mais uma vez o PSDB foi derrotado em Belo Horizonte. Opina, aliás, que o PT voltou a ser o grande derrotado: disputava sete prefeituras, perdeu-as todas. O PSOL perdeu também as três prefeituras que disputava. |
NOS_13897 | Todo o que precisas saber sobre as últimas mudanzas aprobadas por Sanidade no que atinxe ás corentenas, detección de casos de coronavirus, uso da máscara e asistencia a eventos deportivos. | A Comisión de Saúde Pública do Estado acordou esta terza feira actualizar o protocolo de vixilancia fronte á Covid-19. Deste modo, a partir da vindeira segunda feira os casos leves e asintomáticos deste coronavirus non deberán manter illamento nin gardar corentena, que queda suprimida tamén para os contactos estreitos. Aliás, as probas diagnósticas practicaranse ás persoas vulnerábeis ou que traballen en ámbitos de vulnerabilidade, así como para os cadros sintomáticos graves. Por outra parte, esta cuarta feira o Consello Interterritorial, do que forman parte o Ministerio de Sanidade e os seus homólogos territoriais, acordou volver permitir a venda e o consumo de bebida e comida nos estadios da Liga Nacional de Fútbol Profesional e os da competición de Baloncesto ACB. Sanidade deixa de informar a diario sobre a evolución da Covid Este acordo ratifica 100% de capacidade para os estadios de fútbol de Primeira e Segunda División e para os partidos de baloncesto da ACB. Sobre o consumo de alimentos e bebidas, o Ministerio de Sanidade explicou que se permitirá tanto o consumo como a venda en recintos deportivos sempre que se garanta tamén a sectorización dos postos de venda nos devanditos recintos e que non se produzan aglomeracións. No que atinxe ao uso da máscara en interiores, a ministra, Carolina Darias, volveu insistir en que a súa supresión chegará "máis cedo que tarde". "A pandemia aínda non rematou", advirte a OMS Noutra orde, a Organización Mundial da Saúde (OMS) advertiu esta cuarta feira do auxe de casos da Covid-19 a nivel mundial que se está a producir nos últimos días, con grandes gromos en Asia ou Europa, e lembrou que "a pandemia non rematou". "En varios países rexistráronse as taxas de mortalidade máis elevadas desde o inicio da pandemia. Todos queremos deixar atrás a pandemia pero por moi forte que sexa este desexo, a pandemia non rematou", manifestou o director xeral da OMS, Tedros Adhanom. A respecto diso, reiterou que até que non exista unha alta cobertura de vacinación no mundo, os países estarán en risco de que xordan infeccións e de que aparezan novas variantes que eludan as vacinas. Juan Gestal: "É necesario prepararse para a próxima pandemia" Algúns países de renda alta, salientou, "propoñen unha segunda dose de reforzo e, namentres, un terzo da poboación mundial segue sen recibir a vacina. Con todo, hai indicios de progreso alentadores", explicou. Neste senso, puxo de manifesto o exemplo de Nixeria, onde a cobertura aumentou radicalmente cando se estabilizou o abastecemento e se planificaron vías para a distribución eficaz das vacinas. Por iso, reiterou que o obxectivo debe ser chegar a 70% da poboación vacinada "en todos os países" antes de mediados de 2022. "O logro desta meta é fundamental para salvar vidas, evitar o risco de Covid persistente, preservar os sistemas de saúde e mellorar a inmunidade da poboación", subliñou. |
PRAZA_1952 | A conselleira cre que "o tempo porá todo no seu lugar" e destaca que o centro foi "construído na maior crise económica e financeira deste país". Besteiro, pola contra, considera a xestión do Álvaro Cunqueiro un "gran fiasco" que "levará por diante a Feijóo". | Mentres desde a Xunta se minimizan os problemas no novo hospital de Vigo, desde a oposición cren que o "gran fiasco" que na súa opinión supón o novo centro "levará por diante a Feijóo". Así de contrapostas son as declaracións duns e doutros sobre a polémica infraestrutura de Beade e o caótico traslado, paralizado pola presenza de xermes -que todo indica que é Aspergillus- e ao que se lle engaden numerosas deficiencias denunciadas pola xunta de persoal, traballadores, pacientes e usuarios. "Non me consta que haxa grandes deficiencias", asegura a conselleira Mosquera malia as múltiples denuncias "Non me consta que haxa grandes deficiencias", dixo este mércores a conselleira Rocío Mosquera, que asegurou que a prioridade do seu departamento é que o traslado dos pacientes se faga "con total seguridade". "Todos o profesionais ou a inmensa maioría colaboraron dunha maneira impresionante para que o traslado fose o mellor posible", atendendo a "complexidade" dese proceso, comentou, pero destacou que houbo numerosas críticas ao sistema de financiamento, á capacidade da Xunta, ás dimensións do centro ou agora ás súas posible deficiencias. Para a titular de Sanidade, e malia as numerosas críticas, a situación non é tan mala. "Cando consigamos pór en marcha todo o hospital e a poboación comprobe non é un hospital grande, senón un gran hospital, todas esas cousas van quedar esquecidas", insistiu, antes de aclarar que "o tempo porá todo no seu lugar" e destacar que este "necesario" centro foi "construído na maior crise económica e financeira deste país". Besteiro considera a xestión do hospital "un esperpento símbolo da irresponsabilidade" Mentres, o secretario xeral do PSdeG, Gómez Besteiro, cre que "o gran fiasco" que supón o novo hospital acabará por "levar por diante" a Feijóo. O líder dos socialistas considera que o centro que "debía ser un referente" acaba por ser "un esperpento" e un "símbolo da irresponsabilidade" da Xunta nun aspecto "tan serio como a saúde pública". Por iso, e ante tal "despropósito", Besteiro esixe a comparecencia "inmediata" do presidente da Xunta no Parlamento por facer deste hospital un "exemplo de non xestión" ou de "xestión nefasta" baseado nun "modelo equivocado" e cun "electoralismo intolerable" xa que, segundo o líder socialista, o centro intentouse abrir antes de tempo. Así, reclamou que o xefe do Executivo destitúa dunha vez a Mosquera. Ao tempo, a conselleira di manter a tranquilidade e afirma que será a finais da semana cando haxa resultados sobre as análises efectuadas nas conducións de aire do novo centro hospitalario público de Vigo e que obrigaron a suspender o traslado de pacientes. O Sergas decidiu paralizar estes traslados o pasado 28 de agosto tras detectar "alteracións de carácter ambiental" no aire impulsado polos condutos de ventilación. A finais de semana coñeceranse os resultados das análises tras atoparse xermes; o traslado reanudarase o vindeiro 7 ou 14 deste mes Mosquera aclarou este mércores que aínda "non hai resultados concluíntes" sobre as novas análises efectuadas, pero expresou a súa esperanza de que sexan "negativos" e permitan así "continuar co traslado" de pacientes "sen ningunha dificultade". A máxima responsable do sistema de saúde pública en Galicia indicou que o seu departamento está "a actuar correctamente" e adoptando "as medidas que hai que tomar" e engadiu que a Xunta está "a revisar" as instalacións, aínda que apuntou que hai "miles de tubaxes" e "sempre pode haber algún fallo", especialmente en "a posta en marcha dun hospital" desas características. Non se referiu a outras moitas denuncias de traballadores, como a de presenza de roedores, falta de material, teitos caídos, escaseza de auga embotellada, falta de lavabos... Segundo detallou, o traslado podería reanudarse o 7 ou o 14 de setembro, xa que subliñou que este debe iniciarse un luns. Antes, tamén este mesmo mércores, a Asociación Galega pola Defensa da Sanidade Pública (AGDSP) remitiu á Comisión Europea unha denuncia por "presunto incumprimento do Dereito Comunitario" na licitación da concesión administrativa do hospital. Varios membros da plataforma acudiron este mércores á oficina central de Correos en Vigo para entregar a documentación coa que pretenden demostrar as diversas "irregularidades" que, ao seu xuízo, producíronse durante o proceso construtivo do hospital, e para conseguir a súa "recuperación e rescate" para o servizo público de saúde galego. |
PRAZA_5847 | En 2013, o goberno iniciou un procedemento para reformar o Código Penal e para introducir un anteproxecto de Lei Orgánica para a Protección da Seguridade Cidadá. Ambos textos afectan directamente ao exercicio do dereito á liberdade de expresión e de reunión. | Os Estados teñen a obrigación de respectar, protexer e facilitar o exercicio destes dereitos, é dicir, de garantir que os seus propios axentes non os violan, e que estes dereitos non son obxecto de restricións O dereito á liberdade de reunión pacífica, xunto aos dereitos, estreitamente relacionados, á liberdade de asociación e de expresión, está consagrado en tratados de dereitos humanos nos que España é parte, como o Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos (PIDCP) ou o Convenio Europeo para a Protección dos Dereitos Humanos e das Liberdades Fundamentais (Convenio Europeo). Tamén está contido na Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea. Os Estados teñen a obrigación de respectar, protexer e facilitar o exercicio destes dereitos, é dicir, de garantir que os seus propios axentes non os violan, e que estes dereitos non son obxecto de restricións, salvo as que sexan demostrablemente necesarias e proporcionadas para un fin lexítimo permitido polo dereito internacional. Tamén están obrigados a protexer o exercicio destes dereitos fronte á inxerencia de terceiros, e a garantir que as persoas dentro da súa xurisdición poden exercer estes dereitos na práctica. Tal como subliñou o relator especial sobre os dereitos á liberdade de reunión pacífica e de asociación, Maina Kiai, isto significa que os Estados teñen unha obrigación positiva, en virtude do dereito internacional, non só de protexer activamente as reunións pacíficas, senón tamén de facilitar o exercicio do dereito á liberdade de reunión pacífica. Aínda que o dereito internacional permite que o exercicio do dereito á liberdade de reunión pacífica, á liberdade de asociación e a liberdade de expresión, sexa obxecto de certas restricións, esas restricións só son admisibles se, en primeiro lugar, están establecidas por lei. En segundo lugar, serán admisibles se teñen como finalidade protexer certos intereses públicos (a seguridade nacional ou pública, a orde pública, a protección da saúde ou a moral públicas) ou os dereitos e liberdades doutras persoas. E en terceiro lugar, serán admisibles se son demostrablemente necesarias para lograr ese fin. Toda restrición que non cumpra estes tres requisitos constitúe unha violación dese dereito. O último informe publicado por Amnistía Internacional, titulado España. O dereito a protestar, ameazado, incide nas preocupantes restricións impostas ao dereito á liberdade de expresión e de reunión pacífica no contexto das manifestacións celebradas nos últimos anos. Tamén inclúe algunhas conclusións ás que chegou a organización respecto ao uso da forza por parte da policía neste contexto, e conclúe que a policía utilizou en moitos casos forza excesiva, incluído o emprego indebido de material antidisturbios durante manifestacións, ou ao practicar detencións. Así mesmo, documenta algúns casos de malos tratos a detidos baixo custodia policial, e algúns motivos de preocupación respecto do inadecuado das investigacións levadas a cabo polas autoridades sobre as violacións de dereitos humanos cometidas por axentes das forzas e corpos de seguridade. Segundo os datos facilitados polo goberno, en 2012 celebráronse máis de 14.700 manifestacións en toda España, na súa inmensa maioría sen incidentes violentos Que está ocorrendo entón en España? A crise económica e financeira que afectou a numerosos países, especialmente en Europa, empezou a sentirse en España en 2008. A destrución constante de postos de traballo e o elevado índice de desemprego, as medidas de austeridade e os recortes en servizos sociais básicos, unidos ao que se percibe como falta de transparencia por parte das autoridades ao adoptar estas medidas, fixeron saír a miles de persoas á rúa a protestar nos últimos anos: segundo os datos facilitados polo goberno, en 2012 celebráronse máis de 14.700 manifestacións en toda España, na súa inmensa maioría sen incidentes violentos. Con todo, pese ao carácter pacífico da maioría destas protestas, houbo denuncias frecuentes de uso excesivo da forza e de malos tratos por parte de axentes das forzas e corpos de seguridade durante as actuacións policiais relacionadas coas protestas. Ademais, non se levaron a cabo investigacións internas e xudiciais adecuadas sobre as denuncias formuladas. Tamén houbo noticias de conduta agresiva por parte de policías contra xornalistas e fotógrafas/os que informaban sobre as manifestacións. Nos últimos meses, recibiuse información que indica que a policía someteu a comprobacións colectivas de identidade a manifestantes pacíficas/os durante as manifestacións ou ata antes delas, e tamén se informou dun aumento das multas administrativas impostas a persoas por asistir a protestas ou reunións similares. Desde que aumentaron as protestas sociais no noso país, Amnistía Internacional recibiu un número crecente de informes sobre sancións administrativas impostas polas autoridades en relación coa participación en manifestacións Desde que aumentaron as protestas sociais no noso país, Amnistía Internacional recibiu un número crecente de informes sobre sancións administrativas impostas polas autoridades en relación coa participación en manifestacións. En xeral, as autoridades xustifican esas sancións sobre a base da alteración da orde pública ou a desobediencia a ordes da policía: por exemplo, desobedecer a orde de abandonar unha concentración ou manifestación que non se notificou, aínda que non se produciu ningunha alteración da orde pública. Hai moitas persoas que sofren problemas económicos e non poden pagar as multas. Existen indicios claros de que as sancións impostas a persoas por participar en actos de protesta poden estar tendo un efecto disuasorio, desalentando á xente de participar en protestas públicas e exercer o seu dereito á liberdade de reunión pacífica. En 2013, o goberno iniciou un procedemento para reformar o Código Penal e para introducir un anteproxecto de Lei Orgánica para a Protección da Seguridade Cidadá. Ambos textos afectan directamente ao exercicio do dereito á liberdade de expresión e de reunión Ademais, as autoridades fixeron numerosas declaracións sobre a suposta necesidade de impoñer restricións adicionais á celebración de manifestacións, por medios que inclúen a modificación da lexislación pertinente. En 2013, o goberno iniciou un procedemento para reformar o Código Penal e para introducir un anteproxecto de Lei Orgánica para a Protección da Seguridade Cidadá. Ambos textos afectan directamente ao exercicio do dereito á liberdade de expresión e de reunión. Ao utilizar certas disposicións da lexislación española relativas á celebración de reunións, e ao impoñer de xeito xeneralizado multas a quen participan en protestas públicas, as autoridades españolas restrinxiron o goce dos dereitos humanos en España, en especial o dereito á liberdade de reunión pacífica, de asociación e de expresión, dun xeito que é contraria tanto ás normas internacionais de dereitos humanos como ás obrigacións contraídas por España en virtude do dereito internacional. |
NOS_29968 | Demanda a actualización das indemnizacións. | A Federación Rural Galega, Fruga, demanda das administracións competentes que se faga unha actualización dos importes que se perciben polo sacrifico de animais, derivados da erradicación das enfermidades suxeitas a programas estatais sanitarios. Neste caso, indica a Federación, na Galiza tense sacrificado un importante número de animais, como consecuencia da aplicación dos novos protocolos para erradicación da tuberculose bovina. "O resultado foi que mais de 90% tiveron a consideración de falsos positivos, xa que unha vez sacrificados ao se lle realizar as probas post mortem o resultado foi que non estaban infectados pola tuberculose bovina, mais ao sufrir reaccións nas de probas de saneamento feitas na propia gandería, e en aplicación da normativa obríganche a matalos, cando eran animais totalmente sans". Todo tipo de indemnización, explica a Fruga, ten que cubrir as perdas que sufre a explotación, co cal é preciso pagar os animais polo seu valor real, e ao mesmo tempo aplicar con maior rotundidade o lucro cesante. |
PRAZA_20852 | O tribunal anula, por atentar contra a libre competencia, a esixencia de que a instalación de máquinas de apostas en locais que xa teñan aparellos comecartos conte coa sinatura do propietario destes | O tribunal anula, por atentar contra a libre competencia, a esixencia de que a instalación de máquinas de apostas en locais que xa teñan aparellos comecartos conte coa sinatura do propietario destesA Audiencia Nacional vén de anular, a petición da Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), a esixencia establecida pola Xunta en 2012 de que a instalación de máquinas de apostas en locais que xa teñan outro aparello de xogo como os comecartos deba contar cun documento asinado pola empresa operadora da máquina xa instalada. Na súa sentenza, que é recorrible ante o Tribunal Supremo, os xuíces censuran que as argumentacións da Xunta en defensa da súa postura no xuízo "parecen inclinarse á protección dos intereses económicos de determinados operadores económicos e non do interese xeral".A sentenza agora emitida lembra que as leis estatais 17/2009 de libre acceso ás actividades e servizos e 20/2013 de garantía da unidade de mercado prohiben "a intervención de competidores nos procedementos de outorgamento de novas autorizacións" para comezar a operar unha actividade. Porén, o Decreto 162/2012 que regula as apostas en Galicia estableceu que "a instalación dunha máquina auxiliar de apostas nun local de hostalaría que conte cunha autorización de instalación e localización para máquina de tipo B", como as comecartos, requirirá, entre outras cuestións, un documento "asinado conxuntamente" pola empresa da máquina de apostas, a persoa titular do local "e pola empresa operadora de máquinas de tipo B".O tribunal considera que o xogo é "un sector no que cada sub-produto (máquinas, bingo, apostas) é susceptible de xerar certas interaccións competitivas co resto" e polo tanto estas son competencia entre siSegundo o tribunal, o requisito esixido pola Xunta deixa en mans dunha empresa competidora a entrada no mercado doutra empresa do mesmo sector, o que contravén as disposicións que garanten a libre competencia. Para iso, a Audiencia Nacional dá a razón á Avogacía do Estado, que actuou en defensa da postura da Comisión da Competencia e esgrimiu un informe da Dirección Xeral da Ordenación do Xogo que ratifica que "ambas actividades (explotación de máquinas de tipo B [como as comercartos] e de máquinas de apostas) son competidoras". O informe, recolle a sentenza que o avala, di que o xogo é "un sector no que cada sub-produto (máquinas, bingo, apostas) é susceptible de xerar certas interaccións competitivas co resto, polo que resulta evidente que o titular da máquina B instalada no local concreto resulta un competidor relativamente próximo ao do terminal de apostas a instalar no mesmo local".O rexeitamento da Xunta a unha máquina de apostas nun local de hostalaría de Betanzos porque a empresa non lle entregou a sinatura da operadora da comecartos que xa operaba alí foi a orixe dun caso que agora anula a normativa galegaO caso agora resolto pola Audiencia Nacional naceu da solicitude dunha empresa operadora de máquinas de apostas que quería instalar unha nun local de hostalaría de Betanzos á que a Xunta denegou en 2017 a autorización por non entregarlle "o documento de conformidade asinado pola empresa operadora de máquina tipo B". A empresa foi amparada pola Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia, que reclamou á Vicepresidencia da Xunta que rectificase, pero segundo a sentenza o 15 de decembro de 2017 o vicepresidente, Alfonso Rueda, contestou o requirimento "rexeitando o solicitado neste".A Comisión da Competencia presentou un recurso contencioso-administrativo contra a Xunta e esta, no proceso, defendeu que "non pode afirmarse que os titulares de máquinas auxiliares de apostas e de máquinas de tipo B compartan o mesmo mercado polo simple feito de que as respectivas máquinas estean instaladas nun mesmo establecemento", algo que a Audiencia Nacional non comparte.A Xunta defendeu a "boa fe" tanto das empresas de apostas como das de comecartos e argumentou que a eliminación do requisito da sinatura "suporía un prexuízo económico notable" para as segundasPero a Xunta tamén argumentou que a eliminación do requisito da sinatura "suporía un prexuízo económico notable para aquelas empresas operadoras de máquinas de tipo B que prestaron a súa conformidade [ás máquinas de apostas] posto que iso conlevou que tivesen que facer investimentos na ampliación da súa loxística empresarial para dar cobertura a este novo negocio". Igualmente, segundo recolle a sentenza, o Goberno galego defendeu que as empresas de apostas "eran coñecedoras das esixencias da normativa autonómica e da necesidade de contar coa autorización das empresas operadoras de máquinas B cando solicitaron a autorización para a instalación das súas máquinas de apostas en locais de hostalaría polo que debe presuporse a boa fe da empresa cando presentou a súa solicitude e a intención de cumprimentar todos os requisitos da norma, posto que en caso contrario estaría prexudicando claramente ao resto de operadoras que si presentaron as súas solicitudes e cumprimentaron todos os requisitos". A Xunta tamén defendeu a "boa fe" das empresa de máquinas tipo B "que no seu día autorizaron a instalación de máquinas de apostas" e que "en ningún momento valoraron a posibilidade dun cambio normativo que puidese prexudicarlles en beneficio doutros operadores". Por todo iso, o Goberno galego defendía o mantemento da esixencia da sinatura "polo mantemento das esixencias de boa fe nas transaccións comerciais".A sentenza, que é recorrible ante o Supremo, anula os apartados do Decreto 162/2012 que estableceron a obriga de que as empresas de máquinas tipo B asinen para autorizar a instalación de máquinas de apostasPero fronte a eses argumentos da Xunta a Audiencia Nacional conclúe que non hai motivo para esixir a sinatura da empresa competidora e que "polo demais, a protección da boa fe nas transaccións comerciais tampouco se erixe como razón imperiosa de interese xeral por canto que as argumentacións da Xunta de Galicia neste sentido parecen inclinarse á protección dos intereses económicos de determinados operadores económicos e non do interese xeral".A sentenza conclúe anulando non só a denegación de instalación da máquina de apostas en Betanzos que deu orixe ao preito senón tamén os apartados do Decreto 162/2012 que regula as apostas en Galicia nos que se estableceu a obriga de que as empresas de máquinas tipo B asinen para autorizar a instalación de máquinas de apostas. |
NOS_31171 | En Pontevedra, na cidade onde se está a desenvolver o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, é onde se xuntarán en outubro representantes das literaturas vasca, catalana e galega na nova edición do Galeusca, desta volva dedicado á escrita para o público máis novo. | Na última semana de outubro, a cidade de Pontevedra acollerá unha nova edición do Galeusca, o encontro das literaturas galegas, catalana e vasca que cada ano organiza a Federación Galeusca de maneira rotatoria entre as tres nacións. Desta volta, a literatura galega é a anfitriona e a cidade de Pontevedra o espazo escollido para un encontro que se presentou no marco do Salón do Libro Infantil e Xuvenil, ámbito especialmente acaído para dar a coñecer unha edición que se centrará na literatura para a xente máis nova.O presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega mostrou o seu contento por ser Galiza quen acolla o encontro da Federación Galeusca dedicaco á literatura infantil e xuvenil xa que, ao seu ver, é a nosa escrita a que goza de mellor saúde e máis recoñecemento no ámbito. De igual maneira, felicitouse de ser Pontevedra a sede deste congreso, unha cidade, ao seu ver "que abraza, da que nos podemos gabar, tanto polo seu urbanismo como pola súa vida cultural", sinalou.Nove intervencións, de tres escritores e escritoras de cada unha das literaturas terán participación no encontro no que a cidade terá especial presenza, na súa dimensión cultural e literaria, que se dará a coñecer mediante un roteiro que guiará os pasos das rúas que camiñou Castelao e que garda tamén memoria de Valle Inclán nos seus espazos. Cesáreo Sánchez agradeceu tamén a implicación do Concello de Pontevedra a través da concelleira delegada de Cultura Anxos Riveiro -que participou na presentación- por teren garantido a continuidade do Galeusca co seu apoio. |
NOS_24776 | Fruga e o Sindicato Labrego Galego recoñecen sintonía nas súas reivindicacións e abren a porta a constituír unha gran plataforma sindical en defensa do sector lácteo. | No ano 2015, no anterior gran conflito polos prezos do leite, xurdiu unha plataforma en defensa do sector lácteo que compartía obxectivos e falaba cunha soa voz a prol dos intereses das gandeiras e os gandeiros do país. Na actualidade, co problema dos baixos prezos que se pagan polo leite aínda latente, o encarecemento dos custos de produción está a dificultar a supervivencia de moitos produtores lácteos na Galiza, mais as forzas sindicais libran cada unha a batalla pola súa conta. Mañá hai prevista na Coruña, fronte a Subdelegación do Goberno, unha mobilización convocada por gandeiros e gandeiras de todo o país para exixir as Administracións que impidan a venda a perdas e forcen as industrias a pagar un prezo xusto polo leite que producen. Esa mobilización contará co apoio do Sindicato Labrego Galego (SLG) e a Federación Rural Galega (Fruga), dúas organizacións que recoñecen a sintonía nas súas reivindicacións e que están dispostas a retomar a idea dunha plataforma común. Como sinala a Nós Diario o coordinador xeral da Fruga, Manuel da Cal, nas últimas semanas mantiveron reunións, entre outros co Sindicato Labrego Galego, para estudar a posibilidade de reactivar a plataforma. Esas xuntanzas derivaron na convocatoria de mañá e poderían seguir con Agromuralla "para ver a súa dispoñibilidade", apunta o responsábel da Fuga. Da Cal lembra que Galiza é a primeira produtora láctea do Estado español e "a novena ou décima" europea. "Nós temos uns problemas moi específicos", dixo en alusión aos baixos prezos que se pagan polo leite e ao papel das industrias, que "ven Galiza como unha fonte de subministro de materia prima de calidade e ademais barata". "Se o problema do sector lácteo está na Galiza, o lóxico é que as solucións se busquen desde aquí", considera o líder da Fruga. Reivindicacións unánimes Pola súa banda, a recentemente reelixida secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, indica a este diario que aínda non se pode falar dunha plataforma constituída, xa que considera que para iso se precisa "dunha participación maior de todo o sector", así como unhas reivindicacións unánimes a defender. "Unha folla de ruta común e seriedade nas propostas. O resto non nos parece que vaia a ningures", apunta. Neste senso, tanto Fruga como SLG coinciden na necesidade de loitar por uns prezos dignos e unhas ferramentas que impidan as granxas vender por baixo dos custos de produción. A este respecto, botan en falta á Xunta. "Non entendemos o papel pasivo que a Xunta está a ter nestas cuestións, botando as culpas ao Estado sen desenvolver ferramentas como índices oficiais de custos de produción ou sistema de mediación de contratos gandeiros, moi necesarios", denuncia Vilalba. "Queremos medidas efectivas e non historias como a Conta Láctea, que non vale para nada", abunda Da Cal. Ambas as organizacións coinciden tamén na necesidade de constituír a Mesa do Leite ou un organismo de interlocución do sector na que estean representados todos os elos da cadea e no que abordar todas estas cuestións. |
NOS_10779 | Tamara Echegoyen e Sofía Toro, integrantes xunta a asturiana Ángela Pumariega do equipo da categoría Elliot 6 de vela, disputaban esta tarde nas semifinais Match Race contra Rusia, nos xogos olímpicos de Londres. Despois dun rifado empate, acadaron a vitoria en Portland. | O trío "Xiquitas Team", con Tamara Echegoyen de patrona, Sofía Toro e Ángela Pumariega na tripulación gañou a terceira regata a Rusia e loitará polo ouro contra Australia, que se impuxo a Finlandia noutra rifada eliminatoria, mañá sábado ás 14.00. A organización deixou en tres regatas as cinco previstas, por mor da falta de vento, que ameazaba con suspender a semifinal e mesmo obrigou a trasladar a regata do desempate de Weymouth ao interior do porto de Portland. As coñecidas como "Xiquitas Team', campioas de Europa, e que navegan xuntas desde hai tres anos, remontaron as rusas Ekaterina Skudina, Elena Siuzeva e Elena Oblova, que gañaron a primeira regata con oito segundos de vantaxe. A continuación, Echegoyen, Toro e Pumariega impuxéronse na segunda manga con 14 segundos de vantaxe. Na terceira, ao paso pola primeira baliza, as 'Xiquitas' atopáronse cunha desvantaxe de 13 segundos por unha penalización, mais remontaron para se poren cinco segundos por diante na segunda e terceira, e concluíndo con oito segundos na meta. No entanto, a vitoria estivo uns minutos no ar debido a unha reclamación do equipo ruso, mais, finalmente, os xuíces desestimárona, polo que España pasa á final do Elliot 6 feminino. |
NOS_29546 | Dentro ciclo De Lugares e Órganos,proxectouse na sala Numax apelícula O carnaval das ánimas, un filme dirixido por Mark Harvey en 1962, que remataría converténdose, co tempo, nun filme de culto. | O pasado agosto desfrutamos, dentro ciclo De Lugares e Órganos, da proxección na sala Numax da película O carnaval das ánimas. Dirixido por Mark Harvey en 1962, este extraordinario filme de terror de baixo orzamento remataría converténdose, co tempo, nun filme de absoluto culto. A cinta adiántase en moitos aspectos ao seu tempo e aborda temas e perspectivas inimaxinables para un filme de serie B. Insólito é o absoluto protagonismo do órgano, alén doutros elementos que pechan o círculo semántico asociado ao instrumento: o oficio de organeiro e o de organista que, neste caso é, ademais, unha muller. O órgano é o elemento que describe as mudanzas que experimenta a mente da protagonista, Mary, no seu infrutuoso intento por volver á normalidade. A música, composta e interpretada por Gene Moore para órgano, está presente ao longo de toda a cinta de maneira diexética, extradiexética e aínda metadiexética, o que dá máis profundidade ao complexo de relacións que se tecen entre a protagonista e o mundo ao que regresa logo dun traumático accidente e do que, pouco a pouco, se vai disociando. O órgano é o elemento que describe as mudanzas que experimenta a mente da protagonista, Mary, no seu infrutuoso intento por volver á normalidade. A música é quen de crear unha atmosfera engaiolante, reflexo da alma que a protagonista vai perdendo irremediabelmente e, ao tempo, distante e turbia, como as augas do río nas que desaparece o coche accidentado, para modular finalmente cara un fantasmagórico son de órgano mecánico, que preludia a presenza do alén, e que ten o seu desenlace no vals final, no decadente pavillón de baile de Salt Lake City. As escenas iniciais mostran con prolixidade as instalacións da centenaria empresa organeira Reuter, de Kansas. Pero, sobre todo, sorprende a naturalidade coa que a protagonista reivindica a súa condición de organista. O papel, interpretado por unha inquedante Candace Hilligoss, dá vida a unha muller fermosa que, por riba de todo, aspira a vivir do seu oficio e ser recoñecida como boa organista nunha igrexa de Utah. Unha contida inexpresividade na súa face, froito dun progresivo afastamento do mundo real que se vai apoderando dela, contrasta coa súa determinación á hora de defender a súa independencia e a súa profesión. A película vira todos os clichés cos que no cine se trata a figura do organista, máis aínda tratándose dun filme de terror. O órgano e a súa música móstranse elementos de empoderamento para Mary e son varios os momentos que así o simbolizan. A escena na que acciona o arranque do seu coche fundíndose con outra na que, xa sentada ao órgano, acciona un dos seus rexistros, representa esa feminización de roles masculinos. Do mesmo xeito, acontece coa escena da transfiguración, na que, facendo gala dun gran realismo, toca o pedaleiro descalza, evitando os finos zapatos que veste a diario. Só o órgano e a súa música son capaces de anular a vontade de Mary e desviala dos seus máis firmes propósitos. Xunto á música, unha excelente fotografía, un elevado nivel actoral, un guión repleto de preguntas sen resposta e a enigmática presenza do órgano en todas as súas dimensións, fan desta película unha cita co cinema de terror inescusábel. |
NOS_18255 | O BNG demanda o estabelecemento de límites para os prezos dos produtos sanitarios básicos fronte "a especulación" e a falta de material, e aposta pola creación dunha empresa pública que garanta os subministros. Ademais, Ana Pontón anunciou que, unha vez se recupere a normalidade, pedirá unha comisión de investigación para esclarecer responsabilidades ante a situación crítica en residencias de maiores por mor da extensión do coronavirus en moitos destes centros. | Intervir os prezos dos produtos sanitarios que son básicos na loita contra o coronavirus, pediu a portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Ana Pontón, nesta cuarta feira, 8 de abril. A líder do BNG, nunha rolda de prensa telemática, puxo o foco sobre o incremento exponencial dos prezos dos produtos sanitarios esenciais no combate contra a pandemia. Esa suba dos custos atribuíuna Pontón "á especulación de empresas que queren sacar tallada da crise" e á incapacidade de garantir o auto abastecemento de materiais como luvas, máscaras ou líquidos desinfectantes, sinalando que se teñen cuadriplicado os seus custo. Por tal motivo, o Bloque quere que se interveña o prezo deses produtos, potestade que se recolle no propio Real Decreto do estado de alarma, recordou Pontón, que sinalou que, por exemplo, o xel antiséptico estaba entre os 2 e 6 euros e alcanza agora os 25, mentres que caixas de cinco unidades de máscaras filtrantes pasaron de custar 8 euros a 26, e o litro de alcol subiu de 2,25 euros a 9. A voceira do Bloque cualificou esta situación de "inadmisíbel" e demandou ao Goberno central "que interveña os prezos destes produtos tanto en orixe como na venda ás persoas consumidoras para evitar o incremento abusivo e que o prezo sexa unha barreira para a súa adquisición, pois estamos falando da saúde da poboación", remarcou. "Propoñemos pór en marcha unha estratexia para crear empresas que produzan material sanitario", dixo Pontón A carestía dos produtos tamén se debe, dixo Pontón, ao desabastecemento destes produtos que obriga a ir ao mercado internacional, unha consecuencia da deslocalización contra á que o BNG propón crear unha empresa pública galega que teña como fin a produción e abastecemento deste tipo de produtos. Nese sentido, a voceira do Bloque considerou que "a deslocalización da produción acaba por ser un grave problema en crises como esta e para non repetir a situación no futuro propoñemos pór en marcha unha estratexia para crear empresas que produzan material sanitario como respiradores, luvas, batas, lentes protectores, rachando coa dependencia do mercado internacional". Ademais, Pontón tamén avogou por "completar o mercado privado cunha empresa pública que teña como finalidade producir material sanitario". A líder nacionalista tamén pediu que se "monotoricen" os prezos doutros produtos, por exemplo, na alimentación e os combustíbeis, "estes últimos con descensos importantes que non se trasladan ás gasolineiras", subliñou. Pontón pedirá a creación dunha comisión de investigación sobre residencias Ante o importante número de contaxios de coronavirus en residencias de maiores, o BNG demanda a comparecencia urxente do presidente da Xunta da Galiza, Alberto Núñez Feixoo, no Parlamento e reclama tamén unha investigación interna por parte da Consellaría de Política Social. Nese sentido, Pontón anunciou que vai solicitar a creación dunha comisión parlamentaria de investigación unha vez recuperada a normalidade. "Vemos nalgunhas residencias que máis de 90% das persoas usuarias están contaxiadas, o que implica que non se adoptaron as medidas preventivas necesarias", critica Pontón, ao tempo que valora como "sorprendente" que non haxa ningunha sanción a ningunha das empresas nas que se teñen producido estes casos, "polo que agardamos que a Xunta non estea protexendo aos donos desas empresas en lugar de estar protexendo a saúde das persoas maiores", argumentou. Anticipación, transparencia e plan de choque A líder do BNG reiterou publicamente o seu recoñecemento ao persoal das residencias e volveu exixir "anticipación" ao Goberno "porque segue a cadea de contaxios neses centros", e reiterou a batería de propostas que trasladou o Bloque ao Executivo galego, e que contempla un plan de choque que inclúa a intervención de todas as residencias privadas, acelerar as probas para detectar focos de coronavirus, garantir material de protección para o persoal, transparencia total no cómputo de contaxiados e persoas falecidas, e información ás familias, "ás que se lles debe permitir facerse cargo das e dos seus maiores se contan coas condicións para salvagardar a súa saúde, sen que ese traslado puntual implique perder a praza no centro", recordou Pontón. Pontón foi especialmente crítica coa situación dalgunhas residencias privadas afectadas por un contaxio masivo, como é o caso dos centros de Domus Vida e da Fundación San Rosendo e insistiu na urxencia de tomar medidas tanto nos centros de maiores como tamén nos centros que atenden a persoas con discapacidade. |
NOS_28123 | En comparecencia de imprensa após unha reunión extraordinaria do Consello da Xunta, Feijóo sinalou o 24 de Xullo como "xornada de conmemoración dun dos nosos días máis tristes" | Sete días de loito oficial. Anunciounos o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, en comparecencia de imprensa posterior á reunión extraordinaria do seu goberno convocada a raíz do accidente ferroviario rexistrado esta cuarta feira en Angrois, Compostela. Feijóo cualificou o acontecido de "magna traxedia" e acrecentou que desde agora o 24 de Xullo "xa non será a véspera dun día de festexos senón de conmemoración dun dos días máis tristes". |
PRAZA_7600 | O Bloque recibe unha delegación das forzas políticas representadas no Parlamento vasco por EH-Bildu e Guillerme Vázquez subliña que "a ausencia de autogoberno real sempre estivo na raíz dos problemas" de Galicia | O BNG estreita lazos coa esquerda abertzale. A formación frontista recibiu este mércores unha delegación dos grupos políticos actualmente representadas no Parlamento vasco por EH-Bildu para, a través do seu responsable de relacións internacionais, Niko Moreno, amosar o acordo de ambas forzas na necesidade de reivindicar o dereito á "soberanía" como a mellor vía para afrontar as dificultades económicas. En rolda de prensa conxunta o portavoz nacional do Bloque, Guillerme Vázquez, expresou xunto ao dirixente abertzale o seu convencemento de que "a dependencia política ten relación directa coa crítica situación que está a pasar Galiza", porque "os problemas do noso país só se solucionarán coa soberanía política". Coas eleccións europeas de 2015 no horizonte -para as que o BNG aínda non abordou a súa política de alianzas pero ante as que se ve máis próximo a forzas como Bildu que ao PNV ou CiU, antigos aliados-, Vázquez e Moreno concordan en que no actual contexto do Estado español e da Unión Eopea "hai que optar por camiños alternativos que pasan necesariamente pola soberanía nacional". Ao contrario do que afirma "o españolismo rampante", di, esta reivindicación ten unha vertente netamente práctica. Así, por exemplo, pregúntase "como podería facer Islandia" a súa xestión económica e a súa reformulación da débeda soberana "sen soberanía. "Estamos ante unha política letal, por iso temos que falar como forzas nacionalistas sobre como buscar unha saída á crise", di Guillerme Vázquez "O debate de hoxe en día no Estado español e no mundo é o da soberanía, porque a través do modelo neoliberal, globalizado e negador é como se extraen as plusvalías e se mantén esta situación". "Con ese modelo -afirma- o noso país está condenado a emgrar, despoboarse e envellecer". "Estamos ante unha política letal" e por iso, explica, "temos que falar como forzas nacionalistas sobre como buscar unha saída para a crise económica", explica. Esta cuestión será abordada tamén por Moreno este mércores nunha conferencia en Compostela organizada polo propio BNG. Neste sentido, explica o político vasco, a súa visión é que "vivimos unha crise que afecta a todos os valores da civilización que coñecemos, e iso trasládase ao Estado español". O "modelo constitucional do 78 fai augas por todas partes", asegura, e iso acontece "porque foron incapaces de responder ás necesidades das diferentes nacións do Estado". Neste contexto, coida, "o dereito a decidir é o que hai que poñer enriba da mesa, despois virán os proxectos políticos concretos". |
NOS_34198 | Tamén Iparralde, Catalunya Nord, Antillas ou Illa Reunión realizarán ese día actos para reclamar "un estatus para a nosa cultura" fronte ao centralismo francés. | O vindeiro 24 de outubro haberá unha vaga de mobilizacións en diferentes territorios baixo soberanía francesa para defender as súas culturas e linguas fronte ao centralismo francés. Bretaña, Alsacia, Córsega, Occitania, Iparralde e Catalunya Nord van ser escenario de actos de diferente tipo baixo o cjamdo 'Un estatus para o noso país, un estatus para a nosa lingua e cultura'. Estas mobilizacións tamén terán lugar nos coñecidos como 'territorios de ultra-mar' franceses. Así, nas Antillas, na Illa Reunión ou na Guaiana decorréran diferentes actividades reclamando o respecto das súas identidades culturais e nacionais. "Poder central arrogante" No caso de Bretaña a mobilización do 24 en Carhaix vai precedida, o 23, dun debate en Quimper. A manifestación, salientan as entidades convocantes, como Kevre Breizh, demanda a reunificación de Bretaña, dotar de capacidade ás entidades bretoas para decidir en eidos como o económico e o cultural ou a co-oficialidade do bretón, entre outras cuestións. "Denunciamos un poder centralista e arrogante que vai contra os principios democráticos". |
NOS_624 | A despenalización da eutanasia chegou ao Congreso para dar resposta a un debate social aceptado, mais tamén a unha demanda e a un desexo reais expresados pola cidadanía. No marco desta nova andaina lexislativa os coidados paliativos atenden dous dereitos distintos, con carencias e exixencias diferentes. | Eutanasia e coidados paliativos. Son dúas cuestións distintas, dúas respostas diferenciadas que atenden a necesidades particulares. Segundo as fontes expertas consultadas por Nós Diario, ambas son dereitos adquiridos polas persoas, froito da carencia e do consenso social, mais tamén dun longo "exercicio de concienciación e de loita cidadá para que se levaran a cabo", explica Miguel Anxo García, psicólogo clínico do Hospital Clínico Universitario de Santiago. García defende que eutanasia e coidados paliativos non teñen unha relación directa. "Responden a dúas realidades diferentes. A eutanasia recoñece o dereito das persoas con capacidade para decidir sobre si mesmas e sobre a continuidade da súa vida". Tal e como se definiu, salienta, "é tan só un primeiro paso para o seu recoñecemento pleno, xa que non contempla moitos supostos que si se consideran noutros países do mundo". Os coidados paliativos, apunta Miguel Anxo García, aseguran o dereito das persoas a controlar e mitigar o seu sufrimento. "Poden non ser capaces pero teñen todo o dereito a reducir o seu sufrimento, unha necesidade que leva aparellado o deber da comunidade sanitaria de atendela con todas as garantías". Coidados paliativos desde a Atención Primaria As unidades de coidados paliativos especializadas dos hospitais son os servizos de referencia para as enfermas terminais que necesitan calmar a sintomatoloxía propia do final da vida. "Un proceso angustioso, para as doentes e para os seus achegados, que atopa un alivio nos coidados paliativos", sinala Miguel López del Pueyo, médico de familia en Muros. Nun contorno rural, a onde non chegan os equipos especializados de coidados paliativos nin os servizos de Hospitalización a Domicilio (HADO), son as e os médicos de familia quen se encargan de darlles estes coidados específicos a doentes terminais ou en fase de agonía. "É importante saber poñerlle límite á asistencia curativa para darlle paso á atención paliativa. Nese momento, aliviar, consolar e acompañar cobra unha relevancia maior e forma parte dunha resposta humana necesaria máis aló da obriga médica", sostén López del Pueyo. A Atención Primaria reivindica a asunción da asistencia en coidados paliativos de forma prioritaria xa que os médicos de familia somos "o persoal máis próximo e quen mellor coñecemos as nosas pacientes". Unha afirmación do facultativo de Muros que referenda Jóam Casas, médico de familia na Baña. "Os coidados paliativos non son exclusivos das unidades de hospitalización nin dos equipos HADO. A onde non chegan imos nós", incide. "Sempre que podemos e se dan as condicións necesarias atendemos as persoas no seu domicilio, e facémolo con todas as garantías e toda a calidade malia a sobrecarga do sistema sanitario". Neste sentido, recoñece, hai marxe de mellora, ao igual que o hai no eido da formación especializada, "se ben, os casos que requiren unha atención especializada, polas súas dificultades técnicas ou porque así o desexa a paciente, derivámolos ao hospital de referencia", aclara. Confusión interesada Jóam Casas defende que o intento de confundir eutanasia e coidados paliativos ten unha motivación interesada pero non xustificada. "Son dúas prestacións ben diferenciadas", di, e desde o punto de vista médico non ofrece dúbidas, xa que non responden ás mesmas necesidades das persoas. "Os coidados paliativos non resolven o problema dunha persoa sen expectativas de mellora -afirma Casas- nin a despenalización da eutanasia obriga a ninguén a acollerse a esa posibilidade". Ao respecto, Miguel López del Pueyo pon o acento no respectoao principio de benestar da doente e na eutanasia. "Gústame incidir en que non é un fallo dos coidados paliativos, e a despenalización non implica o seu menoscabo". A información íntegra pode ser consultada na edición en papel de Nós Diario, á venda nos quioscos, ou na súa lectura na nube |
NOS_35557 | Unha Proposición non de lei do BNG instaba á Xunta a cumprir as resolucións aprobadas "por unanimidade" en setembro para a aplicación e seguimento do Plano Xeral de Normalización da lingua galega. O representante do PP acusou o BNG de "impoñerlle á xente o que ten que falar". | A deputada nacionalista Ana Pontón defendeu na tarde desta terza feira unha Proposición non de lei na Comisión de Educación e Cultura do parlamento galego, PNL na que instaba á Xunta a cumprir as resolucións aprobadas "por unanimidade" o pasado mes de setembro do 2014 para a aplicación e seguimento do Plano Xeral de Normalización da lingua galega. Pontón acusou ao Partido popular de "afundir o país e a nosa lingua" e dixo que a diminución do uso do galego non é un problema da xente como intentou deslizar o presidente da Xunta é, a todas luces, o resultado dunha actuación deliberada e con responsabilidades políticas. A PNL foi rexeitada cos votos do PP mentres que BNG, AGE e PSdeG votaron a prol A deputada lembrou que hai unha moi ampla vontade social, expresada en numerosas platrfoams, colectivos, entidades e institucións, que reclaman sexa aplicado o Plan de Normalización Lingüística e derrogado o decreto do plurilingüismo. O portavoz do PP, Agustín Baamonde acusou o BNG de pretender "impoñerlle á xente o que ten que falar", a deputada pediu amparo á mesa da comisión para que o deputado popular retirara a acusación. Pola súa parte, a presidenta da mesa, Soledad Piñeiro respondeu que non aceptaba a solicitude porque suporía recortar o dereito de expresión do portavoz do PP. Baamonde recoñeceu que diminuíu de "maneira preocupante o uso do galego" mais rexeitou que se debese a razóns políticas. Embora apoiar AGE e PSdeG a proposta do BNG, a maioría do PP botou abaixo a PNL: |
NOS_49741 | Nun poboado indíxena da illa de Tanna, en Vanuatu (Melanesia), o neto do xefe da tribo namora dunha rapaza. Un amor prohibido segundo as costumes ancestrais. | Estamos no ano 1987. Toda Vanuatu está ameazada pola civilización... Toda? Non. Unha aldea poboada por irredutíbeis indíxenas resiste agora e sempre ao cambio de costumes... Tanna foi un dos filmes que optaron ao Óscar a Mellor Filme de Fala Non Inglesa na pasada edición dos premios da Academia de Hollywood. O título fai alusión a unha illa do Sur do Pacífico na que aínda quedan unha decena de poboados que resisten a se deixar intoxicar pola cultura occidental, optando por vivir de maneira tradicional en paz coa natureza e conservando "o costume" como sistema social e de goberno, un sistema ancestral, e patriarcal, de leis transmitidas de forma oral de xeración en xeración. Unha delas é a do matrimonio concertado. Ninguén pode casar sen previo acordo das partes, sexan familiares ou da tribo. Dain, futuro herdeiro dos yakel, está namorado de Wawa, a moza máis guapa do poboado, mais os plans para ela pasan por casar con outro: o fillo do xefe da tribo rival a fin de construír a paz definitiva... A sempiterna historia de Romeo e Xulieta excepto que Tanna está baseada en feitos reais acontecidos en 1987 na illa do mesmo nome. Foi rodada integramente en nauvhal, o idioma propio dos yakel, e todos os actores e actrices son membros desta tribo que, non só son todos amateur senón que por riba apenas tiveron contacto co "mundo exterior". Acadar tan alto grado de compenetración cun elenco destas características non debeu ser nada doado mais, os documentalistas Butler e Dean, conseguen un abraiante resultado. Conseguen construír unha historia que, aínda que pequena, flúe e resulta atractiva para calquera público espectador. Todo grazas a un traballo minucioso previo e planificado con dous anos de antelación á rodaxe, no cal chegaron a convivir coa tribo yokal creando lazos e intentando facerlles ver o que querían transmitir con cada secuencia. Por momentos documental etnográfico, noutros historia de amor reivindicativa e a cachos cinema de aventuras, Tanna rememora clásicos como o de Nanuk o esquimó (1922, Robert J. Flaherty), o de Tabú (1931, F.W. Murnau) ou filmes como Apocalypto (2006, Mel Gibson), pero sobre todo conta cun ton moi similar a Ten Cannoes, filme semi-experimental de aventuras aborixes realizado en 2006 por Rolf de Heer... non por nada, nos títulos de crédito, aparece un agradecemento expreso ao director australiano de orixe holandés. Tanna conta cunha forza dramática natural tan auténtica como a latente lava do volcán da illa, un dos volcáns activos máis accesíbeis do planeta que rexe o devir destas tribos que viven baixo a súa influencia. Non pasará á historia polo que conta, pois coñecemos de sobra a historia, pero si pola relevancia das súas impresionantes imaxes, a autenticidade das súas xentes e por descubrir ao mundo unha pequena comunidade dun sitio tan recóndito do planeta. Para amantes dos documentais etnográficos e dos modos de vida en vías de extinción. TANNA (Australia-Vanuatu 2015, 104 min.) Dirección: Martin Butler e Bentley Dean Guión: Martin Butler, John Collee e Bentley Dean Fotografía: Bentley Dean Música: Antony Partos Elenco: Mungau Dain, Marie Wawa, Marceline Rofit, Charlie Kahla, Albi Nagia |
NOS_57927 | ACNUR alerta das condicións nas que se atopan 10 mil persoas atrapadas en Serbia. Ankara negocia coa UE actuar como tapón. | Chega o mal tempo e a situación que atinxe milleiros de persoas refuxiadas que tentan chegar á UE empeora. Segundo denunciou na xornada de onte o voceiro do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR), Melita Sunjic, arestora por volta de 10 mil persoas atoparíanse atrapadas en Serbia. "É como un grande río de xente e, se se detén o caudal, haberá inundacións por outra parte", sinalou Melita Sunjic. O responsábel de ACNUR referíase nestes termos á imposibilidade das persoas refuxidas --procedentes maioritariamente de Siria, Iraq e Afganistán-- para cruzar através da denominada rota dos Balcáns após o encerramento das fronteiras húngaras. Neste senso, embora moitas persoas estaren a procurar unha vía através de Croacia --axudadas polo propio goberno-- non todas o conseguen. Croacia recibe por volta de 6 mil refuxiad@s ao día e está a deslocalas cara á fronteira cara á Esloveinia para continuaren camiño até Austria e Alemaña. Porén, o executivo austríaco advertiu xa que está a exceder a súa capacidade de acolla e exixiu respecto para os acordos adoptados no seo da UE a respeito do asilo. Entrementres, milleiros de persoas dormen ao raso entre a lama e a choiva no paso fronteirizo de Trnovec-Sredisce ob Dravi. "Falta comida, faltan mantas, están sen nada", denunciou o portavoz de ACNUR desde a fronteira entre Serbia e Croacia. "Falta comida, faltan mantas, están sen nada", Melita Sunjic, portavoz de ACNUR Merkel visita Turquia Así as cousas, a Unión Europea priorizou a búsqueda dun tapón que free o acceso d@s refuxiad@s. Neste senso, a chanceler alemá, Angela Merkel, visitou nos últimos días o presidente turco, Recep Tayip Erdogan para analizar posíbeis medidas de contención e vixianza fronteiriza. E é que as persoas deslocadas forzosamente polos conflitos que atinxen os seus lugares de orixe, arriban a Turquía através de embarcacións que cruzan o Mediterráneo para se desprazaren desde Grecia cara aos Balcáns. Alemaña é o obxectivo de destino e a tensión racista aumenta día a día. Neste senso, mesmo a responsábel para @s refuxiad@s de Colonia --eleita posteriormente alcaldesa-- foi apuñalada. O seu agresor foi un militante neonazi o que fai temer polo repunte xenófobo no país. Porén, desde Ankara reclaman contraprestacións á contención de refuxiad@s. Para comezar, un pulo á súa adhesión á UE que Merkel dixo estar en disposición de negociar e unha axuda financeira de 3 mil millóns de euros adicionais para adoptar estas medidas. |
PRAZA_6260 | O IGADI analiza nun novo IGADI Paper a conxuntura emanada do XLVI cumio deste organismo de integración en América do Sur, celebrado o pasado 29 de xullo en Venezuela, así como as perspectivas que se abren de cara a eventuais socios estratéxicos, como China. | O IGADI analiza nun novo IGADI Paper a conxuntura emanada do XLVI cumio deste organismo de integración en América do Sur, celebrado o pasado 29 de xullo en Venezuela, así como as perspectivas que se abren de cara a eventuais socios estratéxicos, como China. Con motivo do XLVI Cumio do MERCOSUR celebrado o 29 de xullo en Caracas (Venezuela), o organismo de integración suramericano abordou a discusión de estratexias alternativas para a súa consolidación así como de ampliación tanto dos seus membros como dos seus mecanismos de cooperación con outros organismos similares, en particular a Comunidade de Estados Latinoamericanos e do Caribe (CELAC), a Alternativa Bolivariana para os Pobos da Nosa América (ALBA) e a Unión de Nacións Sudamericanas (UNASUR). Ampliando este contexto, o MERCOSUR observa con maior atención a cada vez máis relevante presenza de China como socio estratéxico para América Latina. Amparado na súa condición de membro pleno desde 2012, Venezuela asumiu a comezos de 2014 por vez primeira a presidencia Pro Témpore de MERCOSUR. Neste sentido, o cumio de Caracas reafirmou a necesidade do MERCOSUR de fortalecer os seus mecanismos institucionais, da ampliación cara novos membros (Bolivia) así como de abrir canais de cooperación máis estratéxicos coa CELAC, a ALBA, a UNASUR, o G77+China e os BRICS, cuxos respectivos cumios precederon ao de MERCOSUR. En perspectiva, o MERCOSUR adiantou unha visión de revitalización no cumio de Caracas. O cumio de Caracas reafirmou a necesidade do MERCOSUR de fortalecer os seus mecanismos institucionais, da ampliación cara novos membros (Bolivia) así como de abrir canais de cooperación máis estratéxicos coa CELAC, a ALBA, a UNASUR, o G77+China e os BRICS A declaración final asumiu posturas comúns en aspectos específicos, como o apoio a Arxentina ante a presión dos "fondos voitres", o rexeite ás sancións de Washington contra 46 funcionarios do goberno venezolano por presuntas violacións dos dereitos humanos durante a recente crise política venezolana, e a importancia estratéxica que para a integración rexional supuxo a recente xira do presidente chinés Xi Jinping. Con todo, determinadas diferenzas políticas cobran forza, en particular algunhas de carácter estratéxico como a posición de Brasil de achegar o MERCOSUR á Alianza do Pacífico. Se ben adoptouse o apoio común ao goberno da República Árabe Siria, destacou a ausencia dunha posición máis firme contra Israel pola recente agresión contra o pobo palestino, limitándose a instar ao diálogo e a finalización do bloqueo na Franxa de Gaza. Desde 2010, MERCOSUR mantén con Israel un Tratado de Libre Comercio (TLC), o único que este organismo ten subscrito cun país non pertencente ao seu ámbito rexional. A Declaración de Caracas A presidencia Pro Témpore de Venezuela no MERCOSUR permitiu ampliar as perspectivas de asociación e cooperación deste organismo creado en 1991, cara outras experiencias de integración rexional e hemisférica que cobran intensidade nos últimos tempos. A aposta común por consolidar a Comunidade de Estados de América Latina e do Caribe (CELAC) como foro de diálogo e de integración, traducida na Declaración de Caracas, amosa esta necesidade do MERCOSUR por ampliar as súas perspectivas, non exactamente circunscritas á concreción de un mercado común. Nese sentido, o encontro China-CELAC celebrado en Brasilia a mediados de xullo, como colofón do Cumio dos BRICS, moi probablemente persuadiu á presidencia venezolana en MERCOSUR, liderada polo mandatario anfitrión Nicolás Maduro, a trazar novas follas de ruta. Maduro aproveitou a ocasión para fortalecer marcos de asociación entre o MERCOSUR e a Alianza Bolivariana para os Pobos da Nosa América (ALBA) Tendo en conta que este cumio de MERCOSUR se celebrou na capital venezolana, Maduro aproveitou a ocasión para fortalecer marcos de asociación entre o MERCOSUR e a Alianza Bolivariana para os Pobos da Nosa América (ALBA), o organismo de integración creado en 2004 polo falecido presidente Hugo Chávez. Esta perspectiva de asociación MERCOSUR-ALBA foi igualmente defendida polo presidente boliviano Evo Morales durante a súa presenza no cumio de Caracas. Bolivia é membro formal da ALBA desde 2005 e será o próximo membro pleno de MERCOSUR. O achegamento de MERCOSUR coa ALBA e a CELAC, defendidos con entusiasmo por Venezuela e Bolivia, quedaba pendente da posición ao respecto por parte de Arxentina, Brasil, Uruguai e Paraguai, os demais membros do MERCOSUR. Non obstante, e se ben estes países apoiaron a idea da asociación MERCOSUR-ALBA-CELAC, foron máis ben os seus intereses específicos os que predominaron no cumio de Caracas. A presidenta arxentina Cristina Fernández de Kirchner principalmente defendeu a súa loita contra a presión dos acredores internacionais de débeda pública arxentina, os catalogados "fondos voitres", alcanzando unha posición común de apoio no cumio de Caracas. Pola contra, a súa homóloga brasileira Dilma Rousseff abriu a perspectiva dun achegamento coa Alianza do Pacífico, organismo creado en 2010 por México, Perú, Colombia e Chile baixo a éxida da estratexia de Asociación TransPacífico impulsada desde 2011 por Washington, a través de mecanismos de libre comercio hemisférico con Asia-Pacífico, na que progresivamente vanse incluíndo países europeos. Finalmente, a discreción prevaleceu na posición do uruguaio Pepe Mújica, moito máis centrado na súa próxima presidencia Pro Témpore na UNASUR, así como a do paraguaio Horacio Cartes, probablemente persuadido a limar asperezas con Venezuela trala crise bilateral suscitada pola remoción do ex presidente Fernando Lugo a mediados de 2012. Con respecto aos BRICS, a Declaración de Caracas celebrou a concreción do Novo Banco de Desenvolvemento (NBD) adoptado no recente cumio de Brasil, especialmente como mecanismo de concreción de proxectos de desenvolvemento e de infraestruturas co Banco do Sur. Finalmente, a presenza boliviana en MERCOSUR permitiu estipular na Declaración de Caracas diversos apartados estipulados no apoio á defensa do indixenismo e do medio ambiente, anteriormente defendidos durante o recente cumio do G77+China celebrado na capital boliviana, La Paz. China como socio estratéxico O MERCOSUR observa con maior atención a cada vez máis relevante presenza de China como socio estratéxico para América Latina A inclusión na Declaración de Caracas de percepcións favorables sobre o Foro China-CELAC a realizar probablemente en xaneiro do ano próximo en Beijing así como do Foro G77+China celebrado en Bolivia en maio pasado, dá a entender a vontade do MERCOSUR de contar con Pequín como un socio estratéxico para fortalecer os seus mecanismos de integración e de desenvolvemento. En perspectiva, o MERCOSUR observa a China como un actor imprescindible á hora de acelerar as demandas dos países do Sur no cometido de fortalecer un sistema multilateral e multipolar, así como para proverse dun maior peso político nos foros internacionais (G-20, OMC) e das demandas de países como Brasil, Venezuela e Arxentina de ampliar o Consello de Seguridade da ONU. A conxuntura derivada da xira do presidente chinés Xi Jinping por Arxentina, Brasil, Venezuela e Cuba, reforzando a súa presenza co cumio dos BRICS e o foro China-CELAC en Brasil, permitiu ao MERCOSUR fortalecer a perspectiva de observar a China como un socio estratéxico chave, un aspecto que progresivamente contribuiría a desprazar a tradicional preponderancia hemisférica de EUA e de organismos como o FMI e o Banco Mundial. Nese sentido, as visitas de Xi Jinping a Bos Aires e Brasilia permitiron o fortalecemento das Asociacións Estratéxicas Integrais xa existentes con eses países, ampliadas posteriormente a Venezuela coa súa visita a Caracas, e que permitiron subscribir unha diversidade de acordos en materia enerxética, minería, finanzas, educación, sanidade, infraestruturas, agricultura, alta tecnoloxía e cooperación política. No caso arxentino, o Banco Central de China acordou un crédito de US$ 11.000 millóns para fortalecer as reservas internacionais desde país, un aspecto relevante ante a conxuntura do pulso entre Arxentina e os "fondos voitres". En perspectiva global, China subscribiu cen convenios con Arxentina, Brasil, Venezuela e Cuba, valorados en aproximadamente US$ 67.000 millóns. As estatísticas dan conta da importancia crecente de América Latina para os investimentos chineses. Segundo o Ministerio de Comercio chinés, o volume do comercio bilateral entre China e América Latina foi de US$ 261.570 millóns en 2013, multiplicando por 21 ese volume con respecto ao ano 2000. Paralelamente, China constitúese como o terceiro socio comercial latinoamericano tras EUA e a Unión Europea, mentres América Latina en conxunto ocupa o sétimo lugar como socio comercial de China. O volume acumulado dos proxectos contratados por empresas chinesas en América Latina alcanzou US$ 94.600 millóns para finais de 2013, destacando os sectores de gasodutos, centrais eléctricas, vivendas, drenaxe, infraestruturas e telecomunicacións. Os investimentos directos chineses en América Latina avanzaron a US$ 68.200 millóns para finais de 2012, o que supón un 12,8% do total dese ano, destacando sectores como o petróleo, minería, electricidade, manufactura e agricultura. Para América Latina, China constitúe o socio estratéxico esencial na potenciación de mecanismos de cooperación Sur-Sur (BRICS, G-20) e na concreción de intereses comúns que permitan reformular o sistema internacional Con todo, o peso esencial da relación transcende as evidentes perspectivas económicas (coas súas consecuentes asimetrías), abarcando así unha visión de carácter máis ben xeopolítico. China precisa das materias primas de países latinoamericanos como Venezuela, Arxentina e Bolivia, así como da potencialidade de investimentos (especialmente en infraestruturas e alta tecnoloxía), alentando unha vigorosa relación comercial. Para América Latina, China constitúe o socio estratéxico esencial na potenciación de mecanismos de cooperación Sur-Sur (BRICS, G-20) e na concreción de intereses comúns que permitan reformular o sistema internacional. Unha reformulación da que non escapa o propio MERCOSUR, a resultas da visión adoptada na Declaración de Caracas. Descarga aquí o IGADI Paper nº 140 (.pdf) |
NOS_32611 | A economista Natividad López Gromaz prosegue co ciclo de análises. | O drama poboacional que sofre Galiza desde hai décadas non é un segredo para ninguén. É un grave problema enquistado desde hai tempo que ameza o noso futuro como país, nomeadamente o das provincias de Lugo e Ourense, onde este problema se ceba con especial intensidade.A perda e o envellecemento de poboación vén sendo a tónica habitual en Galiza desde hai anos, xa que ao crecemento vexetativo negativo –é dicir, que morren máis persoas das que nacen– súmase a emigración dunha parte importante da mocidade, que ante a imposibilidade de atopar un emprego aquí, optou por buscar unha vida laboral fóra das nosas fronteiras. Se ben é certo que tamén aumentou considerablemente o número de persoas inmigrantes neste século –de feito, agás nos anos 2013-2015, ambos incluídos, o saldo migratorio foi positivo– non foi capaz de compensar a perda do saldo vexetativo, polo que a redución de poboación foi unha constante. Desde o ano 2000, e segundo o padrón municipal de habitantes, a poboación residente en Galiza reduciuse un 1,3%, pero cunha evolución moi distinta segundo a provincia de que se trate. Mentres nas provincias atlánticas aumentou lixeiramente a poboación (na da Coruña un 1,1% e en Pontevedra un 3,5%), Lugo e Ourense perderon o 10,8% e 11,6% dos seus habitantes respectivamente. O problema agrávase se baixamos ao detalle dos grupos etarios. Estas cifras distorsiónanse ata límites insospeitados, xa que tan só se perde poboación entre as persoas máis novas e, pola contra, medra a poboación con máis anos, o que implica un incremento do envellecemento da poboación. Outra vez as provincias de Ourense e Lugo son as máis afectadas. Este "cóctel explosivo" está deixando un panorama demográfico demoledor. Evolución da poboación Se de media en Galiza, no que vai de século, se reduciu a poboación dos menores de 20 anos un 17%, nas dúas provincias máis interiores o descenso foi de arredor do 27%. De feito, tanto nas provincias de Lugo como de Ourense, o número de persoas con máis de 85 anos, multiplica por 2,5 a de menores de 5 anos. Van moitos anos desde que este problema se detectou e denunciou desde distintos ámbitos, sen que por parte das administracións se tomara ningún tipo de medida para intentar frealo. Se cadra non conviña xa que, sen dúbida, é o mellor método existente para mellorar as taxas de paro. Descende a poboación, descende a poboación nova, polo tanto en idade de traballar, e así cada vez o número de persoas paradas é menor. Os indicadores do mercado de traballo melloran, de forma pasiva, pero melloran. Os terribles efectos desta dinámica perversa vanse sentir a medio prazo, pero xa non teñen custo electoral. Nas provincias de Lugo e Ourense son moi palpables. De feito é nestes dous territorios onde se centra a caída da poboación activa. Poboación activa De forma global, a poboación activa medrou un 3,33% en Galiza desde o ano 2000, pero non en Lugo nin en Ourense, onde descendeu un 7,9% e un 12,2% respectivamente. Novamente ao problema de perda de poboación activa engádeselle o avellentamento da mesma nestas dúas provincias. Só temos datos desagregados por idades a partir do ano 2009, pero xa neste período máis curto, nos dous territorios, descendeu o peso da poboación activa das persoas menores de 45 anos en 10 puntos porcentuais. Isto, a medio prazo, vai supor unha nova caída exponencial das persoas en idade de laboral. O descenso da poboación activa implica que hai menos poboación en idade de traballar e disposta a facelo. De feito nas dúas provincias descende a poboación parada pero tamén a ocupada desde o ano 2000. Quer isto dicir, que o descenso do paro non se debe a que as persoas atoparan traballo, senón a que hai menos persoas. Así, as taxas de paro en ambas as dúas provincias son inferiores a taxa media galega. |
PRAZA_15719 | A formación galega confía aínda na negociación para conformar un grupo galego e ve opcións "se o PSOE quere aspirar a construír algunha alternativa de goberno". De pecharse todas as portas, a coalición optaría por integrarse nun grupo plurionacional xunto a En Comú e Compromís | En Marea insiste no seu dereito a ter grupo propio, no cumprimento dos requisitos do regulamento e na "fraude de lei" que suporía que a Mesa do Congreso non o permitise. Pero o horizonte é escuro para a formación galega. PP e Ciudadanos teñen a maioría da devandita Mesa grazas ao acordo co PSOE, que a cambio se fixo coa presidencia da Cámara Baixa da man de Patxi López. E ante esta situación, xa se buscan alternativas. O espazo galego de confluencia advirte de que loitará ata o final e non descarta, nin moito menos, levar o caso aos tribunais, pero de non haber un cambio radical de última hora, populares, socialistas e Ciudadanos manterán o seu criterio na Mesa para negar cadanseu grupo a En Marea, En Comú Podem e Compromís-Podemos. Os deputados das tres formacións deberían integrarse no grupo de Podemos, pero esa opción está descartada. Tamén a de que os parlamentarios se separen segundo a súa militancia. "Iso non vai suceder de ningunha forma. En Marea vai continuar xunta e unida e os seus deputados son e serán de En Marea", asegura Antón Gómez-Reino, parlamentario no Congreso pola Coruña. Os deputados descartan integrarse no grupo de Podemos ou separarse: "En Marea vai continuar xunta e unida" A alternativa que manexan todas elas é a de unirse para crear un grupo plurinacional coas tres coalicións, evitando así integrarse nun grupo mixto cun número de representantes que faría moi difícil o traballo parlamentario. É unha posibilidade que non se descarta en ningúnha das tres formacións e que sería vista con bos ollos, pero sempre como última opción porque "a primeira e única que debería haber, democraticamente falando, é a de ter grupo propio". Quedan cinco días, ata o vindeiro martes, para presentar propostas definitivas de grupo e desde En Marea están convencidos de que "hai aínda posibilidades" e de que serán xornadas moi intensas de diálogo e debate. A formación galega conta con dous interlocutores para defender as súas propostas na Mesa, un representante de Podemos e outro de En Comú Podem, e conta con que o PSOE cambie a súa postura e sexa quen de flexibilizar tamén a posición de Ciudadanos. "Hai marxe, sobre todo se o PSOE quere aspirar a construír algunha alternativa de goberno", insiste Gómez-Reino, que cre que a primeira xuntanza da Mesa este venres "dará as claves" sobre o futuro. En Marea cre que "hai marxe" para o grupo propio "se o PSOE quere aspirar a construír algunha alternativa de goberno" En Podemos e nos espazos de confluencia son conscientes de que a actual situación tampouco é favorable para os socialistas, que ven como pechar á primeira a porta a calquera acordo co partido morado e os espazos de confluencia pode provocar unha situación de bloqueo constante e de difícil organización no Congreso. Desde En Marea insístese en que "non é un problema de tempos nin de cartos", como advirten constantemente Ciudadanos, PSOE e PP, e aseguran que "xa se puxo enriba da mesa" algunha proposta alternativa. "Hai completa disposición a falar deses temas e hai marxe para deseñar métodos que impliquen non ocupar demasiado espazo e facilitar as cousas", insiste Gómez-Reino. Mesmo se fala xa de fórmulas para minguar nalgún caso o peso das portavocías porque non é cuestión de diñeiro e tempo, "senón de organización da Cámara e de visibilización da realidade plurinacional e do novo panorama". As confluencias están dispostas a ceder tempo e cartos e mesmo buscar fórmulas para reducir o peso das portavocías De pecharse todas as portas, En Marea ten decidido acudir aos tribunais, pero sabe tamén que malia que haxa moitas posibilidades de vencer nun contencioso-administrativo, os posibles recursos que se deriven implicarían un gasto e un enguedello burocrático e legal que xa evitaron outras formacións no pasado. De pecharse todas as portas, En Marea aposta por conformar un grupo plurinacional xunto a En Comú Podem e Compromís-Podemos En todo caso, En Marea mantén a súa esperanza na presión que pode realizar sobre un PSOE que sabe que as súas posibilidades de liderar un goberno alternativo pasan por ceder, pero tamén que manter a organización prevista creará un bloque constante e moitas dificultades para o traballo no Congreso. Sexa como for, a alternativa para a formación galega será integrarse nun grupo plurinacional xunto a En Comú Podem e Compromís-Podemos. Esta proposta sería diferente á que ofertou Pablo Iglesias, que deixou caer a posibilidade dun grupo confederal, unha opción que non se prevé no regulamento da Cámara e que, legalmente, mantería as tres coalicións dentro da disciplina do partido morado e cada unha das marcas diluídas nun gran grupo. Esa opción é descartada por En Marea e En Comú Podem, que optan pola conformación do grupo plurinacional como alternativa. No caso da formación valenciá, a situación é diferente porque os seus acordos aclaran que os deputados de Compromís poderían pasar a formar parte do grupo de IU, ao que lle faltan escanos para ter grupo propio, mentres que os de Podemos integraríanse no de Pablo Iglesias. Mentres, a formación nacionalista Cerna expresou o seu "rexeitamento" á decisión prevista da Mesa do Congreso de "negarlle a Galiza o dereito a conformar grupo parlamentar", ademais de "expresar o apoio a En Marea nas accións políticas ou xudiciais que decida emprender na defensa dos seus dereitos". |
NOS_39088 | Renfe presume dos beneficios da chegada do AVE á Galiza, que segue a manter numerosas eivas na rede ferroviaria interna. Lugo non ten conexión directa, e a única frecuencia diaria a Compostela, con escala en Ourense, tarda arredor de tres horas. | Renfe destacou esta segunda feira que a chegada do tren de alta velocidade (AVE) á Galiza o 21 de decembro e "a ampliación de frecuencias e destinos" dos billetes integrados "mellorou as opcións" de viaxe entre o país e o resto do Estado español. A través dun comunicado, a operadora defendeu os beneficios da redución de tempos até Madrid —entre 54 minutos e1 hora e 28 minutos— e da posibilidade de facer enlaces cun único billete integrado, que ten "un prezo inferior" ao que tería que abonar en cada viaxe por separado. Así, Renfe ofrece varios exemplos de traxectos. Desde Compostela, que ten dez servizos diarios por sentido con Madrid —catro directos e seis con enlace—, pódese agora ir en tren até Córdoba en 5 horas e 59 minutos ou a València en 6 horas e 7 minutos. Ademais, desde Ourense, punto neurálxico de todas as conexións galegas co resto do Estado tras a chegada do AVE, a oferta "aumenta de forma notábel", asegura a compañía, debido a que se pode viaxar a Málaga en 5 horas e 56 minutos ou a Barcelona en 6 horas e 7 minutos. Do mesmo modo, Renfe destaca que da Coruña a València pódese ir en 6 horas e 37 minutos; de Vigo a Málaga, en 7 horas e 38 minutos, e de Pontevedra a Córdoba, en 6 horas e 43 minutos. A realidade galega Porén, as melloras na rede ferroviaria que conecta a Galiza con Madrid contrastan coas eivas nas conexións internas que a cidadanía e as forzas políticas da oposición veñen denunciando nos últimos anos. Tomando como referencia a capital galega, os 940 quilómetros (km) que a separan de Córdoba fanse no AVE en apenas seis horas, mentres para viaxar a Lugo, con 80 km de distancia, a duración do traxecto é de 2 horas e 58 minutos. Neste senso cómpre lembrar que entre Compostela e Lugo hai unha única frecuencia ferroviaria por día —con escala en Ourense—, que parte ás 14.15 horas. "Se miramos o mapa dos servizos de proximidade de Renfe comprobaremos que a Galiza non existe", lamentou recentemente o portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego. A formación nacionalista promoveu no Parlamento o pasado ano a iniciativa 'Galtren', que pretendía dotar o país dun servizo ferroviario destas características e de xestión propia, mais foi rexeitada polo voto en contra do PP. Esta mesma segunda feira, Rego reivindicou na Coruña un tren de proximidade para a súa contorna. "A Coruña xa dispón dos elementos básicos para implantar un servizo de proximidade semellante aos que xa funcionan na práctica totalidade das áreas metropolitanas do Estado español", argumentou. Aliás, o deputado do Bloque pediu "unha política tarifaria accesíbel e competitiva" para que a poboación elixa o tren como medio de transporte, xa que "a propia Renfe declara que o Eixo Atlántico é o servizo de Media Distancia que máis beneficios achega ao operador estatal". Frecuencias "incompatíbeis" coa realidade laboral No que atinxe precisamente ao Eixo Atlántico, o mellor conectado do país, a plataforma de persoas usuarias de Media Distancia na Galiza denunciou este mesmo mes as "dificultades" ás que se enfrontan as e os traballadores que se desprazan en tren para acudir ao seu posto polas frecuencias estabelecidas por Renfe, á que afean que non rectifique un modelo "completamente desfasado" e que "aínda non recuperou a normalidade" tras a supresión de servizos durante a pandemia. De feito, tal e como xa informou Nós Diario, os concellos do interior da Galiza só recuperaron 50% dos trens de media distancia que había antes da irrupción da Covid-19. Na actualidade restituíronse entre 90% e 100% do servizo A Coruña-Vigo e só 50% no interior. O responsábel do sector ferroviario de CCOO, Gregorio Bermejo, explicou a este xornal que coa apertura da liña de AVE Madrid-Ourense, "adaptáronse as frecuencias para dar servizo a esta longa distancia". Para Juan Sánchez, da Confederación Xeral do Traballo (CXT), a maior incidencia dos recortes que se realizaron afectaron o rural. En concreto nas liñas Vigo-Ourense-Monforte-O Barco de Valdeorras: "Pasaron a ter dous servizos diarios e con unificación de horarios, deixando de lado as necesidades da poboación", asegurou. En relación ao FEVE, está restituído todo o servizo agás un 15% na liña entre Ferrol e Ortigueira. Porén, faltan servizos entre Ourense e O Carballiño, con só un servizo de ida e outro de volta. Tamén faltarían entre Ourense e Monforte, "que agora teñen frecuencias que non se adaptan ás necesidades das persoas que as empregan" segundo Bermejo. |
PRAZA_12591 | E mentras tanto, as bruxas crecen, crecen e crecen e non deixan de protestar. Nunca houbo tantas bruxas por metro cadrado coma neste ocaso da modernidade tardo-capitalista e occidental que estamos a vivir. Lástima, iso si, que boa parte desas bruxiñas, logo de patalexar e gritar consignas de manifa en manifa, afirmen gilipolleces como que as palabras, os pensamentos e a memoria son cousas inútiles. Nisto, por suposto, aseméllanse fidelmente aos cazadores de bruxas que dan sentido á súa existencia. | É un ensaio que aínda está por escribir, e pode que máis que un ensaio acabe resultando un amplo "tratado histórico sobre a paranoia"; apto para laicos cansos do hipócrita puritanismo e da impertinencia verbal do clero parasitario a escala global. Mais, antes de comezar o tratado, hai que pasar por un trance tan traumático coma liberador, unha experiencia mortificante e vivificante ao mesmo tempo : ler de cabo a rabo o interesadamente esquecido "Index librorum prohibitorum et expurgatorum": Creado en 1559 pola Sagrada congregación da inquisición, que posteriormente acabou chamándose Congregación para la doctrina de la fe, o Index contiña os nomes de autores e obras prohibidas na súa totalidade, así coma as liñas e páxinas concretas que os bibliotecarios debían alonxar das moi castas e puras conciencias da cidade de deus. Ata 1966, baixo o papado de Pablo sexto, non deixaron de engadirse libros neste particular lista negra da conciencia, baixo a súa atenta e paranoica mirada aparecen todo tipo de persoeiros da república das ciencias e das letras : Erasmo, Rabelais, Copérnico, Giordano Bruno, Descartes, Stuart Mill, Hume, Kant, Diderot, Balzac, Zola, Kant, Hume, Rousseau, Stendhal, Heine, Marques de Sade, Victor Hugo, Alexandre Dumas, Flaubert.. etc. Mais non abonda con ler o Index, non. Despois aínda hai que atreverse co tamén interesadamente olvidado "Malleus Maleficarum" Mais non abonda con ler o Index, non. Despois aínda hai que atreverse co tamén interesadamente olvidado "Malleus Maleficarum", popularmente coñecido coma o martelo das bruxas. O Malleus foi un tratado escrito en plena histeria e paranoia social contra as bruxas no Renacemento, publicado por primeira vez en Alemaña no ano 1846, sendo básicamente unha recopilación de crenzas e prácticas pre-existentes recollidas no "Directorium Inquisitorum" escrito en 1376 por Nicolau Aymerich e no "Fornicarius" de Johannes Nider, escrito en 1435; Con todo, o Malleus foi utilizado coma un código deontolóxico para inquisidores e cazadores de bruxas durante dous séculos de paranoia e persecución bruxeril en Europa, dende mediados do 16 ata mediados do 18. A súa redacción, por certo, non foi ordeada pola igrexa, e mesmo chegou a ser prohibida por non ser acorde coa demonoloxía católica A súa redacción, por certo, non foi ordeada pola igrexa, e mesmo chegou a ser prohibida por non ser acorde coa demonoloxía católica. Xa se sabe que, incluso á hora de practicar a funesta costume de odiar, torturar e buscar chivos expiatorios para fuxir dos propios males e responsabilidades, hai que contar co permiso e a certificación dalgunha ilustrísima excelencia confesional. Nin se lles ocurra pensar que un pode escoller libremente a quen odiar e cómo, nao, nao : incluso para iso hai que pedir permiso. A primeira parte do "Malleus Maleficarum", dividido en tres seccions, está adicada a probar que a bruxería existe, e recalca que o demo e os seus seguidores, bruxas e feiticeiros, co permiso de Deus todopoderoso, poden practicar todo o seu mal sempre que o demo non gañe poder ilimitado e destrúa o mundo, feito que era interpretado coma un castigo polas autoridades eclesiais da época que, nembargantes, e misteriosamente, non dixeron nada sobre o feito de que nesta primeira parte se trate de explicar porqué as mulleres, de natureza máis débil e intelecto inferior (…), son máís propensas á tentación de satán que os homes. A segunda parte do Malleus describe tódalas formas de bruxería de xeito moi gráfico para poder tomar precaucions con ela, facendo énfase no seu pacto co demo, dando a súa existencia por un feito e mesmo revelando a moi erótica costume de copular co demo despois dos pactos e sacrificios de rigor. A terceira parte desvela os métodos para a localización, enxuizamento, sentenza e mesmo destrucción das bruxas, considerando a súa tortura coma algo natural se negaban voluntariamente a súa culpa e valorando o rumor público coma razón suficiente para acusar a calqueira persoa de bruxería. Tamén, xa de paso, podía un acusar aos avogados que demostraban demasiada vehemencia na súa defensa. O estilo narrativo no Malleus Malleficarum, faltaría máis, é totalmente serio e falto de humor, como é costume en toda caste de paranoia persecutoria. Comprenderá o lector, despois de facer esta pequena arqueoloxía bibliográfica para comezar a escribir o noso Tratado histórico sobre a paranoia, que a devandita caza de bruxas non é un fenómeno estrictamente contemporáneo, e que o único que diferencia ás bruxas que vía Walter McCarthy das bruxas do Malleus Malleficarum e que as segundas non facían teatro, cine nin literatura, e tampouco simpatizaban, formal ou informalmente, co partido comunista. Acaso sexa, quen sabe, porque todavía non existía. Comprenderá, tamén, o lector, que non deixa de ser sospeitoso que a día de hoxe, en pleno século 21, os departamentos de incomunicación e desinformación dos partidos políticos, así como as consellerías de deseducación e incultura dos estados modernos, actúen de xeito diferente mais, ao mesmo tempo, semellante a como a Sagrada congregación da inquisición actuaba inspirándose no "Index librorum prohibitorum et expurgatorum". Os mecanismos de des-alfabetización e agilipollamento voluntario do alumnado son máis sutiles e invisibles, mais funcionan; o 22 de Xuño do 2008, por exemplo, escribía no diario Rebelion da acomodación dos contidos pedagóxicos das filoloxías e as humanidades ás necesidades da empresa (…), así coma do recurte horario ás materias de historia e filosofía en bacharel. Estes feitos non son, nen moito menos, inocentes e/ou políticamente desmotivados. O obxectivo é, ante todo, que o bon cidadán non chegue a convertirse en bruxa para non ter que tomarnos a molestia de cazalo nun futuro Anatema!, non vaia ser que os fillos dos proles fortalezcan as súas habilidades expresivas e reflexivas ou, vade retro!, que mostren curiosidade pola historia. O obxectivo é, ante todo, que o bon cidadán non chegue a convertirse en bruxa para non ter que tomarnos a molestia de cazalo nun futuro. O obxectivo é, sobor de todo, levar a cabo un sutil e sofisticado exercicio de reaccionaria enxeñería social, silenciosamente, con sutileza e a modiño, coa columna vertebral de calqueira país: o seu sistema educativo. E mentras tanto, as bruxas crecen, crecen e crecen e non deixan de protestar. Nunca houbo tantas bruxas por metro cadrado coma neste ocaso da modernidade tardo-capitalista e occidental que estamos a vivir E mentras tanto, as bruxas crecen, crecen e crecen e non deixan de protestar. Nunca houbo tantas bruxas por metro cadrado coma neste ocaso da modernidade tardo-capitalista e occidental que estamos a vivir. Lástima, iso si, que boa parte desas bruxiñas, logo de patalexar e gritar consignas de manifa en manifa, afirmen gilipolleces como que as palabras, os pensamentos e a memoria son cousas inútiles. Nisto, por suposto, aseméllanse fidelmente aos cazadores de bruxas que dan sentido á súa existencia. Así pois, querido lector, se algún día sínteste confundido e non entendes nada, nada de nada, non te preocupes, ti sigue tirando e solta a arroutada de turno: -Boh!, A culpa toda téñena os filósofos e as bruxas! |
NOS_15353 | O prezo mínimo desta sexta feira, segundo os datos proporcionados pola Rede Eléctrica de España, darase entre as 14 e as 15 horas, mentres que o máximo será de 20 a 21 horas. | O prezo medio da electricidade no mercado maiorista baixa esta sexta feira até os 298,81 euros o megawatt/hora (euros/MWh) —incluíndo os custos de comercialización, peaxes e outros cargos, isto é, o prezo real sobre a factura—, segundo os datos publicados no día de hoxe por Rede Eléctrica de España. Por treitos horarios, o prezo máximo da luz para esta sexta feira darase entre as 20 e as 21 horas, con 381,63 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 253,06 euros/MWh, rexistrarase entre as 14 e as 15 horas. Esta sexta feira o prezo medio do 'pool' —prezo base que negocian as compañías produtoras e comercializadoras de enerxía— é de 214,84 euros/MWh. Deste modo, experimenta un descenso de pouco máis de dez euros a respecto dos 224,97 euros/MWh da quinta feira, segundo datos publicados polo Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE). 2021 fechou como o ano máis caro da serie histórica, cun prezo medio de 111,93 euros/MWh debido á espiral alcista rexistrada no 'pool' no segundo semestre. En comparación con hai xusto un ano, o prezo do 'pool' para esta sexta feira será 187,7% superior aos 74,67 euros/MWh do 29 de abril de 2021. Por outra parte, o prezo medio do mes de marzo foi de 283,3 euros/MWh, 80 euros por riba de febreiro. |
NOS_35467 | Luis Villares considera que posibilitaría unhas "expectativas de futuro" para evitar a emigración destas comarcas. | Unha delegación de En Marea co seu portavoz nacional á cabeza, Luis Villares, reuniuse esta segunda feira co comité de empresa de Endesa nas Pontes, unha xuntanza na que destacou a oportunidade e importancia de apostar nas "enerxías renovábeis" centradas na "eólica mariña" como para alicerce para un plan industrial para esta zona e Ferrolterra. O portavoz de En Marea reiterou o compromiso explícito de En Marea de derrogar as dúas reformas laborais impulsadas nos últimos anos a fixo fincapé tamén na aposta da formación por impulsar unha "transición enerxética xusta". Neste sentido, Luís Villares denunciou a falta de investimento dos fondos Miner, que o PP mantén paralizados dende 2012. "54 millóns de euros incomprensiblemente paralizados, que En Marea considera imprescindíbel activar con urxencia". "Afondar nas enerxías renovábeis e apostar na reciclaxe e formación das traballadoras e traballadores é esencial porque non queremos que a fin da ciclo da vida de determinadas centrais leve á emigración da poboación da comarca", dixo Luis Villares. Pola súa banda, Pancho Casal, da candidatura de En Marea pola Coruña, puxo o foco na necesidade de aproveitar e poñer en valor os recursos e a man de obra especializada coa que Galiza conta actualmente. "Quérennos convencer de que Galicia ten que ser un país pobre e que o progreso ten que ir cara ao Mediterráneo, Madrid ou o País Vasco, e hai que romper con esta dinámica". |
NOS_8879 | Día negro para os mariñeiros galegos. Durante a madrugada de onte, un pesqueiro de Marín con 24 tripulantes a bordo lanzaba unha alerta de emerxencia. Os equipos de rescate apenas puideron atopar tres superviventes entre os cascallos do naufraxio, mais non localizaron o buque. Foron recuperados dez corpos. | Ás 5.24 horas da terza feira (00.24 no Canadá), o pesqueiro Vila de Pitanxo, con base en Marín e que faenaba a 450 km da costa canadense de Terranova, emitiu dúas alertas de emerxencia, unha por medio dunha radiobaliza e outra por medio dunha chamada selectiva dixital, tras o que foi imposíbel contactar co buque. Media hora despois, a caixa azul do navío de 50 metros de eslora, que se atopaba en Terranova pescando fletán, deixou de enviar a súa localización, transmitiu onte a Subdelegación do Goberno estatal en Pontevedra. O Joint Rescue Coordination Centre Halifax (JRCC Halifax), a axencia de rescate desa demarcación do Canadá, enviou un helicóptero, un avión de rescate e un buque de salvamento ás últimas coordenadas transmitidas polo pesqueiro, e de maneira coordinada con Salvamento Marítimo estatal, contactaron inmediatamente cos dous barcos máis próximos ao naufraxio, o galego Praia Menduíña 2 e o portugués Novo Virgem da Barca. Tamén se informou de que o Río Caxil, máis afastado do suceso, dirixiuse cara ao lugar do naufraxio, así como o remolcador Maerks Nexus. Segundo reportou Salvamento Marítimo, as condicións climatolóxicas na zona eran extremas, con ventos de 60 km por hora, "mal mar e visibilidade reducida", con ondas de até 5 metros e cunha temperatura da auga que nesta época oscila entre os dous e catro graos. Asemade, Meteogaliza sinala que esa rexión está na traxectoria de paso das borrascas, o que aumenta a inestabilidade do tempo. 24 persoas a bordo O buque botado en 2004 levaba unha tripulación de 24 persoas, 16 procedentes do Estado -tres nados en Marín, tres en Cangas, un en Moaña e outro en Bueu-, cinco do Perú e tres de Ghana. As augas nas que o Vila de Pitanxo estaba a faenar son as coñecidas como NAFO (Organización de pescarías do Atlántico Noroeste), ás ordes de Juan Enrique Costa Padín, de Cangas do Morrazo, quen levaba varios exercicios traballando nas augas de Terranova. O armador do barco é o Grupo Nores, baseado en Marín, que forma parte da Cooperativa de Armadores de Vigo. A contorna da súa sede encheuse pola tarde de persoas achegadas aos mariñeiros, cuestionando a falta de información recibida e coa vila sumida nun estado de incerteza e consternación. Dez vítimas confirmadas Ás 10.37 horas na Galiza, o Praia de Menduíña 2 albiscou na zona catro balsas salvavidas e cascallos dispersos na auga. Xunto aos equipos de salvamento canadenses, foron quen de acceder a dúas das balsas. Unha estaba baleira e na outra encontraron tres tripulantes "en estado de shock hipotérmico", asegurou Maica Larriba, subdelegada do Goberno estatal en Pontevedra. Entre os superviventes atópanse o patrón do barco e o seu sobriño, Eduardo Rial, que puideron comunicarse co Concello de Cangas brevemente após o rescate. Nesa mesma balsa, apareceron os corpos sen vida doutros catro tripulantes da embarcación, confirmou Salvamento Marítimo. O JRCC Halifax subliñou arredor de 12 horas despois de recibir a primeira chamada de auxilio que nin os seus medios aéreos nin os navais foran quen de localizar o buque. Á noite, Brian Owens, do JRCC Halifax, confirmou o achado de seis corpos, elevando a sete o número de defuncións. Até 11 mariñeiros permanecen desaparecidos. Reaccións As reaccións ao naufraxio sucedéronse desde que Larriba comunicou publicamente os feitos pouco despois do mediodía, xustificándose en que "até hai moito pouco tempo non tíñamos ningún tipo de información". Isabel Rodríguez, voceira do Executivo estatal e ministra de Política Territorial, apuntou ao final do Consello de Ministras e Ministros que seguen "con inquedanza e preocupación as tarefas de procura e rescate da tripulación", en coordinación "e permanente contacto cos servizos de rescate". O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feixoo, declarou que "seguimos consternados polas terríbeis noticias que nos chegan", e amais de enviar o apoio ás familias da tripulación indicou que están "a disposición do gabinete estatal e da armadora", ofrecendo axuda psicolóxica ás familias e á armadora. "Traballar no mar sempre é unha heroicidade", resolveu. Asemade, o Goberno comunicou que coordinaron co Estado e a Embaixada do Canadá unha canle permanente para facilitar ás familias a información que se vaia coñecendo. As tres formacións con representación no Parlamento, PP, BNG e PSdeG, tamén transmitiron as súas condolencias e a súa solidariedade coas persoas achegadas dos tripulantes, do mesmo modo que o presidente do Estado, Pedro Sánchez. A alcaldesa de Marín, María Ramallo, destacou que "é unha traxedia dunha magnitude que non recordabamos, un naufraxio que non só afecta o municipio, tamén a toda a comarca do Morrazo". Suor e bagoas Comisións Obreiras trasladou as súas condolencias ás familias dos mariñeiros falecidos, da mesma maneira que a Confederación Intersindical Galega. Xavier Aboi, responsábel de Mar do sindicato nacionalista, sinalou que o naufraxio puido producirse por un golpe de mar ou por unha vía de auga, e concluíu que a poboación non é consciente do "suor e bágoas" que hai tras o peixe que levan á terra os mariñeiros galegos. |
PRAZA_56 | ENTREVISTA Carlos Negro desprende sensibilidade. A súa capacidade de empatía é a que fai que publique libros como 'Penúltimas tendencias', co que combate estereotipos, roles de xénero e a violencia contra as mozas. Unha entrevista de Romina Bal. | Carlos Negro desprende sensibilidade, pódese apreciar a suavidade do lilá nas súas palabras. Cando recita transfórmase, muda, con forza e enerxía, coa experiencia das aulas e o sentir da vida. E é esa capacidade que atesoura de empatía a que fai que publique libros como Penúltimas Tendencias, editado na colección Fóra de Xogo de Xerais. E é importante por que ese libro está dirixido, ao igual que Makinaria, a unha franxa de idade, a xuvenil, na que combater estereotipos, roles de xénero prefixados, violencia contra as mozas e na que transmitir valores. Por que te decidiches a escribir Penúltimas tendencias? En cada poemario gústame cambiar de voz, xogar coa poesía. Neste caso quixen poñerlle voz a unha moza contemporánea. Nas mozas os roles de xénero están moi marcados, expostos totalmente ás mensaxes cargadas de estereotipos grazas aos medios de comunicación. Pretendo que reflexionen sen xulgalas, sementando dúbidas. Hai dez anos non vivían no inmediato das redes sociais e, aínda que existe máis información, tamén hai máis lixo. Penúltimas tendencias é a resposta a un retroceso na liberación dos estereotipos. Como te documentaches para o proceso de creación? Estiven unha temporada vendo series de televisión que, pola miña experiencia docente, sei que seguen as mozas, vin vídeos na rede, películas e lin revistas de beleza, atendendo á publicidade comercial que estas trasladan do mundo da moda e da imaxe: a Superpop, a Bravo, etc. Trátase dun mercado publicitario ao que as nosas mozas están expostas e que está especializado por idade e por sexo. Cal era o teu obxectivo? Empregar esa linguaxe pop, a que falan as mensaxes que dirixe a publicidade e crear unha moza ficticia que esta cambiando e que cuestiona ese mundo ou que dubida del. Combater esa linguaxe de Crepúsculo, Xogos da Fame, One Direction, Hanna Montana... e provocar emoción a través dos versos, quitarlles o medo, o medo á poesía, tamén a súa transcendencia. O libro aposta pola diversidade de emocións das adolescentes para que sexan libres, pula polo dereito á intimidade para que sexan conscientes de que hai experiencias persoais que non teñen porque compartir. Turra para que se cuestionen a realidade. "Eles son cada vez máis conscientes da idea de igualdade, pero apenas perciben os micro-machismos como agresión" Cal cres que é o maior reto á hora de combater os estereotipos? Un dos hándicaps é o de combater a idea de amor romántico que empregan novelas como A tres metros sobre el cielo, de Federico Moccia e que tanto dano fan entre as rapazas, xa que perpetúan o rol de machito duro nos mozos e o rol de princesa nas mozas e, aínda que eles son cada vez máis conscientes da idea de igualdade, apenas perciben os micro-machismos como unha agresión. Como son os obradoiros que desenvolves nas aulas e cal é a túa experiencia? Adoito levar comigo unha serie de obxectos que emprego para combater o consumismo e os roles de xénero, a violencia tamén. Levo espellos, gloss, maquillaxe, pinta unllas... Creo certo misterio arredor deles para que se amosen atentos botando man de bonecas góticas ou barbies e fágoos pensar sobre o que quero transmitir en poemas meus como por exemplo en Casual look, Monster girl, Gótica ou en Princesa (contra) Disney. Tamén facemos cuestionarios como o que hai no libro e achego a visión da protagonista en poemas como Superpop e Guapa y a la última, entre outros. Emprego a poesía como ferramenta de aproximación e elas responden moi ben. Nun dos últimos obradoiros que desenvolvín no CPI Miño regaláronme unha morea de poemas contestando ao meu A que sabe o amor? e fiquei moi feliz. "Desgraciadamente, parte do profesorado non le poesía" Cres que hai suficiente presenza da poesía nas aulas? Nós, os docentes, debemos exercer de mediadores para que se lea máis poesía e, desgraciadamente, parte do profesorado non le poesía. A poesía é moi produtiva dentro da aula, porque ademais de servirlles para coñecer vocabulario e aprender, é útil para falar en público, para transmitir emoción, serve para que reflexionen e fai que non se expresen como se estiveran a ler un prospecto dun medicamento. É un punto de partida e debe ser divertido, por que como en outros xéneros, existe de todo. Hai tamén poesía aburrida pero deben probala, é como a comida, para saber se che gusta debes probala, debes ler. Eu propoño no libro xogos intertextuais, que pensen, quitando transcendencia, e incluso fago un plaxio descarado, unha chiscadela rosa co poema Longa noite de pedra de Celso Emilio en Barbie girl. "A escola é un factor castelanizante" Penúltimas tendencias é tamén unha reflexión sobre a linguaxe e os prexuízos. Segundo a última enquisa do IGE a presenza do galego nas mozas é alarmante. Que opinas sobre estes datos e que pretendes transmitir? Todo o que está en inglés é guay, cool, sexy, happy e fashion, e é o idioma que usan as revistas, a publicidade, os estereotipos... No libro xogo con iso, fágoos cavilar arredor do uso da gheada e do seseo, fágolles que se cuestionen a lingua que empregaron os seus avós, falo sobre o galego. Entre a mocidade á que lle imparto aulas en Dodro afortunadamente hai galegofalantes pero a realidade noutros contextos é grave. Non sei cal é a forma de atallar o abandono da nosa lingua por parte dos adolescentes, pero a escola é un factor castelanizante. Hai un fracaso evidente das políticas lingüísticas cun retroceso claro e coido que se educamos en galego saberán utilizalo na vida diaria. |
NOS_36049 | O deputado e coordenador da formación, Antón Sánchez, considera que son tempos de "unidade popular" e non de se centrar na "reunificación do nacionalismo". | Antón Sánchez, deputado de AGE e coordenador de Anova, reiterou nesta segunda feira a aposta na"acumulación de forzas de esquerda" cara ás eleccións xerais, unha cita que vai decorrer nunha "situación social de emerxencia". Para Sánchez, a candidatura galega para eses comicios debería de se artellar para dar cabida "a un gran abano de xente" á vez que quixo deixar claro que Anova non quer "ser apéndice de ninguna iniciativa estatal". Unha afirmación que se produce após as xuntanzas e converas -formais e informais- que este partido tivo nestas semanas con organizacións como Podemos. O coordenador deste partido considera que hai que camiñar "no proceso de acumulación de forzas que se deu nas municipais coas marés", que tomaría forma nunha "candidatura de unidade popular en base a un acordo de mínimos e feita desde abaixo". A "reunificación do nacionalismo galego" non é unha cuestión para centrarse agora, pois a xente, afirmou, aposta na "unidade". |
NOS_11400 | Receitas de endivias con queixo e frotios secos, garavanzos con espinacas de Tato, e flan xaponés con biscoito. | —Endivias con queixo e froitos secos. Elaboración: Límpanse as endivias e escóllense follas enteiras. A lume medio, nunha tixola cun chisco de aceite morno fúndese o queixo en anacos, engadindo a nata e remexendo. Botamos sal e pementa moída, mexendo 3 min desde o fervor até acadar un mollo tirando a espeso. Colócanse nunha prata as endivias, énchense coa mestura quente, pois fría non se estende ben. Nunha tixola quente e sen aceite douramos 3 min a améndoa en gran, sen queimala, e esparexémola por riba das endivias. Sérvense tépedas. Nota: No canto de améndoa, pode levar noces picadas, sementes mesturadas ou adornar con olivas negras. Este mollo serve tamén para acompañar carne ou pasta. —Garavanzos con espinacas de Tato Elaboración: Cócense os garavanzos co loureiro e escórrense. Estendemos por riba dos garavanzos escoados o allo esmagado. Resérvanse. Lavadas e partidas as espinacas, cócense con sal. Escóanse e frítense 2 min nun chisco de aceite quente, agréganse os garavanzos co allo, refogando 2 min. Cócense os ovos. Frítese a cebola en aros nunha tixola co aceite quente 7 min. Ao estar dourada, agrégase a fariña peneirada e o pemento, méxese e matamos o lume. Bótase a mestura sobre garavanzos e espinacas e reméxese. Sérvese quente nunha prata cos ovos en anacos esparexidos por riba. Nota: O pemento pode ser doce. —Flan xaponés con biscoito Elaboración: Sobremesa composta de tres capas: caramelo, flan e biscoito. Caramelo. Cóbrese co caramelo o fondo dos vasos e gárdanse na neveira. Flan. De un ovo separamos a xema da clara. Quentamos o leite a 60ºC (2 min no micro a máxima potencia).Con batedor de globo manual mexemos nun cunco o brandy, o mel e o azucre. Engádense os 3 ovos enteiros e a xema separada mesturando a man co batedor. Deitámoslle o leite quente moi ao xeito, mexendo de seguido. Coamos o líquido dúas veces para retirar impurezas e escuma. Repártese sobre o caramelo, ocupando 3/4 partes do volume do vaso. Resérvanse. Biscoito. Nun recipiente grande ponse auga quente a 60ºC. Dentro métese un cunco onde, co batedor eléctrico, batemos a baño maría 5 min o mel, o azucre e o ovo. Retírase da auga o cunco, engádese a fariña peneirada, mexendo con espátula ou batedor manual amodiño e suavemente con movementos envolventes até a pasta ficar firme e cremosa. Repártese sobre a capa de flan, enchendo os vasos até o bordo. Caldéase o forno a 160ºC. Colócanse os vasos nun recipiente para forno onde deitamos 1 l de auga case a ferver para coceren 45 min a baño maría. Cando se vexa que o biscoito tomou cor dourada, retíranse do forno e déixanse arrefecer a temperatura ambiente. Refrixérase como mínimo 4 horas. Pode adornarse con azucre moído no momento de servir. Nota: Resultan máis saborosos deixándoos repousar 24 h. |
NOS_55778 | Vén de morrer Alfonso Silvent, o fillo de José dos Bonecos, que mantivo a memoria do títere máis popular da Galiza no século XX, Barriga Verde, que percorreu o país da man da familia Silvent en feiras e festas de todo o país entre os anos 10 e os anos 60. | Barriga Verde quedou na memoria de varias xeracións con expresións como "Morreu o Demo, acabouse a peseta". Ademais, segundo a Asociación Cultural Morreu o Demo, que quere recuperar a memoria deste personaxe e dos titiriteiros, "supón a nosa forma autóctona dunha antiga tradición de títeres que se estende por toda Europa con personaxes como Guignol, Punch ou Pulcinella". Comba Campoy, pertencente a este colectivo e autora dunha tese de doutoramento sobre Barriga Verde, explícanos que "Alfonso era o fillo máis novo de José Silvent, un dos creadores de Barriga Verde. Foi quen se preocupou de gardar boa parte destas escenografías e colaborou coa asociación Morreu o Demo. El nunca chegou a manipular marionetas, era o técnico da compañía familiar, formada polo pai, José Silvent, que era o manipulador, e a súa muller, responsable da billeteira, xunto con todos os fillos, que participaban neste espectáculo de varietés que sempre remataba cos títeres". A finais dos 80 os titiriteiros mozos quixeron aprender as vellas técnicas e non tivo ningún problema en abrirlle as portas da súa casa e exercer como padriño de Viravolta, dándolle un pouco a súa benzón ao novo Barriga Verde Campoy destaca a súa colaboración tanto coa asociación como na súa investigación da tese: "Tiña unha memoria bastante completa do espectáculo e contounos todo o periplo familiar. Alfonso soubo ser quen de romper coa desconfianza inicial, dado que a xente do sector gardaba con moito celo as técnicas e os segredos do oficio, pero a finais dos 80 os titiriteiros mozos quixeron aprender as vellas técnicas e non tivo ningún problema en abrirlle as portas da súa casa e exercer como padriño de Viravolta, dándolle un pouco a súa benzón ao novo Barriga Verde". "Cando montamos a asociación tamén axudou moitísimo. Os bonecos estaban moi ben coidados na súa casa desde que morreu José e nun principio non lle facía graza que llos levaramos para a exposición, pero ao final decatouse de que era patrimonio de todos e rematou moi satisfeito", conta a investigadora e activista. "Xa levaba anos con achaques e collía vida cando revivía aquela época e lle pediamos axuda ou información para estas cousas. Os seus últimos anos pasounos moi contento e satisfeito de ver que a memoria da súa familia ía ser preservada. El chegou a darse conta de que aquilo tiña un valor artístico". Os seus últimos anos pasounos moi contento e satisfeito de ver que a memoria da súa familia ía ser preservada. El chegou a darse conta de que aquilo tiña un valor artístico. No Museo das Marionetas de Lalín Alfonso deixou en vida unha grande parte do material orixinal que tiña na casa en depósito no Museo Galego da Marioneta de Lalín, de titularidade municipal, co obxectivo de que "puidesen ser coñecidos por todos". Os Silvent é a familia que levou a Barriga Verde polas feiras de todo o país. José Silvent, de ascendencia francesa, introduciu o personaxe desde Portugal e achegou como grande innovación o formato da barraca para o seu espectáculo. Os seus irmáns Julia e Santiago levaron as súas propias versións do espectáculo por diferentes áreas do país, e a familia en conxunto foi responsable da introdución do cinema en moitas aldeas de Galiza. |
NOS_29708 | Con independencia das copias do escudo da Galiza que Pedro de Gracia Dei divulga e que se reproducen en non poucos manuscritos, cómpre facer memoria doutro documento gráfico de suma importancia para estas investigacións: o mapa que Fernando Álvaro Secco confecciona. | Con independencia das copias do escudo da Galiza que Pedro de Gracia Dei divulga e que se reproducen en non poucos manuscritos, cómpre facer memoria doutro documento gráfico de suma importancia para estas investigacións. Este vén a ser o mapa que Fernando Álvaro Secco confecciona co obxecto de dar luz nas discusións diplomáticas que por aquela altura, entre 1559 e 1561, ten a Santa Sé co humanista alentejão Aquiles Estaço (1524-1581). Este último persoeiro foi secretario no Concilio de Trento e do propio papa Pío V (1566-1572), entre outras responsabilidades. Por outra, segundo se considera, o mapa é o máis antigo que exclusivamente se elabora sobre Portugal. Sen dúbida existen edicións ben fermosas, incluso coloreadas –non só no que atinxe ás xeografías senón tamén aos seus brasóns–; porén, até o de hoxe, só localizamos unha copia sen iluminar na que se grafa o escudo da Galiza. Nas outras versións máis lucidas non hai rastro do emblema. Por mor disto, pasamos a describir exclusivamente o documento que interesa, indicando de principio que ten unhas dimensións de 5 centímetros e medio de longo por algo máis de 35 de largo. Conservado na Biblioteca Nacional de Portugal, a cartela localizada no extremo superior dereito encabézase cunha alusión ao cardeal romano Giodo Ascanio Sforza (1518-1564), neto do papa Paulo III, pois aquel tiña por nai a Constanza Farnesio, un dos xermolos do citado pontífice. No remate da cartela certifícase que se trata dun mapa elaborado en 1561. Toda a costa atlántica portuguesa distribúese ao longo da parte superior e alén de localizar portos e urbes importantes tamén se grafan recintos fortificados. Isto tamén acontece nos lindes galegos, pois neste territorio son visíbeis as vilas amuralladas de Baiona e Pontevedra. No que afecta aos escudos representados, primeiramente habería que informar non só da presenza das "Armas novas do Reino de Portugal", coas súas quinas en cruz –escusóns provistos de bezantes– e a bordura de castelos; senón tamén dunhas "Antigas Armas" nas que unha cruz divide o campo do escudo en catro cuarteis. As 'Armas da Galiza' Na parte inferior, un león rampante alude ao reino homónimo e, á dereita, vense as "Armas da Galiza", que non son outras que as propias trasladadas por Pedro de Gracia Dei: o faro brigantino ou torre de Hércules. Así e todo, esta versión, como dixemos desprovista de cor, está bastante decorada no corpo inferior da torre con motivos quizais vexetais a xeito de filigrana. Na zona sur da Península Ibérica, ángulo inferior esquerdo, gráfase outro brasón cunhas columnas de Hércules que aluden a un suposto "Reino de Andaluzia". Tanto este último escudo como o galego hanse representar un século e algo máis tarde no Tesouro de Nobreza, obra elaborada por Francisco Coelho. Na páxina 6 da mesma identifícanse os emblemas de Macedonia, dos Godos (nunha versión pouco brillante na que se ven tres sapos, aqueles que disque foron as armas primitivas de Francia, logo serían os lises), Castela, Barcelona e Cataluña, Aragón, Galiza, Portugal e Andalucía, entre outras. Estes últimos territorios, así como aqueloutros citados, beben da obra de Gracia Dei, de aí que Galiza porte un faro, o reino veciño unha cidade amurallada e Andalucía as citadas columnas. Mais neste fermoso libro, realmente moi ben iluminado e provisto de cartelas lustrosas, tamén se recompilan outros brasón propios destes reinos. Velaí que na páxina anterior, na cinco, aparezan enumerados do 19 ao 30 os emblemas de "Leam, Granada, Valença, Malhorca, Cordova, Algarve, Biscaia, Barcelona, Castella, Toledo, Navarra e Galiza". O do noso país é, aínda que coloreado cun metal pouco acaído para o seu campo (pois é de prata, debendo aparecer un esmalte como o azul), un viril de ouro acostado de seis cruces do mesmo, colocadas en pau, tres a cada flanco. O fabuloso manuscrito, datado en 1675, época na que exerce a rexencia de Portugal o futuro monarca Pedro II, consérvase na Torre do Tombo de Lisboa (sinatura: Casa Real, Cartório da Nobreza, Livro 21), onde se custodian importantes documentos vinculados coa historia galega que agardan ser estudados. Resta sinalar que o seu autor foi rei de armas da corte portuguesa, tal e como se recolle na "folla de rostro": "Tombo das armas dos reys e titulares e de todas as familias nobres do reyno de Portugal, intitulado có o nome de Thesouro de Nobreza, por Françisco Coelho, Rey de Armas Índia". Por outra banda, non queremos rematar estas liñas sen advertir que tanto no Livro do Armeiro Mor de João do Cró (1509), como no Livro da Nobreza e Perfeiçam das Armas de António Gondinho (cara a 1521-1541), lamentabelmente, non existe ningún emblema real da Galiza. E isto é unha mágoa pois os escudos que neles se representan están elaborados cunha mestría espectacular, da talla daqueles grandes armoriais europeos de mediados do século XVI, da altura de tantos manuscritos iluminados flamengos, neerlandeses ou incluso de Suíza. |
QUEPASA_746 | A súa deseñadora, Blanca Gómara, participará na VIII Xornada da Moda Sostible que se celebra os días 5 e 6 de abril no Museo do Traxe da capital española. | Camariñas estará moi presente na Slow Fashion Next , que se celebra en Madrid os próximos días 5 e 6 de abril no Museo do Traxe Alí presentarase, como novidade, unha almofada de realizada con Encaixe 'eco-friendly', isto é, con materia prima biodegradable (un fío feito cun material chamado Greencel) e respectuosa co medio ambiente. Ademais, non é necesaria a instrumentalización de ningún animal, xa que o tecido é de orixe vexetal. Esta innovadora técnica dá un paso máis no que ata agora coñeciamos nisto da confección do Encaixe, xa que permite xuntar tradición e innovación. Asi mesmo, universalízase o produto, xa que co mesmo traballo, a materia prima é de menor custe sen perder calidade nos acabados, así que está pensada para a maioría do público. A deseñadora, Blanca Gómara, que estará na Mostra por primeira vez, decidiuse por esta técnica rompedora porque "o Encaixe sempre ten un papel protagonista, que permite contar unha historia", e con este cambio de tendencia máis xente poderá optar a este tipo de produtos e o medio ambiente -consecuentemente tamén todos nós- beneficiarase. Polo tanto, estamos a falar dalgo moi importante: estase a avanzar no tratamento do produto sen negar a tradición do oficio, dun traballo exclusivamente manual que desde bastantes lustros se vén desenvolvendo en Camariñas. |
NOS_39004 | O concello da Porqueira ocupa un estreitamento do val do río Limia, na parte sur da chaira, e elévase cara ao sur, acadando as máximas altitudes no linde cos concellos de Calvos de Randín e Os Blancos. | Como moitos concellos do interior da Galiza ten unha baixa densidade de poboación (43 quilómetros cadrados e 815 habitantes) e carece de núcleos importantes. Neste espazo acolle destacados valores naturais (soutos e carballeiras con exemplares monumentais), etnográficos (hórreos, casas, pontes...) e histórico-artísticos (castelos, igrexas...). Propoñemos unha visita para coñecer algúns dos lugares de maior interese nun percorrido que podemos facer en coche, con pequenas camiñadas, ou cunha ruta circular a pé. As mellores datas para ir son finais do inverno, na primavera ou no outono, para gozar mellor dunhas paisaxes onde a auga é unha importante protagonista, e a biodiversidade está máis presente. Paraxe: A Limia | Concello: A Porqueira | Dificultade: Baixa | Percorrido: 14 quilómetros Comezamos na Forxa, cruzamos o río Fírveda ou das Mestas, onde temos unha antiga pontella, e entramos na localidade para desviarnos á esquerda cara á Torre. Ao chegar ao lugar volvemos ir á esquerda e comezamos a gañar altura até chegar ao desvío á fervenza e ao miradoiro, desde o que temos unha nova vista da fervenza e unha ampla panorámica da chaira. Voltamos á estrada para desandar uns 500 metros e coller, no medio dunha curva, a saída á esquerda e despois un desvío á dereita para achegarnos á Torre. Logo, á saída do lugar, collemos cara á esquerda até a Fontemoura e a estrada principal. De alí, á esquerda, pola beira, imos dar ao nó da estrada e ao cruce que nos leva a San Lourenzo. Cruzamos o lugar camiño de Reboreda e, antes de chegar á localidade, temos á dereita o carballo grande de Reboreda, exemplar recollido no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta da Galiza. Desviámonos no primeiro cruzamento á dereita para volver coller á dereita no seguinte e neste, pola primeira pista á esquerda, unha recta que nos leva á estrada de Xinzo a Bande, na que temos xusto de fronte unha área de lecer e o carballo da Lama, outro magnífico exemplar. A pista que temos á dereita do carballo, unha longa recta trazada na parcelación da Antela, lévanos á canle do Limia, límite do concello, e ao espazo protexido LIC/ZEC Veigas de Ponteliñares, que se estende a unha e outra beira do río, polos territorios dos concellos da Porqueira e Rairiz da Veiga, tamén incluídos na ZEPA A Limia. Remontando o curso do río percorrémolas ao longo de case 3 quilómetros antes de virar á dereita e, pola beira da canle do río, retornar á Forxa, onde rematamos, visitando o conxunto de hórreos agrupados na eira do centro da localidade. |
NOS_39119 | A Cidade da Cultura fechou o Museo de Galiza o día 14 de maio para proceder á instalación da que será a exposición máis custosa da historia de Galiza. Con Gallaecia Petrea trasladaranse ao Gaiás arredor de catrocentas pezas de pedra, algunhas de até dez toneladas de peso. | Para a primeira grande exposición do Museo de Galiza da Cidade da Cultura, a Xunta designou como coordinador de comisarios a Miguel Fernández Cid, o que fora director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) con Xesús Pérez Varela como conselleiro. Para a montaxe, a Consellaría convocou tres concursos que foron dar a dúas empresas de fóra de Galiza, a madrileña Expociencia, encargada da montaxe e a de transporte Severino Servicio Movil, que se encargará de trasladar as pezas ao Gaiás desde os noventa puntos de orixe. Os concursos de transporte foron convocados por 233.640 e 177.000 euros e o de montaxe por 801.866,91 e adxudicado por 597.390.85 segundo consta na propia páxina da Xunta. Segundo agora indican trátase da "resolución dos primeiros concursos de transporte e de montaxe" polo que o orzamento se verán incrementado coa suma das próximas adxudicacións.A Consellaría de Cultura e Educación fixo público o agradecemento ás 90 institucións, concellos e coleccionistas que ceden pezas á exposición. A través dunha nota de prensa anunciou que a mostra recolle obras de entidades galegas ademáis de vinte portuguesas e outras de fóra de Galiza como o Museo Arqueológico Nacional, o Museo Arqueológico de Asturias, o Archivo Histórico Nacional ou o Archivo cartográfico. A Consellaría fala da exposición "máis ambiciosa" das organizadas nos últimos tempos mais nada di do orzamento dedicado á montaxe. Só sinala que "está previsto que o custo desta exposición se reduza considerabelmente fronte ao prezo inicialmente estimado". Sen dar cifras oficiais, a cantidade que se fixo pública é de un millón e medio de euros, notabelmente menor do que calculan varios profesionais do sector consultados. De todas as maneiras, os datos técnicos achegados conducen a que a Xunta afronta a exposición máis custosa de toda a historia do goberno autónomo. Nunca antes se mobilizaran tal número de pezas de tanto valor, o que encarece os seguros, e dunha procedencia tan variada e de pesos tan elevados. A exposición ocupará os 6.600 metros cadrados e será aberta no mes de xuño con 400 pezas que van dun petróglifo até obras de grande formato de artistas contemporáneos como Francisco Leiro, Manolo Paz ou Silverio Rivas. Pezas de dez toneladasA Xunta, singularmente, dá conta da dificultade da instalación e do transporte das pezas que xa están a ser transportadas ao Museo de Galiza. "A complexidade destas tarefas é maior se se ten conta que implica conxuntos de pezas de até dez toneladas de peso", sinalan desde a Consellaría. O "cen por cen do equipo" está a traballar na montaxe, segundo engaden na Consellaría, na recepción e instalación das pezas que "viaxan en caixas especialmente fabricadas para esta exposición e cun deseño individual para cada unha delas". |
NOS_38870 | Máis un número saído do prelo e cargado de novas. A venda do aforro galego á banca venezolana, o referendo de autodeterminación catalán e a nova Política Pesqueira Común aprobada por Bruxelas, son algúns dos contidos que poderás atopar, coma cada semana, nos quiosques. Aliás, un AFondo sobre Rosalía de Castro achéganos á historia de noso através da poeta nacional. Xa ao dispor na nosa loxa. | A piques de comezar as ferias, Sermos Galiza sae ás rúas do país cargado de información. No número 78 do semanario, que xa podes mercar na nosa loxa, falamos da venda de Novagalicia Banco. A adxudicación da entidade financeira ao grupo venezolano Banesco deixa a Galiza sen unha ferramenta fundamental para o desenvolvemento económico do país. Aliás, botamos a ollada a Catalunya. Após o anuncio da data e pregunta do referendo pola independencia analisamos este paso adiante do pobo catalán. Un fito histórico do que conversamos con Aurélio Lopes, xornalista de Irmandade TV e das impresións que tirou da súa instancia en Barcelona os días posteriores ao acordo adoptado entre a Generalitat, ERC, ICV e a CUP. Tamén recollemos a opinión do director de Vilaweb, Vicent Partal. Xa na política nacional revisamos a cerimonia de aprobación dos Orzamentos da Xunta para 2014 que coma o turrón, volven á casa por estas datas. Iso si, só co apoio do Partido Popular. En Social facemos un repaso ás consecuencias da reforma do Código Penal proposta polo Ministerio de Alberto Ruíz Gallardón e como tema da semana, volvemos ao Monte Pindo. Malia as ameazas do goberno galego o voluntariado continúa adiante co seu programa de recuperación do Olimpo celta. Repasamos as consecuencias da reforma do Código Penal e as mudanzas introducidas na nova Política Pesqueira Común En Economía abordamos a nova Política Pesqueira Común que vén de ser aprobada en Bruxelas. Debruzámonos con representantes do sector sobre as súas consecuencias para Galiza, un país que abrangue un de cada dez empregos vencellados ao mar na UE. E nas páxinas de Cultura? Conversamos coa escritora Rosa Aneiros arredor da súa trioloxía, Ámote Leo, unha "viaxe extraordinaria" pola literatura xuvenil, di. Todos estes contidos e moitos máis, coma cada semana, nos quiosques e librarías do país. |
PRAZA_2732 | O candidato de Nova Luce impúxose a Daniel Pena nas eleccións celebradas hoxe grazas ao voto do estudantado e do PAS. Pena impúxose por unha lixeira diferenza entre o profesorado. A participación foi superior á de convocatorias anteriores | Julio Abalde será o novo reitor da Universidade da Coruña. O candidato de Nova Luce impúxose a Daniel Pena nas eleccións celebradas hoxe grazas ao voto do estudantado e do PAS. Pola contra, Pena impúxose por unha lixeira diferenza entre o profesorado. A participación foi superior á de convocatorias anteriores. A vitoria de Abalde refrenda a xestión realizada nos últimos anos por Xosé Luís Armesto. Os votos dos e das estudantes decidiron o resultado, grazas ao apoio esmagador que lle deron a Abalde: 69,06% fronte a 30,94% Entre o profesorado doutor con vinculación permanente, Daniel Pena obtivo un 51,5% dos apoios, fronte a un 48,5% de Julio Abalde. No resto de categorías de persoal docente e investigador, o resultado foi semellante: 51,59 de Pena e 48,41 de Abalde. Porén, os votos dos e das estudantes decidiron o resultado, grazas ao apoio esmagador que lle deron a Abalde: 69,06% fronte a 30,94%. O candidato de Nova Luce tamén gañou con claridade entre o PAS: 58,19% fronte a 41,81%. Cómpre salientar que a participación creceu con respecto a anteriores eleccións, sobre todo entre o estudantado. O 26,86% exerceron o seu dereito ao voto, unha porcentaxe reducida, pero moi superior ao 19% de 2011. Tamén entre o PAS creceu a participación (88% fronte a 84% de 2011) e o mesmo sucedeu nas dúas categorías electorais do profesorado (94% e 76% fronte aos precedentes 91% e 67%). A votación foi totalmente electrónica, por vez primeira, o que facilitou que os resultados definitivos se coñecesen con gran rapidez. A participación creceu con respecto a anteriores eleccións, sobre todo entre o estudantado O pasado martes Acción Universitaria, AGIR, Comités, IESGA e Liga Estudantil Galega pronunciáronse en rolda de prensa sobre as candidaturas que concorrían ás eleccións, amosando o seu "rexeitamento" ao "modelo de universidade proposto" por Daniel Pena, "un modelo afastado do espírito público, galego e feminista que queremos para a nosa universidade", sinalaron. As entidades non pediron o voto directamente para Julio Abalde, pero si recomendaron que os e as estudantes non apoiasen a Daniel Pena. Manter as bolsas e aposta pola residencia universitaria Julio Abalde, Catedrático de Microbioloxía e profesor na Facultade de Ciencias, aposta por "manter a porcentaxe de fondos de axudas destinados a estudantes" e por "contar coa participación do estudantado no momento da toma de decisións", ampliando "a participación e a representación do estudantado abrindo novas formas e novos mecanismos de participación". En relación do profesorado, propón "programas de promoción mediante a cualificación ás figuras das categorías de persoal docente do artigo 56 da LOU" e "empregar a captación de investigadores predoutorais e posdoutorais como figuras base para formar persoal que ocupe prazas docentes". Quérese igualmente "completar a oferta de titulacións plurilingües e con docencia en inglés", mellorando "os incentivos dos profesores con docencia en inglés e os procesos de acreditación lingüística do profesorado". Abalde quere completar a transformación e dotación do colexio Calvo Sotelo, para convertelo no que sería a primeira residencia pública universitaria da Coruña Outro dos seus grandes obxectivos é completar a transformación e dotación do colexio Calvo Sotelo, para convertelo no que sería a primeira residencia pública universitaria da Coruña. En investigación, buscará "atraer financiamento privado para realizar, na UDC, un programa de captación de investigadores posdoutorais". Dedica tamén capítulos do seu programa á igualdade, apostando por "fomentar a participación e o liderado das mulleres nas actividades de investigación, dirección e coordinación", desenvolvendo "estratexias para o equilibrio entre mulleres e homes nas distintas titulacións" e dándolle visibilidade "á contribución das mulleres ao coñecemento". Así mesmo, en materia lingüística, quere reforzar os materiais docentes en lingua galega e a formación continua, desenvolvendo ademais "os medios para a utilización do galego como lingua de investigación científica". En Ferrol, aposta polo impulso do Campus Industrial. |
PRAZA_20979 | O ano da COVID destruíu máis de 15.000 empregos no país, ao que se suman as case 34.000 persoas en suspensión temporal. | O ano da pandemia destruíu 15.100 empregos en Galicia, segundo os datos que se tiran da Enquisa de Poboación Activa (EPA). O impacto do coronavirus supuxo unha importante caída no número de persoas ocupadas no país, que queda no cuarto trimestre nun total de 1.080.900 logo dese descenso do 1,4% con respecto ao mesmo período de 2019.O ano da pandemia destruíu máis de 15.000 empregos en Galicia, ao que se suman as case 34.000 persoas incluídas nun ERTE a final de 2020 A baixada na ocupación foi de 1.700 persoas no cuarto trimestre respecto ao anterior, uns datos que non reflicten de todo o impacto da COVID no emprego xa que aquelas persoas afectadas por un Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) --case 34.000 a final de ano-- seguen a considerarse ocupadas nas estatísticas. Xa que logo, sumando o emprego destruído e o afectado polos ERTE derivados das restricións polo coronavirus, son arredor de 50.000 as persoas que ou ben perderon o traballo ou ben o tiñan suspendido a finais de 2020 en Galicia, unhas cifras semellantes ás resultantes de ter en conta os datos de perda de afiliacións á Seguridade Social no último exercicio. A situación, tendo en conta as novas restricións aplicadas, non ten traza de mellorar nos primeiros meses do novo ano tras un último período non tan negativo. De feito, e malia os malos datos xerais, no último trimestre de 2020, e mentres a ocupación masculina descendía en 5.500 persoas, a feminina aumentaba en 3.800. O paro descendeu en 3.200 persoas durante 2020 en Galicia, sendo unha das tres comunidades onde baixouAdemais, o número de parados segundo a EPA nese cuarto trimestre en Galicia era de 142.600 persoas, 2.200 menos que no trimestre anterior e 3.200 menos respecto a un ano antes, sendo unha das tres comunidades autónomas con descenso en 2020, xunto a Extremadura e Murcia. A ferramenta dos ERTE, renovada agora polo Goberno central tras o acordo cos axentes sociais, aminora o impacto da COVID no mercado laboral .Só o 6,5% das persoas ocupadas en Galicia traballa desde o seu domicilio máis da metade dos díasCon todo, e malia os datos positivos do paro, o descenso na ocupación no último trimestre do ano afectou a todos os sectores económicos agás aos servizos, onde o lixeiro pulo pola campaña de Nadal e o relaxamento das restricións provocou unha suba en 6.200 persoas. No entanto, con respecto a un ano antes, o número de persoas ocupadas neste ámbito caeu en 10.900 (-1,4%), mentres que tamén descendeu na industria (-5%) pero incrementouse no sector primario (+6%) e na construción (+1,3%). Ademais, no cuarto trimestre de 2020, e malia as recomendacións das administracións para priorizar o teletraballo, tan só o 6,5% das persoas ocupadas en Galicia traballou desde o seu domicilio máis da metade dos días, fronte ao case 10% no conxunto do Estado e ao 13,8% que o fixera no segundo trimestre, nos momentos do confinamento e das maiores restricións pola COVID. |
NOS_15006 | Xavier Soto Valenzuela foi fusilado contra as tapias do cemiterio de Lugo. Xornalista, dramaturgo, animador de actividades culturais e deportivas e nacionalista rexo, cumpriu con el e coas súas convicións, modeladas a carón de Manuel Antonio, un 17 de decembro de 1936. | Era un nacionalista de primeira hora. Ligado a aqueles núcleos minoritarios que impulsaron a primeira estrutura nacionalistas en Vigo, incorpórase formalmente ás Irmandade da Fala a finais de 1918, ocupando co tempo o cargo de primeiro conselleiro e tamén de presidente da mocidade nacionalista, co poeta Manuel Antonio de secretario. Un nacionalista de primeira hora Foi precisamente en 1921, cando ambos os dous, na súa condición de máximos dirixentes do colectivo, fixeron público o manifesto Terra Ceibe, onde denunciaban a negativa do goberno de Vigo á que a bandeira galega ondease na cidade o Día da Patria Galega. Porén a loita por colocar a bandeira galega no Concello de Vigo, que rematará cun trunfo en 1923, comezará en xullo de 1920 cun escrito do propio Soto rexeitado polo pleno da corporación e terá continuidade ao ano seguinte cunha resolución no mesmo sentido da terceira asemblea das Irmandades da Fala. Xavier Soto promoveu canda Manuel Antonio unha campaña a bandeira galega ondease na casa do concello de Vigo o Día da Patria Galega Aínda así, a implantación das Irmandades en Vigo foi moi escasa, enfrontadas a continuos abandonos e reorganizacións, e a influencia cativa, se exceptuamos o caso da Agrupación Artística de Vigo, un outro cadro de declamación dos impulsados e promovidos polo nacionalismo no período para difundir a cultura galega, e da que noso home será presidente en diversos períodos. Xornalista e dramaturgo Fixo de todo porque todo estaba por facer. Na liña daquelas primeiras xeracións nacionalistas, compaxinou as súas actividades profesionais a medio camiño entre Vigo e Viveiro, a onde se desprazará en 1933 para traballar como xerente da conserveira "López Santos", co compromiso patriótico expresado en esferas do máis diverso. Formado academicamente na Escola de Comercio de Vigo, a súa actividade laboral desenvolverase no sector da conserva, exercendo como contábel e directivo de diversas empresas, e tamén no ámbito do xornalismo, onde chegaría a ser redactor xefe do xornal vigués La Garra, o que provocaría a súa entrada en prisión en 1923 como consecuencia duns artigos de carácter anticaciquil publicados no mesmo. As colaboracións xornalísticas de Soto foron permanentes desde 1918 até a súa morte, aparecendo artigos da súa autoría en medios como A Nosa Terra, El Pueblo Gallego ou La Concordia, cabeceira fundada en 1874 por sectores do provincialismo e que deixaría de editarse en 1924 para dar paso ao xornal de Portela. Foi precisamente nas páxinas de La Concordia onde publicaría en 1919 a súa peza de teatro O Lóstrego, obra que se sitúa na liña de teatro das Irmandades da Fala, e que se enmarca na preocupación de Soto por poñer un espazo dramático en Galiza. A dignidade fronte ao martirio Foi fusilado en Lugo o 17 de decembro de 1936, canda outros catro compañeiros de Viveiro. Leal aos seus compromisos sociais e políticos, nos anos da monarquía e no período republicano, militou no Grupo Autonomista Galego de Vigo, entidade promovida polos antigos membros das Irmandades en 1930, sendo directivo da mesma e orador en diversos actos de propaganda. Elixido concelleiro en abril de 1931 ao formar parte da candidatura única republicana da que fora excluído o Grupo Autonomista no que seguía militando, en xullo dese ano elabora e presenta a moción pola que se acorda o apoio do Concello do Vigo ao Estatuto de Autonomía. A súa incorporación ao Partido Galeguista non se producirá até 1933, coincidindo coa súa chegada a Viveiro, localidade na que volverá ser Concelleiro após febreiro de 1936, nesta ocasión coas siglas de Izquierda Republicana, como consecuencia dun arranxo entre este partido e os nacionalistas e sen que significará que Soto abandonase a militancia e a disciplina ao Partido Galeguista. O 18 de Xullo de 1936 era alcalde en funcións de Viveiro por atoparse o titular, o militante do Partido Galeguista Balbino Cerdeiras participando en Madrid no acto de entrega do Estatuto, sendo detido tras a toma da cidade polos fascistas, procesando e condenado a morte nos meses seguinte por delito de rebelión. |
QUEPASA_216 | Empresas de distintos sectores, como Grupo Calvo, Gadisa, Herfraga, Mapfre ou Prosegur, recollerán currículos e farán entrevistas de traballo | Máis de 100 mozos e un total de 20 empresas inscribíronse ata o momento para participar na IV Feira de Emprego da Cámara de Comercio da Coruña, que por primeira vez celebrarase en Carballo. Será o próximo 4 de abril, no auditorio de Fórum Carballo, de 10.00 a 14.00 horas. No acto de apertura, cuxa inauguración correrá a cargo do presidente e do director xeral da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro e Gonzalo Ortiz, respectivamente, participará o xornalista Luís Fraga, que na súa intervención explicará aos mozos a importancia do esforzo e tamén a necesidade de prepararse a conciencia para superar con éxito os procesos de selección laboral, cada vez máis competitivos. O acto tamén contará coa presenza do alcalde de Carballo, Evencio Ferrero. Na súa aposta por combater o paro xuvenil, a entidade cameral organizou para o xoves, 4 de abril, unha intensa xornada onde os mozos poderán entregar o seu currículo e entrevistarse con responsables de Recursos Humanos dalgunhas das empresas máis punteiras da provincia, ademais de asistir a charlas impartidas por destacados expertos en empregabilidade, xestión de emocións e autoempleo. Grupo Calvo, Gadisa, Herfraga, Softtek, Vegalsa-Eroski, Mapfre e Prosegur son algunhas das 20 empresas que xa confirmaron a súa presenza na feira, contando ademais con procesos de selección abertos. O requisito, estar no Programa de Garantía Xuvenil. Para participar na IV Feira de Emprego é necesario estar inscrito no Programa de Garantía Xuvenil que impulsa a Cámara de Comercio da Coruña desde 2015. Neste sentido, desde a institución animan a formar parte da iniciativa e a apuntarse. A inscripción é gratuita e debe facerse na web www.feriaempleocoruna.es. As persoas interesadas en ter máis información poden chamar ao 981 216 072. Máis información A Cámara de Comercio celebra por primeira vez a Feira de Emprego en Carballo. |
PRAZA_6673 | O xornalista Anxo Lugilde presenta este venres 'De Beiras a Podemos', o novo libro editado por Praza e Meubook no que o autor analiza a "podremia" do actual sistema político, as súas orixes e os vieiros polos que pode transcorrer. "É importante analizar a política galega sen mirar tanto cara a Madrid e, nalgúns casos, con máis honestidade", afirma. | "É importante analizar a política galega sen mirar tanto cara a Madrid" Anxo Lugilde (Lugo, 1970) é un dos cronistas de referencia da política galega. Xornalista, polítólogo e doutor en Historia Contemporánea pola USC, analiza a vida política do país dende hai máis de 20 anos. Na última década vén traballando como correspondente de La Vanguardia en Galicia e como cronista político de El Progreso e Diario de Pontevedra. Experto en ámbitos como a análise do voto emigrante e cun ollo sempre posto en Portugal, Lugilde vén de sacar do prelo De Beiras a Podemos. A política galega nos tempos da troika (2012-2014), o novo volume dos Libros de Praza&Meubook, que se presenta este 10 de outubro en Compostela. A partir do xurdimento de AGE e do papel de Pablo Iglesias na campaña autonómica galega de 2012 o autor analiza a "podremia" do actual sistema político galego e estatal, as orixes da mesma e os vieiros polos que pode transcorrer. O libro comeza falando do caldo de cultivo para o xurdimento de novas alternativas políticas, mesmo antes de que se falase de Podemos... Aquí recóllese o que veño observando do fenómeno de AGE e no aplicado nas partes comúns a Podemos, que son moitas. O texto era o contexto. Fronte á versión oficial e á propaganda destes movementos, que falan doutro xeito de facer política, dunha gran marabilla... Creo que a clave está máis no contexto, en que souberon tocar a tecla. Foise comprobando a podremia do que eles chaman réxime e eu chamo sistema; non creo, por exemplo, que o BNG sexa réxime pero si se incorporou ao sistema e mesmo fixo un esforzo de homologación xusto antes de que pasase isto. Esa podremia é terrible; a nivel de Estado vese de Pujol á Casa Real e, en Galicia, por unha banda hai un espallamento brutal dos casos de corrupción e compártese co Estado español o fracaso dos políticos á hora de xestionar a crise, que penso que é o que a xente ten máis en conta. O de criticar que os partidos son dogmáticos, que os aparellos son caciquís, a corrupción nas contratas... Iso non se sabía? Eu creo que iso se aceptaba ou se consentía, sempre e cando funcionase como contrato perverso. Deixou de aceptarse cando faltou o combustible, os cartos? Claro. De todos os xeitos, a deterioración da economía española e do modelo social é brutal. Comparándoo coa referencia que eu creo máis acaída, Portugal, a crise financeira cadra cun proceso de caída que vén de moi atrás. No caso español é unha subida forte e unha caída brutal. No caso galego nunca houbo suba forte, pero a situación era relativamente boa e sentíase certamente confortable. "Malia á obsesión galega con Madrid, xa é a terceira vez que dende que hai autonomía na que un cambio político en España xorde de Galicia" Aquí xogouse moito co "plus de resistencia", primeiro, e co plus de austeridade, despois... Si, pero iso é propaganda. A especialidade da Administración autonómica é a propaganda. Pode parecer que é a consecuencia natural de ter durante 16 anos de presidente da Xunta ao xefe de propaganda da ditadura, pero iso vén de máis atrás. Hai pouco dicíase, coa polémica en Euskadi, que os convenios do Goberno vasco coa prensa semellaban galegos; os convenios creounos [Xosé Luís] Barreiro Rivas, responsable de moitos dos males da autonomía. Polo que contan, foi aprender ao País Vasco, onde tiña moi boas relacións co PNV. A maior habilidade da Xunta é a propaganda, pero a diferenza da taxa de paro co Estado, ata que saia a EPA o 25 de outubro está en 2,2 puntos. Estivo en 5,9. Iso indica que o de que Galicia vai liderar a saída da crise é unha milonga máis. O que trato de dicir no libro é que Galicia foi laboratorio electoral de Podemos e, dende a crítica, tento facer unha reivindicación da política galega. A moitos galegos a política galega parécelles algo de pouca categoría, mentres que as cousas de categoría son as que pasan por Madrid. Malia esa obsesión galega con Madrid, xa é a terceira vez dende que hai autonomía que un cambio político en España xorde de Galicia. E esta é a primeira vez que pasa na esquerda. A min gustaríame que a política galega fose importante porque mellora o país, porque resolve a decadencia da lingua, ordena o monte, sanea as rías... Pero, seguindo o criterio maioritario da xente, que é o de mirar cara a Madrid, deberían pensar que a política galega é algo importante. Porque exporta, non importa... E esta é a terceira vez. Podemos non é que xurda de Galicia, pero foi o seu laboratorio, o seu campo de probas. Os dous anteriores momentos son cando AP consegue adiantar a UCD e se converten en forza hexemónica, nas autonómicas de 1981, e en 2009, cando o PP resucita en Galicia grazas a Touriño e Quintana, Feijóo chega á Xunta e Rajoy se lanza cara á Moncloa. O terceiro, sorprendentemente, porque é na esquerda, é o xurdimento de Podemos. Indicas no libro que Pablo Iglesias aprende, en certo xeito, en Galicia... Díxoo Pablo Iglesias moitas veces, incluímolo na primeira páxina do libro: "Ese centralismo arrogante español fai que se mire con desdén ou directamente non se mire cara ao que acontece noutros lugares (...). Eu non canso de repetir que o que acontecera en Galicia era o sinal de que as cousas eran posibles". Iso, aínda hoxe, é absolutamente descoñecido a nivel español. É máis, publicouse un libro dunha ducia de autores sobre Podemos, coordinado por John Müller e nel non se cita nin unha soa vez a Galicia, a AGE nin a Beiras, aínda que Pablo Iglesias recoñeceu moitas veces que foi de quen aprendeu. El chegou un pouco despistado ás autonómicas galegas, con pouco coñecemento do país, pero leu moi ben o resultado. Entendeu que había algo de AGE que transcendía a unión de Beiras con Esquerda Unida, con dous elementos aplicables noutros contextos: que o ouro electoral de hoxe en día é o discurso da indignación. E posto na boca dun líder carismático, cunha mensaxe moi persoalizada e adaptada ao estilo de comunicación destes tempos. El acabou poñéndose no sitio de Beiras, aínda que inicialmente pensou en Ada Colau... "Iglesias chegou a Galicia con pouco coñecemento do país pero leu moi ben o resultado das eleccións; entendeu que había algo de AGE que transcendía da unión de Beiras con EU" Iso chegou a dicilo abertamente... Si, nunha entrevista con Galiza Ano Cero. As autonómicas galegas son en outubro de 2012 e o 25 de abril de 2013 entra por primeira vez en Intereconomía e vaise producindo o seu salto á fama en laSexta, Cuatro... E nese proceso el viu que ese líder podía ser el mesmo. Inicialmente formula as europeas como un test persoal e non pensa, para nada, na magnitude do éxito. E, sobre todo, na sobrevaloración que se produce despois. Algo que tamén pasou con AGE, no seu momento... Exacto; mesmo se parecen en que comezaron no CIS cun escano. E tamén na espiral que seguen nas enquisas post electorais. Iso lévanos a formular a dúbida de se seguirá ou non o camiño de AGE. Trátase, tamén de administrar o éxito... Vostede define no libro a relación de Podemos e AGE nas eleccións europeas como unha "escisión electoral". É un magma que se subdivide? Todo indica que unha parte dos votantes de Podemos fórono de AGE nas autonómicas e, en todo caso, é ao sector ao que AGE se dirixe. Eu fago a analoxía co Bloque; ao BNG escindíuselle o seu líder histórico e a AGE, en moito menos tempo, escindíuselle un asesor que aprendeu moito de Beiras. O papel de Pablo Iglesias na campaña galega non foi decisivo, como se pode pensar agora, porque era unha campaña dual, con EU por un lado e os afinadores de Beiras, por outro. Pero el fixo que se incorporase o discurso anti troika. El chega aquí xusto despois das eleccións gregas. Daquela falábase en termos de "Syriza galega"... Si, pero o que chama a atención é que Yolanda Díaz fose a primeira política galega que incorpora a mensaxe anti troika ás mensaxes cotiás, e iso foi obra de Pablo Iglesias. Tamén é interesante analizar por que Beiras se coloca nese espazo de ruptura, no que sempre estivo e no que tamén estivo o BNG. Pero durante o proceso de homologación do Bloque el non entra, entre outras cousas porque non consegue ir de cabeza de lista por Pontevedra nas eleccións de 2005 e porque o carguiño que lle ofrecen é pouca cousa e condiciónase, por parte de Anxo Quintana, a unha renuncia a dar a pelexa dentro do Bloque. El non acepta e mantense inmaculado ata as eleccións, mentres o BNG deixou de estalo. Eu creo que é un elemento importante, presentárense como libros en branco. Pola banda de Esquerda Unida, a súa principal vantaxe é que en Galicia non existía, agás en Ferrol. "Unha das grandes achegas do beirismo é a combinación do mesianismo co asemblearismo" Se cadra, as persoas que analizamos a política galega, a prensa, os partidos... Estivemos máis pendentes da evolución de AGE como o desenvolvemento dunha escisión do BNG xunto a EU e non soubemos ver o resto do fenómeno? O que viu Pablo Iglesias, que seguiu asesorando a Esquerda Unida despois da campaña, é un espazo que non existía como tal. Despois das eleccións houbo persoas que se quixeron afiliar a AGE e non tiveron xeito de facelo, tiñan que afiliarse a Anova ou a EU. Esa cousa horrible e cruel de que vivimos por riba das nosas posibilidades penso que se pode aplicar a este caso: foron votados por riba das súas posibilidades. Posibilidades organizativas, de infraestrutura... E de relación entre eles. Atáronse no que Beiras chegou a definir como unha relación sexual esporádica que levou a un amancebamento do que saen nove deputados. Pero eles non estaban preparados para iso. Podemos segue ese ciclo e institucionalizarse é moi complicado. Unha das grandes achegas do beirismo é a combinación de mesianismo e asemblearismo. Mentres a asemblea lle di que si ao mesías, todo vai ben. Pero o día que a asemblea non cadra co mesías... Podemos pode estar nese momento? O mesías ten moito crédito e Podemos ten algo que nin tivo AGE nin o BNG, que é base despois do éxito electoral. Digo base porque non son exactamente persoas afiliadas, senón inscritas. E aí pode acabar habendo unha disociación entre base e líder. Eu creo que Iglesias e os outros politólogso da Complutense son moi hábiles e o das europeas está moi ben pensado por dúas cousas: pola circunscrición única e polos efectos, xa estudados na ciencia política, destas eleccións como comicios estatais de segunda orde. Elixiron moi ben o campo de xogo, pero teñen o risco das autonómicas de 2015, nas autonomías do "café para todos". Porque, como teñan que elixir entre PP e PSOE, iso pode ser envelenado. "Co discurso de que todos son casta darlle o poder ao PSOE é tremendo, pero deixar que goberne o PP, tamén" E, nesas autonómicas, non teñen a opción de non presentárense, como decidiron facer coas municipais... Non se sabe se se presentarán en solitario ou con alianzas. Pero pódelles pasar o que lle aconteceu a Esquerda Unida en Extremadura. Co seu discurso de que todos son "casta", darlle o poder ao PSOE é tremendo pero deixar que goberne o PP, tamén. O único, que eles adianten ao PSOE, que é o que intentan. Pero paréceme complicado. En todo caso, cómpre ver como evoluciona isto, pero parece que as expectativas están un chisco inflacionadas. A respecto do discurso da "casta", no libro detense no terreo galego, case no subsolo da política galega, para explicar o que pode ser un concepto un pouco etéreo. E pon exemplos de dous tipo sde familia: de sangue e de política. Un dos grandes éxitos de Podemos é identificar esa caste como problema. Pode ter un pouco de 'quítate ti, que me poño eu', que é o que está por comprobar, pero no caso galego o que digo é que, alén da acepción que usa Pablo Iglesias, de caste como grupo profesional pechado que acumula prebendas, está a outra acepción, tanto en galego como castelán, que é a de grupo familiar na que se herdan rasgos xenéticos como os ollos, o pelo, a alcaldía de Ponte Caldelas, a Deputación de Ourense, unha liberación de CC.OO. en Vilagarcía... O capítulo titúlase O cuñado e o resto da casta porque parte da moi interesante figura do cuñado do presidente do Goberno de España, Francisco Millán Mon, diplomático emparentado con Gonzalo Fernández de la Mora y Mon, ese nostálxico do franquismo e ministro de Obras Públicas. O que fago é falar de exemplos da familia na política galega. Exemplos que son moi transversais... Son moi transversais, e ademais en Galicia súmase á querencia do político galego por amarrarse á cadeira ata o final. A Pablo Iglesias Posse, o galego, chamábanlle "o avó" ao final, cando seguía á fronte do PSOE e recibía á Executiva na casa porque estaba enfermo e xa non podía saír. É mellor non ter en conta a un tal Francisco Franco, pero tamén está o exemplo cubano, o caso tremendo de Fraga, o seu émulo da Reboraina, o caso de García Sabell, que saíu da Delegación do Goberno con 86 anos... Se a iso, por riba, se lle engaden os casos de sucesión dinástica, xa é terrible. E non se trata de demonizar as sagas, que tamén hai no xornalismo, na música e noutros ámbitos. Pero aquí chegouse a un exceso e a situacións feudais. E, alén da casta como grupo familiar está a casta como grupo profesional, na que fago catro perfís, un por cada forza representada no Parlamento: Arsenio Fernández de Mesa, no PP, Pepe Blanco, no PSOE, Bieito Lobeira, no BNG, e Juan Fajardo, en AGE. "O éxito de AGE e Podemos está máis na podremia do sistema que nas súas virtudes, aínda que non negue que teñan algunhas" Sagas familiares, deterioro brutal da economía. E, como guinda do pastel, a corrupción. Aquí téntasenos dicir que, comparada con Bárcenas, non é para tanto... Pero as explicacións semellan que tamén valen menos ca antes, non é? Eu sosteño que o éxito de AGE e Podemos está máis na podremia do sistema que nas súas virtudes, aínda que non negue que haxa algunha. Pero non formulan unha alternativa, céntranse sobre todo na denuncia e na podremia. Coa corrupción en Galicia houbo durante bastante tempo houbo un intento de tapalo todo, sobre todo polos seus efectos transvertais. No anterior Parlamento, cando lle afectaba tamén ao BNG aínda que en menor medida, vivimos debates do estado da autonomía nos que non se dicía unha palabra de corrupción. A gravidade da corrupción é maior que no resto do Estado? Eu, o que creo, é que está bastante espallada, que as posibilidades de negocio non son as que houbo noutros sitios pero que ten compoñentes moi preocupantes, sobre todo a súa relación co caciquismo. Fronte a ese aforismo que di que a corrupción comeza cunha botella de viño, en Galicia a corrupción comeza por un enchufe. O enchufismo é o gran lastre para o desenvolvemento económico de Galicia porque crea un entorno de baixísima competitividade no que se valora pouco o talento. Nos propios sumarios dalǵuns destes casos obsérvanse valoracións nas que se refire a pouca habilidade para o traballo de certas persoas pero se salientan as súas amizades... Persoas presuntamente implicadas nestes casos, como Orozco ou Diego Calvo, para defendérense admiten que enchufan. Pero, que clase de señores feudais son eles para decidir iso? É verdade que as persoas ás que enchufan tiñan unha situación tremenda, pero hai outras que a teñen igual ou peor. É fundamental entender que o enchufe dun é o paro doutro. En Galicia tamén aflora moita corrupción por circunstancias que se deron nos xulgados de Lugo: aparecen unhas xuízas que veñen de fóra, enfrontadas co establishment xudicial lucense, e o número de teléfonos que se interveñen na provincia de Lugo é exponencialmente alto. Coido que está sen explicar a importancia que tivo o Sytel, o sistema de escoitas que, polo que din, Aznar consegue a través de Estados Unidos cando mete a ETA na guerra contra o terrorismo. |
NOS_42092 | As vítimas da pandemia pola Covid-19 na Galiza aumentan a 3.316, de acordo coa información facilitada polo Sergas. | Os casos activos de Covid-19 seguen en ascenso na Galiza, cun total de 14.909, segundo datos actualizados esta sexta feira pola Consellaría de Sanidade. Con rexistros até as 18 horas da quinta feira, e de acordo coa información publicada polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) recollida por Europa Press, os pacientes ingresados aumentan lixeiramente, pasando de 636 a 639. En canto á taxa de positividade, repunta até 37%. Coronavirus Galiza: aumento dos casos activos e descenso das hospitalizacións Das persoas hospitalizadas, 623 atópanse en unidades convencionais (dúas máis), mentres que aumenta nunha persoa as que se atopan en UCI, un total de 16. Ademais, hai 14.270 pacientes en seguimento nos seus domicilios. Hospitalizacións por áreas sanitarias Por áreas sanitarias, na da Coruña e Cee sitúanse en catro os ingresados en UCI e en 138 os hospitalizados noutras unidades; mentres que na de Pontevedra e O Salnés están tres en críticos e 88 en planta. Na de Santiago e Barbanza, mantéñense dous ingresados por Covid en UCI e soben lixeiramente os ingresados noutras unidades, até situarse en 91, mentres que a de Ferrol segue sen pacientes en críticos, aínda que aumentan até 74 os que están noutras unidades. Baixan a Covid-19 e a gripe No caso de Ourense, conta con tres pacientes ingresados en UCI e outros 94 noutras plantas, mantendo o descenso das últimas xornadas. Pola súa parte, a área sanitaria de Vigo continúa con tres pacientes Covid en UCI e descenden os ingresados noutras unidades, até 85. Na de Lugo, mantéñense en 53 os ingresados en unidades convencionais e hai un en críticos. Os casos activos seguen en aumento en todas as áreas sanitarias. Dos 14.909 contabilizados, 2.884 corresponden á da Coruña; 2.268 á de Lugo; 1.974 na de Ourense; 1.678 na de Pontevedra; 2.533 na de Vigo; 2.364 na de Santiago e 1.193 na de Ferrol. Contaxiados e vítimas Os contaxios por Covid ascenden na Galiza a 574.095, dos que 119.308 corresponden á área da Coruña e Cee; 34.396 á de Ferrol; 61.984 á de Lugo; 69.109 á de Ourense; 65.852 á de Pontevedra; 90.687 á de Santiago e 131.917 á de Vigo. A cifra total de curados sitúase no noso país en 555.928. En canto ao número de probas PCR realizadas desde o inicio da pandemia, sitúase en 3.833.061 e os test de antíxenos en 1.671.525. O número de doses de vacina administradas ascende xa até as 6.636.921. As vítimas da pandemia pola Covid-19 na Galiza aumentan a 3.316, de acordo coa información facilitada polo Sergas. Os últimos falecementos rexistrados por coronavirus, da mesma forma que nos últimos meses, presentaban patoloxías previas. |
PRAZA_4335 | O Goberno galego xustificou a súa marcha atrás nas críticas de "determinados colectivos". Pero a realidade é que a rectificación veu precedida dunha rotunda negativa por parte das tres institucións, que presentaron un plan de dixitalización alternativo, asentado na presencialidade e na autonomía universitaria. Entrevistamos o reitor da USC, Antonio López | A Xunta xustificou a súa marcha atrás na "utilización da iniciativa para a confrontación que están a facer determinados colectivos". Pero a realidade é que a rectificación veu precedida dun rotundo rexeitamento do plan por parte das tres universidades galegasEste martes ao mediodía a Consellaría de Educación anunciaba a súa renuncia a seguir adiante co seu 'Programa de transformación á docencia innovadora', unha proposta que lles realizara sete días antes ás tres universidades galegas e que implicaba a substitución do actual modelo de docencia presencial por outro "mixto", no que unha parte importante das clases teóricas dos graos poderían pasar a impartirse en liña. A Xunta xustificou a súa marcha atrás na "utilización da iniciativa para a confrontación que están a facer determinados colectivos", en referencia ás criticas recibidas dende sindicatos, profesorado ou asociacións de investigadores. Pero a realidade é que a rectificación veu precedida dun rotundo rexeitamento do plan por parte das tres universidades galegas, que xa o pasado venres lle comunicaron á conselleira de Educación ás súas críticas á proposta e que este martes a primeira hora lle presentaran unha proposta alternativa que modificaba substancialmente o proxecto."Na xuntanza do pasado 19 de maio deuse a coñecer un documento que xa viña elaborado e no que os integrantes das universidades no grupo de traballo non participaran en absoluto. E dábase un tempo para que as universidades fixésemos simples alegacións"Esta proposta conxunta das tres universidades, baixo o título de Plan de Impulso e Consolidación das Competencias Dixitais como apoio á Docencia Presencial no SUG para o curso 2020-2021, afonda nalgúns dos obxectivos que tamén tiña o programa impulsado pola Xunta, buscando avanzar nas posibilidades que ofrece a tecnoloxía para a mellora da docencia. Porén, a diferenza do proposto polo Goberno galego, o plan presentado polas tres institucións aséntase "no carácter presencial das universidades públicas galegas", que resulta "compatible coa incorporación de de solucións non presenciais", funcionando "como complemento da actividade presencial en situacións de normalidade" e "como solución excepcional diante de situacións extraordinarias", como a vivida nos últimos meses.Ademais, reivindica a "autonomía universitaria", fronte ao plan da Xunta, e, igualmente, aposta pola "flexibilidade" e a "gradualidade" na súa implantación, e por darlle un papel "máis activo" ao estudantado no proceso. O plan inclúe accións de planificación académica, de infraestruturas e tamén de formación no uso das novas ferramentas tecnolóxicas.As universidades reciben a proposta o martes 19 de maioAntonio López, reitor da USC, destaca en conversa con Praza.gal que as tres universidades galegas se viron sorprendidas pola proposta da Xunta, que ficaba lonxe dos obxectivos iniciais das conversas que se viñan mantendo para "avanzar nas solucións que ofrecen as novas tecnoloxías como complemento da docencia, aproveitando a experiencia deste último cuadrimestre". "Máis ben parecía unha aposta por un modelo de docencia universitaria distinto, camiñando cara a un modelo mixto ou mesmo un modelo non presencial", relata Antonio López"Na xuntanza do pasado 19 de maio deuse a coñecer un documento que xa viña elaborado e no que os integrantes das universidades no grupo de traballo non participaran en absoluto. E dábase un tempo para que as universidades fixésemos simples alegacións", explica López, que sinala que, en primeiro lugar, "non nos parecía coherente dende o punto de vista da autonomía universitaria". "Estamos falando de incorporar novas solucións tecnolóxicas na docencia universitaria, polo que parece que é un tema clave no que as universidades temos que levar a iniciativa", di.O segundo motivo de crítica das universidades galegas foi o feito de que no texto se encargaba a elaboración e o deseño dese plan "a institucións que non son as universidades, como a FEUGA e algunha consultora externa". E, sobre todo, en terceiro lugar as tres universidades ficaron preocupadas "porque máis alá dunha incorporación de solucións derivadas das novas tecnoloxías para a mellora da docencia, máis ben parecía unha aposta por un modelo de docencia universitaria distinto, camiñando cara a un modelo mixto ou mesmo un modelo non presencial", relata Antonio López.O venres 22 as universidades comunican o seu malestarO martes a primeira hora da mañá as tres universidades galegas preséntanlle á Consellería de Educación a súa proposta alternativa e moi pouco despois a Xunta anuncia a súa renuncia á propostaDespois de estudar o documento durante tres días, o venres 22 as tres universidades trasladáronlle á conselleira de Educación a súa visión sobre el e comezaron a traballar nun proxecto propio, "asentado sobre o principio de presencialidade e sobre o principio de respecto pola autonomía das universidades, un novo plan que fose flexible, adaptable sobre as necesidades que temos en cada centro", destaca o reitor da USC. "Nós estivemos traballando nunha alternativa e non nos limitamos a dicir 'non nos gusta', senón que propuxemos unha solución diferente, unha solución consensuada e acordada", engade. O martes 26 a Xunta recúa ante o rexeitamento frontal das universidadesO martes a primeira hora da mañá as tres universidades galegas preséntanlle á Consellería de Educación a súa proposta alternativa e moi pouco despois a Xunta anuncia a súa renuncia á proposta que realizara unha semana antes. "Iamos ter unha reunión por videoconferencia á unha e media e foi inmediatamente desconvocada, xunto co anuncio de que se retiraba o plan", relata Antonio López, que conclúe que "dado que o plan da Consellería tiña unhas eivas importantes, benvida é a súa retirada". O contacto directo entre profesorado e estudantes segue sendo esencial"O reitor da USC anuncia que as universidades "imos seguir traballando neste proxecto, que trata de incorporar elementos dixitais para mellorar a docencia, pero que tamén abrangue cuestións de investimento, académicas e de formación no uso das novas ferramentas". "Pode que nalgún grao ou máster (sobre todo nos máster) se incorporen algúns elementos semipresenciais. Pero queremos seguir sendo unha universidade presencial", reitera.As universidades, presenciaisAntonio López destaca "o papel que xoga a universidade como un elemento de dinamización e de desenvolvemento para unha cidade"Antonio López defende o carácter esencialmente presencial da formación e da docencia como unha das bases do sistema universitario. "A aprendizaxe destes dous últimos dous meses foi positiva, hai solucións e ferramentas moi valiosas que nos permiten mellorar o que facemos, pero sempre mantendo a presencialidade na formación que nós damos. O contacto directo entre profesorado e estudantes segue sendo esencial", di.Entre os varios elementos que achega esa presencialidade, un deles é "o papel que xoga a universidade como un elemento de dinamización e de desenvolvemento para unha cidade ou para un ámbito xeográfico determinado", destaca. Ademais, "dende o punto de vista formativo, o contacto persoal segue a ser un aspecto fundamental", engade.Como se adaptou a comunidade universitaria á situación vivida dende marzo?Finalmente, Antonio López valora de forma "moi positiva" a capacidade que tivo a Universidade de Santiago e todas as persoas da súa comunidade universitaria para se adaptar á situación excepcional vivida por mor da pandemia de coronavirus. "Implicou someter as universidades a unha proba de estrés total. Dun día para outro non só se suspendeu a docencia presencial, senón que pasamos a ter pechadas as instalacións universitarias e coas persoas confinadas nos seus domicilios. A situación foi extremadamente complicada", di."Do que se trata é que incorporar algúns elementos desta experiencia para mellorar a docencia nos vindeiros cursos. Iso si, sen cambiar o modelo, mantendo un modelo esencialmente presencial""Dentro dese escenario, penso que a valoración ten que ser moi positiva. Deuse solución á necesidade de continuar coa docencia, fíxose un esforzo notabilísimo para adaptar a estas novas circunstancias o proceso de avaliación no que imos entrar agora. E, de feito, o 60% vai avaliarse a través de avaliación continua e só un 18% de materias se avaliarán unicamente cunha proba final", destaca. Antonio López conclúe que "hai que recoñecerlle este esforzo a toda a comunidade universitaria, dende o profesorado ao estudantado e persoal de administración e servizos". "Por iso, do que se trata é que incorporar algúns elementos desta experiencia para mellorar a docencia nos vindeiros cursos. "Iso si, sen cambiar o modelo, mantendo un modelo esencialmente presencial", remata. |
NOS_8210 | Antes do Laxeiro gran pintor de raíz expresionista e tenebrismo popular, houbo outro: o que debuxaba cadriños humorísticos na prensa. Unha mostra na fundación ao seu nome -con sede en Vigo- repasa as súas colaboracións en El pueblo gallego e Faro de Vigo entre 1928 e 1930. | O Laxeiro menos coñecido recibe así o tratamento que, ao ver do comisario da exposición, Manuel Igrexas, merece. O artista de Lalín -Xosé Otero Abelendo de nome- contaba apenas 20 anos cando se iniciou no xornalismo gráfico. "A unha idade tan temperá podemos falar dun estilo propio", sinala a nota remitida pola fundación e mais o Concello de Vigo, "que amosa unha clara herdanza da estética que outros autores cultivaban, influenciada pola arte xaponesa e oriental en xeral". O final da ditadura de Primo de Rivera e, ao fondo, a esperanza republicana que se había materializar en abril de 1931, foi unha época de esplendor para o humor gráfico en Galiza. Canda o Laxeiro que debutaba en público, a prensa acollía Castelao -"ponte entre o vello galeguismo e Os novos"-, Torres, Maside ou Colmeiro. Dos Novos, a promoción de pintores que propulsou a arte galega ao futuro, fixo parte o propio Laxeiro. Con el, Maside, Seoane, Fernández Mazas, Arturo Souto ou Díaz Pardo. "O tratamento formal fala dun artista totalmente comprometido coas novas correntes estéticas que percorrían Europa", di o comunicado da mostra, titulada Os monos de Laxeiro. Obra humorística na prensa, "ao carón da renovación que logo desenvolvería na súa pintura". Da síntese sen fondos ao expresionismo politizado de George Grosz, o seu traballo para para os xornais atravesa, en apenas tres anos, numerosos estadios. Os monos de Laxeiro, aberta desde a pasada sexta feira 22 de xuño ao vindeiro 16 de setembro, recolle 49 reproducións fotográficas a tamaño orixinal dos cadriños. A editorial Laiovento publicará, a maiores, un libro que cataloga as viñetas e inclúe textos do propio Manuel Igrexas, do xornalista experto en humor gráfico Félix Caballero e do director artístico da fundación Javier Pérez Buján. |
NOS_18333 | A central sindical considera indignante que se impida a mobilización "mentres se permiten actos de exaltación fascista" | A CIG informa que o TSXG vén de desestimar o recurso contencioso administrativo interposto pola central sindical contra a resolución da Subdelegación do Goberno de Pontevedra pola que se denegaba o dereito a manifestarse esta sexta feira, día 1 de outubro, das 10:00 ás 14:00 horas, coincidindo coa celebración da última xornada do III Foro da Toxa. A mobilización estaba convocada para denunciar ante os seus responsables "a estafa dos prezos da enerxía eléctrica, que mañá alcanzará o escandaloso prezo de 216€/MWh; o peche de oficinas bancarias, que a Xunta financia con subvencións a caixeiros, e a grave crise económica, industrial e laboral que padece Galiza". O secretario xeral da CIG, Paulo Carril, manifesta a súa indignación ante esta decisión, máis cando o Ministerio Fiscal dá a razón á central sindical indicando que "en lugar de prohibir a concentración" deberíanse ter establecido "medidas restritivas que permitiran a compatibilidade do dereito de manifestación coa seguridade e a orde..." O secretario xeral da CIG afirma que "en ningún momento se nos deu a oportunidade de cambiar o itinerario" Carril denuncia ademais que para chegar a este fallo o TSXG baséase "nun dato falso": a presuposición de que a central sindical coñecía o informe da policía local do Grove. A sentenza sinala que, nese informe, a policial local alude a que a zona recomendada puidera ser dentro da propia illa da Toxa, no Paseo do Mar, e afirma que "coñecido o devandito informe pola organización sindical actora desde un primeiro momento, tivo a CIG a oportunidade de propoñer/aceitar o itinerario alternativo proposto no citado informe e, porén, non efectuou manifestación algunha nin no escrito reitor do procedemento, nin no escrito de alegacións posteriormente incorporado ás actuacións". Fronte a isto, o secretario xeral da CIG afirma que "en ningún momento se nos deu a oportunidade de cambiar o itinerario". Paulo Carril conclúe cualificando a decisión do tribunal como "desproporcionada", denuncia a "vulneración de dereitos fundamentais" e considera que "se prioriza o ánimo de reprimir, como aconteceu na concentración pacífica convocada onte pola Mesa pola Normalización Lingüística". O secretario xeral da CIG reitera ademais a denuncia de que se "deneguen mobilizacións da clase traballadora e que, porén, se autoricen manifestacións nazis, racistas e homófobas". |
NOS_6361 | O lider de Anova e AGE interrompeu as preguntas dos xornalistas sobre este tema, alegando que eclipsaría o asunto que trataba na comparecencia de prensa: a proposta de resgate público do Hospital de Vigo. | Na proposta de pacto que Podemos-Barcelona En Comú-En Marea presentou ao PSOE non aparece Galiza nin unha soa vez. Un documento de 98 páxinas nas que non se recolle ningunhas das propostas que a coligazón galega, En Marea, presentou publicamente como as súas propostas para poder outorgar o apoio a un goberno de Pedro Sánchez. Unha cuestión que motivou que esta cuarta feira, e aproveitando a comparecencia de impresa de Xosé Manuel Beiras para presentar unha proposta sobre o Hospital de Vigo, os xornalistas lle preguntasen ao respecto. A explicación do líder de Anova e AGE a esa ausencia de Galiza é a problemas de "conexión" de En Marea co grupo de Pablo Iglesias. Beiras, nesta liña, falou de "desfase" e "falta de coordinación". Asegurou que En Marea elaborou un informe e que ese documento está en mans de Podemos. Non foron moi do gusto do líder de Anova e AGE as cuestións que lle prantexaban, e optou por interromper as preguntas. "Chegou ben", dixo, alegando que o tema da comparecencia era o Hospital de Vigo e non Podemos ou En Marea. "Unha cousa é o que apareza nos medios (de comunicación) e outra é o que realmente está ocorrendo, centellas, a ver vos enterades", díxolle aos xornalistas. Recoñeceu que non fala co líder de Podemos, Pablo Iglesias, "desde hai aproximadamente unha semana" e que "non" está " a facer seguimento", porque "tampouco" lle "interesa demasiado". Afirmou que "era sabido" que tanto PSOE como PP "dirían que Galiza non existe nas negociacións". Resgate Xosé Manuel Beiras presentou coa deputada Eva Solla unha iniciativa de AGE para resgatar o novo Hospital de Vigo. Explicou que por 69 millóns de euros pode asumirse o complexo hospitalario e evitaríase o pagamento de 1.400 millóns de canon por su uso. Algo que se pode facer, sinala, polas irregularidades e ilegalidades cometidas en torno ao Hospital. |